lunes, 18 de abril de 2011

Capítulo décimo;Per crucem ad lucem

          CAPÍTULO DÉCIMO: PER  CRUCEM  AD  LUCEM


1.- Camiño do calvario                      7.- Sangue milagroso
2.- Estaciós do longo viacrucis         8.- Romaría no Xapón
3.- Festina lente                                9.- ¿Quén contra Deus?
4.- Chegada ó calvario Tateiama   10.- O ceo glorificou ós heroes
5.- Así morren os heroes                11.- Sonou a hora da glorificación
6.- Corazonada da mai ¡Paquiño,         suprema na terra
     fillo da miña alma!

1.- Camiño do calvario
Rezaban os franciscanos do convento de Kioto o Oficio divino correspondente ó día 2 de xaneiro de 1597, cando recibiron aviso de que soldados imperiales viñan a prendelos. Cando eles oíron o barullo grande que formaban, presupoñendo a proximidade da súa morte que xa tantos días tiñan degustado, baixaron á igrexa a carón do altar santo a onde chegou en breve moitedume  de xaponeses armados "con lanzas, alfanxes e outras armas", que di o Pai Xeromo de Xesús ou, coma anota Frai Xoán Pobre,“veu a xusticia e penetrou no convento con grande furor e tropel cum lanceis et fustibus( 1 ).   
A carón do altar santo romperon os relixiosos a cantar o himno de acción de gracias Te Deum laudamus ata que os soldados de Taicosama se abalanzaron sobre eles como lobos sobre mansos cordeiriños e lles ataron as maus ás espaldas como si de uns malfeitores se tratara.
Considerando aquel acto con piadosa maxinación, descúbrese nel un dramatismo divino que lembra, sequera sea remotamente, a escea que tuvo lugar no Horto das Oliveiras.
Examinada a lista de nomes anotados, decatáronse os soldados da falta dun que era San Gonzalo García, a quen anduveron buscando por todos os recantos do convento ata que e atoparon na horta abrazado a unha cruz que alí había, de onde o arrincaron e levaron a paus e arrempuxós ata xunguilo ós demais.    

2.- Estaciós do longo viacrucis
Có fin de de podermos seguir coa máxima exactitude posible o camiño deste
viacrucis os santos mártires dende Kioto[Meaco] deica Nagasaki, aproveitarei os datos que ofrecen os cronistas que trataron deste punto, como foron o Pai Marcelo de Ribadeneira, Pai Xeromo de Xesús, Bernardino de Ávila Xirón,Frai Xoán Pobre,o cronista do grupo de españois do galeón ”San Felipe”, que seguiron fundamentalmente todos eles a mesma rota por onde foron levados os mártires, sempre coa idea de darlles alcance.Tamén aproveitarei
as aportaciós non sempre aceptables do xesuita Pai Diego Pacheco.A pesar de todos estes testemuños non sempre será posible dar informaciós definitivas en todos os casos,senón que será preciso deixar lugar a lagoas descriptivas

Día xoves 1 de xaneiro

Escribe Frai Xoán Pobre:
“Un xoves de mañanciña, día de ano novo, os mesmos correxidores ou”acunines” que foran o 9 de natal a pór as gardas, foron agora a sacalos pra levalos ó cárcere público. Antes de facer esto enviaron a cidade de Osaka a uns tiranos ó oratorio de Belén pra que levasen presos a Miaco ó santo Frai Martiño e ós que estaban coel... Levaron xuntos a Cosme, predicador,e a Xoaquín,cociñeiro. O santo neno Antonio estaba enfermo e quixérono deixar, mais o neno tanto lles rogou e teimou que o levaran cos demais, que o fixeron. Postos en catro cabalos,no tempo de partiren, levaron outros dous, un irmau dos Pais da Compañía chamado Michi Paulo e outro mozo, porque a xusticia que foi a Belén, foi tamén por erro a casa dos Pais da Compañía  e, como  non  atoparon  a  ningún  Pai, fora  de    estes  dous, trouxéronos” ( 2).
No momento de abandonar os relixiosos pra sempre o amado convento da Nosa Señora dos Anxos, cantaron todos a coro coa voz vibrante e emocionada dos seus mellores días o himno”O gloriosa Domina,sublimis inter sidera” e, despois de rematado, foron obrigados a saír.
Cando os cristiáns viron ós seus Pais aprisionados e camiñando por a rúa, pedían  con berros  e lágrimas ós ministros que tamén os amarraran a eles e os levaran asemade cos seus queridos Pais a onde eran levados daquela maneira tan inxusta e tan cruel; onseguindo soamente seren bourados bárbaramente, e algúns deles desposuídos dos seus vestidos. Únicamente dous meniños, chamados Loisiño e Tomasiño, conseguiron seren agregados ó número dos futuros mártires. Loisiño era o anxo preferido de San Francisco Blanco, de quen non quixo afastarse naquel momento supremo do camiño do martirio.
O máximo da emoción aínda pra aquelas xentes sin misericordia prós infelices leprosos e doentes, deuse ó pasaren os integrantes daquel santo cortexo de prisioneiros por diante dos hospitais fundados por a caridade dos franciscanos e con todo amor cultivados por eles.
Narra o Pai Ribadeneira:
"Foi tan grande o alarido triste dos pobres vendo que levaban presos ós seus mestres que eran pra eles como mais regaladas, que choraban por eles e se sentían coma desamparados de todo ben e regalo, e non foi menor o sentimento e dor dos santos escoitando os clamores dos pobres dos que lles causaba increible dor afastárense. Perseveraban os cristiáns en írense tras os santos a quen tiraban dos mantos e bicaban os hábitos, e se axionllaban ós seus pes pra bicarllos, e cando non podían facelo, bicaban a terra que eles pisaran. Quen máis se sinalaba en amosar amor, foi María, muller principal e Irmá da Terceira Orde, por estar casada co Irmau Cosme... Por forza foi levada a súa casa onde lle puxeron gardas como a persoa que debía ser castigada" ( 3 ).
Tamén Ávila Xirón narra o valente comportamento desta muller:
"Indo por unha rúa, acertou escoitar o ruido unha valerosa muller chamada María, que o era de Cosme, síndico do convento. Preguntou qué era aquelo, porque non o sabía, nen crería que a tal chegara. Saíu a rúa e como viu ó santo comisario, posposta toda a súa autoridade, lanzouse ó carro sin que foran quen os soldados de impedirllo, e abrazada de onde pudo alcanzar, comenzou a chamar por o santo comisario  e dicirlle:
- ¿A onde te levan, meu Pai? ¿A onde vas sin min? ¿É posible, señor, que non te lembraras de avisáresme pra que eu fora acompañándote neste camiño? ¿Qué fixeches, Pai, para que así te maltraten? O que eu fago ¿has pagalo tú? E con estas e outras palabras de moito sentimento que non llas deixaran dicir senón fora por ser muller conocida por muller de quen era, que era principal e honrado, procuraron por as boas afastala do carro. E como non houbese remedio, finalmente, quitárona a forza, aínda que coa  meirande cortesía que foi posible, que foi moito tela xente de tan pouco respeto como son os verdugos no Xapón. Iba a noble dona enchendo de queixumes a rúa e os oídos de cantos a vían con tanto sentimento, que movía a compaixón a todos. Chegaron a un templo de xentís onde adoitaban executar as xusticias exemplares e alí cortáronllesa todos cadansúa parte da orella esquerda e logo foron proseguindo por as espaciosas rúas daquela famosa cidade que daquela era máis ca arestora, porque residía nela a corte" ( 4 ).
Demos por ben empregada esta longa relación dedicada á xesta daquela muller prototipo doutros moitos cristiáns naqueles momentos.

Día venres 2 de xaneiro.Kioto

Sigue narrando Frai Xoán Pobre:
“Logo ó día seguinte venres cedo, dous de xaneiro, sacáronos do cárcere e leváronos a pe atadas as maus atrás ó lugar onde lles iban cortar as orellas” ( 5 ).
Por levar sempre a contra, di o xesuita Morexón que o lugar onde lles cortaron as orellas non foi a carón do templo xentil; pero Frai Xoán Pobre, perfecto conocedor de todo aquello, escribe:
"Desta maneira os levaron deica chegar fronteiro da varela e casa do bonzo maior de Meaco" ( 6 ).
Noutra parte reitera:
“Na fronte da casa do bonzo íbanlles cortando de un en un cadanseu pedazo da orella esquerda e de tres en tres subíronos a todos vintecatro en oito carros que tiñan dispostos pra levalos a vergonza” ( 7 ).
Grande foi o gozo de todos ó atoparse alí có Pai Martiño  da Ascensión e varios cristiáns traídos de Osaka aquela mesma noite no medio dun gran número de gardas. Entre eles atopábase o tenro e valeroso picariño Antoniño, formando a triloxía infantil con Tomasiño e Loisiño. Foron eles quen deron naquel intre a nota tenra e baril. O número dos postos na lista dos sinalados, signati, pra seren castigados, foi naqueles momentos  rimeiros de seis relixiosos franciscanos e deceoito máis entre catequistas e predicadores dos franciscanos, e tres doxicos dos xesuitas de Osaka, que optaron daquela por formar parte do rabaño seráfico, como narra Frai Xoán Pobre con todo o color que él sabe porlle ás súas palabras:
“Cando chegaron os santos mártires encontraron ó santo  Frai Martiño e ós demáis que viñan coel que chegaran de Osaka. Apertáronse todos... Din que alí Michi Paulo, o irmau dos Pais da Compañía, e os outros dous que viñan coel se  xionllaron ós pes do santo comisario e Paulo dixo:
 Bendito e louvado sea Deus que me xuntou con tan santa compañía e máis coa da vosa Reverencia. Si quere recibirme por irmau de San Francisco, eu sereino e dende hoxe doume por tal. E así recibiuno o santo comisario e abrazouno cos demáis. Estes tres gloriosos mártires eran moi devotos dos frades. Eran entre os sabios, os máis sinxelos e naturais e así os seleccionou o Señor de entre eles e os trouxo  á compañía do glorioso Pai San Francisco, pois dela subirían a do noso señor Xesucristo. Así, dende hoxe, estes tres mártires con outro que chegou logo, todos quedan por da Orde do seráfico San Francisco e aínda con máis xusta causa cós demáis, porque a estes tres ou catro procurou o Pai Organtino sacalos da compañía dos mártires e fixo canto pudo e nunca pudo, porque eles non quixeron volver a súa, porque da Compañía dos Pais poden moi ben pasarse a do humilde Francisco, e da compañía e Orde do glorioso San Francisco non poden ir a súa. E así o fixeron estes venturosos mártires” ( 8 ).  
            O lecer que sentían os santos mártires únicamente pudo sentirse amornado por a escena protagonizada por os leprosos e demáis enfermos hospitalizados, que abandonaron os leitos e saíron, cubertos os corpos con vendaxes, pra abrazárense nas portas da igrexa cós seus benfeitores e ver de lograr que os soldados tamén os levaran a eles. A golpes remataron os nada piadosos ministros aquela escena,tirando por terra a empuxós e golpes  os corpos pouco menos ca exánimes daqueles infelices enfermos.
No traxecto entre o convento e o cárcere público a onde foron conducidos, distantes un cuarto de legua, como di o Pai Ribadeneira, era tan crecido o número de cristiáns que acudiran a bicar as maus, hábito e cordón franciscano dos santos mártires,
que facía sumamemte difícil o paso por as rúas.
No cárcere esperaba ós santos mártires o agradable encontro cós catequistas que os estaban esperando con arelanzas incontenibles de fillos espirituais daqueles benqueridos relixiosos.
Engade Ávila Xirón:
"Sacaron ós ditos Pais e compañeiros amarradas as maus e con sogas no pescozo como a malfeitores, e subíronos nuns  carros que pra eso estaban aparellados, primeiro ó santo comisario, como capitán, e logo ós demais, e con grande acompañamento de xente de armas foron levándoos por as rúas da cidade, cunha táboa de ciprés de diante na que iba escrita a sentencia do tenor seguinte: ”Por canto estes homes de Luzón viñeron ó meu reino con título de embaixadores e quedáronse nel predicado e ensinando a lei dos cristiáns que eu tiña prohibida rigurosamente nos anos pasados, mando que por eso referido sean levados a Nagasaki onde sean crucificados cos xaponeses que convertiron, e todos vintecatro queden nas cruces levantados, de onde ninguén os saque, pra escarmento de outros. De novo prohibo con todo rigor que ninguén ouse xamáis de aquí en diante predicar esta lei, nen ser seu autor só pena de morrer con toda a súa xeración, aínda que un só a quebrante”. Ó carro do santo comisario seguían os demáis nos que iban os seus compañeiros. No seu seguimento iba tanta xente xentil e cristiá, que non cabían nas rúas. Ás voces do pregoeiro acompañaban moitos alaridos de mulleres que estrañamente se compadecían de ver un espectáculo endexamáis visto entre  eles  ejecutado  en  homes  estranxeiros  de  quen  tantas  virtudes  oíran  e viran"( 9 ).
Escribe o Pai Xeromo de Xesús:
"Venres por a maña sacaron ós santos mártires do cárcere e leváronos a pe e coas maus atadas atrás, ó lugar onde lles cortarían as orellas" ( 10 ).
Escribe o Pai Ribadeneira:
"O gobernador de Meaco a quen lle foi encomendada a execución da sentencia, vendo que só contra os franciscanos e os seus familiares xaponeses era a persecución, mandou quitar as gardas que ó principio se puxeron na casa dos Pais da Compañía e por excusar a morte a máis de mil cristiáns que estaban escritos e conocía non teren culpa, resolveu que unicamente morresen cos santos frades os xaponeses que sacaron presos da súa casa como discípulos conocidos seus,que eran quince" ( 11).


No número de listados estaban os tres meniños: Loisiño, de Kioto; Antoniño; e Tomasiño; traídos de Osaka có Pai Martiño; tres valerosos mártires capaces e encher só eles unha gloriosa páxina do martiroloxio cristián.
Cando o verdugo lle amputou a súa orella, colleuna Loisiño do chau e díxolle:
 "A min paréceme pouco".
Tamén lle dixo Antoniño:
"Corta, corta máis si queres".
Conta o Pai Ribadeneira:
"E como un cristián chamado Víctor vise que os verdugos tiraban por o chau as partes das orellas, recolleunas e levoullas ó Pai Organtino como gran reliquia e sinal da victoria que os santos acadaban do rei que llas mandaba cortar" ( 12 ).
¿Qué comentario cabe facer? En primeiro lugar, esta escena dos picariños Loisiño e Antoniño lémbrame o que se conta de San Lourenzo mártir: que cando o seu corpo estaba xa medio esturruxado na grella, díxolle ó verdugo: Dame a volta e xa podes comer. Outra consideración que se ven á mente é que o bó do xesuita Organtino terminaría tirando tamén cós anacos das orellas dos mártires. ¡A boas maus foron parar aquelas santas reliquias...!
Cumprido o primeiro número do programa de cortarlles ós mártires parte de cadansúa orella esquerda, foron obrigados a subir de tres en tres a carros tirados por sendos bois, nos que deberían facer o paseo por as restantes rúas da cidade.
No comenzo do recorrido, e como xesto de triunfo, entonou o santo comisario o himno Te Deum laudamus, que cantaron todos a coro. Tres rapaciños dirixidos por o intrépido Loisiño, o gran amigo de San Francisco Blanco, entonaron en loor de Santa María cánticos da súa devoción que aprenderan no catecismo.
¿Qué sentimentos dominarían a alma de San Francisco Blanco despois de recibido o bautismo de sangue por a fe no seu Señor Xesucristo? ¿Cal sería a súa acción de gracias por telo escollido pra operario e testemuña súa naqueles momentos de ofrenda e entrega do primeiro sangue, preludio do próximo martirio pró que tiña arranxada a alma?. Canto de heroico aseguran os haxiógrafos do grupo de mártires, do seu valor, do seu sacrificio, e dos tormentos a que foron sometidos por os gardas, hai que supolos sufridos por o baril fillo do Tameirón con gozo e alegría, porque vía chegado o momento de demostrar o que con tanto anhelo devecera sempre.
O Pai Xoán Francisco de San Antonio escribe:
"Nos cárceres, nas afrentas e nos tormentos mantúvose o seu ánimo constante e sempre igual e pudo competir co máis vizoso da súa compañía o seu valor e o seu fervoroso celo no predicar" ( 13 ).
Abundan en semellantes expresiós os demáis biógrafos do  santo mártir. O Pai Xacobo de Castro escribe:
"Non iba menos ben ocupado o noso santo mártir Francisco Blanco que, como bo conocedor da lingua xaoponesa, todo era ir afeando ós ídolos e publicando a lei evanxélica" ( 14 ).
Os mesmos xentís, conmovidos por sentencia tan inxusta e cruel, testemuñaban a súa adhesión ós mártires esparexendo area no camiño por onde deberían pasar, que era a meirande mostra de veneración que se lle facía ó emperador cando entraba triunfante nunha cidade.
Tras recorridas as rúas de Kioto ó lento camiñar dos bois, foron reintegrados os santos mártires á noitiña ó cárcere, onde celebraron festa con abrazos e devotos cánticos.

Escribe Ávila Xirón:
"A noitiña encerraron ós santos mártires nunha casa onde, como se viron outra vez xuntos e cada un con aquel ferro e sinal que lles puxeran por o cal xa podían seren conocidos por mártires de Xesucristo, pois comenzaran a derramar o seu sangue por seu amor, foi extraordinario o gozo e ledicia que entrou nas súas almas. Fóronse todos cara ó  santo comisario que non cabia en si de gozo. Eles púñanse ós seus pes e él levantábaos e axionllábase ós deles e todos xuntos daban moitas gracias ó Señor por as mercedes tan sinaladas que lles facía... E aínda que estaban así, non acababan de crer" ( 15 ).

Día sábado 3 de xaneiro.Kioto

No día seguinte,3 de xaneiro,pasaron os santos mártires  no cárcera .Din algúns, entre eles Ávila Xirón,que os santos foron levados este día a cidade de Fushimi,mais por contra escribe negando esto Frai Xoán Pobre:
“Din algúns que de camiño os pasearon por a gran cidade de Fuximen, mais a verdade é que non entraron nela. Abondaba habelos traído por as rúas de Meaco pra que participase tamén Fuximen, pois hai tres rúas que xuntan unha cidade coa outra” ( 16 ).
Como cousa certa cómpre deixar en claro que non foron levados os mártires a Fushimi.En ningunha das súas varias relaciós afirma San Pedro Bautista que foran paseados os santos mártires por esta cidade de Fushimi..Tampouco é certo que lles foran cortadas as orellas o día 3.Esto tuvo lugar o día 2

Día domingo 4 de xaneiro.Kioto-Osaka

Moi cedo foron montados os 24 santos en cadanseu cabalo e, acompañados de gran moitedume de cristiáns, homes e mulleres, saíu a santa comitiva por a porta da cidade  de Kioto chamada Tonxi cara a cidade de Osaka, distante oito leguas. Eiquí prohibiron os ministros de xusticia que ningún cristián continuase acompañando ós mártires. Un dos que debeu regresar foi Cosme Xoia, a quen o santo comisario lle entregou como recordo o crucifixo que él mesmo sacara do convento, como o narrou o mesmo Cosme tempo andando.
Narra o Pai Ribadeneira:
"Atándolles as maus atrás, sacáronos con non menor acompañamento do que    trouxeran o día antes, nen menor contentamento dos santos" ( 17 ).
Narra Frai Xoán Pobre:
“Despídense os uns dos outros. Os que quedaban dentro da cidade, voltan orfos as súas casas, as mulleres chorando ós seus maridos, os fillos ós seus pais, os irmaus ós seus irmaus e todos os cristiáns chorando a ausencia do seu  pai e caudillo... Cando os sacaron da cidade de Miaco,leváronos a vergonza por un pobo que chaman Iondo e atravesaron por outro que chaman Firacaia ( 18 ).
Entraron os santos en Osaka no medio dunha gran moitedume que enchía as rúas, por haber entrado á sazón na cidade o emperador Taicosama con gran pompa. Foron paseados os prisioneiros e levados ó cárcere público sin permitirlles saudarse cós españois que estaban na cidade, entre eles o Pai Xeromo de Xesús e Frai Xoán Pobre de Zamora, asemade con algúns españois do galeón ”San Felipe” chegados de Urando.


Escribe o mesmo Frai Xoán Pobre:
“Eu estaba daquela en Osaka e, oindo dicir que traían ós santos mártires con unha orella cortada, quixen ver si de algún xeito podía verme coeles... mais nen esto me foi concedido por moitos atrancos que non cito” ( 19 ).
Osaka era a cidade sinalada pra facerlles ós santos a segunda mutilación, consistente na amputación da nariz. Os españois conseguiron a forza de súpricas un pouco de humana conmiseración pra que non foran sometidos a esta nova tortura. Os mesmos encargados de facela deberon pensar no rigor excesivo do mandato do emperador.
Narra o Pai Ribadeneira:
"Paseadas as rúas, volvéronos ó cárcere público onde o Señor consolou coa vista da fe e cristiandade dun neno fillo do tenente de gobernador da cidade que bautizara facía pouco o bendito Frai Martín" ( 20 ).
A decisión de non cortarlles as narices foi sin dúbida consultada có emperador, que estaba en Osaka; pero a troques de libralos desta nova amputación, regaloulles un novo premio que foi dictar aquí en Osaka a segunda e definitiva sentencia, esta vez de morte en cruz en Nagasaki. Foi o regalo da súa presencia fastuosa en Osaka, coincidente coa dos santos mártires.
Cómpre afirmar unha vez máis que esta sentencia dictada  en Osaka foi a segunda e verdadeira sentencia de morte; porque a primeira, como di o Pai Ribadeneira,
"soamente contiña que lles cortasen parte da orella e os trouxesen a vergoña por as tres cidades ditas" ( 21 ).
A este propósito escribe Frai Xoán Pobre:
“Chegados os santos mártires a cidade de Osaka, entraron como viñan nos seus cabalos e cuns letreiros colgados dos pescozos nos que iban escritos os seus nomes e delitos. Iba de diante un tirano que levaba arborada nunha asta a chapa que declaraba a sentencia que non era coma a do Miaco. E anque a chapa e os letreiros que levaban colgados declaraban a sentencia, con todo eso, iban con pregón público pregonando a xusticia que Taicosama mandaba facer... e dando volta a cidade, leváronos ó cárcere público de malfeitores onde entraron louvando ó Señor así como viñeran por o camiño” ( 22 ).
Tras os moitos sufrimentos aturados con tanta barileza nas tres devanditas cidades de Kioto, Sakai e Osaka, víronse obrigados os mártires de emprender a pé o camiño de máis de cen leguas ata Nagasaki a través de terras conxeladas naqueles días dun inverno excesivamente frío, segundo a declaración de todas as testemuñas.
Narra Ávila Xirón:
"De aquí de Osaka trouxeron ós santos mártires camiño de Nagasaki con moita incomodidade por ser tempo frío e vir entregados a xentís de pouca piedade, como todo  o  sabiamos  eiquí  nosoutros  por  miudo  por  avisos  que  tiñamos  a  cada hora" ( 23 ).
Ilustran este punto as palabras do propio San Pedro Bautista:
"Despois desto deuse sentencia que nos crucifiquen en Nagasaki a onde agora vamos de camiño por terra, que son máis de cen leguas de España, con moitos frios, por ser neste mes e levarnos a cabalo e ben custodiados, porque levamos  algúns  días máis de  douscentos  homes  pra  nosa garda" ( 24 ).

Días luns-mércores 5-7 de xaneiro.Osaka-Sakai.

Conta o Pai Ribadeneira que o día 5 de xaneiro foron trasladados os santos mártires  a cabalo e maniatados á cidade de Sakai,legua e media de Osaka,e paseados como nas outras cidades diante da admiración piadosa dos moitos leprosos do hospital e cristiáns que gritaban:”Xesucristo, martirio, martirio”.
En Sakai permaneceron deica o día 7 hospedados nun templo pagano budista, onde os visitaban os cristiáns,"en especial o gobernador que era bó cristián e devoto dos relixiosos",como narra o Pai Ribadeneira ( 25 ).
Probablemente obedeceu esta permanencia dos santos en Sakai durante aqueles días a devoción daquel bo gobernador cuio nome merecía estar no monumento erixido a honor dos mártires.
Frai Xoán Pobre di que en Sakai foron hospedados no cárcere e tamén na casa dun bonzo, por ser o cárcere pequeno pra tantos.A permanencia de varios dias nesta cidade confirma que no é certa a afirmación do Pai Pacheco cando escribe:”Probablemente nen un só  día sin camiñar”
Aquí foi onde, como di Frai Xoán Pobre, un mercader tentou ó anxelical Loisiño con rescatalo si quería irse coel, proposta que renunciou o picariño

Día xoves 8 de xaneiro.Sakai-Osaka

De Sakai foron regresados no serán do día 7 ó cárcere público de Osaka e alí encerrados cós malfeitores ,pra sufriren o gran frío de aqueles días "por mor do pouco abrigo que traían e facelo moi grande naquel tempo",como anota o Pai Ribadeneira
A Taicosama non se lle conmoveu o máis mínimo a alma de dictador cruel, e foi agora cando a presencia daquel grupo de confesores da fe cristián que coincidían con él en Osaka o impulsou a dictar a sentencia definitiva de morte,"que foi, segundo a nosa conta o 8 de xaneiro do ano 1597", como di o Pai Xeromo de Xesús.Esta conta do Pai Xeromo obriga dicir que os mártires estuveron en Sakai  os días 5,6 e 7 cando regresaron  a Osaka.
Narra Frai Xoán Pobre cómo os executores da primeira sentencia foron a Taicosama en Osaka e lle contaron que xa estaba executado o que il mandara. E máis engade:
“Respondeu Taicosama moi ó revés do que todos pensaban e anhelaban, porque ninguén desexou o martirio fora dos mártires. E Noso Señor mudou o corazón de Taicosama, mais que era xentil, e dixo: Sean crucificados en Nagasaki pra que non se fagan máis cristiáns, porque en Nagasaki mais ca en ningunha outra parte cómpre porlles medo” ( 26 ).   
Dacordo coesta segunda sentencia deberían ser conducidos os santos mártires a Nagasaki pra seren alí crucificados por predicaren o evanxelio santo de Cristo. Narra San Pedro Bautista na carta ós relixioxos prisioneiros no navío portugués o que lles ocurrira ata este momento:
"A sentencia que se deu contra nosoutros tráena públicamente escrita nunha táboa. Di que porque predicabamos a  lei dos cristiáns contra o mandato de Taicosama,en chegando a Nagasaki, nos crucifiquen. Por eso, estamos moi alegres e animados no Señor...Vimos seis relixiosos e deceoito xaponeses por todos,na sentencia, uns por predicadores e outros por cristiáns... A todos nos sacaron [en Kioto] do cárcere e puxéronnos nunhas carretas e a todos e a cada un cortaron un pedazo dunha orella e así nos levaron por as rúas de Meaco con moito aparato de xente e lanzas. Volveron levarnos ó cárcere e outro dia[día 2] leváronnos ben atadas as maus atrás e a cabalo a Osaka. Outro dia [día 3] sacáronnos do cárcere e paseáronnos en cabalos por as rúas da cidade e leváronnos a Sakai onde fixeron o mesmo e con pregón público en todas as tres cidades. Entendíamos que logo nos quitarían a vida, mais  á  volta  supemos  en  Osaka  que  mandaba  que  viñésemos  a Nagasaki" ( 27 ) 
Foi antes da estancia en Sakai cando San Pedro Bautista  escribíu esta carta, como se deduce do que di que eran deceoito xaponeses no grupo, cando é certo que en Sakai foi onde se lles xuntou Francisco pra completar o número, non de deceoito, senón de decenove xaponeses.Este día 8 de xaneiro, escoltados por gran número de gardas, foron obrigados os mártires a reanudar o longo camiño cara Nagasaki, precedidos en todo intre por un portador da sentencia, gravada nunha táboa de piñeiro.O tempo era frío e nevoso.Camiñaban os  santos prisioneiros descalzos e case espidos, con un tratamento que lles daban algúns dos seus conductores excesivamente inhumano, bárbaro e cruel.
O frecuente cambio de gardas dacordo có señor de cadiún dos lugares por onde pasaban, era causa de que os novos gardas se mostraran sin piedade por non conoceren a personalidade dos prisioneiros.
A saída dos santos mártires de Osaka no día 8 dedúcese da narración de Frai Xoán Pobre:
“Volvendo ó cárcere onde estaban os santos mártires, sacáronos e puxéronos a cabalo coa sentencia que fora dada  de diante e cos letreiros no pescozo e atadas as maus e volveron levalos por unha rúa longa de Sakai e tornáronos a Osaka e sin deterse leváronos camiño de Nagasaki.Aquel día[8 de xaneiro]leváronos a unha boa vila chamada Fiongo onde pasaron a noite” ( 28 ).    
            Narra Frai Xoán Pobre insistindo no roteiro seguido por os santos mártires:
“E do Miaco trouxéronos a Osaka e de Osaka a Sakai e de  Sakai volvéronos a Osaka...De Osaka levaron ós santos mártires a Fiongo e de alí a Nagasaki” ( 29 ).
Chegou a martirial comitiva a Hiongo,arrabaldo da moderna cidade de Kobe,cunha escolta de 200 homes armados, sempre precedidos da sentencia. Todos os mártires levaban cadanseu letreiro no peito co seu propio nome. Seguían ó cortexo martirial algúns cristiáns.
Tras o rastro dos mártires, aínda que con máis de dez días de retraso, como di Frai Xoán Pobre, chegaron a Hiongo os españois deseosos de alcanzalos.
San Pedro Bautista aproveitou a parada neste pobo de Hiongo pra dar contestación á carta na que o Pai Morexón lles pedía perdón, e tamén pra escribirlle ó Pai Organtino outra da   que éste fixo un uso abusivo có mal propósito de desprestixiar ó santo comisario,cuio nome tuvo que defender o Pai Xeromo de Xesús, como él mesmo informa:
"Era vontade de Deus que a estes santos que padecían por a gloria de Deus non os infamase ninguén, nen lles apoucase a súa gloria, como o fixeran si eu non me quedara en Meaco onde o Pai Organtino anduvo mostrando ós cristiáns xaponeses unha carta do santo comisario na que lle pedía perdón como santo. E foi mester que eu lles declarase cómo se entendía aquelo pra que non cresen obrara [santo Pedro  Bautista] contra  conciencia  ó  entrar  e  estar  no  Xapón  e  fundar conventos" ( 30 ).
Este comportamento do Pai Organtino foi un escarnio e unha mostra do mesquiño da súa catadura moral. Ata é posible pensar que si foron mal interpretadas por os seus inimigos as palabras do Señor,¿qué menos podería ocurrir con un dos seus fieis servos? Esto en nada mingua a ruindade de quen quixo mal interpetar as palabras escritas por o santo comisario franciscano nun momento de humildade seráfica. Exemplo de perdonar ós inimigos lle tiña dado o mestre divino. A esta carta escrita ó Pai Organtino fixo alusión o santo comisario noutra do día 2 de febreiro de 1597 dende Nagoia ós relixiosos presos en Nagasaki no barco dos portugueses. Puderon facer a viaxe por mar, mais o emperador ordenou que fosen por terra pra maior escarmento dos cristiáns e meirande tormento dos mártires. Foi o Pai comisario quen deu conta de todos estes traballos na carta ó Pai Xeromo de Xesús.
Cando terminaba esta xornada en Osaka,xa case os santos mártires non eran capaces de andar conforme chegaban de esgarecidos e case exánimes.Nen xiquera tuveron a   satisfacción humana de vérense cós españois que chegaran a Osaka có xeneral do galeón "San Felipe",Matías de Landecho,coa finalidade de falaren con Taicosama, de quen non foron recibidos. Estaban con Matías de Landecho varios españois pasaxeiros do galeón ”San Felipe”, entre iles o agostiño Pai Diego de Guevara e o franciscano Frai Xoán Pobre.
En Hiongo escribiu San Pedro Bautista unha carta ós españois que se quedaran en Osaka.Aquí en Hiongo pasaron os santos mártires a noite
            Xa na narración destes primeiros dias non estuvo axustado o Pai Pacheco nas súas apreciaciós.O Pai Frois a quen elexiu como guía non é unha fonte merecente de moita fe.Os sucesos pasaron,en verdade,como eu levo dito.

Día venres 9 de xaneiro.Osaka Hiongo-Suma-Akashi

O día 9 de xaneiro saíu a santa comitiva dos mártires de Hiongo”embarcados”, como narra Frai Xoán Pobre:
“Era venres de mañanciña, nove de xaneiro cando os sacaron do cárcere de Fiongo e os embarcaron e foron a unha vila que chaman Suma de onde os levaron a outra que chaman Acaxi[Akashi] e a Gochacu e a Fimenxi[Himeji]” ( 31 ).  
                        En consideración a estas verbas de Frai Xoán é posible afirmar que este treito de camiño Hiongo-Suma fixérono os santos mártires embarcados.Inxustamente acusa  o Pai Pacheco a Frai Xoán de trabucar datas”e tal vez nomes”.Eu convénzome cada vez máis da exactitude que na súa narración gardou Frai Xoán.Confirma coas súas verbas esta primeira parte da viaxe por mar entre Hiongo e Suma e volve a confirmalo novamente,como veremos loguiño,cando escribe que foi moi pouco o que anduveron por mar
Este camiño por os distintos pobos nomeados durou varios días ata o día 14 cando aparecen os prisioneiros en Fimenxi.Neste pobo de Fimenxi un home bo cristián mandou moi prudentemente a un seu criado xentil con diñeiro pra socorrer ós santos prisioneiros. Narra Frai Xoán Pobre que os santos convertiron a este home xentil a quen despois bautizou o Pai Xeromo de Xesús..
Consta que durante o corto espacio Hiongo-Suma fixeron a viaxe por mar.Son aplicables agora as verbas do Pai Ribadenmeira:
“Conforme ó determinado na segunda sentencia,foron sacados os benditos mártires do cárcere  e levados ó lugar onde serían embarcados,que estaba cerca,para poder ir por mar en barcos pequenos ó porto de Nagasaki”( 32  )

Aínda que non todos os estremos destas verbas sean exactos,confirman a existencia diste primeiro tramo da viaxe Hiongo-Suma-Akashi por mar a pesar de ser máis breve por terra.E posible,como pensa o Pai Pacheco,que a razón de facer esta xornada por Suma foi porque ali había unha seki ou lugar de control de viaxeiros.

Non é viable a suposición do Pai Pacheco de si os santos foron levados por mar dende Osaka a Hiongo.Frai Xoán Pobre fala ben claro que foi dende Hiongo a Suma e, posiblemente,tamén deica Akashi e tal vez deica Gochacu e Fimenxi .

A viaxe a Suma por mar foi certo.Non se conclúe que tamén fora por már deica Gochacu e Fimenxi.Poden dar motivo a confusión unhas palabras do Pai Ribadeneira cando escribe e fala de porto:
“E como naquel camiño se toma cada noite porto nos lugares que hai na viaxe,oían algúns xentis a palabra de Deus que os santos predicaban”( 33 )

Destas verbss do Pai Ribadeneira se conclúe que a viaxe se facía só de día,si

ben en máis dunha ocasión a chegada foi en horas tardeiras.

Aquí a palabra porto é equivalente a pousada ou pobo de parada e descanso que non  necesariamente ten que ser porto de mar.Como cousa ordinaria pasaban a noite en

cárceres onde as había ou en jooka-machi que eran lugares a carón de fortalezas

Aínda que puderon facer toda a viaxe por mar,ordenou Taicosama que fosen levados por terra, pra un maior escarmento dos cristiáns e meirande tormento dos mártires. Foi o propio santo comisario quen,en carta do día 14 de xaneiro,deu conta de todos os pormenores e traballos na carta ó Pai Xeromo de Xesús Nela indica que iban facendo a viaxe por terra en cabalos:
”Imos de camiño por terra que son máis de cen leguas de Castela”( 34 )
Láiase Frai Xoán Pobre amargamente cando escribe:                                                                                                                               
“Considere o piadoso lector e devoto cristián cómo irían os santos mártires de pobo en pobo,de cidade en cidade,e o frío insoportable que facía,porque os máis dos días nevaba e xiaba,porque era no rigor do inverno e levaban tan pouca roupa e tan sin abrigo, que causaba gran compaixón  velos ir a vergonza encima dos cabalos,xa que foi moi pouco o que anduveron por mar.Pidíu o santo comisario que o deixasen ir a pe,e como non podía andar ó paso dos cabalos axudábanlle con paus” ( 35 ).    
            Por estas verbas fica,pois,en claro que a viaxe Hiongo-Suma tuvo lugar no día 9 de xaneiro.

Día sábado 10 de xaneiro.Hiongo-Suma

                Non sempre será cousa fácil determinar as estaciós de cada día na viaxe,a pesar do interese.posto por o Pai Pacheco en clarificar este punto.As veces non acertou no seu propósito.A.Villión tratou sin éxito de clarificar a viaxe dos mártires durante estes días primeiros.Confundiu moito as cousas.
En relación coa modalidade da viaxe pode afirmarse que os frades a fixeron en gran parte a pe,como bos fillos de San Francisco,pero tamén fixeron treitos a cabalo.
Era costume no Xapón facer a viaxe un cabalo tras outro,levado o cabalo das  rendas por un servidor que camiñaba a beira dereita e a carón da cabeza do cabalo



Día domingo 11 de xaneiro.Suma-Akashi.
            Deixada Suma e pasada unha fértil chaira e o pobo de Gochaku ,chegou a santa comitiva a Fimenxi[Himeji],residencia do daimio e capital da provincia de Arima,onde pasaron a noite.Himeji esta distante tres xornadas da cidade de Okaiama.A través da chaira de Akoo,no reino de Arima,pasaros os santos por Akoo,Katakami e Cobegaba no reino de Bigen.De Okaiama a Cobegaba hai  dúas xornadas de viaxe

Día luns 12 de xaneiro .Akashi Cochacu.
En Akoo tomou a seu cargo ós santos martires Juan Akashi Kamón,cristián que tratou moi ben ós prisioneiros durante os días que estuveron nas terras do seu dominio.

Día martes 13 de xaneiro. Cochacu-Fimenxi-Katakami.
            Trata detidamemte o Pai Pacheco,e penso que con éxito,da chegada dos santos mártires a Katakami e da súa detención neste pobo rexido por o samurai cristián Xoán
Akashi Kamón
            Desde Katakami na provincia de Bizen,escribiu dúas cartas San Paulo Michi.Dicía nunha delas  con referencia ó día 14:
            “Mañá moi cedo partiremos pra Okaiama”( 36 )
            A rota deste día foi penosa por ser a través dunha terra moi montañosa.

Día mércores 14 de xaneiro.Katakami-Fimensi
            En Katakami gozaron os mártires dunha relativa posibilidade gracias ó bo Xoán Akashi Kamón,responsable do mando naquela bisbarra.Estaba Akashi Kamón casado cunha irmá de Ukita Hideie,daimio de Okaiama.Di o Pai Pacheco que Ukita era señor  das provincias de Mimasaka,Bitchu e Bizen.Tamén era cristián Tomás Ukita,primo de Hideie.
Alí pudo escribir San Pedro Bautista unha carta na que di con relación a Akashi Kamón:
             “Por estar de camiño...e non ter tempo pra máis que o tempo que ás furtadelas me
da este bo home que nos leva”( 37 )
            Moi pouco despois de Katakami,provincia de Bizen,entraron os mártires na pranura que leva a cidade de Okaiama onde probablemente pasaron a noite.

Día Xoves 15 de xaneiro.Fimensi-Okaiama.
Este día 15 sinala a saída dos mártires de Fimenxi  Frai Xoán Pobre aínda que con certa dúbida:
“Sería o quince de xaneiro cando saíron de Fimenxi e deron a volta por Okaiama, e por Onomichi, por  Mivara[Mihara],Firoxima [Hiroshima] e Amanguchi e serían como vinteseis do mes cando chegaron a Ximonoxequi ( 38 ).
Nestas verbas non deixa en claro Frai Xoán o roteiro seguido nen a orde do paso por cada un destes pobos nomeados.Tratarei de seguir no posible a orde sinalada por o Pai Pacheco.Durante estes días percorreron distintas provincias meridionais do Xapón como Setsu, Harima, Bizen, Bitchu, Bingo,Aki,Suo e Nagato da illa Honshu.
            Xoán Akashi Kamón acompañou ós prisioneiros dende Akoo deica Cobegawa.Era
Iste o roteiro de Osaka a Shimonoseki o mesmo esencialmente ca estrada de hoxe en día.



Día venres 16 de xaneiro. Okaiama-Cobegawa-Nanokaichi-Kannabe.
A santa comitiva foi seguindo o“Camiño dos montes con sol”(Sanyoodoo) e o curso do río Otogawa por entre montes,a través dunha zona abrupta e cuberta de neve naqueles días de crúo inverno O Pai Pacheco non ousa dicir onde pasaron a noite os prisioneiros. Moi probablemente foi en Kannabe



Día sábado 17 de xaneiro.Kannabe-Onomichi.
            Pensa o Pai Pacheco que unha etapa de camiño anterior a Mihara pudo ser o pobo de Onomichi distante dúas xornadas de Cobegawa con parada intermedia no dito Kannabe

Día domingo 18 de xaneiro.Onomichi-Mihara
            Mihara é porto de mar a cinco xornadas de Katakami.Hoxe é unha cidade industrial.Daquela era unha fortaleza.
Escribe o Pai Pacheco:
”Hoxe en día  aínda poden verse os alicerces do torreón principal do castelo rodeado por o seu foso e a parte norte da cidade conserva a fisonomía da anterga
jooka-machi coas  súas rúas estreitas e rectas”( 39 )
            De Mihara a Hirosima hai dúas xornadas de camiño que atravesa unha zona pantanosa formada por o rio Numada seguida de outra zona montañosa.Os santos fixeron
noite non consta si en Tamari ou en Saijo,dous pobos situados no traxecto.Probablemente foi en Tamari.

Día luns 19 de xaneiro.Mihara-Hiroshima-Amaguchi-Tamari-Catabe(*)

O día 19 de xaneiro estuvieron os mártires en Catabe,reino de Bigen,onde  escribíu San Pedro Bautista ó rector da Compañía en Nagasaki pra que alcanzara do xuíz executor da sentencia a gracia de que puderan os mártires comulgar e recibiren a bendición do bispo.

Non consta con claridade o que pasou durante varios días ata o 26, cando aparece a santa comitiva  en Shimonoseki.Niste punto tenta o Pai Pacheco aclarar si a data é do día

19 ou do día 14

Día martes 20 de xaneiro.¿Catabe-Saijo?
            De Hiroshima viaxaron os santos pasando por os pobos Koi,Hatsukaichi, Iwakuni,
Tokuiama,Ogori,Yamaguchi,Yoshida aludidos por Pacheco.Nos días seguintes deica chegar a Shimonoseki prefiro seguir a narrativa deste relixioso por consideralo un pouco
conocedor do terreo.

Día mércores 21.¿Saijo-Hiroshima?


Día xoves 22 de xaneiro.¿Hiroshima-Iwakuni?

Día venres 23 de xaneiro.¿Iwakuni-Tokuiama?

Día sábado 24 de xaneiro.¿Tocuiama-Ogori?


Día domingo 25 de xaneiro.¿Ogori-Yoshida?

Día luns 26 de xaneiro .¿Yoshida?-Shimonoseki

Escribe Frai Xoán Pobre:       
“E serían como vinteseis do mes cando chegaron [os mártires] xa tarde a Shimonoseki. Neste pobo atopou un dos mártires[Francisco]a un seu fillo xentil a quen comenzou a predicar, e como o fillo non fose moi gustante... despediuse do pai. Chegado este mozo a Meaco, entrou na casa do pai e, abríndo un libro no que o pai lía, convertiuse e tamén o bautizou o Irmau Frai Xeromo e anduvo algúns días na súa compañía”( 40 ). 
Narra o mesmo Frai Xoán Pobre
“Cheguei o 29 de xaneiro  a Shimonoseki Alí dixéronme que facía tres días que saíran del e pasado a Kokura”( 41 )      
A consecuencia clara é que en Shimonoseki pasaron os santos a noite do día 26 de xaneiro.
Tamén narra Frai Xoán Pobre o que pasou neste pobo de Shimonoseki con un bonzo que censurou o proceder de Taicosama por enviar unha comitiva de propaganda cristiá a recorrer os pobos, como a meirande das propagandas da relixión cristiá.
Nunha carta escrita en Shimonoseki manifestoulle San Pedro Bautista ó Provincial de Filipinas a débeda que adquirira con Cosme Xoia, pidíndolle que lla pagara. Despois engade:
"Deuse sentencia que nos crucifiquen en Nagasaki a onde agora vamos de camiño
por terra, que son máis de cen leguas de España, con moitos frios por ser neste mes
e levarnos  moi ben custodiados, porque levamos algúns días máis de douscentos
homes pra nosa garda. Con todo eso, vamos moi animados e alegres  no  Señor,
porque a sentencia que se deu contra nosoutros di que porque predicamos a lei de
Deus” ( 42 ).
Foi nesta ocasión cando se lle uníu á santa comitiva de 25 un novo voluntario pra completar o número de vinte xaponeses e seis relixiosos pra un total definitivo de 26 mártires.

Día martes 27 de xaneiro.Shimonoseki-Caneora-Kokura

                Este día estuveron os santos en Shimonoseki,como escribe Frai Xoán Pobre que,
falando da súa estancia neste pobo o día 30,escribe o que xa deixo copiado na nota 41:.
“Cheguei o 29 de xaneiro a Shimonoseki.Alí dixéronme que facía tres días que saíran del e pasado a Kokura”( 43 )
            Este testemuño e ben claro a prol da estancia en Shimonoseki o día 26 de  xaneiro
Tamén no día 30 escribe o cronista do grupo de españois do hóspede que os acolleu,
palabras que logo repetirei:
“Díxonos que pasaran por alí os Pais facía tres días”
Estas verbas confirman a estancia dos mártires en Shimonoseki o día 27
            En resumidas contas,o día 27 de xaneiro cruzaron os santos mártires o estreito existente entre as illas de Honshu e Kyhushu e chegaron a Kokura.

Día mércores 28 de xaneiro.Kokura-Akame
Fixeron parada  este día no pobo de Akama os santos.
Escribe Frai Xoán Pobre:
“Eu,con desexo de encontralos,atravesei aquelas tres leguas deica Kokura e dende alí fun a unha boa vila chamada Akame onde nos dixeron que estuveran alí os Pais o día anterior”( 44 )
               

Día xoves 29 de xaneiro.Akame-Takuata-Cocomad

                Escribe Frai Xoán Pobre:
“Chegamos o día 30 a Cocomad e fomos facer noite a Akame onde nos dixeron  que estuveran ali os Pais o día anterior”( 45 ).
Narra o Pai Pacheco que o día 29 chegaron os santos mártires a un pobo de nome desconocido.Apoiado na autoridade de Frai Xoán Pobre,penso eu que ese pobo descnocido foi Cocomad.
.

Día venres 30 de xaneiro.Cocomad-Shimatali

Deixado Cocomad,pasaron os mártires este día 30 por Acame e fixeron noite en Shimatali, onde pernoitaron tamén os españois o día seguinte 31,pesarosos de non lograren alcanzalos.Consta este dato da Relación escrita por o cronista dos españois que seguían a mesma rota cós mártires.Pasaron os españois por Caneora, Cocomad e por Acame.Narra o cronista que neste último pobo de Acame estuveran os mártires o día 30.
Con relación ó día 30 escribe o mesmo cronista español referíndose ó cristián que os hospedou:
“Díxonos que pasaran por alí os Pais facía tres días. E díxonos e rogounos que non o descubrísemos, porque non o puxesen na cruz".
Este día camiñaron os santos deica Shimatali onde pasaron a  noite, como informa Frai Xoán Pobre:
“O trinta e un do mes de xaneiro cheguei a Shimatali onde supen como aquela mañá os sacaran daquela vila e os levaran a Nagoia( 46 ).   

Día sábado 31 de xaneiro.Shimatali-Cima-Nagoia-Shigajima-Facata[Hakata]

Tras pasada a noite do día 30 en Shimatali, foron levados os santos mártires na mañá do día 31 cara Nagoia.

Escribe o cronista dos españois:

“Saímos dalí o día 31...e tomamos cabalos deica Cima onde nos dixeron que  saíran aquela maña nunha funea cara Nagoia”

Este mesmo día 31 chegaron a Facata desde onde mandou San Pedro Bautista ó rector do xesuitas de Nagasaki a carta que tiña escrita en Catabe e que non lle fora posible mandar antes. Pasaron os santos a noite en Facata onde escribíu San Martiño da Ascensión unha carta ó Provincial de Filipinas informándoo de todo canto lles estaba ocurrindo.

Todas estas estancias dos santos mártires están certificadas por Frai Xoán Pobre nas seguintes palabras:
“Iba eu, miserable, en seguimento dos santos mártires, e como me levaban sete ou oito días de vantaxe, nunca puden alcanzalos... ata que cheguei o vintenove de xaneiro a Simonoseki. Alí dixéronme que facía tres días que saíran del e pasado a Cocura... Eu con anhelos de atopalos atravesei aquelas tres leguas que hai deica Cocura e dalí fun a unha boa vila que chaman Acame. Alí dixéronme que o día antes partiran dela os santos mártires... Aquel mesmo día pasei eu tras deles e cheguei o trinta e un do mes de xaneiro a Shimatali e supen que aquela mesma mañá os sacaran daquela vila e os levaran a Nagoia”( 47 ).
Narra o mesmo Frai Xoán Pobre noutra parte:
“Despois que saíron de Shimatali, embarcáronos pra pasar aquel estreito que hai deica Nagoia, anque logo os levaron por Facata e nunca máis supen deles deica o día do seu martirio” ( 48 ).
Afirma o Pai Pacheco que este porto despois de Shimatali onde foron embarcados , pudo ser Shiga ou Shigajima.Escribe:
”En Shiga embarcaron,pero despois...en vez de sair,dirixíronse ó interior da bahía e chegaron a Facata”
En Facata coloca o Pai Ribadeneira a escena do bonzo que censurou a conducta de Taicosama por enviar a comitiva de mártires facendo propaganda cristiá.
Eiquí en Facata acabáronselle as ilusiós a Frai Xoán Pobre de atoparse cós mártires cando xa estaba no alcance deles, porque obrigárono seguir unha rota distinta ca eles. Nós lamentamos coma él este revés que nos privou do mellor dos cronistas da xesta dos mártires.En balde habían apurado os españois as xornadas do camiño pra coller ós mártires. De Osaka habían saído nove ou dez días despois ca eles e, agora que xa os tiñan ó alcance, non lles permitían velos.
Narra o mesmo Frai Xoán Pobre:
“Estorbáronme que non fose por Nagoia senón que tirase a mau esquerda por outro camiño que pasaba a vista de Facata...Procurei darme presa pra chegar a Nagasaki, porque,aínda que a sentencia era de morte,moitos dinme que, si oubera quen ofrecese por eles gran cantidade de diñeiro, os perdonarían, como fixeron cós Pais da Compañía na persecución que tuveron, que con dádivas e presentes lles alzaron o desterro, e aínda eles mesmos din que tamén nesta persecución se liscaron por o mesmo” ( 49 ).
Unha vez máis quero insistir no dato de que os presentes e o diñeiro eran moi poderosos no Xapón. Os españois camiñaron sempre coa ilusión de lograr salvar con diñeiro ós condenados a morrer. Sin embargo, non era esta a vontade de Deus, que máis ben buscaba heroes e mártires; e foi tan dadivoso o Señor con estes escolleitos, que ningún deles faltou á cita da gracia divina, a pesar do longo camiño do viacrucis e dos innúmeros sufrimentos ó longo do longo camiño, senón que máis ben había outros moitos vontarios que loitaban por axuntárense ó número dos signati, escolleitos,por o ceo pra que deran valente testemuño da fe.

Día domingo 1 de febreiro.Facata-Acame-Zima-Fuce-Karatsu

De amañecida saíu o día 1 de febreiro a santa comitiva de Acame e pasou por Zima, onde recibiron os españois a nova de  que naquela mesma mañá saíran os santos mártires nunha funea pra Fuce, como afirma o cronista dos españois. Neste mesmo día chegaron a Karatsu.
 Foi aquí en Karatsu onde se fixo cargo dos mártires Hasaburo (Fazamburo). Pasou Hasaburo cós mártires a Nagoia, onde era gobernador o seu irmau Tarazaba, ausente daquela na guerra de Corea. Era Hasaburo"home naturalmente moi cruel” (di o Pai Ribadeneira), pero con influencia de ideas cristiáns que o moveran incluso a pedir e recibir o bautismo tempo atrás. Comportouse o mellor que pudo cós santos mártires, e ata se doeu dos seus sufrimentos. Incluso concedeulle ó santo comisario a gracia de que o martirio pudera ser en venres e que todos puderan oir misa e recibir a santa comuñón, aínda que despois non se atreveu cumprir con esta promesa por medo a que Taicosama lle mandara cortarse a barriga.
Todos os cronistas aluden ó bo trato que Hasaburo deu ós mártires e ó sentimento de dor que tuvo por haber sido comisionado pra executar a sentencia.
Admirado da ledicia que amosaban todos os mártires, preguntou a razón de tan festivo comportamento. Respondeulle o santo comisario interpretando o sentir de todos e de cadiún dos santos compañeiros, que a razón da ledicia que levaban por a morte corporal era a esperanza que todos tiñan de alcanzar a vida eterna.
En atención ó que este home pudera ter de bó e que non tuvo a valentía de amosar naqueles momentos, vale citar as palabras do Pai Ribadeneira. Falando de Hasaburo, a quen él chama Fazamburo, e do seu  irmau Tarazaba escribe:
“Deixou como tenente seu a un seu irmau xentil chamado Fazamburo, home naturalmente moi cruel, anque era amigo de  cristiáns e conocía moi ben ós benditos frades dende que viñeron coa embaixada de Filipinas; por eso cando lle foron presentados os gloriosos mártires non se lles mostrou inimigo, senón que lles dixo que él era un mandado do rei e que o matarían senón executaba a sentencia . Mandou que lles deran o necesario, compadecéndose moito dos fríos e traballos que padeceran por o camiño. E notando a alegría espiritual que levaban, e o desexo que tiñan de morreren, preguntoulle ó santo comisario que como iban tan alegres á morte que era naturalmente tan temida, ó que lle respondeu o santo que estaban contentos porque con aquela morte que sufrían por o seu Deus ganarían a vida eterna no ceo, enriquecida con grandes honras. En breves razós deulle noticia de Deus, da súa lei e da gloria e da honra do martirio, dicindo que máis os honraba agora o rei ca non cando os recibira alí mesmo con moita honra e lles fixera moitos convites él e os da súa corte. Todo esto entendíao moi ben o xuiz por ter oido moitas veces a lei de Deus a ata ter pedido o bautismo, como eu o supen despois, pero como o seu corazón estaba atado por o favor do rei e da honra do mundo, non fixeron impresión nel as palabras do santo comisario por quen se sentíu moi afeccionado e concedeulle dúas cousas que lle pedíu pra consolamento seu e dos demais mártires, a primeira que dilatese o crucificalos ata ó venres..., a segunda que cando chegasen cerca de Nagasaki dese lugar pra que pudesen oir misa e comulgaren” ( 50 ).            
A presencia do santo comisario impresionou aquel espírito embotado por as cousas do mundo e por eso incapaz de darlle entrada na alma á gracia divina. Tamén a Pilato lle faltou a gracia de Deus cando era o mesmo Deus quen estaba diante súa e non atendeu a resposta á pregunta que él mismo lle fixo. Foi moi profunda impresión que a presencia de San Pedro Bautista e dos demais mártires causou naquel home que derramou días despois bágoas, cando no cumio do monte Tateiama crucificou aqueles homes a quen consideraba bós e non merecentes da morte.
Os bós sentimentos de Hasaburo manifestoullos San Pedro Bautista ós tres relixiosos presos en Nagasaki na carta do día 2 de febreiro de 1597:
"O irmau de Tarazaba díxonos que dará lugar pra comulgar, cousa que estimei en moito. Non veñan as vosas caridades a vernos, porque, anque todos nos consolaríamos moito, non se atreve[Hasaburo].Di que si Taico sabe que as vosas caridades están aí e él non lle da aviso, que o cortará, e non  vindo, él disimulará pra que Taico non o sábea" ( 51 ).
Esta é unha mostra evidente do medo que aqueles homes lle tiñan ó vello e achacoso Taicosama, e da capacidade que tiñan pra agacharlle todo canto lles interesaba agachar.

Día luns 2 de febreiro. Karatsu-Nagoia

Da viaxe dende Karatsuma,Sukasaki,Takeio e Nagoia escribe o Pai Ribadeneira:
"Desde Nagoia foron sacados os santos mártires pra Nagasaki, quen a cabalo, quen que tiña máis forza a pe e quen en seirós que levaban dous homes, porque como ata alí fora o camiño longo e traballoso, viñan algúns santos moi fatigados, en especial os relixiosos que viñeran parte do camiño a pe e traían os pes inchados,e viñan sin forzas e notablemente esmorecidos. Saíron con eles moitos xentís arcabuceiros, piqueiros e alabardeiros" ( 52 ).
Acerca do estado lastimoso dos relixiosos escribiulle o Pai Agostiño Rodríguez ó Provincial de Filipinas en carta do día 13 de marzo de 1597:
"Deixo pra que a vosa caridade considere  os  moitos  traballos  que neste camiño tan  longo pasaron  con  tantos  fríos,sin  roupas,sin  comida  nen  outro  ningún regalo"( 53 )
Xa quedan anotadas as palabras do propio San Pedro Bautista describindo pormenores da viaxe.
 O Pai Xeromo de Xesús, testemuña fiel de todo, expresouse nestes términos:
"Ben creo eu que houbo poucos mártires na igrexa de Deus semellantes a estes, tanto no padecer, coma no modo e traza como eles padeceron,s obre o que habería moito que dicir e que chorar... Eu estaba en Osaka, e cada día enviaba a preguntar ó porto, da xente que viña de Nagasaki as novas dos mártires, e todos contaban cousas admirables, e outros tamén contaban moitas cousas lastimosas que me causaban profundo dor e un martirio prolongado. Dicíanme que levaban as pernas inchadas e negras por mor da descalcez e dos intensos fríos de xiadas e de neves que iban pisando, e que os soldados lles daban moitos paus, como adoitaban dar as bestas cargadas e cansadas ,porque non podían andar ó paso da xusticia. E si esto me causaba dor e pena, moito meirande ma daba oir que había quen ousaba dicir que era castigo de Deus por os pecados do comisario, por non haber querido obedecer ó bispo a quen os desta opinión querían que obedeceran coma a Deus na terra do Xapón... Dínme que moitas veces deron de paus ó santo comisario máis cos outros e como as veces se retardaba en andar ó paso dos cabalos, dábanlle paus descomedidamente.E particularmente déronlle o mesmo día que o crucificaron un tan recio dende a cabeza e por todas as costas que ,despois de crucificado, botábase ben de ver a carne inchada naquela parte. E cando lle deron este golpe, oíronlle dicir:”Deus volo pague.Dade, dade, que ben merecido o teño". E cóntase que no camiño lle dixo á xusticia:”Miraime por os ollos que non mos quebredes, pra que poda andar a pe ,porque así llo teño prometido a Deus. E no demáis   do  corpo  dade  cantos  golpes  queirades,  que  tanto  máis  volo agradecerei" ( 54 ).
Si é que poden ser perdonados os malos tratos dados por os xentís,non é perdonable o proceder de quen dicían que os santos, sobre todo San Pedro Bautista, caudillo deles, levaban o camiño do calvario en castigo dos seus pecados.
Ouh, espíritos de Organtino, Morexón, Pasio e Manuel Rodríguez, do propio bispo e de outros eiusdem furfuris; ¿qué diredes agora ó velos no ceo cheíños de graus de gloria dos que vos carecedes...? Que o bó Deus os haxa perdonado, porque vosa foi a intriga e vós tuvestes a culpa de todo o perxuicio que lle sobrevíu ó cristianismo no Xapón. Vosoutros argallástedes a viaxe do bispo ó Xapón  pra que botara fóra ós fillos de San Francisco, cuia humildade e pobreza vos servían de afronta...
E pra que esta acusación non apareza miña, lembro as palabras que Frai Xoán Pobre puxo na boca de San Paulo Miki, ditas a San Pedro Bautista, postas atrás na nota 5, e que copio só en parte:
“Si me quere recibir por irmau de San Francisco, eu sereino e dende hoxe doume por tal e así recibiuno o santo comisario e apertouno cos demais. Estes tres gloriosos mártires eran moi devotos dos frades. Eran entre os sabios os máis sinxelos e naturais e así os escolleu noso Señor de entre eles e os trouxo a compañia do glorioso San Francisco, pois dela subirían a do noso Señor Xesucristo. E deste xeito, a partir de hoxe, estes tres mártires con outro que veu logo, todos quedaron por da Orde do seráfico Francisco... fixo canto pudo o Pai Organtino por sacalos da santa  compañía  dos  mártires  e nunca  pudo  porque  eles  non  quixeron  volver  a súa” ( 55 ).
Chegaban tras a santa comitiva dos mártires os españois con Frai Xoán Pobre á cabeza, dispostos a salvar ós mártires. Sin embargo,di o Pai Ribadeneira que maldita a gracia que lles facía ós mártires esta preocupación dos devotos españois
“Pesoulles que viñesen con intento de rescatalos por non seren privados da coroa do  martirio, anque  sempre  suplicaban  ó  Señor  que  fixese  a  súa  santa vontade” ( 56 ).
Tal era a ansia inmensa que os santos traían de subir ó calvario que os estaba esperando en Nagasaki.A pesar dese ánimo e entusiasmo dos mártires, chegaban algúns deles tan maltratados e esgarecidos de tanto camiñar, que nen a cabalo eran quen de seguir adiante, por o que debían ser transportados por os soldados en serós. Ningún dos relixiosos admitíu servirse deste auxilio a pesar de chegar con pés chagados. E quen non desfaleceron en ningún momento foron aquelas dúas almas xemeas e valentes, San Martiño da  Ascensión e San Francisco Blanco, que preferían ir ó ceo xuntos có grupo infantil e anxelical de Loisiño, Antoniño e Tomasiño que paseaban por  os camiños do Xapón xubilosos  cos seus cortos anos, como si de  unha camiñata festiva se tratara.
            En Nagoia pasaron os santos a noite do día 2 de febreiro.

Día martes 3 de febreiro.Nagoia-Tsukasaki[Takeo].

Este día saíu a santa comitiva de maña cedo de Nagoia e chegou nas horas do serán ó pobo de Sukasaki,situado na fértil chaira de Saga.O alférez Tomás Herades manifestou que os mártires chegaron a Sukasaki “flacos,pálidos e escotados,cós pes abertos e desangrados das orellas”
O piloto español Olandia escribiu:

“Na dita viaxe pasaron moitas fames,fríos e outros traballos intolerables,porque aprisionaxdos e na forza do inverno,con tempo frixidísimo de neves e xiadas,

padeceron  moita necesidade coas prisiós o coas inxurias e afrentas que os infieis

naturais da terra lles facían...Pasaron moitos e moi excesivos traballos,afrentas e

vergonzas,porque aquel ano houbo no Xapón moi terribles fríos e neves”

En Sukasaki pasaron os santos a noite.Deixemos que os santos descansen eiquí en Tsukasaki que boa falta ten de descanso como veremos no día seguinte.

Dia mércores 4 de febreiro.Tsukasaki-Sononxi

Saíron de mañá de Tsukasaki e chegaron nas horas do mediodía a Sononxi na terra de Omuradono.
Escribe o Pai Frois:
”Quixeron vir a pe por a súa devoción ata Sononqui,terra de Omuradono,con moito frío e cos pes inchados”( 57 )
Sigamos ós españois do galeón”San Felipe”,pra quen non remataban os disgustos, nen o medo nun país estraño e inimigo, como narra Frai Xoán Pobre:
“Fomos atravesando o reino de Fixen onde nos deron un susto na cidade de Fichen, porque nos fixeron esperar medio día e inda nos detuveran máis senón levaramos tan boas chapas [salvoconductos]. Ó cabo, por a boa lingua que levabamos... déronnos licencia e pasamos adiante...Entramos por a provincia de Omura, Arima e chegados a un pobo de  cristiáns chamado Sununxi, vimos vir dous mancebos lanzales a cabalo...Viña Frai Xoán Pobre atrás a pe e coel un criado do xeneral que chamaban Renxel... Colléronnos en medio e leváronnos con moita furia e encerráronnos nunha casa do pobo con gardas pra que ninguén saíse. Logo apareceu o tono que era o cruel irmau de Tarazaba, xusticia daquela terra e mandou chamar moi enrabechado a nosa lingua... Estaba Frai Xoán Pobre agachado nunha casa e, despois de acougado aquel alboroto, dixolle ó xeneral e ó Pai Frai Diego de Guevara:
”¿Acaso hai eiquí Pais da Compañía?
Daquela anoxouse o Pai agostiño e dixo:
Cale, Pai Frai Xoán. Non diga eso, que si os Pais da Compañía estuveran eiquí¿habíannos dado estes traidores este sobresalto de morte?
Dixo Frai Xoán:
Dígoo porque este Fozamburo e o seu irmau Tarazaba son os maiores amigos que ten.
Non pasaron dous Credos cando apareceron dous Pais da Compañía recén afeitados como de festa, coas súas sotanas e roupas longas e non con vestidos de bonzo como adoitaban.
Como os viu Frai Xoán Pobre de lonxe, saíu por un tabique por non verse coeles e foi meterse nunha funea grande na que Fazamburo mandaba se embarcasen. Viuse o xeneral e o Pai Frai Diego de Guevara e os demáis cos pais da Compañía e,entre outras cousas, dixéronlle ó xeneral que, en pasando  aquel estreito de mar, encontraríamos cabalos pra ir por terra a Nagasaki, que xa tiñan avisado. Pois si tiñan avisado, xa debían saber que viñamos e pudéronnos saír a recibir con paz, amor e caridade e incluso con algún refresco pois sabían cantos traballos temos pasados, e acabar con Fazamburo, que non fai senón o que eles queren, que non nos recibira como nos recibiu” ( 58 ).
E sigue a narración o mesmo Frai Xoán Pobre:
“A gran presa mandou Fozamburo que se embarcasen o xeneral e a súa xente e, despedidos dos Pais, quedáronse[estes]co amigo tirano...o vento na popa atravesamos aquel estreito e chegamos a Toquique [Tokitsu] onde ceamos ben pobremente e descansamos un rato, mais ó primeiro sono dé nos deron outro susto coa entrada alporizada duns xentís.Nós que tiñamos mester ben pouco, xa pensabamos na morte que, ó parecer nos andaba no rastro...Déronnos logo novas de que aqueles xentís eran os tiranos que traían ós santos mártires que estaban no porto”( 59 .)
Curiosa por demáis é esta relación, sobre todo nas reflexiós relativas á conducta dos Pais xesuitas. Incríble pode parecer ésto pra quen non conoza todo o desenrolo daquela historia.
Aínda engade Frai Xoán Pobre novos datos noutra parte da súa narración:
“Aquel mesmo día pasei a vista de Facata e cheguei a Fixen e atravesei todo aquel reino de Fixen...Chegaría como as tres da tarde, tres de febreiro, a un pequeno pobo de cristiáns que chaman Sunungi, cinco leguas de Nagasaki, donde encontrei a dous Pais da Compañía en compañía de Fozamburo, que foi o tirano que crucificou ós santos mártires. Cando eu vin a mesturanza de tiranos e Pais, xuzgue o cristián lector qué podería eu sentir e aínda dicir. Procurei informarme a qué viñeran os Pais a aquel pobo e dixéronme que estaban agardando ós santos mártires pra confesalos... Moi ben superon os Pais como eu chegara alí, mais disimularon por non falarme e eu fixen o mesmo. Embarqueime aquela tarde e atravesei con vento en popa aquelas tres leguas, pois cheguei antes que anoitecera a outro pobo de cristiáns chamado Toquiche [Tokitsu] onde encontrei un mancebo español chamado Renxel con quen cenei e funme a durmir, mais o primeiro sono espertáronme con un ruído e tropel de xente que entraba na pousada onde eu estaba. Tratei de informarme qué sería aquel sobresalto, que certo mo deron, e dixéronme que eran os xentís que traían xa ós santos mártires”( 60 ). 
Quero destacar a comechume que lle causaba a presencia dos xesuitas a Frai Xoán Pobre no máis sensible de seu ser. Sempre que os albiscaba en algures, rebelábaselle o espírito de español como bó soldado que fora na xuventude nos tercios españois, e o espírito franciscano como bó fillo que era do humilde San Francisco.
A pesar de tantos sufrimentos, camiñaban os santos có gozo reflectido no rostro,tal como os contemplou en Tokitsu unha testemuña do galeón ”San Felipe”,que di:
"Esta testemuña foi velos e falou co dito Pai comisario e cos demáis...e viu que iban moi alegres e regocixados de padecer o martirio. E ista testemuña partíu na compañía dos ditos Pais e foi canda eles algún tempo e víu que os levaban mal tratados,... abertos os pes por mor da auga e das neves que había".
Il mesmo engade noutra parte:
"Viunos esta testemuña cos seus ollos pasar moitos traballos. Traíanos coas maus atadas atrás e non querendo ou non podendo andar tan de presa como quería o xaponés que os levaba, dáballes arrempuxós e as veces facíaos caír de bruzos. E esta testemuña axudou algunhas veces a levantarse ó Pai Frai Pedro Bautista. E cando esto pasou, facía moito frio e nevaba e chovía, e os Pais[iban]descalciños e espidos con pouco abrigo".
Aínda que as testemuñas falan preferentemente de San Pedro Bautista como xefe daquel seráfico escuadrón, hai que pensar que a cada un dos seus soldados cábelle outra tanta participación naquela gloria. Miremos a cadiún daqueles protagonistas dunha entrega incomprensible pra almas non arroupadas por unha asistencia divinal. Eu penso en San Francisco Blanco, camiñante o máis do tempo en contemplativo silencio, ofrecéndolle a Cristo cadaún dos seus pasos doridos e cadaún dos sufrimentos daquel camiño sementado de mágoas, convencido plenamente de que así iba compartindo os sufrimentos do seu Señor e cooperando na medida das súas posibilidades pra compretar o que lle faltaba á súa santa paixón, dacordo có pensamento de San Paulo. En cada paso que daba sentiría un novo estímulo no penoso camiñar, có exemplo dos compañeiros, a quen se aproximaría moitas veces pra animalos, porque continuaba sendo como nos mellores días o enfermeiro providente e un pai garimoso. En medio daquela gran proba de amor a Cristo, seu grande amor, sentiría os azos que  lle daban a presencia dos seus compañeiros e seguiría pensando o que noutrora lle escribira ó seu amigo Pai Ribadeneira:
"Eu estou avergoñado de min mesmo vendo que uns homes tan novos na fe, amosan tanto valor, que non teman, antes anhelan morrer por ela"( 61 ).
Inmenso sería o dor do santo con alma sensible de galego vendo que arestora non podía axudar como él quixera ós demais mártires, sobre todo ó seu benquerido prelado, por levar as maus atadas. Abraia a consideración, e ver aqueles santos arrempuxados e caídos por o chau e sin case posibilidade de erguerse, por levar as maus atadas atrás, como o afirma a testemuña citada anteriormente.
Xunto ó santo do Tameirón camiñaba San Martiño da Ascensión, a súa alma xemea, compañeiro e amigo dos mellores días. Animaríanse mutuamente; o de Tameirón con frases de sintaxe galega, e o de Vergara con frases de concordancias vizcaínas. Tan semellantes lle pareceron estes dous amigos a Frai Xoán Pobre, que escribíu:
“Pénsase dél que foi virxe toda a súa vida, coma o seu mestre o santo Frai Martiño. Os dous queríanse en vida tan tenramente no Señor, que morrendo por o seu amor foron tamén semellantes, que cando eu fun velos nas cruces, non podería distinguir a un do outro. Tanto era o que se pareceron na vida e na morte”( 62 ).
Tamén á beira de San Francisco Blanco camiñaría o trío infantil composto por Antoniño, Tomasiño, e o xefe dos tres, Loisiño, que paseaban xubilosos todos tres os seus cortos anos como si dunha festiva camiñata se tratara.A vista anxelical de Loisiño chamou a atención de Hasaburo, que lle dixo:
“ Miniño, a túa vida está nas miñas maus. Si queres servíresme, eu te salvarei.
Díxolle o picariño:
Eu somente farei o que dispoña o Pai Pedro Bautista.
Falou o Pai Pedro Bautista:
Si te deixa vivir coma cristiano, dille que estás contento.
Dixo Hasaburo que sería a condición de tornarse xentil.
Respondeu Loisiño:
Así non quero a vida, pois no é razoable trocar a vida eterna por a que ha durar pouco.
San Francisco Blanco canonizou esta xesta de Loisiño en palabras un tanto semellantes na carta que lle escribíu ó Pai Ribadeneira, e que este biógrafo nos deixou nos términos seguintes:
"Eiquí vai Loisiño con tantos azos e coraxe, que pon admiración en todos. Un señor, vendo a súa pouca idade, díxolle que, si quería deixar a fe por a que iba morrer e servilo a él, que o libraría da morte. Respondeulle que sería mellor que él se fixera cristián e que iría ó paraiso como él había de ir. Esto soamente e o número dos santos mártires tuvo lugar de escribirme" ( 63 ).
Causa admiración a entereza de ánimo que tiña o santo mártir ourensán na véspera da súa morte pra escribir como escribíu unha serie de cartas,como si de unha actividade normal se tratara. Xa deixo dito que era a súa unha entereza da mesma condición cas pedras berroqueñas da súa terra natal no austero altiplano ourensán.
Chegaron os santos prisioneiros a Sononxi a mediodía. Despois de Frois  falaron algúns autores dun dato intranscendente como son as bágoas que nun intre do camiño deste día correron por as meixelas de San  Pedro Bautista.Cóntase que,sentado nunha pedra do camiño,o santo chorou non se sabe con qué motivo.Un pensa que tamén o castelán das duras terras de Avila tiña dereito a deixar que por un momento amosara a súa alma os seus sentimentos humanos
 O día 3 de febreiro, en torno ás tres do serán, chegaron os españois ó pobo chamado Sononxi (Sunungi pra Frai Xoán Pobre e Zumingui pró cronista dos españois).Estaba este pobo nas terras de Omuradono
Frai Xoán Pobre refire:
“Chegaría como as tres do serán do 3 de febreiro, a un pequeno pobo de cristiáns que chaman Sunungi, cinco leguas de Nagasaki donde encontrei dous Pais da Compañía axuntados con Fozambro{Fozamburo],que foi o tirano que crucificou ós santos mártires. Cando eu vin a mesturanza de tiranos e Pais xuzgue o cristián lector o que eu podería sentir e incluso dicir, pero pasarei adiante como logo pasei, chorando non por o martirio que era o que eu máis devecía senón que a cousa que eu sentía e me chegaba a alma era ver o modo do martirio. Tratei de informarme a qué viñeran os Pais a aquel pobo e dixéronme que estaban a espera dos santos mártires pra confesalos. Cando me dixeron esto non puden deixar de dicir: Bastante máis necesidade ten eles de confesión ca non os mártires, pois traen ben seguras as súas conciencias e traen bastantes confesores. Así que non deben vir a confesalos senón ó que eu adiante direi... Moi ben superon os Pais como eu chegara alí, pero dismularon por non falárenme o mesmo que fixen eu. Embarqueime aquela tarde e atravesei, vento en popa, aquelas tres leguas, pois cheguei antes do anoitecer a outro pobo de cristiáns chamado Toquiche onde atopei un mozo chamado Renxel con quen cenei e funme a descansar. Ó primeiro sono espertáronme con un ruído e tropel de xente que entraba na pousada onde eu estaba. Procurei informarme qué sobresalto sería aquel, que ben certo que mo deron, e  dixéronme  que  eran  os  xentís  e  tiranos  que  traían  xa  ós  santos mártires”( 64 ).
           Este día 4 de febreiro chegaron ás nove da mañá ó pobo de Sononxi o xeneral Don Matías de Landecho e os seus homes, que foron recibidos por Hasaburo con máis de 500 homes armados, na crenza de que eran os santos mártires, ata que eles mostraron os salvoconductos que portaban do emperador.
Do seu diálogo con Hasaburo destaca o alférez Cotelo:
"Esta testemuña díxolle si había algún remedio pra que quedaran [os mártires] coas vidas, e o dito gobernador respondeulle que o rei o mandaba e non tiña remedio e que a él ben que lle pesaba, porque sabía que os ditos Pais eran  bos e non merecían aquela morte, e que os estaba esperando que xa viñan detrás, e que outro día de mañá os poría na cruz".
Tamén estuveron falando os españois cós dous xesuitas chegados a este pobo, como resposta á carta escrita por San Pedro Bautista ó rector da Compañía en  Nagasaki... Falou o Pai  Manuel Rodríguez na  presencia do Pai agostiño Diego de Guevara, e dos españois Valdés, Cotelo, Renxel e Zuazola, como o testemuñou este derradeiro na cidade de Manila o día 15 de xuño de 1598:
"O Pai Xoán  Rodríguez, da Compañía, que  acertou estar naquel pobo [Sononxi] dixo que ó tempo que a dita nao se perdeu no dito reino, estaba na cidade de Meaco e falou co dito emperador sobre certas cousas que lle iba a tratar e que, estándollas tratando, lle dixo:
- Xoán Rodríguez, pídeme de mercede esta nao dos nambaxies que, si tú ma pides, eu  lles darei o avío necesario pra que se vaian a súa terra, e tamén che darei unha capa de pano das que traen, porque me din que son boas pró frio, e tú ganarás gracia co teu rei escribíndollo.
A esto respondeulle esta testemuña ó dito Xoán Rodríguez que ¿por qué non fixera en tal ocasión a caridade de favorecelos?
A esto respondeu o dito Xoán Rodríguez que él e os Pais da Compañia non quixeron meterse nesto, porque o xeneral e os españois non enviaran o presente ós Pais da Compañía, nen fixeran caso deles".
Como pode comprobarse foi todo cuestión de diñeiro e de vandade humana. Ésto foi todo o orixe da persecución de Taicosama. Quen  queira conocer as ”certas cousas” das que falou este relixioso con Taicosama na ocasión sinalada, pode ver o que deixo escrito no capítulo noveno nota 17.
Ás dúas da tarde chegaron os santos mártires. Hasaburo mandounos vivir ó cárcere. Os relixosos aproveitaron o tempo pra escribiren cartas ós seus seres máis queridos.
Esto ocurríu o mesmo día que Frai Xoán Pobre durmíu en Tokitsu. Estaba Frai Xoán no mesmo pobo a onde chegaron os santos, pero ata nesto non tuvo boa ventura, como él mesmo conta máis ou menos coestas palabras que xa conocemos:
“Cando eu oín esto foi grande a miña alegría e secretamente, por non ser sentido, saín da pousada e funme cara a mariña por si podía ver e falarlles ós santos presos cousa que tanto devecía ,pero tamén desto me apartaron os meus  pecados e así entendín que nen a miña vida nen a miña morte serían de ningún valor e efecto, pois nen tuven a boa ventura de velos nen de falarlles, porque chegado a beiramar pra velos decateime que non querían sacalos das funeas pra terra, antes estaban moi adentro na mar. Estuven a espera deica cerca da medianoite cando me dixeron que partise deseguida pra Nagasaki e así foime forzoso marcharme. Ficou alí aquel español que atrás dixen que chaman Renxel na garda dun pouco de hato que levabamos pra levalo él a Nagasaki en cabalos” ( 65 ).
Pra deixar dunha vez anotado o relativo á viaxe de Frai  Xoán Pobre ata Nagasaki, quero adiantar estes datos que il mesmo narra:
“De mañá cedo comencei a camiñar por aquelas altas montañas que hai deica Nagasaki e cando cheguei cerca do hospital de San Lázaro vin encol dun monte moitas cruces por o chau e logo deume o corazón que aquelas cruces eran para crucificar ós relixiosos de San Francisco e ós seus compañeiros e que aquel lugar debería ser o calvario onde serían postos, porque o ano anterior vira eu no propio lugar crucificados seis xaponeses... Anduven fitando as cruces e vin que había moitas máis co número dos que traían presos. Ben pudera eu dicir daquela dentro de min a ata abrazarme con algunha cruz dicindo: ”¡Ouh si fora eu tan feliz que  merecese alcanzar tanto ben como o de poboar unha destas cruces! Pero indigno de merecer tan gran premio ,pasei adiante sin esta consideración. E serían as tres da mañá cando cheguei a Nagasaki e fun parar a casa dun portugués chamado Antonio Garcés onde supen como os frades do glorioso San Francisco que estaban en Nagasaki foran levados presos ó navío ”San Antonio”... Nunca puden descansar aquel pouco que me restaba da noite, pensando nos santos presos e nas cruces que vira no camiño, sinal ben certo do martirio, porque logo me dixeron os portugueses que sen dúbida morrerían”( 66 ).    
Fala o Pai Ribadeneira de Nangaie (Sononxi), tres leguas de Nagasaki,onde tuveron os mártires a corta satisfacción humana de vérense con moitos cristiáns,xaponeses e portugueses, que acudiron a visitalos e recibiren deles algún recordo. Falando o Pai Ribadeneira dos dous xesuitas que saíron ó encontro dos mártires, dí:
“Chegaron  os  Pais  ó  lugar  chamado  Nangaie  onde  estaban  os  santos esperando”( 67 ).
Trátase sen dúbida de Sononxi, a onde chegaron os xesuitas enviados como resposta á carta que San Pedro Bautista lle escribira ó rector da Compañía en  Nagasaki. Chegaron os santos ás dúas da tarde, cando normalmente non cabía a celebración da misa. Ésta foi a escusa alegada por os dous xesuitas pra non celebrala. Por outra parte, os conductores da santa comitiva tiñan orde de Hasaburo de darse presa pra chegaren ó día seguinte a Nagasaki.
Hasaburo rexeitou agora dar cumprimento á promesa feita ó santo comisario de dar tempo pra que se prepararan a unha boa morte confesándose, oindo misa e recibindo a santa comuñón, como dí o Pai Ribadeneira,
"receando que non o acusasen diante do rei de neglixente executor da súa vontade e mandato" ( 68 ).
A visita dos dous xesuitas non valeu de nada. Máis ben case pode pensarse que foi contraproducente, conocendo que foron aqueles dous xesuitas dos máis contrarios ós franciscanos. Ata é moi posible que foran eles quen aconsellaron ó bó home Hasaburo pra que se negara a permitir o que tan liberalmente lle concedera ó santo comisario en Nangoia facía soamente días. Non quixera eu ser mal pensado, pero todo aconsella pensalo así.
Aproveitaron os mártires a estancia en Sononxi pra escribiren cartas ós seus seres queridos.
Narra o Pai Ribadeneira:
"Cada un dos tres santos relixiosos,Frai Pedro Bautista,Frai Martiño e Frai  Francisco Blanco escribíu ós tres relixiosos que estabamos presos no navío" ( 69 ).
San Francisco Blanco aproveitou aquela ocasión pra demostrarlles a profundidade do seu amor ós seus pais e ás personas que máis quería e apreciaba. Ós pais escribiulles unha carta chea de tenrura, cuios términos conocemos únicamente por a narración sumaria do Pai Ribadeneira ,que seguramente a tuvo na súa mau.Así o narra él:
"O ditoso Frai Francisco Blanco, vencido do amor natural  que lle tiñan os seus pais, pra que reparasen en canto sería de preciosa diante de Deus a súa morte por ser moi gloriosa a causa dela, escribiulles unha carta. E conocendo a moita devoción que o conde de Monterrei...tiña a Relixión franciscana,escribiulle algunhas advertencias do sucedido no Xapón pra que llas escribise a súa maxestade,como tamén llo escribía o glorioso comisario.E tamén me escribíu a min outra carta como a particular amigo seu" ( 70 ).
            Xa deixei constancia de cómo o sacerdote Don Pedro González de Ulloa escribíu que él viu cós seus propios ollos en poder do clérigo Don Francisco Blanco esta carta escrita por o santo ós seus pais ( 71 ).
A carta escrita por San Francisco Blanco ó Pai Ribadeneira,ademáis dunha mostra de amizade, obedeceu sin dúbida ó desexo de pór nas maus do amigo as outras cartas aludidas.
Estas cartas, sobre todo a escrita a este seu amigo e biógrafo, reflecten a serenidade do santo, tan inalterable como as pedras berroqueñas da súa terra natal.
O devandito dia 4 por a tarde reiniciaron os santos mártires o camiño amarrados uns ós outros, con sogas ó pescozo e as maus atadas atrás, agás os relixiosos. Esta seguridade emplearon os conductores da santa comitiva ante o temor de que algún dos mártires pudera lanzarse á auga na baía de Omura, que iban cruzar pra ir ó pobo de Tokitsu, que distaba de
Nagasaki tres leguas.
En Tokitsu (Toquiche de Frai Xoán Pobre) tuveron algúns españois a posibilidade de falar cós santos, a pesar do esmero posto por os gardas pra evitalo. A este propósito non se pode esquecer a posibilidade aludida máis dunha vez de lograr calquera cousa dun xaponés sempre que amosaran as dádivas.
A comitiva dos santos foi levada ó porto a media noite, como narra Frai Xoán Pobre e tamén o cronista do grupo de españois que durmíu naquel pobo de quen son as seguintes palabras:
"Aquela noite, estando a dormir, como as once da noite, escoitamos un grandísimo e infernal ruido na praia. Preguntamos qué era, e dixéronnos que traían atados ós Pais pra crucificalos, que foi pra nosoutros nova moi triste e de sobresalto, porque non nos permitiron falarlles".
Narra Pedro Cotelo:
-"Esta testemuña quedouse aquela noite nunha venda agardando ós ditos Pais que chegarían alí. Eles chegaron e a xente de garda que traían mandaron a esta testemuña e ós demáis que estaban na devandita venda que a desocupasen pra dar aloxamento ós ditos Pais e darlles algún alivio do traballo que trouxeran. Así se fixo, anque esta testemuña non pudo falar cos ditos Pais".
O xeneral Matías de Landecho manifestou:
"No desembarcadoiro deixamos dentro dunhas embarcaciós ó dito Pai comisario e demáis relixiosos e xaponeses, que eran por todos 26, porque os gardas que os traían non os  deixaron desembarcar na terra ata que esta testemuña saíu de alí pra Nagasaki".
Todas estas manifestaciós dan idea do que pasaba nun país bárbaro cós estranxeiros, e da desilusión daqueles apenados españois que fixeran aquel longo camiño con arelanzas de alcanzar ver e falar ós franciscanos; e agora que os tiñan próximos non lles foi permitido falar coeles,abrazalos e bicalos,sobre todo pensando que a causa daquela condena era o esforzo posto por o santo embaixador en defendelos.
O cronista do grupo español remata:
"Visto esto, logo como as 12 da noite, partimos pra Nagasaki a pe con grandísimo xeo e neve, pra vermos si había algún modo de rescate".
            De sí mesmo dí Renxel:
"Aquela noite partíu o xeneral cos que iban con él, quedando esta testemuña no dito pobo [Sononki] con parte do fardo que levaban. E logo que amañeceu, viu esta testemuña que aquela noite chegaran en funeas os ditos Pais e esta testemuña foi velos e falou co dito Pai comisario e cos demáis e supo dél como os levaban a crucificar... E esta testemuña viulles cortada a orella esquerda. E viu que iban moi alegres e animados en padecer o dito martirio. E esta testemuña partíu na compañía dos ditos Pais pra Nagasaki e foi canda eles algún tempo... E pra gardar o fardo que traía,  esta testemuña quedouse un pouco atrás".
Dacordo con esto escribe Frai Xoán Pobre:
“Pouco despois chegaron tres cabalos pra que nos fósemos, e determinamos partir deseguida e non esperar ó día... quedando Renxel no pobo de Toquiche[Tokitsu]na garda do fardo e levalo cando chegasen máis cabalos” ( 72 ).
O mesmo Renxel dice noutra declaración:
“Unha legua antes de chegar a Nagasaki, o Pai Pedro Bautista díxolle a esta testemuña que non fose ó lugar onde iban morrer... e deulle unha carta prós Pais da nao... e [dixo] que iban consolados de haber logrado licencia do xuiz pra poder celebrar aquel día e comulgar. E esta testemuña quedouse onde o dito Pai o deixou, e eles pasaron adiante. E esta testemuña, como de aí a hora e media saíu prá dita cidade depresa nun cabalo pra poder ver as súas mortes, e cando chegou, xa estaban todos os ditos Pais e vinte xaponeses nas cruces".
Un pouco distinta é a versión que este mesmo ofrece noutra parte:
"Cando esta testemuña chegou ó sitio, viu que deron a derradeira lanzada ó Pai ººººººººcomisario, e cando se apeou do cabalo no que iba, acercouse os seus pes e decatouse de que acababa de expirar".
Todos estes datos están coincidentes coas palabras que deixo anotadas de Frai Xoán Pobre. Aínda engade algo máis, que é unha preciosidade que non se pode omitir:
“Como se quedase Renxel no pobo de Toquichi e supo que chegaran os santos
mártires ó porto, logo en amanecendo, foise a mariña e fitando por a praia víu chegar un funei a orela e saír un frade a terra. Acercouse moi presto Renxel e conoceu ó santo Frai Gonzalo... Foi apertalo e díxolle Frai Gonzalo:
Noraboa o vexa eu, irmau Renxel._¿Cómo está e cómo están eses señores do navío e cómo está Frai Xoán Pobre?
Díxolle Renxel:
Partiron esta noite a negociar os negocios das vosas Caridades.
Respondeu o santo mártir:
¿Qué negocios?         
Nesto chegou outro funei a terra e saíu outro relixioso a quen logo reconoceu Renxel e abrazou como ó servo de Deus Frai Francisco Blanco quen se sentou nun petate e preguntoulle por Frai Xoán Pobre e dixo o mesmo que Frai Gonzalo.
Dixo Renxel:
-            Eu teño confianza en Deus que non morrerán,senón que iremos todos a Manila
A esto respondeu o bendito Blanco. Non faga conta deso, irmau Renxel, que eu teño confianza en Deus que morreremos  os meus irmaus e mais eu moi pronto, porque, senón¿qué andadamos buscando tanto tempo? Si agora nesta conxuntura non alcanzamos o ben que devecemos¿cándo vamos alcanzalo? Así que non hai pra que tratar deso, porque diante de nosoutros vai quen nos ten dito esto (refírese a sentencia que iba diante dos santos mártires).
En relación con Frai Felipe de Xesús engade esta testemuña:
“Viña do camiño tan flaco e perdida a cor, que era gran compaixón velo. Traíano uns tiranos amarrado por un brazo e turrraban del cunha soga”.                   
En relación con San Pedro Bautista dí:
“Irmau Renxel, levamos diante de nos a sentencia moi conforme co noso anhelo, que é por predicarmos a lei de nambán e así o degoiramos. E senón mire o contento que levan estes nenos. Eu folgaríame en ver o xeneral, mais creo que esto non terá lugar, porque antes de chegar él a Nagasaki nos cumprirán co noso desexo. E querendo despedirse, díxolle o santo Frai Pedro:”Agarde un pouco, irmau Renxel, e meta a mau por debaixo do manto e dareille unhas cartas para os nosos irmaus que están presos no navío, e miren que van abertas que aínda non tuven lugar de cerralas .Entréguellas en mau propia por amor de Dios, pois ten importancia. Daquela chegou o santo Frai Martiño e, apertando a Renxel, díxolle:”Déalleme unha aperta a Frai Xoán e o xeneral e os demais, e dígalles que me encomenden a Deus, que eu farei o mesmo por todos na outra vida”.
E, despedíndose del, volveu apertalos a todos  de un en un e o mesmo fixo cos demais xaponeses que xa comenzaban a  camiñar a pe por aquel estreito e xeado camiño que pouco antes anduvera él. Ó mesmo tempo que os santos subían por aquela áspera montaña, Renxel regresaba cara ó pobo e iba despedíndose dos santos xaponeses a medida que os iba encontrando,porque os máis deles o conocían. Cando o víu o   picariño Antonio, díxolle:
Renxel, adeus, adeus, adeus, paraíso, paraíso paraíso... E con esto despedíuse de todos chorando e volveu con toda presa cargar o fardo. A pesar da moita presa que se deu, aínda lla deron mais ós santos mártires e así cando chegou, víunos crucificados. Comenza o santo caudillo daquela santa manada a camiñar cos seus compañeiros por aquelas pedregosas serras e montañas e co frío grande que facía levaban os pes e pernas inchados e tamén as orellas que levan algúns chorreando
sangue”( 73 ).
Perdón por esta longa narración que eu considero imprescindible, aínda que imos vere deseguida a conformación de todo na narración do propio Renxel.
            Retrotraendo a narración, cómpre dicir que de Tokitsu saíron o Xeneral Don Matías de Landecho e os do seu grupo, incluído Frai Xoán Pobre, ás 12 da noite, a pé, oprimidos e apenados,  coa idea de lograr o rescate dos Pais. No camiño atoparon uns  homes que traían cabalos, como escribe o cronista do grupo español:
"Despois de camiñar coma unha legua, encontramos con uns cabalos que nos enviaban os Pais da Compañía...Chegamos as tres da madrugada a casa dun portugués chamado Antonio Garcés...Tratamos logo do rescate e déronnos a mesma resposta ca antes, que a sentencia era irrevocable".
Todo podía acadarse. Nada menos ca unha sentencia irrevocable. Todo era posible na corte de Taicosama,si amosaban os presentes. Xa vimos as palabras do Pai Xeromo de Xesús de que Taicosama revocaría a sentencia si houbera quen llo pedira. Así escribe
"Preguntei qué sería deles e dixéronme que non morrerían, senón que os perdonaría si houbese quen rogase por eles ó rei".
Pero toda petición a este achacoso tirano implicaba o correspondente presente capaz de encherlle o ollo. O malo era que despois do rico botín do galeón "San Felipe" tiña posto o rei un listón de esixencias moi alto, e os españois non acertaban có  medio de facer chegar ata él as súas ofertas. Todos sabían que Taicosama, como todo xaponés, tiña un precio, pero non se conocía agora a medida nen o modo de acercarse a él. Todos os ministros tíñanlle medo. Os portugueses, incluídos os xesuitas, sementaran ventos, moitos ventos, pero non eran capaces arestora de pararen a tormenta. Estaban cheos de medo diante da posibilidade de vérense envolveitos nela.
Os atribulados españois encontrábanse illados e sin ninguén que pudera darlles axuda nun país extranxeiro ateigado de inimigos. Os xesuitas e o mesmo bispo tiñan bastante con salvar a propia pel naqueles momentos.Todo estaba perdido. Os mártires xa tiñan todos eles arranxada cadansúa cruz. Era a vontade de Deus que así fora.

3.- Festina lente.
O gobernador Hasaburo non entendía nada de latín, nen este aforismo cabeceiro; pero sabía proceder con rapidez e sin precipitaciós. Neste caso estaba procedendo con rapidez suma. Daquela todos tiñan presa en Nagasaki e nos seus arredores. Tamén os españois apresuraban as súas xestiós pra salvar ós mártires, pero lograban en todas partes a mesma resposta de que non había remedio. Falando da conversación en Sononki cós xesuitas, dí o cronista do grupo español:
"Tratamos alí do rescate da súa vida e dixéronnos que non tiña ningún remedio e que os crucificarian, e que pra eso estaban feitas 50 cruces. Tuvemos medo de que algunhas delas non fosen pra nosoutros, porque non eran máis ca 26 os mártires e 50 as cruces".
¡Vaia tranquilidade que lle levaron ós españois os dous mal aconsellados fillos de San Ignacio!. Fora mellor que nunca se houberan aproximado ó grupo. Ata fai pensar que foron a causar dano... Despois de rematada a comisión a que os enviara o seu superior, regresaron os dous a Nagasaki coa comisión de tratar que Hasaburo cumprira a promesa que lle fixera a San Pedro Bautista. Chegaron a Nagasaki sobre as 10 da noite e lograron enviar varios criados con cabalos pra conducir ós españois dende Tokitsu a Nagasaki. Chegados os españois a Nagasaki sobre as 3 da mañá, trataron deseguida cós portugueses acerca do rescate dos franciscanos. Sobre esto declarou o xeneral Landecho:
"Esta testemuña tratou cos portugueses e Pais da Compañía que alí estaban. Respondéronlle a esta testemuña non tratar delo, porque era irremediable, porque os executores da dita sentencia non deixarian de facer outra cousa máis ca executala. Visto esto por esta testemuña non tratou máis  delo".
O abatido xeneral abandonou toda esperanza á vista de que ninguén se movía a pról dos seus traballos. Os encargados de cumprir a sentencia non podían menos de executala, pero ¿non existiría ningunha posibilidade dunha entrevista có emperador por moi tirano que él fora? Ninguén intentou nada. ¿A qué había ido o bispo Don Pedro Martínez a Xapón senón a defender as ovellas do seu rabaño?
Hasaburo daba a impresión de ter urxencia por acabar con todo aquelo a pesar do
 dor que manifestara á vista dos franciscanos e dos seus modos relativamente bós con eles. Chegado a Nagasaki despois da súa estancia en Sononxi, decatouse do estado de excitación que vivía a cidade a causa da próxima chegada  dos mártires e do paseo que se esperaba que farían por as rúas. Temeroso dalgún barullo popular, dictou un bando aquela mesma mañá prohibindo baixo pena de morte que ninguén ousase saír a ver os mártires. Outra medida foi mandar levar 26 cruces (ou 50 como dixeran os xesuitas) ó lugar onde sería a crucifixión, que era o mesmo onde adoitaban ser axusticiados os malfeitores, moi próximo á cidade, no camiño de Urakami, de onde se esperaba ós mártires.
Chamados por Hasaburo, acudiron os xesuitas Pais Francisco Pasio e Xoán Rodríguez e un oficial có mandato de que éste detuvese en Urakami a santa comitiva namentres se confesaban os santos mártires. Negouse Hasaburo a conceder as promesas feitas ó santo comisario de executar a sentencia en venres e permitir que os mártires oíran misa e comulgaran, todo por medo ás iras do emperador. Temeroso de alborotos, quixo evitar a entrada dos mártires en Nagasaki.
Personalmente saíu Hasaburo de mañá cara ó monte Tateiama pra dispór os derrade
iros pormenores relativos á crucifixión.
Cómpre seguir a narración de Frai Xoán Pobre:
“Conoceron os portugueses a chegada dos mártires e logo que amenceu procuraron ir verse coeles. Eu fun no seu seguimento e cando pasei por o calvario onde as tres da mañá vira as cruces tendidas por aquel chau, vinas as sete do mesmo día algunhas xa ergueitas en alto, e vin moitos xaponeses ocupados uns en facer buratos pras cruces e outros en concertalas pra metelas neles. Chegado eu a toda presa ó sitio onde estaban aqueles xaponeses, humilláronseme e pasei a toda presa adiante pensando que xa que se me humillaban os que facían as cruces prós meus irmaus... Xuzguei que debían ser todos cristiáns... e así era verdade que o eran... Os meus grandes pecados tamén esta vez me impidiron que non pudiese ver como indigno ós meus irmaus nen foi posible cumprir o meu desexo”( 74 ).
Tamén narra o mesmo Frai Xoán Pobre acerca dos mártires:
“Cando partiron de Toquiche, mandáronos camiñar moi de presa e a pouco máis de media legua de Nagasaki mandáronos parar e que se fose moi devagariño pra que cando chegasen ó calvario estuvera todo a punto. Chegados a un lugar que chaman Auracame, estaban ali parados cando amosaron os portugueses que se aproximaron con moitas bágoas ós santos mártires que estaban quen rezando e quen contemplando. Os portugueses bicaron con moita devoción os hábitos dos relixiosos. E como falasen mal de Taicosama... díxolles o santo prelado que non falasen mal de ninguén, senón que antes o encomendasen a Deus e rogou que lle desen lugar pra rezar o oficio divino e así se arredaron un pouco” ( 75 ).
Fermosa e moi interesante é a narración que fixo a rogos de Frai Xoán Pobre o portugués Francisco Rodríguez Pinto. Cómpre que faga resumo dela:
“Sabendo eu que chegaran o Pai comisario e os demais compañeiros a Toquiche, dúas leguas de Nagasaki... pretendín ir velos, aínda que nos impedían que fósemos. Eu fun verme co correxidor da terra...e pidinlle que me dese licencia pra pasar adiante a verme cos frades...que eu lle daría por eso algunha peza, e como son tiranos e oiron que llo pagaría, concedeumo, e deume dous dos seus privados pra que fosen comigo...despois de andar media legua larga, encotrámonos...Viñan diante deles doce homes de garda cos seus arcabuces e outros tantos con lanzas; logo viña un xaponés vestido coma un frade do glorioso San Francisco, sin capucha, coas maus amarradas detrás. Este era o valeroso León [Carasuma], predicador dos frades. Díxome con moita risa que iba moi contento, pois por ser cristián e servir ós frades o crucificaban coeles... Por a mesma orde pasaron outros cinco xaponeses amarrados... coa mesma constancia e alegria que León...Viña despois tras eles amarrado por a cinta coa cabeza descuberta e descalzo, con grande frío o Pai Frai Francisco Blanco e, aínda que había trinta e seis días que lle cortaran a orella, viña chorreando sangue e traía o hábito ensanguentado. Foi daquela tan grande o meu desmaio, que fun con abundancia de bágoas axionllarme ós seus pes pra bicarllos, mais él non o consentíu e axionllouse él e a forza bicoume os meus.
            Estando neste conflicto chegou o Pai Frai Martiño e chamoume por o meu propio nome e apertoume moi alegre e contento. Tamén traía a orella cortada e tamén amarrado por a cintura, pero as maus soltas... Chegou o santo capitán e pastor daquela manada Frai Pedro Bautista e, a pesar de vir enfermo, as orellas inchadas a causa do grande frío, e moi flaco, viña cun rostro venerable, alegre, afable e amoroso...  Cando me víu, co amor grande que sempre me tuvo, abríu os brazos e acolleume neles con tanto amor e alegría e con tanto contentamento e placer, como si xa estuvera nalgún gran descanso... Pra demostrarme amor, comeron os Pais cadanseu bocado e repartiron o resto coas súas propias maus cos gardas que os traían presos... e, despedíndose de min, fóronse con tanta presa, que eu non era quen pra seguilos... Indo eu tras os frades canto podía camiñar, por ser moi pesado de corpo,  cheguei  cando  xa  se  quitaban  os  mantos  e  se  axionllaban  diante  das cruces” ( 76 )
 Todos os testemuños coinciden en manifestar a presa que se deu o xuíz pra cumprir a orde de crucificar ós santos mártires.           
O día 5 de febreiro moi de mañanciña foron trasladados os mártires á aldea de Urakami, distante unha legua de Nagasaki. Alí detuvo o oficial enviado por Hasaburo a santa comitiva a carón dunha ermita perto do hospital dos leprosos onde estuvera morando San Pedro Bautista cando baixou de Kioto pra falar co superior dos xesuitas.Este hospital estaba moi perto da actual estación de Urakami,  dous quilómetros distante,aproximadamente,do lugar do martirio.
Na ermita entrou o xesuita Pasio pra confesar ós tres da Compañía, mentres o resto quedaron á intemperie. Os Pais San Pedro Bautista, San Francisco Blanco e San Martiño da Ascensión confesáronse entre sí e a todos os mártires. Unha vez máis se notou naquela dramática ocasión a división entre cristiáns de Paulo e de Pedro, digamos de Francisco e de Ignacio. O tempo que se lles concedeu en Urakami pasárono os santos quen axionllados, quen sentados e quen de pé, rezando todos coas maus desatadas.
            Agora é ocasión de facer un cadro sinóptico das etapas do camiño do viacrucis recorrido por os santos mártires.

                Día 1 de xaneiro  de 1597...  Kioto
                Día 2 de xaneiro .................  Kioto-Sakai
                Día 3 de xaneiro .................  Kioto-Sakai
                Día 4 de xaneiro .................  Sakai-Osaka 
                Día 5 de xaneiro .................  Osaka -Sakai 
                Día 6 de xaneiro .................  Sakai 
                Día 7 de xaneiro .................  Sakai - Osaka
                Día 8 de xaneiro .................  Osaka-Hiogo 
                Día 9 de xaneiro .................  Hiogo  (*) -Suma
                Día 10 de xaneiro ...............  Suma  (barca)-Akashi
                Día 11 de xaneiro ...............  Akasi-Gochacu-Fimenxi[Himeji]
                Día 12 de xaneiro ...............  Himeji-Akoo
                Día 13 de xaneiro ...............  Akoo-Kataakami
                Día 14 de xaneiro ...............  Katakami-Okaiama
                Día 15 de xaneiro ...............  Okaiama-Cobegawa
                Día 16 de xaneiro ...............  Cobegawa-Nanokaichi-Kannabe
                Día 17 de xaneiro ...............  Kannabe-Onomichi
                Día 18 de xaneiro ...............  Onomichi-Mihara
                Día 19 de xanero ................  Mihara-Tamari-Catabe (*)
                Día 20 de xaneiro ...............  Catabe.Saijo
                Día 21 de xaneiro ...............  Saijo-Hiroshima
                Día 22 de xaneiro ..               Hiroshima-Iwakuni
                Día 23 de xaneiro..................Iwakuni-Tokuiama
    Día 24 de  xaneiro.................Tokuiama-Ogori
    Día 25 de xaneiro ...............  Ogori-Yoshida
                Día 26 de xaneiro ...............  Yoshida-Shimonoseki (*)
                Día 27 de xaneiro ..................Shimonoseki-Kokura  
                Día 28 de xaneiro ...............   Kokura-Akame
                Día 29 de xaneiro ..................Akame-Cocomad
                Día 30 de xaneiro ...............   Cocomad-Simatali
                Día 31 de xaneiro ............... .. Simatali-Cima-Nagoia-Shigajima-Facata (*)barca
                Día 1 de febreiro ................ .. Facata-Akame-Zima-Fuce(*),barca-Karatsu  
                Día 2 de febreiro ................ .. Karatsu-Nagoia
                Día 3 de febreiro .................   Nagoia-Tsukasaki
                Día 3 de febreiro ..................  Tsukasaki-Sononxi (*)-Tokitsu
                Día 4 de febreiro ................ .. Tokitsu-Urakami
                Día 5 de febreiro ................ .. Urakami-Tateiama[Nagasaki]
            NOTAS.Aínda que aproveitei os datos do Pai Pacheco,non coincido en todo coel
O sinal (*) indica pobo onde foron escritas cartas.



                   4.- Chegada ó monte Tateiama
          Volveron atarlles as maus ós mártires e puxéronlles unha corda ó pescozo collida por dous saiós. Así iniciaron os santos a derradeira etapa do camiño da cruz.
Escribe Ávila Xirón:
"Logo o mércores, cinco de febreiro, antes do mencer fixo Hasaburo pólos en camiño, e lembrándolle o santo comisario a promesa que lle fixera e pidíndolle que os deixase cando menos comulgar, respondeu que non podía, que lle perdonase. E así foron postos en camiño a pe, e desta maneira chegaron a un lugar do monte que está a vista desta cidade no día catro de febreiro o mesmo día que chegaron de noite os santos mártires a Urakami" ( 77 ).  
Tras un breve tempo de parada en Urakami, o día 5 de febreiro, antes da alba, partíu a santa comitiva desde Urakami pra Nagasaki. Tocaba ó seu fin a vía dolorosa. O calvario estaba próximo.
Narra o Pai Ribadeneira:
"Chegando a media legua de onde as cruces os estaban esperando, os santos que iban a cabalo apeáronse e foron repartidos en tres escuadrós, dous relixiosos en cadiún deles.Iban camiñando devagariño porque os pes inchados e chagados non lles daban lugar pra máis e facíanlles ben meritorio o camiño" ( 78 ).
Os moradores devotos, que era a maioría dos habitantes de Nagasaki, non resistiron sin saír das súas casas pra recibiren ós santos, a pesar da prohibición que Hasaburo puxera baixo pena de morte e dos malos tratos que lles daban as gardas. O entusiasmo apoderárase de todos ata o punto que di o Pai Ribadeneira:,
"Pospondo calquera cousa que lles pudera suceder, foron correndo con moita devoción tomar a bendición dos benaventurados relixiosos e daren caritativas apertas ós felices xaponeses...Anque eran bourados a paus e maltratados das gardas que estaban postas nos camiños,todo o aturaban con paciencia por conseguir o intento que levaban de veren aquela santa compañía...Algún houbo que,dicíndolle que tiña pena de morte si pasaba adiante,topando cun Pai da Compañía...confesouse con él por si o quixeran matar e así chegou o primeiro ó santo antes que se apease do  cabalo  no  que  viña  moído  o  corpo  do  mal  tratamento  que  recibira  das gardas" ( 79 ).
Da narración do Pai Ribadeneira quero surraiar o dato de que San Pedro Bautista lle remitira a él por o portugués do caso o seu Breviario:
"Deulle o seu Breviario que mo trouxera en resposta dunha carta que eu lles escribín para  meu  conforto  envexando  a  súa  ditosa  morte  e  pidíndolle  a  súa  santa bendición" ( 80 ).   
Narra Ávila Xirón:                                  
"Chegaron a un lugar do monte que estaba a vista desta cidade, onde crucificaban ós malfeitores. Alí foron velos os portugueses que aquí se encontraban, a quen non se lles impediu coma ós xaponeses a quen os facían recuar a bastonadas con moita rigorosidade... Era cousa de ver a xente que se xuntara a ver esto endexamais visto no Xapón de matar estranxeiros e pra máis relixiosos... Os Pais e xaponeses  estaban rodeados de nosoutros, atadas as maus, con sogas no pescozo e agarrado cada un deles por dous saiós, que nunca os vin máis naturais do que son estes.Teño por certo que por chamalos saiós, chamáronos corruptamente xapós" ( 81 ).
Comenzaron os mártires a camiñar por o monte. Camiñaban pálidos por o cansancio
 atormentador das xornadas anteriores. O lector farase unha idea de cómo viñan os mártires, por os testemuños que deixo anotados. Pese á fatiga, camiñaban os santos mártires seguros e firmes coa firmeza e maxestade que lles infundía nas almas saberse electos por Deus como testemuñas dunha causa moi santa.
Coa mirada da alma fixa no ideal no que soñara tantas veces, camiñaba San Francisco Blanco orando en silencio, esporeado por o corto espacio que o separaba de conseguir aquel ideal soñado. Dos seus labres sairían durante aquelas xornadas dolorosas moitas palabras de alento, aínda ós máis valerosos. O milagroso foi que non existira entre todos eles durante aquela moi dura proba ningún desfalecemento. Máis ben xa vimos a alegría que todos traían como si da viaxe a unha festa se tratara. Esto é algo que parece superar a resistencia humana, sobre todo habendo no grupo nenos que máis ben servían de dar alento ós demáis. Cómpre lembrar as palabras de San Francisco Blanco que trae o Pai Ribadeneira alusivas ó valor do seu amigo Loisiño:
"Eiquí vai Loisiño con tantos azos e ánimo que pon admiración a todos... Eu estou avergoñado de min mesmo...".
Con inmensa alegría na alma, todos os mártires foron aproximándose ó lugar do holocausto,quen rezando,quen cantando,e quen meditando.
Conta o Pai Ribadeneira:
"Desta sorte foron camiñando o que había deste lugar[media legua]ata onde as cruces e argolas de ferro lles estaban aparelladas como camas regaladas pra os seus corpos fatigados do longo camiño e moitos traballos... Cando os santos chegaron, súpose logo en Nagasaki por estar un tiro de arcabuz do lugar o sitio onde foron crucificados...O lugar onde estaban aparelladas as cruces estaba moi cerca dos hospitais que están xunto da igrexa de San Lázaro onde o santo estuvo algúns meses" ( 82 ). 
            O Pai Pacheco cita palabras do profesor Kataoka Yakichi:
“Buscando nos arredores,fixáronse no que agora se chama Parque do Nishizaka,
un promontorio pouco elevado que penetraba na mar e que ata tiña forma de calvario”( 83 )
Nishizaca ou Colina do oeste era o derradeiro somonte(estribación) ou aba baixa
do monte Tateiama.Naquel mesmo sitio soñara moitísimas veces San Pedro Bautista
            durante os dias de permanencia en Nagasaki.
            Aínda resoaban os ecos dos golpes das ferramnentas coas que os encargados remataran o traballo de abrir os buratos onde serían enarboradas as 26 cruces no camiño de Omura, cando os  santos mártires chegaron ó lugar. Hasaburo trataba de repasar e ultimar todos os pormenores.
 Narra o Pai Ribadeneira:
"A moita xente de portugueses e xaponeses que concurría xa era un estorbo, mandou que os crucificasen, e logo moitos xentís que pra esto estaban designados, asiron dos santos pra polos nas cruces desposuindo ós relixiosos dos seus pobres mantos sin repugnancia ningunha, antes cantando divinas louvanzas, deixaban que os deitaran e ataran  nas cruces que bicaban primeiro" ( 84 ).
Non foron gustantes algúns piadosos portugueses do sitio elexido prá crucifixión. A este propósito narra Ávila Xirón:
"Pareceulles pedir ó xuiz que os puxese a mau esquerda do camiño, por parecerlles que podía co tempo suceder facer alí algunha igrexa. Pedíronllo e él concedeullo logo con  moita cortesía dicindo que así como podía conceder aquello quixera tamén poder non matalos. E esto decíao él con moito sentimento, con ser, como era, o máis cruel xentil que eu  vin. E con todo, este día derramou moitas bágoas" ( 85 ).
Moi semellantes son as expresiós de Frai Xoán Pobre que prefiro polas tamén, en vista de que cadiunha delas engade algún novo pormenor:
“Parecéndolles ós portugueses que aquel sitio era indecente e pequeno pra tantos e estaba algo escondido, pra que estuvesen os mártires a vista do pobo e da casa dos Pais e do navío, pra súa devoción e consolo, foron dous portugueses, os máis piadosos, pidirlle ó xuiz lles concedera sitio un pouco máis abaixo, o que deseguida lles concedeu. Era o sitio longo e chairo, aínda que angosto. Caía sobre o mar. Estaba a sazón sementado de cebada”( 86 ).  
Enceta Frai Xoán Pobre o seu relato:
“Ano do nacemento de Noso Señor Xesucristo de 1597, a cinco de febreiro,día de Santa Agata, mércores.As dez chegaron os gloriosos mártires ó cumio do calvario onde  serían  crucificados. Estaban  tendidas  por  aquel  sementado  as  benditas cruces” ( 87 ).     
O silencio fíxose intenso e dramático cando colocaron cadansúa cruz diante de cadiún dos mártires. A xente que se arremuiñaba a todo o longo do outeiro e nos tellados e azoteas da cidade, rebentou en berros e lamentos, destacando naquel concerto doloroso as voces dos cristiáns que lles pedían ós santos mártires a bendición. Os santos mártires, en súplicas recíprocas, pedíanlles que rezasen por o seu triunfo naquel momento supremo e decisivo.
Máis que pra descritos son pra meditados aqueles momentos sublimes nos que os verdugos comenzaron a desatar ós mártires e colocalos encol do áspero leño da súa respectiva cruz, e a fixalos nelas con argolas de ferro no pescozo e nos brazos e nos pés.
Os alaridos e o clamor dolorosos da moitedume aumentaron cando foron izadas as 26 cruces que proxectaron as sombras contra a ladeira do monte Tateiama, santificado desde aquel momento, no que fructificaban por vez primeira no Xapón madeiros de martirio que, a guisa de árbores de exuberancia divina, inzarían en anos moi próximos nos miles de illas do arquipélago do Xapón.

5.- Así morren os heroes
Hai varios xéneros de dar a vida. O xeito que tuveron os santos mártires de Nagasaki foi algo extraordinario, e o que tuvo o glorioso San Francisco Blanco foi o dun heroe. Foi dos postrimeiros en chegar ó Xapón e recibíu o premio dos demáis. Ata pra os xornaleiros chegados na hora derradeira á viña do Señor, habíalles chegado o momento de recibir a paga do salario por o traballo realizado.
Foi naqueles momentos cando San Franciso Blanco, aguilloado por a gracia divina que lle rebentaba na alma,pra exemplo de todos e pra darlles azos ós compañeiros,modulou coa lengua reseca a oración da entrega final ó seu divino Redentor e Señor. Non se pode perder nen unha soa letra da narrativa que nos deixaron os cronistas. Sea o primeiro Frai Xoán Pobre, merecente de todo creto por referir o que lle dixeron testemuñas presenciais, como Francisco Rodríguez Pinto de quen escribe:
“Tamén supen do mesmo[Francisco Rodríguez Pinto]e de outros portugueses e do relixioso Pai Frai Diego de Guevara da Orde do glorioso San Agostiño, e tamén de cristiáns xaponeses, persoas de moito creto, que mo dixeron dentro dunha hora que os martirizaron”( 88 ).    
En conformidade coa súa narración foi San Francisco Blanco o terceiro en ser posto na cruz. Estas son as súas palabras:
“Iba diante de todos o bendito Frai Gonzalo... logo que arboraron en alto o santo irmau Gonzalo, que foi o primeiro          de todos... viña o bendito Frai Francisco de San Miguel... Viña detrás do benaventurado Frai Francisco de San Miguel o santo Frai Francisco Blanco, quen por o camiño viñera  louvando de cotío ó Señor. Chegado ó lugar sinalado onde estaba a súa cruz, con moito ánimo e con semblante gracioso, porque o tiña este ditoso mártir, dixo: ”Señor, perdoa a estes, pois non entenden o que fan e aluméaos na fe. Namentres o estendían na cruz, íballe ofrecendo ó Señor que recibise aquel martirio en desconto dos seus pecados, e dixo: Señor, si eu tuvera mil vidas todas volas ofrecería por o voso amor. Esta soa que teño ofrézovola coa meirande consolación e douvos gracias por esta mercede tan senlleira que me facedes”.Rematada esta breve oración, ergueron a cruz en alto e como chegase o tirano a darlle a lanzada, dixo en voz alta: In manus tuas, Domine, commendo spiritum meum.Redemiste nos, Domine, Deus veritatis... Deseguida lle atravesou o corpo o tirano cruel con gran furia coa primeira lanzada e o santo mártir encolleu o brazo dereito tanto, que sacou a mau da argola a que estaba asida, pero en medio de aquel dolor, considerou o santo o que fixera e deseoso de quedar en forma de cruz, volveu erguer o brazo e estendelo cara a argola que andaba buscando coa mau e,encontrada,meteuna por ela coa admiración dos presentes.Sin  embargo, durante todo este tempo nunca deixou de proseguir o salmo, dándolle loores ó  Señor ata que o cruel ministro o atravesou con outra lanzada. Entón, o glorioso mártir Blanco,”blanco”na alma e”blanco”no corpo, porque foi virxe toda a súa vida, fixou os ollos  no ceo onde tiña o seu “blanco”e alí foi a coroar a súa alma quedando o corpo dereito como os dos demáis e o rostro ergueito coma si estuvera elevado en Deus a quen lle deu a súa  alma bendita tan deseosa de padecer por o seu amor” ( 89 )
Non podo menos de copiar tamén o que escribe o Pai Marcelo de Ribadeneira:
"Cinco meses había que traballaba este coidadoso obreiro do Señor naquel seu bacelo, cando, aínda sendo o postrimeiro en chegar, foi dos primeiros que comenzaron a padecer traballos por Xesucristo Noso Señor que lle remunerou o seu traballo co denario do premio eterno, póndoo na ocasión de merecelo de novo con moito aumento. E amosou o moito que da súa administración e coidado se agradara, porque  cando estaba oprimido coas gardas, víase máis libre o seu espírito pra voar cara o ceo, e cando na compañía dos demáis gloriosos mártires era levado aldraxosamente por as rúas, iba máis alegre, por saber que era Deus honrado coas súas deshonras e que, sendo por o seu santísimo nome, eran honras de incomensurable valor. E así, cando lle chegou ahora de ser crucificado, apreixou alegremente a cruz e, levantado nela, no cesaba un punto a súa lingua nas divinas louvanzas, encomendando o seu espírito ó Señor. E como me testemuñaron testemuñas de vista, acabado de ser levantado na cruz, dixo en alta voz:"Señor Xesucristo, si mil vidas tuvera, todas as dera por o voso amor. Esta que teño  vos ofrezo con grande alegría e consolación, dándovos gracias por esta mercede tan sinalada que me fixeches de que eu morra por o voso amor e por predicar a vosa santa lei".E despois de feita esta breve oración en español, cando viu vir a lanza, comenzou a cantar: "In manus tuas,Domine,commendo spiritum meum" ( 90 ).
            Ávila Xirón ofrécenos a colocación de cadiún dos mártires con algunha diferencia de Frai Xoán Pobre, si ben é posible que Frai Xoán atendera á orde de elevación dos mártires, e Avila Xirón quixo falar da orde de colocación de cadiún deles en relación con San Pedro Bautista.
Sinalando a orde na que foron crucificados os mártires,escribe Ávila Xirón:
"O primeiro que apareceu no aire foi o santo Frai Pedro como capitán valeroso, e quedou naquela cruz cunha maxestade que admiraba. E logo a mau dereita puxéronlle ós seus cinco fillos, convén a saber: primeiro ó santo Frai Martiño e logo Frai Felipe,Frai Gonzalo,Frai Francisco Blanco,Frai Francisco de San Miguel e logo Matias,xaponés,León,Ventura,Tomé,Xoán Kinuia,Gabriel,Paulo Suzuki,que era o último da punta que corría cara ó oeste. Á mau esquerda do santo comisario estaba primeiramente Antonio, de trece anos de idade, e logo Loisiño, de dez anos de idade, e logo Xoán, da Compañia de Xesús, Paulo Ibaraki, Miki Paulo, Diego Kisai,Miguel,Pedro,Cosme,Francisco Gaio,que era o derradeiro da mau esquerda e punta que estaba cara ó oriente. Alí, diante do xuiz, estaba a táboa coa sentencia nas maus dun xaponés que a tiña erguida no aire, e o xuiz estaba cun caxato na mau no medio da carreira das cruces e como viu que xa todas estaban arboradas, chamou algúns daqueles saiós que andaban moi listos e arremangados.Catro deles fóronse cara os santos,...dous comenzaron por Caio e os outros dous foron pra outra parte. E comenzaron a alancealos dándolle a cadiún duas lanzadas desde un costado atravesándolle o corpo, de modo que entrando a lanza por o costado sinistro, saia por o ombro dereito e entrando por o dereito saía por o lado esquerdo, deixando feita en cada un unha cruz no interior do peito... Aquí foi o pranto. Aquí os saloucos. Aquí as bágoas de todos, e ata o mesmo xuiz que volveu as espaldas a eles por non ver a crueldade. Cincuenta e dous arroios de sangue comenzaron a correr dos santos mártires de quen colleron os portugueses e algúns xaponeses que, a troques de moitas bastonadas,s e metían por entre os saiós" ( 91 ).
No medio do coro dos mártires pendían das súas cruces os tres santos meniños: Loisiño, Antoniño e Tomasiño, dando a nota tenra, baril e patética da súa nenez martirizada. A nota máis motiva deuna Loisiño, o amigo de San Francisco Blanco. Decatándose o meniño de que o santo comisario estaba ensumido, absorto, e non decía ren, entonou con voz anxelical o himno infantil por excelencia: Laudate, pueri,Dominum. Alabade, nenos, ó Señor.   
¡Qué espectáculo de ceo presenciaba aquela mañá o aterido sol de Nagasaki case recén nacido! Eran as dez da mañá.
Sigamos a narrativa do Pai Ribadeneira:
"Sendo levantados, comenzaron os benditos mártires xaponeses con moito espírito a predicar ós xentís a falsedade da idolatría, manifestando a verdade da fe e o contento co que por ela morrían... Era moi digna de consideración a  confianza coa que cadiún ofrecía o seu espírito ó Señor, quen acabando a súa vida co salmo "Laudate Dominum omnes   gentes", quen coas palabras con que Cristo o Noso Señor encomendou o seu espírito desde a cruz ó Pai Eterno, quen co Credo e outros dicindo: "Xesús, Maria". Vendo esto o xuiz e non podendo aturar que a homes tidos por todos coma santos lle  desen tan cruel  morte, foise de alí  chorando e deixou o  que  restaba ó xuiz de Nagasaki que estaba coel” ( 92 ).
           
            San Francisco Blanco pasou os momentos finais da súa vida na terra pensando intensamente no ceo. Cando viu o brillo da lanza mortífera que iba penetrar as súas carnes virxinais, rompeu a cantar con voz serena e sonora, como místico cisne cando presinte a morte, ou dun heroe e gran mártir do cristianismo que está arelando desatar as amarrallas que impiden ó corpo emprendr voo cara o ceo coma unha lixeiriña laverca. As derradeiras palabras súas foron as do mestre celestial que tantas veces pronunciara él no rezo do Oficio divino: "In manus tuas, Domine, commendo spiritum meum".
            Despois da primeira lanzada proseguiu cantando coma si nada lle houbera pasado.Qué entereza santa a daquel xoven animoso que só pensaba noi ceo.
Narra o Pai Xoán de Santa María, seguindo fielmente as inxeniosas verbas de  Frai Xoán Pobre:
"Proseguindo o seu canto, agardou a segunda lanzada coa que o glorioso mártir Blanco, moi blanco na alma e blanco tamén no corpo por a súa virxinal pureza, postos os ollos no ceo onde tiña o seu blanco, deu a alma ó seu Criador sin cesar nen un punto de cantar" ( 93 ).
O dolor intensísimo da ferida aberta no seu corpo por o ferro da lanza forzou a mau dereita do santo a saírse da argola de ferro na que estaba metida, por mór da contracción natural do corpo.Así o conta o seu biógrafo amigo Pai Ribadeneira:
"Estaba tan contento de ver que remataba a súa vida na cruz a imitación do seu Deus e Redentor, que habéndoselle saído unha mau da argola de ferro cando lle deron a primeira lanzada, con valerosa fortaleza volveu metela coma  antes estaba, porque como vivía Cristo crucificado na súa alma e tiña moi presente a memoria da cruz, levado deste alto pensamento, meteu a mau na argola pra morrer a semellanza de Deus crucificado que vivía na súa alma, enriquecéndoa con esforzo e perseverancia, pra coroalo de mártir, predicador e virxe na gloria" ( 94 ).                   
Este relato que fixo o amigo e os demáis biógrafos descubre a grandeza de alma do heroico fillo das terras do altiplano ourensá, cuia carne flaca se resentía por mór do dolor producido por o golpe e por a penetración do ferro no corpo. Pero o espírito enseñoreouse deseguida da reacción incoercible da carne e con fortaleza case sobrehumana introducíu novamente a mau na argola sin interrumpir o canto, á espera da segunda lanzada que veu truncar definitivamente coa furia do impacto a palabra e a existencia humana do mártir insigne. ¿É posible pedirlle a un heroe máis do que entregou o fillo do Tameirón?Foi así como Francisco Blanco deixou con afouteza increible de heroe esta vida pra trocala por a vida inmorrente e gloriosa do ceo.
Naqueles momentos resoarían cantos de gloria no ceo pra recibir en triunfo as almas de 26 novos aspirantes que entraban nel con palmas tinguidas no seu propio sangue.

6 .- Corazonada da mai  !Paquiño, fillo da miña alma!
Aínda no Tameirón reinaba no momento no que San Francisco Blanco deixaba este mundo o silencio frío da noite. Nox incubat atra... que cantara o poeta. A noite non chocaba arestora o mar, senón as terras do altiplano ourensán aterecidas baixo o manto da neve invernal.
¿Qué pudo pasar pra que Elena da Veiga,mai de Paquiño,espertara naquel  momento da noite sobresaltada e pensara no seu fillo Paquiño a tanta distancia? Era o momento no que a lanza fera perforaba o corpo virxinal do seu fillo benquerido. Ocurría algo que daquela non tiña explicación cientìfica. Era unha corazonada, un presentimento. A mai sentíu un estremecemento no seu corpo que a espertou do sono profundo daqueles momentos pra exclamar: "Meu Deus, ¿qué lle pode pasar ó meu fillo Paquiño? Mamaíña de Deus,tenme conta del".Pasado o tempo súpose todo canto pasara na súa alma naquel momento.A corazonada correspondera có derradeiro mensaxe de amor e postrimeiro recordo que o fillo trasmitira ó corazón dos seus pais. Non eran conocidos os secretos da telepatía, porque non eran conocidos nen o serán nunca todos os secretos da alma humana.Á casa dos pais Lorenzo e Elena chegou un día sin data conocida a carta que o seu fillo lles escribira nuns términos máis ou menos coma estes:
"Meus pais benqueridos, non vos entristeza a morte que recibo gozoso por o evanxelio e por amor de Cristo que con tanto cariño me ensinastes e que eu aprendín na nosa casiña. Si me quitan esta fermosa vida que de vostedes e de Deus recibín, eu a entrego co santo orgullo con que daría mil vidas máis que tuvera. Quérovos moito e espérovos no ceo pra darvos alí unha aperta de unión e de amor eternos. Apertas pra todos do voso Paquiño”.
         O corpo de San Francisco Blanco quedou pendurado na cruz cichando sangue a cachón, igual cos dos compañeiros, por as catro fontes que abrira a lanza no seu corpo fermoseado agora coa beleza que lle daba a celeste serenidade, namentres que a súa alma voaba ó inmortal seguro no medio do blanco grupo de irmaus tinguidos no sangue do martirio.
Fóra da paixón e morte do Señor, é moi difícil admitir que a humanidade poda rexistrar nos seus anais un sacrificio comparable a este da santa montaña de Nagasaki. A alma contemplativa pode meditar e admirara a Cristo penetrado no seu corpo por a lanza do soldado cando xa estaba morto. A estes mártires de Nagasaki atravesoulles unha doble lanzada de parte a parte os corpos aínda vivos.
Debaixo do ceo do Xapón rebentaron os abrochos purpúreos  de 26 rosas de martirio, preludio dunha futura colleita evanxélica. Naquela mañá aterecida do 5 de febreiro de 1597, o seráfico Pai San Francisco, enfeitado o seu corpo con cinco estigmas brillantes, saíu a recibir aureolado con fulgores de gloria ós seus fillos, que subían triunfantes sobre aas de serafíns que cantarían:con voces de triunfo Gloria a Deus no ceo, e loor eterno na terra ós protomártires do Xapón...
          
7 .- Sangue milagroso 
Un italiano devoto fíxonos posible conocer as marabillas que Deus obrou có sangue de San Francisco Blanco. Trátase dun milagre narrado por a testemuña presencial Ávila Xirón:
"Sucedeu aquí que un home italiano, de nome Xoán Bautista Bonasina, vendo correr o rio de sangue do santo Frai Francisco Blanco, dispuxo o sombreiro pra recollela, e caeulle nel un bo golpe. Chegado a súa pousada, botouno nunha limeta de China e levouno nela a Macao en marzo, onde, querendo ver, como parece, si se corrompera o dito sangue, tomou a dita limeta e viu que o sangue, ó meneala, bulia e que estaba oloroso e fresco coma o dia en que o collera. Admirouse moito desto, e mostroullo a algúns amigos e eles e máis él dixéronllo a outros, e foi de mau en mau a oidos do bispo de China que se chamaba Don Leonardo [de Sáa] que mandou chamar ó dito Xoán Bautista e preguntoulle por o caso, e como él o afirmase, mandoulle que levara diante dél a dita limeta co sangue que había nela. E facendo xuntar ós seus clérigos e a outras moitas persoas, recibiu xuramento en forma do dito Xoán Bautista e preguntoulle de quen era aquel  sangue que tiña naquela limeta. El declarou que era do dito mártir Frai Francisco Blanco e que o collera o día 5 do mes e febreiro do presente ano no Xapón na forma dita.Trouxeron unha fonte de prata e o propio bispo tomou a limeta e vaciou o sangue do santo mártir (de quen se di por cousa certa que era virxe) tan fino coma si naquel momento se derramara do seu corpo, sin mal olor, antes olia moi ben. O bispo e os demáis deron por elo moitas gracias a Noso Señor. Sobre elo mandou o bispo facer un auto que autorizou pra perpetua memoria. No ano seguinte de noventa e oito fun eu a cidade de Macao onde me informei do dito caso. O devandito Xoán Bautista veu este dito ano a esta cidade de Nagasaki a onde eu tamén volvín e, estando a facer unhas oitavas no loor dos ditos santos mártires, a fin de tratar o asunto coa meirande certeza, quixen ver o dito sangue, e por estar eu preso na miña casa, enviei recado ó dito Xoán Bautista que era meu amigo, e rogueille que ma mostrase o que él fixo de moi boa vontade. Foi por a limeta e tróuxoa debaixo da capa, porque non lla fiaba a ninguén. E esto foi en setembro do dito ano. Tomeina na mau e, meneándoa, sentín que bulía; e metendo unha palla, saquei unha gota de sangue  vivo  e  colorado  que  botei   nun  lenzo  que  despois  lle din  na  India a un amigo" ( 95 )
Parece que ninguén podería ter dúbida ningunha dun feito portentoso narrado con todos os pormenores de autenticidade por unha testemuña ocular. Sin embargo, deseguida se puxo en movemento a mafia (así chamo eu ó conxunto dos inimigos dos mártires), inaugurando unha lista de individuos que se foi perpetuando ó longo dos anos, có ousío de pór máculas na santidade e nos milagres dos santos mártires de Nagasaki. Pra desvirtuar a inconcusa veracidade deste feito que se daba por milagroso, e constatado tan fehacientemente, ousou afirmar xa o Pai Valiñano, nos mesmos días do martirio, algo  inconcevible como ésto que sigue:
“Aínda que se conservaron os corpos durante os primeiros días gracias ó frío, corrompéronse despois e oleron coma os outros. Fíxose constar que o corpo de Frai Pedro Bautista vertía sangue moitos días despois da súa morte. Eran só humores corrompidos que saíron ó exterior asemade cos intestinos. Pretendeuse que unha cantidade de sangue se conservou incorrupto e líquido. A verdade é que Xoán Bautista Bonasina, milanés, recolleu sangue nunha toalla que  levou a casa e espremeuna dentro dunha botella de porcelana, cerrándoa e gardándoa nunha caixa con intención de levala a Italia pra súa particular devoción e pra referir o que vira cos seus propios ollos. Eu acababa de chegar da India, cando veu a Meaco e me trouxo a botella co pracer de mostrarma, porque o sangue conservábase líquido, o que el cría marabilloso...Estaban daquela en Macao os bispos Don Pedro Martínez, botado do Xapón, e Don Lois que iba alá a sustituilo. Eu presenteilles ó milanés e á súa botella. Abrírona e meteron dentro un pedazo de papel pra reconocer o líquido que por o seu color non se parecía nada ó sangue, ainda que sí por o mal olor. Tras ben considerada a materia entre nós, cerramos o frasco cun pedazo de lenzo, como estaba antes, e devolvímosllo a Xoán Bautista sin dicirlle o que pensabamos pra non lastimar a súa devoción, pero opinamos que alí non había nada que se parecese a un milagre, tanto máis, canto que, recollido o sangue nun pano e espremida despois, permanecería naturalmente líquido, porque a parte coagulable queda adherido ó tecido...Os frades apoderáronse máis tarde da botella...e leváronlla ó vicario de Macao, persoa pouco versada [o único sabio era Valiñano]en letras,quen,sin consultar cos nosos Pais nen cós bispos, inducido por os frades, certificou que o sangue era líquido e que a súa conservación parecía marabillosa, todo eso sin mencionar o seu mal color nen o seu mal olor . Cando o supo o bispo Don Pedro, mandou chamar ó vicario e amonestouno por ter feito o negocio tan clandestinamente, habendo alí dous bispos e varios xesuitas, entre eles cinco ou seis excatedráticos de Teoloxía”( 96 ).
Moi mal sabor de boca deixan estas palabras cheas de autosuficiencia e mala vontade de Valiñano.¿A quén dar creto? ¿As testemuñas do feito marabilloso,ou a un escritor interesado e dominado por o espírito de soberbia?.¿Dar fe a un só que minte,ou a moitos que dan todos eles testemuño conforme?Casos coma este de Valiñano foron frecuentes entre os escritores xesuitas interesados vivamente en desposuír ós mártires de Nagasaki de todo valor sobrenatural.Ademáis as verbas de Valiñano aparecen manifestamente contradictorias.Adiante veremos o que narra o Pai Marcelo de Ribadeneira.
           A outro episodio da guerra contra os mártires de Nagasaki deulle motivo a publicación da Historia do Pai Marcelo de Ribadeneira en 1601. Pra desvirtuar o valor da obra, presentaron os xesuitas,sin nome de autor conocido,na Inquisición romana,sete impugnaciós valéndose da persoa do cardeal xesuita Roberto Belarmino.Increible parece que o santo cardeal se prestara a facer de testaferro dos autores de tan innoble manobra.        
      Tería gusto moi grande poder  transcribir eiquí integramente aquelas mal artelladas obxecciós pra que se vira o baixo revestimento delas,pero somente o farei no principasl das mesmas.

Obxección primeira.Narra que os frades da súa Orde ingresaron na illa [Xapón] ontrariando o Breve de Gregorio XIII e a pena de excomuñón contida nel;aduce seis razós por as que lles foi lícito entrar na susodita illa,razós que deben ser examinadas pra ver si son suficientes pra excusar da desobediencia escandalosa cometida contra o Breve de Gregorio XIII...
Afirma que os frades puderon entrar na illa como o fixeron...
Narra que o irmau Xeromo[de Xesús] despois de publicada por o bispo do Xapón pena de excomuñón prohibindo ós frades entrar na illa pra non darlle ó tirano maior ocasión de asañarse contra os cristiáns,sin embargo,entraron contra a vontade do bispo;por eso cómpre evitar que o Santísimo[Papa] permita a divulgación deste libro pra que non pareza que da aprobación a todas estas escandalosas e perversas desobedienciaz e menosprecio das censuras”
Estas acusaciós incalificables serían merecentes de atención,si tuveran fundamento,que non o tiñan. Vexamos a resposta do Pai Marcelo de Ribadeneira
Resposta.Como historiador poño seis razós narrando a entrada dos franciscanos no      Xapón en virtude dun Breve de Sixto V,sucesor de Gregorio XIII, narrando cómo entraron con causas xustas e con consello de teólogos.Non comprendo como se lles pode imputar desobediencia escandalosa contra o mandato de Gregorio XIII cando Clemente VIII non dixo que os franciscnos incurriran en exccomuñón,senón máis ben revocou o Breve de Gregorio XIII e aprobou a tal entrada,concedéndolles de novo licencia pra cultivar aquela viña.Por eso.sendo enviados os frades por os seus prelados con licencia tácita e interpretativa do Sumo Pontífice e en virtude do citado Breve de Sixto V e revocación do Breve de Gregorio XIII,perfectmente puderon entrar,incluaso era necesario pra que non perecese a cristiandade do Xapón a causa da grande persecución que estaba padecendo.Non era impedimento a excomuñón,nen a pena de cen ducados pronunciada por o bispo do Xapón e fixada na porta da igrexa con grande escándalo dos cristiáns que endexamáis oiran nada de excomuñón,nen xamáis viran un bispo antes daquela,porque a excomuón e a pena non estaban pronunciadas contra os frades,senón contra os súbditos seculares do bispo que trouxeran nos seus navíos frades das illas Filipinas pró Xapón.Daquí resulta patente que os frades en modo ningún menospreciaron as censuras,nen deron ocasión ó tirano coa entrada posterior,senón que más ben foi certo que se siguiron moitas comodidades
 Segunda obxección.Compara a morte dos seus[irmaus]coa morte de Cristo e de San Pedro, de onde saca semellanzas exactas...completamente escandalosas
Chama moitas veces os seis irmaus do Xapón apóstolos  sin que foran enviados por o Sumo Pontífice,nen foron os primeiros que cultivaron aquela viña.
Chama moitas veces a vida da súa Relixión apostólica,por eso a presenta como si ela soa fose apostólica na igrexa de Deus e tácitamente acusa ós demáis de que adoitan e siguen outros camiños distintos da  extrema pobreza e austeridade
Resposta.Non sei como na semellanza dos feitos poda haber entre os servos crucificados e o Señor crucificado ningún escándalo si a semellanza non significa igualdade nen identidade.Responda por min San Ambrosio,Doctor da Igrexa:”Non existe igualdade entre o home e Deus,senón semellanza.Somente Cristo e plenamente imaxe de Deus...”
Con estas verbas fácilmente se destrue a obxección,porque si ó xusto sé lle chama semellante a Deus,¿por qué non pode ser de Cristo o Señor que é xefe e exemplar dos xustos e moi especialmente dos franciscanos?.Clemente V e Nicolau III chámanos varós apostólicos como os chamo eu,pero non apóstolos como di a obxección,e á Relixión seráfica chámana santa,inmaculada e apostólica,Si eu  adoito palabras dos Sumos Pontífices¿por qué se me obxecta que censuro ós demáis?”
Terceira obxección..Moitas veces censura acremente ós xesuitas...di que rexeitan socios naquelas partes...
Asegura que na China hai somente dous xesuitas....Reduce o número dos que viven no Xapón pra minimizar os seus froitos..
Di que os xesuitas viven agachados e andan con vestido xaponés por medo da persecución..
Di que todos os froitos que fan os franciscanos naquelas partes nacen do estilo de vida austera e de penitencia censurando así ós xesuitas que siguen outro camiño e  culltivan a maior parte da viña.
Acusa ós xesuitas de que ós novamente convertidos a fe non lles ensinas os mandamentos da Igrexa,acusación non só falsa,senón que os mesmos frades eximen da garda dos xexunos e tratan con escándalo ós rexeitados por os xesutas.
Acusa ós xesuitas de que tentan diante dos xuices xentis na cidade cristiá[Nagasaki]pra que traten mal ós franciscanos.
Finalmente nunha adición final do libro,debaixo dunha metáfora,chama ós  xesuitas hipócitas
Resposta.Suprico humildemente que se lean unha e outra vez na Historia estas cousas que o calumniador acusa  con malicia,e claramente aparecerá que nos lugares aducidos por a obxección non cito ós Pais  xesuitas,é máis,cando fago menciòn deles érgoos deica ó ceo con louvanzas panexíricas.Un deles devotísimo que lera con non boa intención a Historia diante do bispo de Barcelona que aprobou a Historia,dixo que eu os gabo máis do que eles poderían gabarse.Xulgaría eu impio silenciar os ubérrimos froitos dos seus traballos  escribindo a Historia do reino de Xapón
Dando resposa con calma as partes da obxección...digo que eu escribin o que vin e oín.Estando eu na China falei con un  dos dous Pais xesuitas que vivìan naquel reino,na cidade de Macao...e vin o colexio dos Pais xesuitas e os profesores e os Pais do convnto pegado ó colexio,en cambio,o meu contradictor nen viu esto,nen estuvo no Xapón como eu estuven dous anos e medio onde concín a casi todos os Pais e irmaus que alí vivìan e maxina que eu dou motivo e que debo responder do escándolo de menospreciar o froito dos Pais xesuitas.........
En relación  co de andar os Pais xesuitas agachados,¡ohu Deus! cantas veces dixen no Xapón que si os Pais xesuitas de Roma e de España.visen ós seus Pais que viven no Xapón non os conocerían en forma ningunha porque todos andan con hábito secular tanto no tempo de persecución como de paz e as veces con sedas e non viven dendo relixioso,senón secular como é notorio a todos os habitantes do Xapçon....Os Pais xesuitas sempre fuxiron no tempo da persecución...e na presencia de Deus e de Xesucristo non digo mentira que despois da crucifixión dos irmaus por a fe de Cristo un Pai xesuita chamado Pai Morejón díxome:Nós os xesuitas temos por un gran beneficio de Deus non ter sido crucificados”.Ten como o maximo de perfección  fuxir e agracharse aínda que os cristiáns se aparten da fe a causa da súa fuxida como eu o vin,porue aquelas plantas son tenras e sin o rego da doctrina  sécanse e como ovellas sin pastor se pérdense,como o mesmo Cristo o dixo
No que se di que eu  difamo ós xesuitas,rogo que se lea o lugar onde digo que o evanxelio debe ser predicado naquela nova igrexa no modo como o predicaron Pedro e Pablo e os outros apóstolos e como no Xapón foi fundada a fe por os famosos e postólicos varós Xavier e Cosme de Torres que sembraron o evanxelio,naquelas partes con huumildade e pobreza.Pero ¡ai dolor! a fe perdura ainda coa cotiá ruina porque o estilo apostólico de predicar o evanxelio e xulgado por os Pais xesuitas inconveniente e imprudente,pois vivindo secularmente no hábito e no modo de vida máis ben parecen políticos ca cristiáns como o susodito Pai mo dixo a min e eu mesmo o vin.Sendo grandes mercaderes ,afirman que a ós xentis se lles debe predicar o evanxelio ccon abundancia de riquezas,por eso Don Pedro Martínez,xesuita,primeiro bispo ingresado no Xapón díxome a min que os irmaus pobres non son necesarios nen a súa pobreza e humildade eran reconocidas porque aqauela cristiasndade se debía construir con ouro e prata,aínda que posterioemente mudó con gran dolor o modo de pensar.Entre os cristiáns circula comoun grande axioma que un certo irmau  xesuita dixo que o ouro e a prata eran as xoias  da súa Compañía
En relación coa publicación dos mandamentos da Igrexa sempre pensei que os Pais xesuitas que viven fora do Xapón recibirían escándalo coa lectura desta     s cousas porque estas cousas marabillosas e públicas que ós seus todos os anos[Cartas Anuais]dende o Xapón lles escriben non lles son narradas.Unha e outra vez digo quod scripsi,scripsi porque os Pais xesuitas,cando eu estaba no Xapón,nalgunhas partes non ensinaban como obligatorio ningún precepto positivo agás o Concilio tridentino fora dos Mandamentos do Decálogo.Vendo os irm,aus Menores a peplexidade dos cristiáns que pensaban que eran obligatorios mandamentos  que a eles non lles foran anunciados,os obbligaban coma ós portugueses que viven no Xapón e os demáis cristiáns...ensinaban que os xexunos e as festas de precepto que nas restantes cristiandades novas das Indias se predicaba  por aiuoridade apostolica os ensinaban como obligatorias ós cristiáns que bautizaban
Relatuvo as repulsas feitas por os Pais xesuitas,ninguén mellor ca min pode responder con máis verdade.Co motivco desta obxección a min  aconteceume a máxima  discordia que había entre dos cónxuxes.O home quráa a separación que de ningunha maneira quería a muller.Veu a muller confesarse conmigo e díxienlle:Por qué non te cconfesas co Pai xesuita Organtino como adoitas”e respondeume:Por culpa do meu marido non quere oir a miña confesión nen darme a comuñón.Con este castigo adoitaba aquil Pai castigar ós cristiáns aínda por cousas leves.Lémbrome perfectamente que eu despedina con grande dolor deica o dia despois próximo a fest do natal de Cristo o Señor pra acadar  un  meirande conocemento do seu caso e,feita dilixente averiguación,pensei que ela fora privada indebidamente da confesión e comuñón(aquil Pai era ancián e senil e non letrado)e,por tanto,fíxena partícipe daqueles sacramentos......
No relativo as acusaciós diante dos xuices xentís deixo a Deus o xuicio das moitas cousas que de palabra e por escrito podería dicir e que somente refiro na Historia sin promenorizar os traballos que aturamos os frades de parte dos Pais xesuitas na cidade cristiá de Nagasaki.Moits veces contradixen a todos os que afirmaban publicamente no Xapón,na India e España que foron os Pais xesuitas perseguidores dos franciscanos e causantes da súa crucifixión.
O que se di da metáfora e realmente ridículo que os Pais xesuitas entendan sentirse chamados hipócritas cando non fago en ningún caso mención deles.Unicamente se narra unha fábula moral.En realidade eu considerarìame en pecado,si pensase que se fala de min cando se fala dos hipócritas.
Obxección cuarta.Milagres narrados no libro da Historia...que na noite do Natal de Cristo oíronse anxos cantando salmos cos frades no coro,e que o seu comisario,despois da crucifixión baixaba da cruz e se aparecía na igrexa celebrando misa,e que os corpos dos crucificados permaneceron moito tempo incorruptos,e que os corvos non ousaban acercarse a eles,e que sangue puro xenegaba do corpo do comisario moito tempo despois da morte,e que os rostros dos mártires resplandecían despois da morte.Todos estes milagres foron declarados por o bispo do Xapón o día 3 de febreiro de 1599,despois de feita dilixente discusión nunha reuniòn cos Pais xesuitas convocados por él,algúns falsos e outros producidos por causas naturais.Estes milagres producirìan grandísimo escándalo si se divulgasen arestora,sobre todo entre os cristiáns xaponeses entre quen xa algúns deles os contradixeron como falsos cando os viron e algúns foron referidos sin ningún fundamento probable
Resposta.Eu non afirmo que os feitos referidos sean milagres,senón que os narro como                cousas marabillosas.Moitos deles vinos eu e outros oinos,e todo canto escribin foi tomado de tres escrituras auténticas(que presento),unha feita diante do vicario xeneral da cidade de Macao na China,outra na cidade e Manila,sede vacante,outra diante do arcebispo da dita cidade.En todas elas as testemuñas oculares certifican o que viron.Todos estes que eu chamo prodixios foron imprentados en España,Roma e Nápoles antes que eu os escribise.Por tanto,xulgue quen ten oficio de xulgar a quen cómpre dar fe,si as citadas escrituras,ou o escrito que fixo o bispo xesuita xunto cos Pais xesuitas a base de testemuñas totalmente dominadas por eles
            Despois desta resposta,pódese comparar o que dixo o Pai Valiñano e o  que di a
obxección coas verbas ben ponderadas do Pai Marcelo de Ribadeneira e calquera se decatará  de cómo a pasión e animadversión dominou ós escritores xesuitas
Quinta obxección.Moitas veces chama a morte dos seus[irmaus]na susodita illa martirio 
Afirma que os  franciscanos tuveron do rei licencia pra predicar cando por esta causa foron crucificados
Comportáronse imprudentemente cando na cidade dos xentís expuxeron públicamente na igrexa chea o augustísimo sacramento do altar,imprudencia que o autor tenta solucionar aducindo moitas cosas inúteis e imposibles no libro cuarto,capítulo 25.
Resposta.Si os Pais   xesuitas sabían que os meus[irmaus]non son mártires nen deben chamárense ,àsrtires como conocían era mente do Papa¿por qué na relación(que presento)da súa morte imprentada  en Roma e dedicada ó seu Prepósito Xeneral falan antes ca min de martirio,coma pode verse nos capítulos II,III e XIV?E por qué non contradicen a relación da mrte dos mártires imprimida en español en España e en Roma antes ca miña coa adicìón  de tres capítulos do señ.or doctor Peña, auditor da Rota,onde se proba que a morte deles foi verdadeiro martirio e que foi imprentada na lingua italiana en Roma e en Nápoles antes ca miña na que escribo as mesmas cousas que ali foron escritas,tanto na comparanza dos crucificados e Cristo,coma no do martirio?¿Por qué marabillarse si eu que desconozo neste caso         a mente do Santísimo chamei ós mártires con piedade cristiá a prol da fe,como adoitan os Pais xesuitas chamaren ós seus e,incluso,comparar a un deles con San Lourenzo,aínda que non foron mortos por a fe de Cristo como foron os mesu?.O mesmo Pai Lois Guzmán,xesuita,afirma que a morte dos meus foi por a fe de Cristo e chámaos mçartires na segunda parte das misiós dos seus Pais no libro XIII capítulos 5,7,12,13,15
            En relación cos explordores afirmo que escribo só a opinión comun,porque da sentencia auténticas do rei,que presento,consta que foron mortos por s fe de Cristo.¿Qué ten de marabilloso si o rei xentil que amaba ós meus e me recibiu a min coales cos máximos honores,gloriándose de ternos no seu reino,que posteriormente se mudara cando fomos acusados de que predicabamos o evanxelio contra o seu precepto e público edicto,coma o refire a súa sentencia?
Obsección sesta.Afirma que non é lícto predicar o evanxelio doutro xeito distinto da probreza e da humildade,coma o predicaron Cristo e os apóstolos,doctrina que debe ser examinada,porque menosprecia non só ós xesuitas,senón  a todos os prelados da igrexa
Obxección sétima.Fai mención de dous tratados remitidos ó rei de España onde amosan ter mostrado de canta utilidade sería prós negocios públicos de Manila e de España que os frades fosen enviados ó Xapón pra entregalo nas maus dos españois,tratados que non agradaron  ó Santìsimo[Papa] en todas as súas partes.
Desposta.Sendo toda a preocupació dos irmaus[franciscanos]naquelas partes propagar a fe da santa igrexa romana,non comprendo por qué causa pudo anoxar ó Santísimo de que aqueles  reinos viñeran a poder dos reis das Españas defensores acérrimos eles da fe e protectores da igrexa e por eso mesmo moi merecentes...Tal vez esto non sea grato ós Pais xesuitas porque un deles dixo na cidade de Manila a un conselleiro do rei chamado Morga,como este mesmo mo dixo a min que Gregorio XIII dera ós Pais xesuitas o reino do Xapón no temporal e no espiritual Desto pode colexirse a causa por qué ten defendidos con cañós por mar e por terra a cidade de Nagasaki e o seu célebre porto que eles chaman seu e os ten construidos  e poboados e os defenden coa súa prudencia e industria.Eu conozo ó irmau xesuita Ambrosio que era xefe dunha pequena barca a xeito dun trirreme e ten a custodia da cidade e do porto  por o que os portuguesesde lle daban cada ano oitocentos ducados de renda por a permanencia do barco durante seis meses”
            Esto anotado abonde cn resposta ás obxecciós.Todo canto deixo escrito o someto ós pes da sacrosanta Igrexa romana e do Santísimo o noso señor Paulo V e dos Ilustrísimos e Reverendísimos señores cardeales da santa  Inquisición a quen está sometido o xuizo desta causa
Dedicatoria(das obxecciós).Ó Ilustrísimo e Reverendísimo señor cardeal Belarmino( 97 )
            Esta dedicatoria indica claramente que os xesuitas enviaron ó cardeal Belarmino pra que él as presentara na Inquisición de Roma

8.- Romaría no Xapón  
Aínda non estaba enxoita a terra do sangue dos mártires, cando derramou Deus sobre Nagasaki un abundante dioivo de prodixios pra testemuñar brillantemente a santidade dos seus servos. Unha fermosura anxelical apoderouse dos seus corpos, dotados ademáis do don da incorrupción. A conmoción producida na terra xaponesa por o martirio xenerou dende o primeiro momento unha auténtica romaría procedente de todos os recantos do Xapón. Esta foi a contestación popular suscitada por Deus prá confirmación da santidade dos 26 mártires, santidade que teimaban negar algúns poucos envexosos da gloria dos santos franciscanos. Parece mentira, pero os inimigos dos relixiosos franciscanos continuaban aínda despois do glorioso martirio a loita por arrincarlles a aureola da santidade. Alusión velada, como outras súas, contra quen ousaron dubidar do martirio dos santos, deixouna escrita Ávila Xirón,testemuña :ocular dos feitos
"Os que contradixeron con envexa este santo martirio no principio foron tres ou catro e xa están no outro mundo onde xa os desenganarían, pero todos os demáis do reino por mártires santos os tuveron, tenos e teranos, e como tales foron visitados de todos cantos cristiáns había no Xapón. E das máis remotas e afastadas cidades dél viñeron en romaría a veneralos. E pra esto sin dúbida os gardou Deus nas cruces tanto tempo, que foron sete meses, sin que deles faltase ningún membro. Admirábanse desto os xaponeses, porque ós malfeitores que crucificaban, ós catro días non hai quen ature a fetidez que deles sae e os oito ou dez días fanos pedazos os lobos e os cas monteses. Notouse que nestes santos mártires non foi así, pois estuveron desde 5 de febreiro nas cruces,e no 10 de agosto partín eu de aquí pra o porto de Hirado e deixeinos todos enteiros, aínda que de aí a poucos días faltaron as cabezas do santo comisario e do irmau Miki Paulo, da Compañia,e tense coma certo que se quitaron por orde do Viceprovincial Pai Pedro Gómez que  na gloria estea" ( 98 )
Senón foi o primeiro, dise que foi o bispo Pedro Martínez un dos primeiros
romeiros ó santo monte Tateiama. Da súa visita narra Ávila Xirón:
"Estando él ben descoidado no seu aposento, entrou Francisco Rodríguez Pinto co
cordón do santo comisario que rescatara de un dos saiós,dicindo:Señor, xa están
gozando de Deus os santos mártires. Xa aacabaron a súa xornada.
Preguntou o bispo:
¿Qué mártires?
Replicou el:
Os relixiosos franciscanos. Velaquí o cordón do santo comisario.
Non preguntou máis o bispo nen dixo máis.
Véñase comigo, señor Francisco Rodríguez.
E foi saíndo por a porta só con un bordón na mau... Chegou ó santo e segundo calvario e ó pe da cruz do santo comisario, axionllouse dicindo:
Beate Petre, ora pro me.
Despois de feita oración, foise cara ó santo Frai Martín que estaba a súa mau dereita e fixo o mesmo, e sucesivamente a todos os demáis deica ó sexto, e logo ergueuse e foi mirando a todos os santos mártires xaponeses ata ó fin das cruces. E volto, proseguíu deica esta outra parte. E logo volveu cara ós santos frades cos ollos asulagados en lágrimas e dixo falando co glorioso Frai Felipe de Xesús:
¡Ouh benaventurado mártir e moi ditoso! Mellores ordes son estas que vos deu o rei do ceo cás que vos neguei eu, seu indigno bispo” ( 99 ).
No que non estuvo exacto este cronista foi en pensar que o bispo non estaba enterado de abondo de todo canto pasara en Nagasaki. Escriben o Pai Xeromo de Xesús e Frai Xoán Pobre que o bispo e os xesuitas estuveron mirando todo o desenvolvemento do sagrado drama dende a súa casa situada "un tiro de arcabuz do lugar onde se executou o martirio", como narra o Pai Ribadeneira. Si o bispo finxíu outra cousa cando foi visitado por Francisco Rodríguez Pinto, non fixo máis ca unha comedia.
Escribe o Pai Ribadeneira:
"Colocado nunha fiestra con outros Pais, pudo ver ben a moitedume de xente e o dar as lanzadas e oir as voces queixosas que daban os cristiáns. E logo que lle veu a nova do sucedido no martirio, foi visitar ós benditos corpos acompañado dalgúns Pais da Compañía. E cando chegou a ver de cerca as lanzadas e o moito sangue que aínda xenegaba dos benditos mártires, venerounos como a verdadeiros mártires rezándolles a conmemoración dos mártires... e no primeiro día de festa, predicou na igrexa da Compañía os españois e  portugueses  en louvanza dos gloriosos  mártires,dicindo  que o seu  martirio  ilustraba a igrexa  católica"( 100 ).
            Foi o propio bispo quen confirmou o escrito por os autores franciscanos, cando certificou coa súa propia mau:
"Vin cos meus propios ollos levantalos nas cruces, e vin resplandecer as lanzas coas que os atravesaban, e vin a moitedume de xente, tanto cristiáns coma xentís que corría a ver este espectáculo; xa que non vin outras particularidades por estar un pouco lonxe, mais oín un grande barullo da xente cando os acabaron de alancear. E dalí a duas horas ou tres, indo a velos xa mortos nas cruces, vinos postos nelas coas lanzadas por os peitos e o seu sangue aínda fresco e a eles tan fermosos e cos rostros tan anxelicais que máis ca mortos parecían homes que estaban durmindo ou absortos en contemplación" ( 101 ).
            A lectura destes diversos testemuños pode darnos idea da realidade;sobre todo,o escrito por o bispo é unha boa proba da serenidade anxelical que envolveu ós mártires nos derradeiros momentos da súa vida.Nada de manifetaciós de dolor,senón todo serenidade e felicidade,reflexo da alegría que os acompañara todos os días do seu increible”calvario”.
En relación có escrito por Ávila Xirón, non sei como se pode compaxinar có escrito por os franciscanos e có certificado por o propio bispo. Resulta evidente que o prelado estuvo contemplando tranquilamente o drama sagrado que tiña lugar no monte Tateiama, a poucos metros de onde él estaba observando. A relación de Ávila Xirón debe ter algunha explicación na que o  bispo non apareza como un hipócrita. As súas propias palabras acusan nel un declarante"arrepentido".
A pesar da prohibición baixo pena de morte dictada por Hasaburo, os fieis devotos continuaron ininterrumpidamente a romaría á santa montaña Tateiama.
Narra o Pai Ribadeneira:
"E cando se supo o martirio por as aldeas de cristiáns que estaban cerca de Nagasaki, viñeron moitos Pais da Compañía dos que administraban aquela cristiandade a venerar os corpos dos benaventurados mártires... E como non fora suficiente a estorbar este concurso de fieis a xente de garda que puxeron alí,... mandou o xuiz que puxesen unha estacada ou cerca de paus as cruces... pero nen aínda esto bastaba, nen o temor da morte, pra que moitos deixasen de  entrar a venerar os benditos corpos... E ista mesma devoción tiñan algúns Pais da Compañía" ( 102 ).
Describe Ávila Xirón algúns feitos considerados como milagrosos. Con referencia ó que pasou o Xoves Santo, 3 de abril de 1597, escribíu:
"Viuse correr sangue do santo mártir Frai Martín da Ascensión e foi velo moita xente, ou por mellor dicir, todo o pobo xaponés e portugués" ( 103 ).
Di que esto de San Martiño non o viu, pero engade:
"Mais estuven presente ó seguinte: Un venres que foi o 18 de abril, as dúas da tarde, 72 días despois do sagrado martirio, sucedeu que, estando moita xente rezando axionllada diante dos mártires, como adoitaban por devoción, particularmente en tal día, súbitamente comenzou a correr sangue do corpo do santo comisario Frai Pedro Bautista... en tanta cantidade, que correu por o corpo abaixo por o pe da cruz, de modo que a bañou deica a terra. Quedaron abraiados os xaponeses que estaban presentes e moitos deles viñeron a cidade a daren a nova. E como foi oída, nun instante alborotouse o pobo de tal maneira que non fixeran máis si  lles dixeran que viñan moitos inimigos sobre a cidade, e os homes e mulleres comenzaron a acudir ó santo calvario en tanta moitedume que a máis de 400 pasos antes de chegar alá non se podía romper por o camiño aínda que era  ancho como a máis ancha rúa. Foi avisado o bugio, que era Gompei, e mandou pór uns iokome xunto onde agora está a igrexa de San Xoán, que daquela se chamaba de San Lázaro. E estes atopamos alí Francisco Martínez de Aguiar e máis eu cando chegamos, e non nos consentiron pasar... Esta mesma tarde volvín alá e vin que estaba o santo comisario co rostro moi fermoso e como si estuvera dormido, e tiña o lado dereito e todo o costado descuberto por terlle cortado o hábito pra reliquias. E tiña todo aquelo que a-parecía das súas sagradas carnes tan blanco e tan fermoso, que daba particular alegría miralo. Estaba todo o pe da cruz bañado en sangue e sin haber corrido antes, agás o día do martirio, e correu en abondosa vea, e que esto fose nun día tan sinalado, venres día de Paixón, no que o santo comisario deseara padecer, e no que tanta xente había xunta que  o vise” ( 104 ).

9.- ¿Quén contra Deus?
Este grito de San Miguel hai que repetilo nesta ocasión. O bispo do Xapón era un modelo de homes apaixoados e pouco escrupulosos, como o amosan as súas actuaciós contra os relixiosos franciscanos. Foi un bó instrumento elexido por algúns xesuitas igualmente apaixoados e sin escrúpulos, enemigos declarados dos españois. O patriotismo exasperado daqueles homes foi o distintivo das súas actuaciós.
Non embargante, moito lle debeu pesar ó bispo na conciencia o seu comportamento ata sentirse obrigado asinar solemne declaración, a que se refire Ávila Xirón:
"Na cidade de Macao deu este dito bispo unha certificación moi ampla e testemuño auténtico ós frades franciscanos en aprobación do santo martirio. E aínda que él non a dera, non carecían de xusticia os santos mártires pra deixar de seren tidos por tales, e abonda a proba da sentencia, pois si por outra causa (como din os que con tanta  sinrazón os difamaron maldicentes os houbera morto o rei ben pudera pola..., pero como non a houbo, non permitiu Deus que ata aquel infiel tirano lles fixese neso agravio, senón que sinxela e lisamente dixese que os mataba por predicar e ensinar a lei dos cristiáns que él rigorosamente prohibira e desterrara ós xesuitas do Xapón anos antes. Os que contradixeron con envexa este santo martirio no principio foron tres ou catro e xa están no outro mundo" ( 105 ).
Aínda despois do martirio non deixaron os inimigos dos relixiosos de botar contra eles bulleiro, que despois aproveitaron os inimigos que en tempos posteriores trataron este punto, como Lois Froes, Lois Guzmám, Xuvencio e outros autores estranxeiros de plumas molladas en veleno.
A realidade dos feitos obrigou ó bispo a dar mostras inequívocas do que vira, e do que sentía a súa alma despois de deixar o Xapón, onde estuvera parece que moi obrigado a sentir de maneira moi distinta da que debeu ser a maneira dun bispo. Moi pouco despois do martirio dos santos, con só oito meses de estancia no Xapón, regresou a Macao, moi a seu pesar, pra non regresar nunca máis. Xa non era necesaria a súa presencia pra botar fóra a máis relixiosos españois.
O Pai Ribadeneira deixou impresa a carta que, coa data 27 de febreiro de 1597, escribíu o bispo ós franciscanos de Manila, dándolles o"parabén das felicísimas mortes de seis relixiosos da súa Orde", con citación dos seus nomes, amosando ó mesmo tempo envexa de tan ditosa sorte ( 106 ).
O Pai Ribadeneira tamén imprimíu na súa obra o testemuño aludido por Ávila Xirón, asinado por o bispo no día 26 de novembro de 1597 en Macao, e que levou a Filipinas o propio Pai Ribadeneira, como él mesmo afirma:
"Este testemuño trouxen eu dende a cidade de Macán, da Gran China, autorizado por o venerable Pai Manuel de Aguiar, vicario xeneral daquel bispado. Despois foi traducido do portugues ó español por mandado do señor Don Frai Ignacio de Santibáñez, arcebispo de Manila, que o autorizou asemade coa información dos santos mártires" ( 107 ).
Acosado por os remordementos, escribiulles a todos os relixiosos o Pai Morexón, parece que con cristiá sinceridade, unha carta sin firma cando xa iban camiño de Nagasaki. Entre outras expresiós, pidíulles perdón coas seguintes palabras:        
"Pais meus e irmau amantísimos, prégolles moito por o Señor por quen padecen, que por o pesar e mal exemplo que algún día lles din me perdoen, e cando por a misericordia divina se vexan na súa divina presencia se lembren dos que quedamos neste val de bágoas, particularmente de min que teño máis necesidade ca todos. ¡Ouh, qué apertas de corazón que lles dera a todas as vosas Reverencias, si me fora permitido" ( 108 ).
Falei da sinceridade cristiá que se supón nestas palabras do Pai Morexón, aínda que existen pormenores que fan sospeitar da tal sinceridade; ata o feito da carta sin sinatura podería  interpretarse como un afán de non ser identificado. Por o demáis, o arrepentimento era serodio pra unha conducta que tanto dano causou ó cristianismo xaponés. Pouco lle durou o arrepentimento a este relixioso, a quen vemos moi logo arrebolando bulleiro sobre os milagres a carón dos cadavres dos mártires, con anotaciós tan pouco afortunadas como as seguintes:
"O bispo do Xapón, en xuicio, comprobou con sentencia e testemuños de abondo que os milagres que se publicaron de luces, de corvos, incorrupción, etc. non foron verdadeiros, senón imaxinación ou piedade non necesaria pra Deus que pode facelos cando ve que convén" ( 109 ).
Di un aforismo filosófico que quod nimis probat, nihil probat. Opina o xesuita que as manifestaciós que todos consideraban milagrosas non eran tales, senón productos da fantasía.
O que proba demasiado e aquelo de que Deus pode facer milagres "cando ve que convén". Eso é ben certo. O que non sabemos  é si naquela ocasión lle conveu a Deus ou non facer milagres. Velaquí o que sinifica nihil probat. O que sí probou que conviña facer milagres foi a voz popular que así o manifestou.Vox populi, vox Dei.
Deus viu que era conveniente que a carón dos corpos dos santos mártires sucederan unha serie longa de feitos marabillosos, contemplados por todos cantos peregrinos acudían dos máis afastados recantos  do Xapón.
O comportamento deste anotador desafortunado é unha mostra dos extremos ós que poden conducir, ata nas cousas santas, os intereses meramente humanos, e moito máis si non son lexítimos. A escoura humana mesturouse con moita frecuencia nas máis santas actuaciós dos homes.
Aínda que concedamos que algúns fenómenos ocurridos a carón dos corpos dos santos mártires en Nagasaki puderon ser de orixe natural, non se lle pode negar a outros orixe sobrenatural. Que os corvos e outras aves preeiras non se acercaran a peteirar os sagrados restos mortais, e que os cás salvaxes e os lobos abondosos no lugar non se aproveitaran deles, moi ben pudo obedecer á presencia de tanta xente día e noite, e á dos mesmos gardas postos por o xuíz, pero non é de recibo dar por fantasías de persoas alucinadas a repetida presencia de luces extraordinarias vistas por a moitedume de testemuñas, ata por o mesmo Pai Ribadeneira, que o testemuñou en todo un capítulo da súa obra, que titulou.De muchas cosas maravillosas que después del martirio sucedieron, e pudo ver confirmado có testemuño auténtico de moitas testemuñas presenciais que xuraron a existencia dos feitos marabillosos. ¿Qué se pode dicir do sangue que algúns mártires derramaron moitos días despois do martirio, tan fresca coma si naquel mesmo momento a derramaran? ¿Qué explicación se lle pode dar ó feito de que os corpos non sufriran a máis mínima corrupción durante os meses que estuveron pendurados das cruces? Cando se queren buscar explicaciós nesgadas a feitos reais, encóntranse ben ou mal fiadas. ¿Seica non lembramos que cando Cristo fixo milagres non faltaron quen dixeran que os facía por arte de Belcebú?
 O único que cómpre dicir é que contra feitos que tuveron lugar á luz do día e foron narrados con toda obxectividade non caben interpretaciós torticeiras, producto de mentes hipócritas e farisaicas. Constando como constou que a morte dos santos mártires de Nagasaki foi por odio á fe cristiá -Morexón era contrario á conciencia universal que así o creía-, non faltaba senón dicir que alí estaba a mau de Deus. Moi ben se pode concluir coas palabras de Ávila Xirón que, despois de censurar a conducta de tres ou catro que  por envexa contradixeron o martirio dos santos,rematou dicindo:
"O máis do reino todo, por mártires santos os tuvo, ten e  terá, e coma tales foron visitados de todos cantos cristiáns había no Xapón. E das máis remotas e afastadas cidades dél viñeron en romaría a veneralos; e pra esto, sin dúbida, os gardou o Señor  nas  cruces  tanto  tempo, que  foron  sete  meses, sin  que  deles  faltase membro" ( 110 ).
¿Qué interese ruín movería ó Pai Morexón e a outros máis como Valiñano a embulleirar a realidade nidia do martirio e das obras marabillosas que o Señor facía por medio dos seus mártires? Tratándose de mártires por mór da fe cristiá, non compría ningún outro milagre máis ca certificación do martirio. Os inimigos teimaban por negar a realidade da morte por causa da fe. Atacaban a mesma raiz do feito relixioso, cando o martirio destes santos estaba máis ca patente e así o consideraron a universalidade das xentes, tanto cristiáns coma xentís,  e así o certificaba a propia sentencia de Taicosama, que claramente dicía que os mandaba crucificar por predicaren a lei cristiá.
A oposición ós mártires de Nagasaki foise continuando deica o mesmo momento da canonización, con episodios moi curiosos e merecentes de seren notados. Xa deixo feita mención do comportamento do Pai Valiñano e dos xesuitas romanos que quixeron inútilmente complicar ó Pai Ribadeneira na Inquisición romana.
Os escritores franciscanos fixeron alusión moi discreta a esa oposición, sin citar nomes. Con esa discreción esquisita escribe o Pai Ribadeneira:
"E pra meirande xustificación do seu martirio quixo o Señor que puxeran a sentencia do rei nunha táboa elevada  nun pau... pra que, estando alí todo o tempo posible, fose convencida a incredulidade dos que puxeron mácula na intención do rei, dicindo que non fora a de crucificar por predicar a lei do santo evanxelio... E pra que aínda máis se clarificase esta necesaria intención pró martirio, o mesmo rei Taicosama enviou unha carta que veu despois a Madrid...tirando con esto todas as astutas imaxinaciós dos incrédulos que foron ocasión coa súa incredulidade de que este glorioso martirio se fixera moi célebre e famoso en toda a cristiandade... porque ben sabe Deus do mal sacar moito ben" ( 111 ).                                                 
Volve sobre este tema noutra parte da súa obra:
"Malia que foi impugnada a gloria deste admirable martirio con diversidade de interpretaciós e pareceres, a claridade das raiolas da verdade escacharrounos todos... E así teño fe na maxestade divina que a luz... sairá e a claridade da verdade será tan resplandecente, que non só sean vencidos os que a contradicen, máis que será motivo para que toda a cristiandade e ata o paganismo do Xapón glorifiquen a Deus Noso Señor" ( 112 ).
A insistencia no tema da oposición que existía ó martirio dos santos de Nagasaki, sin citar nomes coma propio dun escritor relixioso, tamén é indicio claro do interese que había en  evitar a canonización dos mártires franciscanos que, por seren españois, motivou en parte que a oposición lograra adiar durante moitos anos a canonización.

10.- O ceo glorifica ós heroes
Apenas a terra do monte Tateiama estuvo enxoita do sangue dos mártires, derramou Deus sobre aquel lugar un benéfico e abondoso dioivo de prodixios pra confirmar con testemuños celestiais a santidade dos seus confesores. O primeiro milagre foi a aludida fermosura anxelical que permaneceu impresa nos semblantes dos mártires despois de mortos. Outros reiterados feitos extraordinarios, considerados milagrosos por todas as xentes, foron frecuentes en Nagasaki a carón dos cadavres dos mártires, dos que continuou xenegando sangue fresco en datas moi posteriores ó martirio. Eran frecuentes os estremecementos dos corpos pendurados. Luces nocturnas víanse recorrer o ceo de Nagasaki en procesión dende a Colina dos Mártires deica as ermidas e hospitais onde o santo comisario traballara durante algún tempo. Os devotos acudían en peregrinaxes continuas a venerar os santos restos dos corpos e acadar dos gardas, con propinas, algunha reliquia dos santos mártires, considerándose felices con aqueles piadosos roubos, que foron tantos, que cando Don Lois Navarrete pasou ó Xapón pra lograr permiso de recoller os santos corpos e chegou a Nagasaki pra este efecto, foi moi pouco o que atopou, porque a devoción dos fieis apoderárase de case todo. Os cristiáns, especialmente os españois, conseguiron importantes reliquias porque, como se pensaba, había menguado na corte de Kioto a memoria do martirio; pero sobre todo porque os gardas eran cristiáns, e como tales estaban deseosos eles mesmos de teren reliquias, ademáis de que permitían que outros as tuveran a troques das boas propinas que recibían.
As testemuñas, entre elas o propio bispo, afirmaron que os mártires parecían estar durmindo. Tal era a serenidade que amosaban os corpos santos. Pero o que moito admirou foi a incorrupción dos corpos que pemaneceron pendurados nas cruces baixo a custodia permanente de soldados imperiais durante meses, sin que ningunha das aves rapaces ousara abaterse contra os cadavres pra peteirar as súas benditas carnes. Nen se acercaron os lobos nen os cás salvaxes, abundantes naquel lugar.
Acerca da rigorosa custodia posta por o xuíz, escribe o Pai Ribadeneira:
"O xuiz que a executou non soamente se contentou pra que ninguén a quitara, con pór gardas e a estacada, mais mandou con moito rigor ós rexidores da cidade que puxesen moita  vixilancia  en  facelos  gardar,  porque  si  faltaba  algún,  había  de  matalos  a eles" ( 113 ).
O que Taicosama pretendeu coa sentencia de que os corpos colgantes dos mártires serviran de escarmento, convertiuno Deus en mostra da súa santidade e en confirmación da fe de todos os cristiáns que puderon veneralos, e en admiración de cantos lograron contemplalos durante todo aquel tempo.

A noticia do martirio conmocionou ó mundo cristián, sobre todo ás autoridades de

Manila, que moi pronto iniciaron xestiós pra recuperar os santos corpos e elaborar os necesarios expedientes sobre a morte dos mártires. O cabido de Manila, a rogo dos franciscanos, instruíu proceso informativo o mesmo ano 1597, coa intervención do Pai Ribadeneira que, tras o seu regreso a Manila, tomou ó seu cargo facer as informaciós acerca do martirio dos seus compañeiros, a base dos testemuños de cantos estuveran presentes ós sinais e feitos milagrosos. Entre eles cómpre destacar ós españois do galeón "San Felipe". Foi así como logrou reunir os testemuños sobre os feitos vistos en Nagasaki e considerados milagrosos por a universalidade de fieis.
 A finais do ano 1598 xa o Pai Ribadeneira pudo saír con catro informaciós debidamente autenticadas cara a Nova España, con destino a España e Roma, pra traballar alí infatigable a fin de lograr da autoridade suprema do Sumo Pontífice a declaración da santidade dos santos mártires. En España conseguíu cartas crediticias de Felipe II e da súa Dona Isabel e do Supremo Consello de Indias. Pasado a Roma, presentoulle ó Papa Paulo V os testemuños que consigo levaba. En Roma foi moi ben atendido e, por a boa impresión causada no Papa, foi nomeado penitenciario papal.
Das Filipinas mandou o gobernador no mes e xullo a Lois Navarrete Fajardo e Diego de Sousa pra pedirlle a Taicosama os corpos dos santos mártires.
Escribe o Pai Ribadeneira:
"E como se supo que lle concedera o rei que levase os santos corpos, os españois da nao "San Felipe", que aínda estaban en Nagasaki, aguilloados da súa moita devoción, ousaron tomar de noite as cabezas e a meirande parte dos corpos dos benaventurados frades e de todos os mártires, collendo tamén os cristiáns xaponeses o que puderon, e os Pais da Compañía mandaron recoller as cabezas dos tres benditos irmaus seus; por eso, cando chegou o embaixador a Nagasaki, atopou moi poucas reliquias que recoller porque ata as  cruces faltaban" ( 114 ).
Moi ben enterado o Pai Ribadeneira de todo ésto por os españois chegados a Filipinas, escribe que moitas reliquias foron levadas a Macao, Malaca, Goa, e moitas a Filipinas,
"e outras a moitos conventos de España. E das que non se tuvo conocemento en
Manila, viñeron por a miña dilixencia as miñas maus pra  colocalas no  convento relixiosísimo de San Francisco de Salamanca e noutros relixioxos lugares"( 115).

Tratou Navarrete de xuntar cantas reliquias lle permitíu a súa solicitude e, morto o

día de San Andrea,continuou Diego Sousa o traballo emprendido por él.
Narra Ávila Xirón:
“Tuvo á mau moitas reliquias e, postas nunha caixa, embarcounas pra Manila no ano de noventa e oito, mais non chegou alá, porque no camiño perdéronse e non houbo memoria ningunha deles”( 116 ).
            En Filipinas fora recibida a noticia do martirio con mostras de grande xúbilo, e
todos daban parabéns ós franciscanos.
Informa o Pai Ribadeneira:
"Fíxose unha solemne procesión coa asistencia das Relixiós e o pobo en acción de gracias por tan singular mercede como se lle fixo a cristiandade" ( 117 ).              
Tamén refire o Pai Ribadeneira os grandes festexos que se lle fixeron as santas
reliquias en Macao,"estando eu alí",e en Malaca, por xestiós do famoso teólogo Pai Antonio da Mai de Deus, que levaba con él a cabeza de San Martín da Ascensión, por medio da cal obraba Deus moitos milagres.
En España era tanto o devezo de posuír algunha reliquia dos mártires de Nagasaki, que escribe o Pai Ribadeneira:
"Cando eu cheguei a Sevilla era notablemente importunado de todos pra que lles dese das que eu traía" ( 118 ).
O que moito estraña é que o Pai Ribadeneira,cando falou das rel.iquias dos mártires, non falara da cabeza de San Francisco Blanco, por tratarse dunha reliquia das chamadas ”insignes”, propia dun que fora seu amigo en vida. Desta reliquia escribíu en 1777 o clérigo Don Pedro González de Ulloa,que se atopaba no Barco de Valdeorras, sin concretar o lugar exacto. É tradición muy difundida naquela zona que a trouxo da Nova España o franciscano Pai Xoán de Prada, Comisario Xeneral de todas as Provincias Franciscanas daquelas partes. Foi este franciscano natural do Barco de Valdeorras, concretamente do pobo de Outarelo, irmau de Don Diego de Prada; sobriños ambos a dous de Don Andrés de Prada, famoso secretario dos reis de España Felipe II e Felipe III.
Entrou Xoán de Prada na Orde Franciscana no convento de Cabeza de Alba da Provincia de Santiago de Compostela. Os datos conocidos da súa vida permiten descubrir nel unha personalidade importante. Consta que o 31 de outubro de 1618, dende o seu posto de gardián do convento franciscano de Baiona(Vigo)lle escribíu unha carta ó famoso Diego Sarmiento de Acuña,conde de Gondomar, embaixador de España en Inglaterra, dándolle o pésame por a morte do seu fillo Lope Sarmiento de Acuña. Na data 14 de maio de 1634 estuvo en Madrid para recoller os restos mortais do seu tío Andrés de Prada Losada, pra trasladalos á capela que tiña o difunto no hospital de Quiroga.
 Era Frai Xoán de Prada Calificador do Santo Oficio da Inquisición en España cando o Comisario Xeneral franciscano, Reverendísimo Pai Frai Francisco de Ocaña, o nomeou en 1637 Comisario Xeneral na Nova España. O rei ratificou esta designación por real Cédula do 25 de novembro daquel ano. Desta mesma data hai varias Cédulas reais dirixidas ós Oficiais da Casa da Contratación de Sevilla; unha primeira pra que deixasen pasar a Nova España a Frai Xoán de Prada e dous relixiosos da Orde franciscana e un criado; outra pra que provesen do necesario ós tres na forma adoitada; otra pra que lle deixasen levar un relixioso da súa Orde ademáis dos outros dous da licencia; outra de libramento ó real Consello pra que o seu receptor pagase doce ducados a Frai Xoán de Prada pra axuda ó gasto da viaxe seu e dos dous relixiosos acompañantes deica Sevilla; outra ó virrei da Nova España pra que lle dese a Frai Xoán de Prada favor e axuda necesarios no emprego do oficio de Comisario Xeneral; outra do día 11 de natal de 1637 concedendo permiso pra  pasar a Nova España e pra pago do entretemento  ( 119 ).
Foi despachado na Casa da Contratación de Sevilla o día 4 de  marzo de 1638, na nao ”Nosa Señora da Candelaria”, do mestre Xoán Antonio de Belvís, na flota de Martín de Orbea, xuntamente cós tres franciscanos: Pais Xeromo de Hinoxosa, Francisco Domínguez e Xoán de San Francisco, este derradeiro pagado por conta propia ( 120 ) .
            No exercicio do cargo de Comisario Xeneral xa figura o 26 de setembro de 1638, asinando un informe sobre as misiós do Novo México, dirixido ó virrei da Nova España Lope Díez de Almendáriz, marqués de Cadereita ( 121 ).
No oficio de Comisario Xeneral permaneceu deica que o sustituíu o Pai Antonio de Rivera, nomeado por real Cédula do 3 de xuño de 1644. Regresado a España, figura nos anos seguintes en postos de mando na Provincia Franciscana de Santiago.
Inda que non consta con certeza absoluta, é probabilísimo que foi o Pai Xoán de Prada quen trouxo a cabeza de San Francisco Blanco, que colocou na capela da familia Prada, construída por o seu tío Andrés de Prada e en gran parte por o irmau de Frai Xoán, Diego de Prada na casa-pazo de Outarelo, herdada con título de morgado do seu tío Andrés de Prada,falecido sin  herdeiros forzosos. A tradición a favor de Frai Xoán de Prada como donante do cráneo de San Francisco Blanco a capela de Outarelo materializouna Francisco Antonio Garcìa de Anca arquiveiro de Dona María Isabel Pardo y Suárez de Deza coestas verbas:
“Hai no val de Valdeeorras pública tradición de que os señores da Casa de Outarelo son parentes deste santo e pode ser creida a súia certeza por a particular devoción que sempre tuveron coel despois de que o Reverendísimo Pai Frai Xoán de Prada,irmau do señor Don Diego de Prada,enriqueceu a capela de Outarelo con moitedume de reliquias de santos galegos e eapañois e entre elasa a cabeza deste santo a ningim dos cales solemnizan agás de San Francisco Blanco”( 122 )
O tío Andrés de Prada fixo testamento o día 7 de xuño de 1611, e nel fala do proxecto de fabricar en Outarelo unha capela. A pról dela deixou certos bens que cita. Nada quere dicir que non fixera daquela alusión a ningunha reliquia de San Francisco Blanco.
 Dato interesante é o documento asinado o día 10 de maio de 1639 no que o Pai Xoán de Sarria,gardián do convento de Salamanca, certificou a traída dende México a España por o Pai Diego de Otalora, Comisario Xeneral que fora na Nova España por os anos 1620, de moitas reliquias dos santos mártires de Nagasaki; entre elas algunhas de San Francisco Blanco. O Pai Xoán de Sarria, que foi o distribuidor daquelas reliquias, non fala pra nada da cabeza de San Francisco Blanco, sinal seguro de que non existía en España naquelas datas memoria desta reliquia insigne. Non comparto a opinión do señor García Tato de que o Pai Otálora ben lla pudo haber dado ó Pai Xoán de Prada.
A primeira vez que se fala da cabeza de San Francisco Blanco   foi no ano 1653, nun inventario dos bens deixados por Don Diego de Prada, irmau do Padre Xoán de Prada, nos seguintes términos:
“Memoria de los bienes que quedaron del señor Maestre de Campo Don Diego de Prada, caballero del ábito de Santiago, señor de la granja y coto de Otarelo, que se allaron a su fin y muerte, que son los siguientes:..Más un relicario de marfil y oro con muchas reliquias de santos... Más una caja cuadrada, embutida de marfil con sus cerraduras y conteras (sic) doradas y dentro de ella la cabeza de San Francisco Blanco y otra de los santos mártires últimos del Japón y una mano del benerable Aparicio... Más una imagen de nuestro  Padre  San  Francisco, que  es de  caña, echura  de Mechoacán”( 123 ).
Quixen pór a derradeira anotación da imaxe de nuestro Padre San Francisco pra que se vexa a mau dun franciscano regresado da Nova España, con casi total certidume o Pai Xoán de Prada. No inventario da casa de Outarelo figuran outros testemuños dunha mau de algún franciscano.
Có tempo pasaron os bens da casa Prada á familia Flórez y Losada. A familia Barrio é a actual poseedora da terra e da capela onde se venera a cabeza de San Francisco Blanco.
En ningún caso se fala da auténtica desta reliquia que sin dúbida existíu e hoxe parece que está perdida. É o froito de pasaren as cousas sagradas por maus pouco expertas ou cando menos pouco coidadosas.
            Voltemos tratar da tarefa emprendida por o Pai Ribadeneira a pról da canonización dos protomártires do Xapón, na que non lle faltaron contradicciós que retardaron o pronto éxito das xestiós e lle deron en troques tempo pra imprentar a súa Historia sobre os traballos evanxélicos dos franciscanos nas terras de Oriente.
A estas moitas contradicciós á canonización destes santos aludíu o Pai Ribadeneira con estas verbas:
"Malia que a gloria deste admirable martirio foi impugnada con variedade de interpretaciós e pareceres, a claridade das raiolas da verdade tenos esnafrado todos, como dan a entender os curiosos co exemplo do sol que vence todas as varias nubes e neboeiras que se lle antepón, gozando da victoria de desfacer ós seus contrarios e comunicar a súa clara luz ós homes.E así teño fe na divina maxestade que a luz que sairá e a claridade da verdade será tan esplendorosa, que non só sean vencidos os que a contradín, senón que ata será motivo pra que toda a cristiandade e ata o paganismo do Xapón, alumado co resplandor da heroica caridade e fortaleza que resplandeceron na vida e morte dos gloriosos mártires, glorifiquen a Deus Noso Señor" (124 ).
            O Pai Ribadeneira puxo o asunto da beatificación dos santos mártires no estado que lle causou a ledicia, que amosa nas seguintes verbas:
"O Sumo Pontífice e os cardeales, como supen cando cheguei a Roma a darlle conta a Súa Santidade deste martirio, aledáronse na alma por tan admirable triunfo...En Roma tratouse moi de veras a canonización destes gloriosísimos mártires..Eu  teño confianza no Señor que todo se fará ben con tan bos medios e coa vontade que monseñor  Peña,  meritísimo   auditor  da   Rota,  amosa  a   estes   gloriosísimos mártires" ( 125 ).

O movemento de simpatía a pról dos mártires do Xapón non minorou en ningún momento, xa dende o primeiro momento do martirio. Xa con data 2 de xuño de 1597, fixo información de 15 testemuñas o bispo de China Don Leonardo de Sáa, a petición do Pai Xeromo de San Lorenzo, custodio da Custodia de San Francisco de China e Malaca. O cabido eclesiástico de Manila artellou, con data 7 de xuño de 1597, a rogo dos franciscanos, proceso con 13 testemuñas sobre a vida e milagres dos mártires. Con data 20 de xuño, informou ó rei o Pai Xoán de Garrovillas no nome da Provincia de San Gregorio das Filipinas sobre os mártires do Xapón.

 O día 25 de xuño de 1597 fixo o Ministro Provincial de Filipinas Pai Xoán de Garrovillas con 15 testemuñas probanza sobre a vida dos mártires. Aínda no ano 1598 se fixeron informaciós por o arcebispo de Manila sobre os bós oficios de San Pedro Bautista a pról do galeón ”San Felipe”; por o tenente gobernador de Filipinas e por o bispo de Macao.
            Con todos estes documentos e con plenos poderes da Provincia de San Gregorio pra tratar en España e Roma todo o relativo ós mártires de Nagasaki,pasou a mediados do mesmo ano 1598 o Pai Marcelo de Ribadeneira a España e Roma Narra il mesmo:
“Fun enviado por a Provincia de San Gregorio das Filipinas por comisario daquelas partes a dar conta a Súa Santidade e a Súa Maxestade do glorioso martirio dos relixiosos que padeceron por a fe  no  Xapón  e  a  defender  ós  santos  mártires  das obxecciós  que  contra  eles  foron postas en Roma.Na súa defensa compuxen un libro que foi aprobado en Roma por a Congregación de Suprema Inquisición e por a Súa Santidade( 126 )
.           O día 24 de xuño do mesmo ano 1598 informou ó rei o arcebispo de Manila Frai Ignacio de Santibáñez:
“Eu fai só un mes que viñen a esta cidade de Manila e así non poderei dar a vosa maxestade conta por miudo do moito que hai que remediar,pero alá van  o Pai Frai  Diego de Soria,dominico,co Pai Marcelo[de Ribadeneira],franciscano que darán   conta  de todo”( 127 )
            A finais do mesmo ano 1598 xa estaba o Pai Ribadeneira en México onde,por mandado do Comisario Xeneral,lle censurou o día 29 de natal a Historia o Pai Xoán Baptista.
            En España presentou as informaciós ó rei y e ó real Consello de Indias,e todos o atenderon coa máxima solicitude e urxencia.Do día 3 de xuño do ano 1600 é o seguinte documento:
“Consulta orixinal do Consello das Indias sobre que é xusto escribir ó Papa e ó embaixador na súa corte prá canonización dos relixiosos descalzos que martirizaron no Xapón”( 128 )
            Sobre esta consulta recaeu o seguinte decreto:
            “Déase memoria desto a Don Pedro Franqueza pra que escriba por Estado”
            Con cartas crediticias do rei,e da súa dona e do Consello das Indias pra o Papa e cardeales e embaixador de España en Roma pasou o Pai Ribadeneira a Cidade Eterna onde foi espléndidamente recibido por o Sumo Pontífice que mandou proceder enseguda  a tratar todo o relativo ós mártires de Nagasaki
            Moi pronto os xesuitas tentaron atrancar en Roma a actividade do Pai Ribadeneira cunha serie de obxecciós presentadas na Inquisición romana das que fago estudio noutra parte desta obra.A elas aludiu o mesmo Pai Ribadeneira no texto aducido na nota 126.              
            Unhas tras outras foron sucedéndose as actuaciós reais a favor da canonización dos santos mártires.O día 22 de setembro de 1600 escribiu Felipe III cadansúa carta ó Papa e o duque de Sessa seu embaixador na corte papal.Na do embaixador decíalle:
“Vos encargo que sin dar lugar a ningunha contradicción,presentedes a Súa Beatitude dous Pais descalzos que irán alá”( 129  )
            Non se alcanza ben o sinificado da palabra contradicción empregada no real documento,aínda que me parece alusiva as contradicciós postas por os xesuitas na Inquisición romana de que fala o Pai Ribadeneira.Os xesuitas portugueses eran coma os españois vasalos do rei Felipe III a quen lle interesaba soster a paz entre eles e os franciscanos.
            Respecto dos dous Pais dos que fala o rei ó seu embaixador en Roma non cabe dúbida que se refire ó Pai Ribadeneira e Frai Xoán Pobre,como pode deducirse das verbas posteriores dunha carta do Pai Bernardo de Salvá,Comisario Xeneral,do día 13 de xaneiro de 1610 recomendando ó presidente do Consello das Indias unha petición do Pai Pedro Matías de diñeiro pra enviarllo a Roma ó Pai Marcelo de Ribadeneira:
“Frai Marcelo de Ribadeneira,que foi quen coma testemuña de vista escribiu un libro do martirio e milagres destes santos relixiosos do Xapón,e Frai Xoán Pobre,que tamén estuvo presente,foron enviados por parte da Orde a Roma fará 9 anos[1601]a tratar da súa canonización,e co favor do señor marqués de Villena que entón era embaixador por a súa maxestade,fixéronse moi boas dilixencias e puxeron o negocio moi adiantado coa Súa Santidade e cos señores cardeales;e porque daquela estaban en Roma moitos relixiosos tratando da canonización de diferentes santos e se estorbaban uns ós outros,mandou o Xeneral a todos que deixasen os negocios e papeis ó procurador xeneral da Orde..e con esto viñéronse e deixáronlle os procesos;e fará agora quince días envieille cen ducados pra traducilos en italiano e escríbeme que sobre este particular faille moita mercede a Súa Santidade;e confío que esta esmola que pide o Pai Frai Pedro Matías se lle poderá enviar a Roma ó dito Pai Ribadeneira e terá bo fin esta santa dsterminación,e así se lle poderá dar o que pide tan xustamente na petición”( 130 )
            Frai Xoán Pobre regresou a España no mesmo ano 1600 e o Pai Ribadeneira permaneceu en Roma onde fora nomeado penitenciario pontificio.Non aparece claro por qué no mes mo ano 1600 logrou o Pai Frai Francisco de Montilla permiso e cen ducados do Consello con data 8 de decembro pra viaxar a Roma a traballar a prol dos mártires de Nagasaki e menos se comprende que ese permiso fora rasgado por orde dos señores do Consello en 20 de xaneiro de 1601en vista de que o Pai Montilla non fixo a viaxe a Roma.Pode que as obxecciós postas por os xesuitas na Inquisición romana reclamaran a súa presencia ademáis da do Pai Ribadeneira e que logo se considerara que non era necesario o seu paso a Roma por consididerar suficiente ó Pai Ribadeneira pra desbaratar a liorta artellada por os xesuitas.
            Retomando o curso dos acontecementos,cómpre dicir que animado por os numerosos testemuños chegados ó conocemento de Felipe III e por os insistentes rogos dos relixiosos franciscanos,foi o mesmo rei quen manifestou o seu interese de modo singular no asunto dos mártires do Xapón.Con data de día 30 de xuño de 1603 insistiu diante do rei o Difinitorio franciscano de  Filipinas:
“Suplicamos encarecidamente á vosa Maxestade faga instancia a Súa Santidade a         favor da dita canonización”( 131  )
            O día 14 de xaneiro de 1605 asinou o rei unha real Cédula:
“Real Cédula encargando ó duque de Escalona,embaixador de España en Roma,que interceda acerca da Súa Santidade pra que conceda a canonización dos relixiosos que pasaron ó Xapón e sufriron o martirio por propagar o evanxelio”( 132  )         
Entre outras insistencias franciscanas cómpre suraiar a do 23 de xuño de 1605 do Difinitorio franciscano de Manila:
            “Señor:Por diversas veces lle ten supricado esta Provincia a vosa Maxestade sea          servido de pedir a Súa Santidade a canonización dos ditos nosos relixiosos e seus      discípulos que padeceron por Xesucristo xunto coeles por Xesucristo noso Se?or nos           reinos do Xapón...Dámoslle a vosa Magestade gracias por a singular mercede que   sabemos nos fai coa  Súa  Santidade  en dar  favor a esta causa e pregámoslle que o      leve ata ó fin perfecto”( 133 )
            En todo este tempo estuvo o Pai Marcelo de Ribadeneira atendendo a causa dos seus compañeiros mártires ainda que non tuvo a gran satisfacción de ver rematado o seu contento.Non é certo que o mandaran sair de Roma onde permaneceu todo o tempo durante anos cando menos ata o ano 1610.En 1606 continuou as xestiós do Pai Ribadeneira Fra Xoán Pobre de Zamora.Na carta de día 28 de xuño de aquel ano informou o Provincial de Filipinas ó rei:
            “Señor:Sempre tuvemos aviso do particular afecto e devoción con que a vosa    maxestade acude a facer mercede a esta Provincia:...humildemente supricamos a    vosa maxestade non cese de facer sempre instancias coa Súa Santidade prá      canonización dos santos relixiosos súbditos da súa magestade e nosos irmaus que             padeceron no Xapón por a gloria de Deus...pra eso foi desta Provincia o noso irmau      Frai Pedro Matías e o irmau Frai Xoán Pobre”( 134 )    
            Amosando a presencia de Frai Xoán Pobre existe unha carta súa ó rei con data en Roma  do día 6 de xaneiro de 1606 que di:
“Eu viñen a esta corte a tratar da canonización dos nosos gloriozsosmártires do Xapón e para elo trouxen carta da vosa maxestade para que o embaixador acudise a elo con moitas veras,e pra que o faga coas que é razón,suprico a vosa maxestade con canta humildade podo por as entrañas do noso bo Deus e por as chagas do noso Pai San Francisco,que a vosa maxestade favoreza esta tan xusta causa mandándolle de novo ó embaixador”( 135  )
            Toda a corte española moveuse con rapidez.O día 24 de abril comunicoulle o duque de Lerma ó conde de Lemos o real mandato coas seguintes palabras:
            “A súa maxestade mandoume enviar a vosa excelencia a carta que vai aquí de Frai
Xoán Pobre pra que ordene que se fagan as cartas que pide sobre a canonización dos
mártires do Xapón e se lle manden na primeira ocasión”( 136 )
            A presencia de Frai Xoán Pobre en Roma coincidiu cunha renovación da liorta montada por os xesuitas acerca das cousas do Xapón que paralizou por algún tempo a causa da canonización dos mártires franciscanos.Trataron de renovar en Roma os escándalos de anos anteriores no Xapón apoiados no Breve do papa Clemente VIII.
            O Papa Paulo V por informaciós sinistras firmou o día 8 de xullo de 1606 o Breve Accepimus non sine ánimi nostri molestia confirmando o de Clemente VIII e restrinxindo a entrada de misioneiros no Xapón por esixir que os relixiosos que pasasen ó Xapón deberían facer a viaxe por a India de Portugal.Frai Xoán Pobre  puxo en movemento a diplomacia española.Narra il mesmo en documento dirixido ó rei:
“Por o mes de agosto pasado o procurador na corte romana notificoume un Breve da Súa Santidade[Paulo V]que confirmaba o de Clemente VIII que mandaba sair do Xapón a todos os relixiosos e quedar só os Pais da Compañía,os frades que vaian que vaian por a India de Portugal e por oriente.Eu fun a Súa Santidade,ó noso protector e ó embaixador da súa maxestade e díxenlles que aquel Breve sería causa de grandes males,dándolles as razós que tamén lle darei á vosa maxestade. Respondéronme que os Pais da Compañía levaran unha carta da vosa maxestade na que pedía esto e  que por esta razón non se podía revocar ata que fose outra carta da vosa maxestade en contrario.A só esto regreso de Roma e a esto ven tamén o meu Provincial de Filipinas.Pido  a  vosa  maxestade  mande  ó  seu real Consello  das  Indias  se poña remedio”( 137 )
            O incansabale franciscano puxo no asador toda a carne,que era moita,pra sair co seu intento e conseguiu paralizar a publicacióndo Breve papal ata o ano 1609,pero en forma moi modificada.Un Memorial de Fernando de los Rios,Coronel,procurador das Illas Filipinas, supricaba que se mandara recoller o Breve de Clamente VIII no que se prohibía pasar misioneiros ó Xapón.Un Acordo de 25 de xaneiro de 1607 pidiu o retiro do mesmo Breve.Do día 6 de febreiro de 1607 é unha real Cédula mandando a Audiencia de Manila recoller todos os Breves non pasados por o Consello,sin placet rexio,sobre todo os que prohibían o paso de relixiosos ó Xapón.A loita de Frai Xoán Pobre foi longa daquela,pero logrou todo canto quería.Pra mellor logralo tuvo que pasar de Roma a España onde presentou ó rei o Memorial que acabo de transcribir
            Frai Xoán Pobre estaba pondo en xogo todas as súas posibilidades pra sair co seu intento.Con novos informes decidiu ó rei desbotar o parecer do Consello de Portugal e pasou o asunto o Consello de Indias de España. Escribiu ó Papa pidíndolle a derogación dos Breves de Gregorio XIII e de Clemente VIII.Foi arestora cando o Papa Paulo V asinou en 11 de xuño de 1608 o Breve Sedis Apostolicae providencia..Tras facer exposición do contido dos Breves dos Pontífices Gregorio XIII e Clemente VIII,rematou en forma declarativa:
“Como por información do noso carísimo en Cristo fillo Felipe,rei Católico das Españas,entendimos e por experiencia sea claro que a prohibición de ir as Indias por outra parte fora da de Portugal non só non deu aínda o froito que se esperaba,pero nen xiquera foi útil á propagación da fe católica,querendo Nós prover por a obligación do noso oficio de pastor canto do alto a nosa humildade se lle outorga,pra que tan gran obra de Deus poda facerse libremente,quitado todo atranco,tendo por as presentes por expresos os tenores das ditas letras de Gregorio e de Clemente.nosos predecesores,por o tenor das presentes,concedemos por autoridade apostólica a todos e a calesquera Maestros,Ministros e Priores Xenerales das Ordes Mendicantes que cando a necesidade o pida podan libre e lícitamente enviar ós superiores das Ordes que viven naquelas partes,aínda que sea por outra vía que a de Portugal a calesquera relixiosos da súa Orde de boa via e erudición que xuzguen no Señor seren útiles e idóneos prós devanditos oficios e cargos as sobreditas illas do Xapón e outras provincias e rexiós próximas,adxacentes,e inmediatas a elas.podan pasar libre e lícitamente,gardada no demais en todo e por todo a forma,e non de outra maneira,as ditas letras de Clemente o noso predecesor”( 138 ).
            Proseguindo a exposición,cómpre engadir que dende o ano 1617 continuou o Pai Pedro Bautista Torres Tamayo as xestiós do Pai Ribadeneira e de Frai Xoán Pobre.Ayudó con interese estas xestiós o VI conde de Monterrey,Don Manuel Fonseca de Zúñiga,embaixador de España en Roma,si damos creto o testemu?o de Don Pedro González de Ulloa:
"A San Francisco Blanco fixo canonizar o señor conde Don Manuel cando estuvo en Roma"( 139 ).
            Anque non consta documentalmente a aludida interevención do conde de Monterrey,pode fácilmente ser admitida en atención ó interese xeral existente naqueles días pra adiantar todo o posible a causa da canonización dos santos mártires,e ó feito de contarse entre eles San Francisco Blanco,vasalo do conde nas súas terras de Galicia.
            Como probas do interese do rei Felipe III abonda citar algúns documentos reais firmados por él.En 16 de marzo de 1612 encargoulle ó embaixador en Roma que favorecese diante do Sumo Pontífice a canonización dos mártires do Xapón;en 19 de xaneiro de 1619 enviou carta crediticia ó Papa a favor do cardeal Gaspar Borja en relación coa canonización;en 3 de febreiro de 1625 escribiu unha vez máis ó Papa en acreencia do embaixador de Espa?a e tamén lle pidiu ó cardeal Barberino que favorecese esta petición que se facía ó Papa.
            A todo esto foi chegando a data da beatificación.Nunca é tarde si a dita é boa e a dita boa chegou por fin.O día 19 de xullo de 1627 o Papa Urbano VIII asinou o Breve con reconocemento expreso de ser os mártires de Nagasaki verdadeiros mártires da fe.Foi o día 14 de setiembro do mesmo ano 1627 cando o Papa Urbano VIII expidiu a rogo dos franciscanos e dos reis de España Felipe III e Isabel a Bula de beatificación Salvatoris Nostri Iesuchristi,co privilexio pra que os relixiosos da Orden de San Francisco e os sacerdotes da diócese de Manila puderan rezar o día 5 de febreiro oficio e misa dos”vintetrés mártires que son o venerable Pedro Bautista e os seus compañeiros da dita Orde,profesos seis deles,e os demás leigos,familiares e coadxutores dos ditos profesos,todos os cales foron crucificados e alanceados por o nome de Cristo na cidade de Nagasaki”.( 140 )
            Cómpre destacar o dato de que no documento pontificio de beatificación só se fala da beatificación de vintetrés mártires franciscanos e non se dixo ren dos outros tres, algún deles xesuita.Esta foi a realidade como consta dunha serie de documentos daqueles días dos que somente copiarei algúns:
                “Sermón en la octava que en esta corte se consagró a la gloria de los veinte y trés
mártires del Japón,descalços de la Orden de San Francisco,que canonizó la     Santidad de UrbanoVIII.Predicóse a la  Magestad de Felipo III nuestro Señor en el Real convento de San Gil a cuya devoción se estampó y se dedica por el Doctor Frey D.Fulgencio Maldonado,del hábito de San Juan,capellán de su Magestad.Año 1627".Con licencia.En Madrid por la Viuda de Luis Sánchez,Impresora del reyno,1627.
“Relación verdadera de la solemne octava y devotíssima y grandiosa processión y fiestas que la  seráfica Familia del glorioso Padre San Francisco ha acelebrado a la ilustre canonización de 23 religiosos mártires,seis religiosos franciscos descalzos y diez y siete japones domésticos y convertidos suyos y coadjutores en la predicación del verdadero evangelio,que nuestro muy santo Padre Urbano VIII canonizó y dio por verdaderos mártires a 19 de julio deste presente año de 1627,la qual cierto cortesano envió a un su amigo ausente”.4º,8 ff.sin lugar y sin año.
"Sermón en la beatificación de los veintitres hijos gloriosos del gran Patriarcha San Francisco,nuevas luces del Japón y protomártires suyos.Predicólo en su convento Grande el Doctor Don Hernando Cano de Montoro,Collegial en el Mayor de Sevilla y Cathedrático de Durando en su Universidad en el segundo día de su octava veintidós de maio i fiesta que celebró el insigne,doctíssimo,venerable claustro con asistencia de más de cien Doctores,depósito de las ciencias.Dirigido a Don Lorenço de Cárdenas y Valda,conde de la Puebla del Maestre,marqués de Bacares, Señor de las villas de Iergal i Belsique,Cavallero de Calatrava,Mayordomo del Rey nuestro Señor,Asistente de Sevilla i Capitán General de la gente de guerra de su partido,de los Consejos de su Magestad de Guerra e Indias,Presidente de su real Casa de la Contratación y Administrador de sus Aduanas y Almoxarifazgos Reales”.Juan de Cabrera,frontero del Correo Mayor Sevilla,1628.
“Breve relación de la vida y muerte de los protomártires del Japón[seis],religiosos profesos de la        Orden de Nuestro Padre San Francisco y de sus 17 compañeros legos,Terceros de la misma Orden que con ellos padecieron el mesmo martirio, colegida de la Cuarta parte de la Crónica de la dicha Orden,lib.2,cap.60 y del Padre Fray Marcelo de Ribadeneira,testigo de vista deste glorioso martirio.Año 1628". Impreso con licencia en Sevilla por Pedro Gómez de Pastrana a la esquina de la cárcel real.4º,8 ff.
“Relación de las fiestas que en honra y loor de los veyntitres Mártires ha hecho el Convento del Padre San Francisco de la Ciudad de Barcelona”.Esteuan librero en la calle de Santo Domingo.Barcelona,1628.
            Tamén se publicou  en italiano no ano 1627 o seguinte“breve compendio”:co mesmo número de soamente vintetres mártires
“Breve compendio del martirio  e morte delli ventitre mártiri del Ordine Minore de San Francesco del oservanza della Provincia di San Gregorio delle Filippine e del Giappone,con i nomi,títolli  e patrie loro,crocifissi nel regno del Giappone per difesa della santa fede,de quali la Santitá di N.S.Papa Urbano VIII ha concesso sotto li 14 settembre 1627 che si celebre la messa e of figio e la festivitá il  5 febbraio,giorno del  loro martirio”.In  Milano per l’her. di Gio.Battista Colonna,1627.4º(4 ff. s.n.) ( 141 )
Non remataron en ningún momento as intrigas de sacristía contra os santos mártires de Xapón.Incluso nestes últimos tempos traballaron os inimigos pra que non apareza como caudillo do grupo de mártires San Pedro Bautista a quen deron coma suplente e segundeiro a San Paulo Miki sin razón especial pra elo.Si a razón de pór como caudillo é que sea un xaponés,ninguén con mellor título que San León Carasuma que foi o heroe dos hospitais de Kioto,anque esta verdade non agrade ós amantes de intrigas e inimigos dos mártires franciscanos.
            Por encima de todos os amaños foi San Pedro Bautista o caudillo indiscutible do grupo de mártires mal que lles pese ós pouco afectos ó seu protagonismo e a súa gloria inmorrente.Foi o propio bispo do Xapón Pedro Martínez quen se axionllou diante da súa cruz e lle rezou coma ó capitán daquel rosario de heroes:Sancte Petre,ora pro me.
            Ben bo exemplo do caudillaxe de San Pedro Bautista seguirá sendo a inscripción que destaca no frontispicio da igrexa dedicada na cidade portuaria de Civitavecchia ós santos mártires de Nagasak,como pode verse na seguinte fotografía.
            Imos fixar a nosa atención nos monumentos a favor do culto a San Francisco Blanco.Sobre esto son testemuño imaxes e altares en moitos lugares,sobre todo en igrexas da provincia de Ourense.Conocidas son as imaxes nas igrexas do Tameirón,da Gudiña,da catedral de Ourense,do santuario de Nosa Señora dos Milagres,do pobo de Outarelo(Barco de Valdeorras)onde se venera dende tempo inmemorial a cabeza do santo.No convento franciscano de Ourense xa existìa imaxe do santo cando se organizaron as festas da beatificación no ano 1627,como se verá cando trate deste punto un pouco máis adiante.
            Na igrexa conventual  de San Francisco na cidade de Ourense,despois do seu traslado ó Parque de San Lázaro,existe testemuño permanente coa imaxe do santo no vitreal da mau esquerda mirando cara ó altar maior.
            O que moito estraña é que nos vitreales da igrexa do seminario de Ourense onde quedaron gravadas as imaxes doutros santos,non figure a de San Francisco Blanco.
            Xa queda copiado o testemuño de Don Pedro González de Ulloa do ano 1777 que fala da reliquia da cabeza de San Francisco Blanco en Valdeorras e de outra reliquia existente no Tameirón,e do rezo oficial público do santo na diócese de Ourense.
            No pobo do Tameirón existiu dende antigo gran devoción a San Francisco Blanco do que existen testemuños documentais.Tameirón celebrou con festas a beatificación deste seu fillo santo,aínda que non sea certa a intervención`nelas dun seu irmau sacerdote de quen afirmou o cronista Pai Xacobo de Castro que cantou aquel día a santa misa.Prouguera a Deus que este dato fora certo e pudera ter confirmación,aínda que xa deixo demostrado a inconsistencia histórica do mesmo..
            Ainda que non existen nin case restos do convento de San Francisco de Monterrei,existen,sin embargo,testemuños da existencia de imaxes de San Francisco Blanco no seu templo.Nun inventario do ano 1822 fálase do altar maior de orde xónica,de tres corpos,todo pintado e sobredorado,con”trece imaxes,e no máis alto a imaxe dun crucifixo de bulto.Ao lado dereito a de San Francisco Blanco e ó esquerdo a de San Diego”.Había unha segunda imaxe do santo noutro altar
            Noutro inventario do ano 1835 anótanse no altar maior unha  serie de imaxes de madeira,entre elas a de San Francisco Blanco.Tamén se anotou unha segunda imaxe do santo,de madeira,na sacristía ( 142 )
Evidentemente que o convento de Monterrei era un bo expoñente da devoción ó santo mártir do Tameirón
            Fora da provincia de Ourense onde é lóxica e natural a presencia de testemuños a favor do culto a San Francisco Blanco foi moi frecuente a presencia das súas imáxes nos conventos franciscanos dalgúns dos cales deixo feita mención en varios lugares.Tamén hai conocemento dunha imaxe de San Francisco Blanco no templo conventual de San Francisco de Valladolid,conservada aínda hoxe en día noutro lugar da cidade.
            No convento de San Francisco de Vilalpando conservouse durante moitos anos -con casi toda certidume ata o momento da supresión dos conventos no ano 1835 a celda onde o santo pasou os días do noviciado.Existiu tamén neste convento un altar no que se celebrou a memoria do santo.En Vilalpando aínda se conserva hoxe en día a imaxe do santo na igrexa de San Nicolás onde se lle tributaron solemnes cultos durante o ano 1997,data cuadricentenaria do martirio.
            Estudios sobre varias representaciós de San Francisco Blanco dedicou Don Miguel Angel González García de quen recollo os seguintes datos.Na capela abovedada do Santísimo Sacramento ou de San Andrés da catedral de Tui existiu ata tempos recentes un altar construido a finais do século XVIII dedicado a San Francisco Blanco coa súa imaxe policromada no centro e as de San Antonio Abade e San Emigdio tamén policromadas nos panos laterais do altar e tres anxos ornamentais.Este conxunto escultórico ten un moi grande mérito artístico con imaxes moi ben logradas que acusan a mau dun artista desconocido,pero moi valioso.Este conxunto foi desmontado e as imaxes conservadas e afastadas na sacristía.Este altar foi traballado por encargo do Deán da catedral Doctor Don Francisco Rodríguez Blanco,tátarosobriño de San Francisco Blanco de quen deixo feito estudio na Saga dos Blanco,no capítulo segundo deste libro.
Don Francisco Rodríguez Blanco foi colexial emérito no Colexio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela e rector do mesmo Colexio.Na biografía de Don Francisco Rodríguez Blanco deixo destacada a súa personalidade con palabras das propias autoridades universitarias.Fixo oposición ó posto de Maxistral da catedral de Tui que obtuvo en reñida competición con outros opositores en 1772.De acordo con datos que se ofrecen,fixo en Tui toda a carreira sacerdotal.En 1779 obtuvo a dignidade e canonxía de Mestrescola e no ano 1793,a dignidade de Deán.Ocupando este cargo de Deán mandou construir o altar en honor de San Francisco Blanco,tío do seu bisavó materno.Falando deste insigne varón escribe Francisco Avila y La Cueva:
“No seu tempo de Deán e por a súa dirección e influencia fíxose a sacristía da capela do Santísimo Sacramento da mesma igrexa[catedral]colocando nela a imaxe e altar de San Francisco Blanco por razón de considerarse Don Francisco por do linaxe do devandito santo”( 143 )
            Don Francisco Rodríguez Blanco realizou outras obras notables a prol do bispado de Tui do que estuvo proposto pra bispo que non acadou porque a morte atalloulle a vida o día 12 de marzo de 1803.Foi soterrado honoríficamente na catedral de Tui entre o coro e a capela maior.En atención ó seu destacado prestixio foi Don Francisco Rodríguez Blanco provisor de varios bispados e vicario xeneral dos reais exércitos e xuiz da Cruzada.Foi un ilustre membro eclesiástico -tal vez o derradeiro- do que eu chamo Saga dos Blanco.
Monumento curioso e valioso en honor dos mártires de Nagasaki é o cadro existente no convento franciscano Recoleta de Cuzco(Perú),obra do pintor Lázaro Pardo de Lago,destacado representante do barreo cuzqueño do século XVII.Deste cadro escribe Don
Miguel Anxo González García:
“Ten a obra un cálido colorido que,xunguido a presencia dos anxos,adquire un aspecto inxenuista moi agradable...A técnica deste mestre é depurada e indicadora dunha boa formación”( 144 )
            Moi probablemente a persoa de San Felipe de Xesús,mártir en Nagasaki e mexicano de orixe,sea a explicación deste cadro da  escola cuzqueña
            Esta obra pictórica foi unha das que figuraron na exposición realizada no mosteiro  de Santa Clara de Sevilla nos meses de novembro de 1999 a xaneiro de 2000 baixo o título seguinte:”PERÚ.Fe y Arte en el Virreinato”
            Tal vez o monumento máis grande en honor dos santos mártires de Nagasaki sea a igrexa de estilo neoclásico con reminiscencias xónicas levantada na pequena cidade portuaria de Civitavecchia nas proximidades  de Roma.Foi construida en 1862,o mesmo ano da canonización dos mártires de Nagasaki en honor dos mesmos.Na fachada de lineas moi
sobrias destacan catro pilastras de orde xónico pegadas a parede e encol de las un estreito respacio ou friso coa inscrición xa reproducida debaixo dun tímpano triangular que remata a fachada.Esta igrexa sufriu graves danos na segunda guerra mundial.Posteriormente foi restaurada e encargado dos novos frescos o pintor xaponés Luke Ryuzo Hasegawa,nacido en Tokio no ano 1897, data cuadricentenaria do martirio de Nagasaki.Este pintor recibiu o bautismo en 1914 e a graduación en Belas Artes por a Universidade de Tokio en 1921.Iniciou a pintura dos frescos dos mártires na ábsida da igrexa de Civitavecchia no ano1951 e conntinuou a obra pictórica de todo o templo nos anos posteriores deica o de 1957,logrando unha obra de indubidable valor artístico aínda que na reproducción da indumentaria dos mártires franciscaanos non estuvo riguroso.Escribe Don Miguel Anxo González García:
“O conxunto da decoración pictórica é un dos máis interesantes da arte relixiosa do século       XX...coa  confluencia  de  influencias  da  arte  occidental e da arte xaponesa”( 145 )
            Sigue dicindo que neste conxunto pictórico
“ocupan os diversos panos da ábsida,destacados no central San Pedro Bautista,San Francisco Blanco e o máis xove dos mártires o xaponés de doce anos San Lois Ibaragui”( 146 )
            San Francisco Blanco aparece individualizado por un tarxetón co seu nome escrito na madeira da cruz encol da cabeza.Está representado no intre de ser izada a cruz pra fixala na terra,razón por a que o artista prescindiu das tradicionais lanzas coas que foron transververados os corpos dos mártires fomando unha cruz aspada dentro do peito.
            Quero insistir que na mente do artista,na igrexa de Civitavecchia ocupou San Pedro Bautista o lugar de preferencia xunto con San Francisco Blanco,o heroe galego do Tameirón a súa beira dereita e o picariño Loisiño a beira esquerda.Que ninguén veña con San Paulo Miki como caudillo do grupo de mártires de Nagasaki.Nin xiquera foi beatificado cos demáis no ano 1627.
            Despois do percorrido por os lugares onde pervive o recordo dos mártires do Xapón e moi concretamente de San Francisco Blanco,compre regresar ó seu pobo natal do Tameirón onde existiu sempre gran devoción a”O Santiño”a quen os seus conveciños de todos os tempos lle rezaron e lle cantaron con toda a efusión da alma.De esta vella devoción dos fillos do Tameirón existen testemuños documentais.Tameirón celebrou con festas a beatificación de San Francisco Blanco,aínda que non sea certa a intervención nelas dun seu irmau sacerdote de quen narra o cronista Pai Xacobo de Castro que cantou aquel día a santa misa.Prouguera a Deus que esta nota pudera ter confirmación que non a ten.Xa eu deixo demostrado a inconsistencia deste dato e que non existiu o tal sacerdote irmau do santo.O que sí podería afirmarse é que a antanona imaxe do santo que aínda existe no Tameirön é a mesma que presidiu as festas da beatificación,como ainda o afirman os habitantes de hoxe en día.
            Os moitos anos pasados xa tiñan acabado co hábito franciscano da imaxe ata que maus franciscanas lle fixeron un hábito novo no ano cuadricentenario do seu martirio.Eu conocín nos anos pasados a imaxe sin hábito na igrexa parroquial do Tameirón.
            A beatficación dos mártires de Nagasaki foi solemnizada en moitos lugares,sobre todo naqueles de onde son os santos naturais.Na cidade de Ourense e no convento franciscano e na catedral tuveron resonancias especiais as solenidades como se conoce por documento testemuñal conservado no libro de Actas do Cabido catedralicio onde se le con relación ó dia 9 de xuño de 1628;
“Este día entrou o Pai gardián de San Francisco e dixo que,como é notorio,o noso moi Santo Pai Urbano VIII inscribiu no número dos santos mártires vinte e tres relixiosos da súa Orde que morreron no Xapón crucificados,entre os cales houbo un natural de Pentes,freguesía deste bispado chamado San Francisco Blanco,que pedía ó cabido honrase a súa festa asistindo a procesión en forma de cabido,con sobrepelices e ós oficios e sermón que farán o día segundo de Páscoa do Espírito Santo.Tratouse delo e encontraron os ditos señores moitos inconvenientes pra ir o cabido a San Francisco en forma de cabido por ser cousa que nunca se fixo e que así parecía mellor que o cabido,nun día sinalado aparte faga a súa festa nesta santa igrexa,e que a festa que fagan os relixiosos en San Francisco acudan os señores prebendados cos seus manteos.E despois de acordar que pra meirande servicio do santo por ser deste bispado,sendo gustante o convento de traer a imaxe do santo en procesión deica a Praza do Grau[Trigo],o cabido sairía en forma de tal a recibilo e traeríano en procesión ó arredor desta santa igrexa por a Rúa das Tendas a xeito da procesión.E logo poríano no altar maior da dita catedral e así se lle diría misa solemne con sermón estando os relixiosos co cabido no coro;e terán ó santo na catedral todo o día e ás vésperas volverán acompañar ó santo deica a Praza do Grau,e de alí levarano os relixios ó seu convento.E que así parecía maior a solemnidade da festa.E mandaron dar douscentos reais pra axuda a solemnidade da festa e os dea o señor Valdés a conta dos seus alcances e se lle fagan bós nos primeiros tercios deste ano.E non querendo os relixiosos vir nesto segundo da procesión,o cabido solemnizará a festa na forma arriba dita”( 147  )
            A causa de canonización dos santos mártires continuou sendo promovida activamente dentro da Orde Franciscana.Despois da beatificación seguíu un largo paréntese de tempo namentres que no Xapón seguía florecendo a fe cristiá regada por o sangue dos mártires de Nagasaki e cultivada por outros moitos valerosos irmaus en medio dunha desfeita tormenta que azoutaba con furia os anovos e xermolos  da árbore da fe que loitaban por inzaren.
            Unha cousa foi evidente,que o ceo xa tiña glorificados ós mártires de Nagasaki,e si a ratificación solemne da súa santidade na terra por a canonización se foi adiando,sería porque o ceo non ten presas e as súas decisiós irán cumpríndose no momento elexido por Deus.O certo foi que os franciscanos con afloxaron nas súas xestión a favor da canonización.
            Non existe dato conocido acerca do tempo cando San Francisco Blanco foi declarado
copadroeiro da igrexa parroquial do Tameirón asemade con Santa María.Con toda probabilidade foi con ocasión da beatificación no ano 1627.Dato certo é que no ano 1676 xa aparece no posto de padroeiro.O día 18 do mes de febreiro dese ano firmou un decreto o bispo de Ourense Don Diego Ros de Medrano para que o abade de Pemtes ou o seu lugartenente lle fixese información ante notario ó licenciado Bartolomeu Fernández que pedía ordenarse de prima tonsura e grados
            Coeste decreto requeriu no Tameirón o día 7 de marzo do mesmo ano 1676 o licenciado Bartolomeu Fernández ó licenciado Lourenzo Blanco”tenente de cura da parroquial  de Santa María e San Francisco Blanco deste dito lugar...”(así se di).O notario anotou a publicación coas seguintas palabras:
Na igrexa parroquial de Santa María e San Francisco Blanco deste dito lugar
do Tameirón a oito  días do mes de marzo de 1676,eu  o licenciado Lourenzo
Blanco,tenente de cura...fixen notoria a comisión antecedente...”
            No expediente feito a Alonso Andrés,do Tameirón,o día 5 de marzo do mesmo ano 1676 pra recibir o subdiaconado,fálouse só de San Francisco Blanco como patrono da igrexa do Tameirón( 148 )

11 .- Sonou a hora da glorificación suprema
     A nova entrada dos misioneiros no Xapón no ano 1862 iba estar ligada¿acaso providencialmente?coa canonización dos protomártires do Xapón.No ano 1861,o Ministro Xeneral da Orde Franciscana,Pai Bernardino de Montefranco,fíxolle súplica ó Papa Pio IX a favor da canonización.Tras de oído o parecer do promotor da Fe,ordenou o Sumo Pontífice que os Eminentísimos Cardeales da Sagrada Congregación de Ritos estudiaran a causa.Vista a sentencia unánimente favorable a canonización,pronunciou o Papa o día 17 de setembro daquel mesmo ano 1861 o Decreto Tuto procedi posse ad horum martyrum iaponensium canonizationem.No día seguinte,18 de setembro,anunciou o Pai Ministro Xeneral franciscano a data próxima da canonización dos mártires.
            Organizáronse colectas nas diversas partes do mundo pra poder sufragar os gastos necesarios prá decoración da basílica de San Pedro coma nas mellores solemnidades.Día a día iba en aumento a espectación no mundo cristián.
            Tamén a cidade de Ourense viu como surxía a colaboración afervoada das súas xentes ganadas por a actividade dos franciscanos irmaus de San Francisco Blanco.O día 21 de marzo de 1862 estudiou o Cabido catedralicio ourensá a pedimento dos franciscanos a súa colaboración A acta do Cabido dese día di:
“Ultimamente leuse[unha petición]de Frai Francisco Rei Gómez,comisario provincial da Orde de Menores de San Francisco,feita na Coruña o 22 de febreiro último acompa?ando      unha circular do Comisasario Xeneral apostólico da mesma Orde suplicando ó cabido e a cadiún dos seus individuos contribúa coa esmola que a súa caridade lles dicte prá canonización dos beatos mártires do Xapón.Foi acordado que cadiún dos señores capitulares e beneficiados contribúan coa esmola que teñan por conveniente e o producto desta  colecta  se  remita  por  conducto  do  se?or  Deán  ó  expresado  comisario provincial”( 149 ).
            A proximidade da data pra celebración da canonización dos santos mártires de Nagasaki espertou a conciencia das autoridades relixiosas da cidade de Ourense.O Deán da catedral presentou á consideración do cabido catedralicio este punto,como consta da seguinte acta do día 19 de maio de 1862:
            "O señor Deán propuxo que,mediante se acercaba a canonización dos     vinteseis mártires do Xapón entre os que se contaba San Francisco         Blanco,natural desta diócese,era natural que esta igrexa celebrase a dita          canonización con algunha función relixiosa,póndose dacordo o cabido coa          súa Señoría Ilustrísima.Acordouse co mestre de cerimonias pra que tratasen este asunto co señor bispo”( 150 )
            O día 22 de maio de 1862 celebrou a Súa Santidade Consistorio público e o día 24 seguinte o semipúblico coa asistencia multitudinaria endexamais vista de 216 prelados entre bispos e cardeales ,45 franceses,41 italianos,31 xermanos,24 españois 23 turqueses e de Asía Menor,16 norte-americanos,12 ingleses,10 hispanoamericanos,7 gregos.
            A votación foi favorable,némine discrepante,a canonización dos mártires.O día 8 de xuño daquel mesmo ano 1862 foi a data sinalada por o ceo e por o Papa o seu representante na terra pra glorificación solemne dos benaventurados protomártires do Xapón.
            Resplandecente coma unha brasa de ouro a Gloria de Bernini e debaixo da maxestática cúpula de Bramante,con voz solemne e declarativa a Súa Santidade Pio IX deu o veredicto final e infalible a prol da santidade dos mártires de Nagasaki pondo así punto final coa Bula Infinitus as causas e discusiós que tuveran lugar durante tantos anos.Roma locuta,causa finita.Ós envexosos de antano de quen falou Avila Xirón nos mesmos días do holocausto do Tateiama de Nagasaki,fóronlles sucedendo ó longo dos anos outros non menos merecentes de reprensión e xa era hora de calar.Os 26 mártires do Xapón eran verdadeiros mártires declarados oficialmente por a igrexa de Deus.San Pedro Bautista sería pra sempre o capitán daquel escuadrón de valentes que alá no berce do sol envolveron en púrpura as blancas estolas con rubís do seu propio sangue derramado na defensa da doctrina do Año Inmaculado.Non importa nada que en algúns libros litúrxicos modernos se haxa intentado defenestrar a San Pedro Bautista do primeiro lugar-é esta a derradeira manobra dos seus inimigos -porque sempre o santo comisario franciscano será o caudillo non só dos seus 25 compañeiros de Nagasaki,senón tamén de todo o exército de valentes que o seguiron nos posteriores tempos.E como proba do seu caudilli.mo aí está a inscrición no frontis da igrexa adicada ós mártires de Nagasaki en Civitavecchia que di: SS. Petro baptistae et sociis ejus mart.(A os Santos Pedro Bautista e compañeiros seus mártires).
            No conxunto pictórico desta igrexa de Civitavecchia,a pequena cidade portuaria de Roma,ocupa San Pedro Bautista pra sempre o centro con San Francisco Blanco a súa dereita e o meniño Luisillo(así o chamaba San Francisco Blanco) a esquerda.
            Foi erixida esta igrexa de estilo neoclásico en 1862,o mesmo ano da canonización dos mártires de Nagasaki,en honor dos mesmos.Na fachada de lineas sobrias destacan catro pilastras de orde xónico pegadas a parede e sobre elas un espacio estreito ou friso coa devandita inscrición dedicatoria SS.Petro Baptistae et sociis ejus mart.debaixo dun tímpano triangular que remata a fachada.
            Esta igrexa padeceu danos irreparables na segunda guerra mundial.Posteriormente foi restaurada e encargado dos novos frescos(anota Don Miguel Anxo González)o pintor xaponés Luke Ryuzo Hasegawa,nado en Ytokio en 1897,data tricentenaria do martirio de Nagasaki.Recibiu o bautismo en 1914 e a graduación en Belas Artes por a Universidade de Tokio en 1921.Iniciou a obra pictórica dos varios frescos dos mártirtes na ábsida da igrexa en 1951 e proseguiuna en todo o templo nos anos posteriores deica o de 1957,acadando unha obra pictórica de induvidable valor artístico que deste xeito avaliou coas súas verbas Don Miguel Anxo González García:
“O conxunto da decoración pictórica é un dos máis interesantes do arte relixoso do século XX...coa  concurrencia  de influxos do arte occidental e do arte xaponés( 151 )
San Francisco Blanco está individualizado por un tarxetón co seu nome escrito na
madeira da cruz encol da cabeza do santo.Está representado no intre de ser izada a cruz pra fixala na terra razón por a cal o artista prescindiu das tradicionais lanzas cruzadas no peito coas que foron transververados os mártires.
            Cómpre insistir que na mente do artista xaponés ocupou San Pedro Bautista o lugar preferente con San Francisco Blanco,o heroe galego do Tameirón,no lado dereito e o picariño Loisiño(Luisillo)no esquerdo.Que ninguén nos veña con San Paulo Miki como caudillo do grupo de heroes de Nagasaki O curioso é que San Paulo Miki nin xiquera foi beatificado cos demais no ano 1627 ainda que no intre da canonización entrou por a porta estreta no número.
            No ceo houbo festa aquel 8 de xuño de 1862.Presidindo o coro de santos confesores,de mártires e de vírxenes que decidiran seguir os seus exemplos e ensinanzas, Francisco de Asís,"O Pobriño",o seráfico Patriarca,con cinco estigmas no seu corpo relucentes e fulgurantes coma soles encargaríalle ó irmau Pacífico,"rei dos versos",que entonara o Cántico das criaturas con esta nova estrofa engadida:
"Louvado seas,meu Señor,por todos estes fillos meus benqueridos,túas testemuñas e valentes soldados na confesión do teu nome santo que rubricaron co seu sangue as túas ensinanzas de amor  e de paz entre todos os homes creados por Tí".















N O T A S 

 ( 1 ).- JERÓNIMO,Relación,ARQUIVUM FRANCISCANUM HISTORICUM(AFH.,),IX,(1926),402 - POBRE,328
  ( 2 ).- POBRE,331
  ( 3 ).- MARCELO DE RIBADENEIRA,lib.5,c.4,442
  ( 4 ).- GIRÓN,538-539
  ( 5 ).- POBRE,331
  ( 6 ).- Ibidem,332
  ( 7 ).- Ibidem,332
  ( 8 ).- Ibidem,331-332
  ( 9 ).- GIRÓN,539-540
( 10 ).- JERÓNIMO:Relación,AFH,XIX,401-402 - POBRE:Historia,328;AIA,XXI,539
( 11 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.6,448
( 12 ).- Ibidem,lib.4,c.5,443
( 13 ).- JUAN FRANCISCO DE SAN ANTONIO,Crónica de la Provincia de San  Gregorio,parte 3,c.23
( 14 ).- CASTRO,II,76
( 15 ).- GIRÓN,539
( 16 ).- POBRE,336
( 17 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.9,455.Cómpre repetir que nun principio a sentencia  concretárase a que se lles
            cortara ós mártires unha orella e a nariz e seren desterrados a Filipinas
( 18 ).- POBRE,336.Cómpre surraiar xa que a diferencia de nomes empregados  por o Pai D.Pacheco pra      
            sinalar este camiño do calvario dos mártires,en comparanza cos empregados por Frai Xoán Pobre,
            obriga seguir os deste con preferencia, pensando que Frai Xoán conoceu moi ben estes nomes e
            este camiño que percorreu aqueles mesmos días que o percorreron os santos mártires.
( 19 ).- Ibidem,336
( 20 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.10,459
( 21 ).- Ibidem,lib.5,c.12,464
( 22 ).- POBRE,336
( 23 ).- GIRÓN,542
( 24 ).  BAUTISTA:Carta al Provincial de Manila,AIA,VI,303 e XXI,542
( 25 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.11,461
( 26 ).- POBRE,339
( 27 ).- BAUTISTA:Carta a los tres religiosos presos en Nagasaki.Pai Ribadeneira,lib.5,c.6,446-447
( 28 ).- POBRE,340
( 29 ).- Ibidem,244
( 30 ).- JERÓNIMO;Relación,c.2
( 31 ).- POBRE,340
( 32 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.13,465
( 33 ).- Ibidem,lib.4.c.13,465
( 34 ).-  BAUTISTA,en RIBADENEIRA,lib.4,c.32,524
( 35 ).-  POBRE,340
( 36 ).- DIEGO PACHECO,S.I.:Notas sobre la ruta de los 26 santos mártires de Nagasaki,en”Missionalia      
            Hispánica”,17,(1960),229-245
( 37 ).- BAUTISTA, Carta al Ministro Provincial de Filipinas,AIA.,VI, 303 e XXX,542
( 38 ).- POBRE,341
( 39 ).- PACHECO,[36],l.c.
( 40 ).- POBRE,341
( 41 ).- Ibidem,343
( 42 ).- BAUTISTA:Carta al Ministro Provincial de Filipinas,AIA,VI,303 e XXI,542..- As citaciós sin nota     
            que farei as palabras dos españois nas páxinas seguintes deste capítulo están collidas nas Cartas y      
           Relaciones del Japón do Pai Lourenzo Pérez e na obra de Robles Dégano
( 43 ).- POBRE,343
( 44 ).-  Ibidem,343
( 45 ).- Ibidem,343
( 46 ).- Ibidem,343
( 47 ).- Ibidem,343
( 48 ).- Ibidem,343
( 49 ).- Ibidem, 343
( 50 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.14,468-469
( 51 ).- BAUTISTA:Carta a los tres religiosos presos en Nagasaki[18]
( 52 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.14,469
( 53 ).- AGUSTÍN RODRÍGUEZ:Carta al Ministro Provincial de Manila,13 de marzo de 1597
( 54 ).- JERÓNIMO:Relación,c.2         
( 55 ).- POBRE,331-332
( 56 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.14,469
( 57 ).- PACHECO[36],l.c.
( 58 ).- POBRE,257-258
( 59 ).- Ibidem,259
( 60 ).- Ibidem,259
( 61 ).- SAN FRANCISCO BLANCO:Carta ó Pai Ribadeneira,en Ribadeneira,lib.5,c.14,612
( 62 ).- POBRE,287
( 63).- SAN FRANCISCO BLANCO:Carta ó Pai Ribadeneira.Publicouna o mesmo  Pai       
           Ribadeneira,lib.5.c.14,612
( 64 ).- POBRE, 344
( 65 ).- Ibidem,345
( 66 ).- Ibidem,345
( 67 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.15,470
( 68 ).- Ibidem,lib.5,c.16,470
( 69 ).- Ibidem,472
( 70 ).- Ibidem,472
( 71).- ULLOA,109
( 72).-  POBRE,346
( 73 ).- Ibidem,347-349
( 74 ).- Ibidem,351
( 75 ).- Ibidem,351-352
( 76 ).- Ibidem,355-357
( 77 ).- GIRÓN,544
( 78 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.17,473
( 79 ).- Ibidem,473-474
( 80 ).- Ibidem,474
( 81 ).- GIRÓN,544-545
( 82 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.18,475
( 83 ).- PACHECO,[36],l.c.    
( 84 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.20,480
( 85 ).- GIRÓN,545
( 86 ).- POBRE,359
( 87 ).- Ibidem,359
( 88 ).- Ibidem,357
( 89 ).- Ibidem,367
( 90 ).- RIBADENEIRA,lib.6.c.3,567
( 91).- GIRÓN,547
( 92 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.20,481
( 93 ).- JUAN DE SANTA MARÍA,O.F.M.:Crónica de la Provincia de San José de descalzos de la Orden de Menores de San Francisco,vol.2,128
( 94 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.3,567
( 95 ).- GIRÓN,548-549.Tamén aludiu a este feito o Pai Ribadeneira afirmando que o citado italiano recollera no seu chapeu sangue de varios mártires sin aludir extrañamente a San Francisco Blanco Pra opór á relación do Pai Ribadeneira o que logo direi do xesuita Pai Valiñano quero copiar algunhas das súas verbas:O que maito admira é que un italiano chamado Xoán Bautista que foi e viu cos portugueses cando crucificaron ó colleu nun chapeu moito.sangue...que logo botou nunha  ampoliña de porcelana onde o gardou.Nove meses despois do martirio,na presencia do vicario xeneral do bispado da Gran China,estando presentes dous Pais da Orde de Santo Domingo e outro da Compañía con un irmau,e seis de San Francisco,un deles fun eu mesmo, e outras testemuñas máis, un deles médico,rompin eu mesmo a vasilla  onde estaba o sangue dos mártires como xurou  en col dun misal Xoán Bautista que a collera,e foi encontrado líquido e sin ningún mal olor,como consta do testemuño que sobre esto se tomou”(Historia, lib.5,c.25,499).A relación de Avila Xirón reviste unha importancia singular por tratarse dunha testemuña presencial dos feitos narrados con todos os pormenores.O máis que podería concederse é que o italiano recollera sangue de varios mártires no seu sombreiro a pesar de que a narración de Avila Xirón non deixa lugar a dúbidas.Sin embargo,que o sangue fora duu só ou de varios mártires,o feito da incorrupción ten o mesmo valor.
( 96 ).-  ANTONIO DE MORGA:Los sucesos de las Islas Filipinas.París,1890,82-84
( 97 ).-  ARCHIVO FRANCISCANO IBERO ORIENTAL(AFIO),295/ 19-2.Trascribiu este documento o franciscano Pai Manuel Castro:Fray Marcelo de Ribadeneira,O.F.M.Vida y escritos,en”Archivo Ibero Americano”.Segunda época,XXXVIII,(1978),181-246 Alí poden verse as anotaciós postas a estas malfadadas obxecciós
( 98 ).- GIRÓN,552
( 99 ).-  Ibidem,550-551
 ( 100 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.24,496
 ( 101 ).- PEDRO MARTÍNEZ:Testimonio.Copiouno o Pai Ribadeneira  lib.5,c.34,542.
              Tamén escribiu o bispo unha carta dende Nagasaki o 27 de febreiro de 1597 ó Provincial franciscano                        
              de Filipinas anunciándolle o martirio dos seis franciscanos sin mención circunstanciada dos demais.Tamén escribiu"Relaciao que o bispo de Jappao manda a súa magestade da morte de seis religiosos da Ordem de San Francisco y tres da Compa ía de Jesú con outros desesete japoes cristiaos que Taicosama senhor do Jappao,mandou crucificar"
( 102 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.24,497
( 103 ).- GIRÓN,549
( 104 ).- Ibidem,549
( 105 ).- Ibidem,551-552
( 106 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.30,511-512
( 107 ).- Ibidem,lib.5,c.34,532-533
( 108 ).- MOREJÓN.Copiou esta carta o Pai Ribadeneira,lib.5,c.30,513.
( 109 ).- GIRÓN,552,copiou iste parecer de Morexón .
( 110 ).- GIRÓN,555
( 111 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.25,499-500 cita varios casos merecentes de seren conocidos
( 112 ).- Ibidem,lib.5,c.20,482.Cita o Pai Ribadeneira algúns casos que xa veremos.E  porque eu non son          
  tan piadoso como aqueles inmediatos biógrafos dos santos citarei un caso  curioso narrado por o Pai                
  Lourenzo Pérez.En 1623 instruía en Nagasaki por comisión da Santa Sé sobre os máartires o Pai
dominico Diego Collado.Asesorados por os Pais da Compa ía,negáronse os portugueses a declarar e foron excomulgados o 14 de setembro.Esto pareceulles ós relixiosos  da Compañía unha extralimitación de xurisdicción onde(segundo eles) carecía dela(¡!).En carta ó Pai Provincial franciscano de Manila informoulle o Pai Diego de San Francisco:"Páguelle Deus á vosa caridade o traballo de procurar a canonización dos santos mártires.Eiquí fíxose información sobre eles,non tan ben como sería posible facela,porque sobre dicir os seus ditos os portugueses,excomulgou o Pai Diego Collado,vicario provincial de Santo Domingo,a sete portugueses,porque non quixeron dicir os seus ditos nen viren a súa morada dicindo e facendo vinte disparates,e ademais que non reconocían a españois por o seu prelado.Finalmente defendeunos a Compa ía dicindo que non estaban excomulgados.Estes son preitos que só Deus pode remediar”[Lourenzo Pérez:Mártires no Xapón  no ano 1622,en “Archivo Ibero Americano” ,AIA, IX,(1922),170].Este é un bo dato pra conocer como a oposición a canonización dos santos mártires de Nagasaki continuaba no Xapón tan viva en 1622 coma nos días dos santos mártires en 1597.
( 113 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.20,482.Quero deixar constancia da miña casi total seguridade de que San Francisco Blanco,neste como noutros casos,fixo de amanuense de San Pedro Bautista.A este propósito escribe na súa Relación o Pai Xeromo de Xesús:"Tamén mandou ó santo Frai Francisco Blanco que no seu nome me escribise que me facía sucesor e comisario faltando ou morrendo o irmau Frai Agostiño Rodríguez”(Ribadeneira,lib.6,c.34,533).
( 114 ).- Ibidem,lib.5,c.27,504
( 115 ).- Ibidem,504                                          
( 116 ).- GIRÓN,550
( 117 ).- RIBADENEIRA,504 Acerca do estado dos corpos dos santos mártires escribe Avila Xirón:
                "Gardounos Deus nas cruces tanto tempo,que foron sete meses,sin que deles
faltase membro...En 19 de agosto partín eu de aquí pra o porto de Hirado e             
deixeinos todos enteiros anque de aquí a poucos días faltaron as cabezas do santo
comisario e  do irmau Miki Paulo da Compañía e tense entendido que se quitaron
por orde do Viceprovincial Pedro Gómez que esté na gloria"(GIRÓN,552).
Acerca dos nove meses de que fala este texto e da data da chegada do embaixador esccribe o Pai Xeromo de Xesús:"Querendo ir verme co embaixador que enviaran de Manila por o mes de marzo a  Taicosama"(Ribadeneira,lib.5,c.32,525)
( 118 ).- RIBADENEIRA,lib.5.c.28,505.
( 119 ).- ARCHIVO GENERAL DE INDIAS(AGI.):Indiferente General,Legaxo 2882-2,ff.55-57       
( 120 ).- AGI.,Contratación,5539(1621-1670),lib.III,f.49.
( 121 ).- ISIDRO GARCÍA TATO:Vilanova,Outarelo,San Francisco Blanco.Monografía
              histórica de una parroquia gallega.”Instituto de estudios valdeorreses”.1999.Nes
                te e noutros puntos que anotarei aproveito os datos desta obra chegada a min a
                última hora gracias ós bos oficios de Don Anxo Fernández Fernández,do Barco de
Valdeorras.Fago eiquí alusión as páxinas 258 e 410.
( 122 ).- Ibidem,262.O documento coas palabras alusivas a reliquia da cabeza de San Francisco Blanco depositada na capela de Outarelo por o Pai Xoán de Prada atópane hoxe no Arquivo  Histórico Provincial de Ourense, Sección Outarelo,Caixa 77,Nº  23.
( 123 ).-  Ibidem,797
( 124 ).- RIBADENEIRA
( 125 ).- RIBADENEIRA,lib.5,c.38,507.O Pai Xacobo de Castro enumerou as reliquias que existían no
              convento Grande de San Francisco de Salamanca levadas alí por o Pai Ribadeneira:"A maior parte
              das costas de San Francisco Blanco...Un pe enteiro de San Pedro Bautista...Outro oso do pescozo de
San Pedro Bautista.Madeira das cruces    nas que morreron éste e San Francisco Blanco...Unha toalla con sangue destes santos mártires”(Castro,I,148).Causa estrañeza que a pesar do coidado posto por o Pai Ribadeneira en recoller reliquias de San Francisco Blanco,non figura en ninguha parte o  cráneo               do santo que,tempo andando,aparece no pobo de Outarelo(Barco de Valdeorras)onde o da por
              existente no ano 1777 o clérigo Don Pedro González de Ulloa.Alí se conserva e venera aínda nos
              nosos dias.Recordo novamente as verbas do citado clérigo:"E tradición recibida neste  país que dúas          
              mulleres do Xapón trouxeron acá a cabeza do santo e dise que está en Valdeorras non sei en qué     
              lugar.No Tameirón só hai a articulación dun dedo do santo" (ULLOA,109).Esta reliquia aínda se
              conserva hoxe en día no Tameirón.A tradición da que fala este autor das dúas xaponesas no
              Tameirón non se conoce nos nosos días e parece que non ten ningunha razón de ser
  Cómpre repetir as verbas do Pai Ribadeneira acerca das reliquias dos mártires de Nagasaki:”Os                
  españois da nao”San Felipe”incitados da súa moita devoción,atrevéronse a coller de noite as        
  cabezas e a meirande parte dos corpos dos benaventurados frades e de todos os mártires...Cando veu
  o embaixador a Nagasaki atopou moi poucas reliquias que recoller porque incluso faltaban as
cruces .Algúns españois que foron no navío que arribou a Macán,como se dixo, levaron  moitas      
reliquias das que por dilixencia dos nosos irmaus frades ficaron algunhas alí no noso convento
outras foron a Malaca e a Goa...Tamén viñeron a Manila outras moitas e delas mandóuselle un oso
do bendito comisario ó rei noso señor e outras a moitos conventos de España,e das que non se tuvo
noticia en Manila ,por dilixencia miña viñeron as miñas maus pra pólas no  relixiosísimo convento
de San Francisco de Salamanca e noutros relixiosos lugares”(lib.5,c.37,504) .
En ningunha destas verbas existe memoria do cráneo de San Francisco Blanco o que fai pensar no
xeito cómo pudo ter chegado a Outarelo.por mau do Pai Xoán de Prada.
( 126 ).- INFORME  do Pai Ribadeneira AIA.,13,(1920),293.O libro ó que fai referencia sin       dúbida as contestaciós ateigadas de moderación que escribiu en defensa das acusaciós que contra a súa Historia artellaron con ben pouca fortuna por os xesuitas na Inquisición de Roma.
( 127 ).- IGNACIO SANTIBÁÑEZ:Carta a su magestad el rey de España,AIA.,(1919),457
( 128 ).-  ARCHIVO GENERAL DE INDIAS( AGI. ),67-6-1(numeración antiga)
( 129 ).- AIA.,14,(1920),201-202,POBRE,37
( 130 ).- AIA.,***
( 131 ).- AIA.,2(1915),447.original en AGI.,68/6/42(cita antiga)
( 132 ).- AGI.,Legajo 154-1-19,f.67(numeración antiga),POBRE,51
( 133 ).- AIA.,2(1915),449,original en AGI.,68/1/42(cita antiga)
( 134 ).- AIA.,2,(1915),451,original en 68/I/42
( 135 ).- AGI.,Indiferente General,878,en POBRE,504
( 136 ).-  Ibidem,POBRE,504.                                                                                                                                                                                                   ( 137).- AGI.,Filipinas,79,en AIA,10,(1918),46-47.Publicado en Pobre,54
( 138).- POBRE,536
( 139 ).- ULLOA,109
( 140).-  Bula de Beatificación de somente os 23 mártires,franciscanos,copiada por García Tato,244-247
( 141 ).- SERMONES. Vide Ribadeneira-Legísima,LII.
( 142 ).- AHDO.,CONVENTOS,San Francisco de Monterrey
( 143 ).- ARCHIVO HISTÓRICO DIOCESANO DE TUY(AHDT.): FRANCISCO AVILA LA CUEVA:Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado, vol.V,c.4(Borradores).Vide nota 75 do capítulo 2.É lamentable que non se publicara este V volume de Avila La Cueva cando os outros catro e que non se fixera a imprentación deles en forma  máis axeitada
( 144 ).- MIGUEL ANGEL GONZALEZ  GARCÍA.Nuevas aportaciones a la iconografía
           de San Francisco Blanco,no Seminario Fontán-Sarmiento,Santiago de
           Compostela,año 22,Nº 21,9-10.parágrafo:Una pintura cuzqueña de los mártires del Japón
( 145 ).- Ibidem:San Francisco Blanco en la iglesia de los mártires del Japón de Civitavecchia(Italia)
              AURIA(Ourense),Nº 42,octubre 2000,p.15.
( 146 ).- Ibidem,l.c.
( 147 ).-  AHDO,ORDENES,Ano 1676.Coma testemuños da devoción a San Francisco Blanco cómpre citar os            
casos de seu sobriño Lourenzo Blanco,morto o día 9 de decembro de 1746,que deixou ordenado no seu testamento que sobre os seus bens se celebrara unha misa aniversaria perpetua o día nove de febreiro,día do bautismo do santo.Tamén o sacerdote Alonso Diéguez,falecido o día 12 de marzo de 1743,deixou mandado que se dixeran dúas misas perpetuass,unha o día de San Francisco Blanco e outra o día de San Ildefonso
( 148 ).-  GONZÁLEZ GARCÍA.San Francisco Blanco .Iconografía,devoción e culto,no”Boletín de estudios del Seminario Fontán-Sarmiento”,20, (1998), 14-15
( 149 ).- GONZÁLEZ GARCÍA[146],15
( 150 ).- Ibidem,l.c.
( 151 ).- Ibidem,l.c.