miércoles, 8 de febrero de 2012

Capítulo octavo:Annus horriibilis

CAPÍTULO OITAVO:ANNUS HORRIBILIS

1.- O inferno ó axexo.Todo reino dividido  4.- Programa en marcha
      corre a ruína                                         5.- Comportamento do bispo 
2.- ¿Evanxelizadores comerciantes?          6.- Morran algúns prá salvación dos demais
3.- Mammona iniquitatis                           7.- A saída do bispo trouxo a                         paz a Nagasaki
                                                 
1.- O inferno ó axexo.Todo reino dividido corre a ruína
            Queda salientado como non eran tidos en conta nen o comportamento traizoeiro dos dous amigos Funguen e Faranda esporeados por algúns portugueses xesuitas dominados por un esaxerado nacionalismo,nen as queixas dos bonzos ó axexo de momentos favorables,nen o odio acouchado de Xacuino.En cambio,era notoria a boa acollida que os franciscanos tiñan nos gobernadores,algúns deles movidos pode que por medo a Taicosama.Era conocida a estima do gobernador de Kioto,Guenifuin,e de algúns tonos e daimios.Concretamente escribe de Guenifuin o Pai Ribadeneira:
            "O gobernador do reino que conocía a obra dos hospitais,dixo que era obra grande do reino que houbera nel xente de tanta piedade.E adoitaba dicir:"Vendo estes Pais
     descalzos,sinto acá dentro no corazón un non sei qué que me di que debe haber salvación e outra vida"( 1 ).
            Queda posto de manifesto o grande afecto que ós franciscanos lles tiña Hidetsugu, sobriño do emperador.Moi probablemente aquela estima que lles profesaban todos fora debida a que alviscaban as preferencias que lles dedicaba o mesmo Taicosama ata o punto que o seu degoro sería comunicar cos franciscanos de cotío,como escribe o Pai Ribadeneira.A admiración por os franciscanos e por a súa obra era comunmente loada.
            De quen menos podería pensarse que lles chegara a oposición era dos Pais da Compañía de Xesús conocedores como estaban eles de que toda a  tranquilidade de que gozaban era froito da presencia benfeitora dos franciscanos españois,os únicos capaces de acougar o furor bárbaro daquel home tirano e cruel  que era Taaicosama.
            Queden ben destacadas no primeiro lugar as louvanzas que ós xesuitas lles dedicaron os autores franciscanos,moi especialmente os Pais Xeromo de Xesús e Marcelo de Ribadeneira.Sobre todo este segundo dedicoulles a varios deles as meirandes louvanzas en varios capítulos da súa obra.Calificou incriblemente ó Viceprovincial Pai Pedro Gómez de"varón verdadeiramente apostólico";ó Pai Sebastián González de"gran letrado" e"tan esmoleiro,que ata os seus vestidos daba"e o Pai Francisco Calderón de varón"en quen concurren as partes necesarias de letras,virtude e relixión que nun perfecto relixioso se desexan".Non tuvo dificultade en calificar ó mesmo Pai Organtino que,si en algo destacou foi na oposición ós franciscanos,con palabras da máis alta gabanza.O mesmo Pai Ribadeneira invoca ó seu favor e contra a acusación dos xesuitas de Roma a autoridade do bispo de Barcelona que deu a aprobación a súa Historia que lle dixo a un xesuita que lle falaba mal dela que o Pai Ribadeneira gababa ós xesuitas máis ca ningún deles mesmos.O mesmo  Pai Ribadeneira confesa na contestación a terceira acusación dos xesuitas romanos:
“Cando nomeo ós Pais xesuitas e fago memoria deles,levántoos deica o ceo con loores e panexíricos.Xuzgaría cousa impía que,tecndo a historia do reino do Xapón,agochara os froitos ubérrimos dos seus traballos”.
            Non se atopan nos escritores franciscanos palabras descalificadoras e moito menos calumniosas contra ningún fillo de San Ignacio.Sobre todo,
cómpre lembrar as palabras do santo comisario franciscano Pai Pedro Bautista:
"Despois da miña entrada no Xapón,todo o ben que puden dicir deles díxeno e así será sempre,e daríame grandísima pena que os Pais recibiran algún detrimento"
            Con esta conducta propia dun santo non acae ben o comportamento dos xesuitas que chegou a desagradarlle ó mesmo Taicosama como llo comunicou ó gobernador de Filipinas o propio Pai Pedro Bautista na carta do día 7 de xaneiro de 1594:
"Non sei como veu a conocemento deste rei,nen quen lle dixo que os Pais da Compañía estorbaban a  nosa vida acá,porque un día preguntoulle a Faranda si era así.Díxolle que oira non sei qué,pero que entendía non sería así.Díxolle o rei que,si se enteraba de que era verdade,e que nos facían algún agravio,que os botaría a todos do seu reino.Esto nos contou o principal que teño dito e ten ó seu cargo os  negocios de Manila,e que lle mandara que averiguase si era así".
            De seguro que non era conocedor Taicosama dos intereses que ligaban a este individuo con algúns xesuitas a quen o rei mandaba espreitar pra conocer os seus comportamentos.
            Era natural e por natural lógicamente esperado e obrigado un comportamento favorable de parte de quen lograran coa presencia dos franciscanos respirar con plena libertade e vivir aires de tolerancia.
            Algo era posible facer pra ganar a prol dos franciscanos españois a mediación dos daimios e tonos poderosos que tiñan refuxiados e amparados ós xesuitas nas súas terras en consideración as dádivas recibidas deles.Son pra lembrar as palabras do Pai Xeromo de Xesús de que Taicosama anularía a pena de morte  pronunciada contra os santos mártires si houbera alguén que intercedera a prol deles.Ninguén moveu unha palla no seu favor.
            Hai cousas que berran cara ó ceo e  dalguhna delas falarei máis adiante.Mentres tanto quero advertir que,pese a canto se diga dos relixiosos da Compañía,non se lles pode acusar de que pretenderan en ningún momento a morte dos franciscanos españois a quen miraban como posibles introductores do comercio español no Xapón e da competencia correspondente e
loita de intereses materiais.Pero,aínda sin pretendelo os incautos xesuitas,lograron enrarecer o ambiente a carón dos franciscanos,dando así ós verdadeiros inimigos dos cristiáns a posibilidade de atacalos chegado o momento oportuno.
            Dixo Xesús o mestre que todo reino dividido corre a súa ruina.Eso era o que estaba comenzando a ocurrir dentro do cristianismo xaponés a quen San Pedro Bautista permitira saír da clandistinidade e respirar e vivir a plena luz coa permisión aberta do propio emperador antes pechado a toda libertade relixiosa.
            Non se lles pode apór ós fillos de San Ignacio que pretenderan a morte dos franciscanos,a pesar dos grandes intereses comerciais que eles tiñan e do temor que existía entre eles de que a presencia dos franciscanos de Filipinas podería servir de introducción do comercio procedente daquelas illas.Non se pode pensar esto en almas cristiáns aínda vendo as moitas e poderosas xestiós postas en xogo por eles pra acadar botalos fora do Xapón.Forte foi a tirapuxa entre xesuitas e franciscanos,aqueles co emprego de todos os medios,incluso os menos laudables,e os franciscanos co uso da pacienciá cristiá.As resultas eran previsibles.Nunha tirapuxa humana quen perdoa  perde.Os franciscanos perdoaron en  todo momento e ó cabo atopáronse soíños frente a unhas xentes dispostas a acabar con eles por consideralos incómodos.Os medios empregados por os fillos de San Ignacio naqueles momentos nio Xapón foron semellantes os que anos màis tarde denunciou Pascal nas Cartas Provinciais.

2.- ¿Evanxelizadores comerciantes?
            Fixen alusión a importancia que en todo momento tuveron os intereses materiais e concretamente os comerciais.Cando Noso Señor Xesucristo enviou ós seus apóstolos por o mundo encargoulles moito que non levasen alforxa nen diñeiro.As vontades aínda se poden mercar con diñeiro e con dádivas,pero as almas non se poden vender por nada.O evanxelio nidio está rifado co comercio interesado,por eso cando Xesús atopou o templo de Deus convertido en comercio,botou mau dun vergallo pra mallar ós vendedores.Noutra ocasión dixo ben claro que non se pode servir a dous señores:as riquezas e máis a Deus.
            Eu non quero esaxerar si digo que o cristianismo naceu no Xapón co pecado orixinal dun espírito de "comercio"que levou o mesmo San Francisco Xabier,moi distinto nesto do seu homónimo o Pobriño de Asís.O navarro non esqueceu escribir dende Cagoxima ó xefe portugués da India nunha carta do día 5 de novembro de 1549:
"Si a vosa mercé confiara en min e me fixera o  seu procurador nestas partes das mercadorÍas que mandase,eu asegúrolle unha cousa,que  lograría o cento por un  con certo xeito que ningún capitán de Malaca fixo ata hoxe,que sería darlle todo ós  pobres que se convirtiran cristiáns.A ganancia estaría segura sin correr ningún risco,pois é certo que quen da un por Cristo,ten asegurado cento na outra vida"( 2 ).
            Por moi envolta en principios evanxélicos de amor ós pobres que o santo empregou na súa carta,o alento coºmercial está ben patente marcado nas súa verbas.E a pegada comercial  continuou sendo en todo momento o distintivo da actuación dos xesuitas.no Xapón.Moi bo conocedor e perfecto notario daquelas realidades foi o Pai Marcelo de Ribadeneira  e anque na súa Historia se amosou abondoso en louvanzas dos xesuitas e da súa actuación e non quixo en ningún momento embulleiralos,viuse forzado a facelo cando tuvo que defenderse das acusaciós que os xesuitas lle fixeron en Roma contra o escrito por él na súa Historia.Vexamos algo do dito na súa  defensa  coa manifestación do comportamento dos xesuitas.Esto escribe na resposta a terceira acusación dos xesuitas:
“Eu escribín o que vin e oin...e conozo casi a todos os Pais e irmaus xesuitas  que alí moran...Acerca dos  Pais xesuitas agochados¡ouh santo Deus!moitas veces dixen no Xapón que si os Pais xesuitas de Roma e de España viran ós seus Pais que viven  no Xapón.non os conocerían,porque todos andan con vestido secular.o mesmo no tempo
de paz que de pesecución e as veces con vestidos de seda e non relixiosos senón como ceculares como é notorio a todos os que viven no Xapón...Os Pais xesuitas,no tempo da persecución,sempre fuxiron...Fuxir e agachárense considerábano como perfección máxima,ainda cando os cristiáns se afastaban da fe a causa da súa fuxida,comno eu o vin...O modo apostólico de predicar o evanxelio é consideradio por os Pais xesuitas como inconveniente e imprudente,porque como viven secularmente no modo de vestir e de vivir,preséntanse primeiro como políticos máis ca como cristiáns como o Pai Morexón me dixo e eu o vin.Sendo eles máximos comerciantes,afirman que ás  xentes aquelas debe serlles predicado o evanxelio con abundancia de mercadorías e de riquezas.O xeñor Pedro Martínez,xesuita e primeiro  bispo entrado no Xapón díxome a min que os frades pobres non eran ali necesarios nen a súa pobreza e humildade eran recconocidas.Aquela cristiandade compría ganala con ouro e prata,aínda que despois,con gran door,mudou de parecer.Entre os cristiáns corre coma un dito célebre o dun xesuita que dixo que o ouro e máis a prata son a xema da súa Compañía...Deixo a Deus o xuizo de moitas cousas que de palabra e por escrito podería  dicir e que só refiro na Historia sin pormenores os traballos que pasamos os frades de parte dos Pais   xesuitas na cidade cristiá de Nagasaki.Moitas veces contradixen a cantos afirmaban no Xapón e na India e en España como pública voz e fama que os Pais xesuitas foron perseguidores dos franciscanos e causantes da súa crucifixión...”
            Na contestación a sexta censura di:
“Afirmo que a predicación naquela igrexa,que é primitiva,non debe ser feita con pompa e autoridade e con prepotencia humana,senón con pobreza e humildade cristiá...Si di San Pedro.Eu non teño ouro nen prata¿por qué os Pais xesuitas afiman que o evanxelio debe ser edificado con forza de ouro e de prata?.E como din así o fan,
Existe a fama entre os cristiáns de que moitos se bautizan por ambiciòn e por o proveito que acadan coas mercadorías que ten os Pais   xesuitas”
Falando da prepotencioa dos xesuitas,escribe na derradeira contestación:
“Ten a defensa con cañós por mar e por terra da cidade de Nagasaki e do seu célebre porto que chaman seu.E tenos poboados e construidos e deféndenos coa súa industria.Eu conozo ó xesuita irmau Ambrosio que é xefe dunha pequena barca a modo de trirreme.Por a garda do porto e da cidade reciben dos portugueses cada ano oito centos ducados de renda pagados por a pemanencia do barco durante seis meses”
Vale a pena lembrar como a barca do Pai Coello causou o enoxo de Taicosama .e foi o comenzo da persecución contra os xesuitas no ano 1578.
Naqueles momentos que vivía o cristianismo no Xapón,unicamente a
unión houbera sido a mellor política relixiosa,pero ocurriu todo o contrario,a pesar da labor de comprensión dos relixiosos franciscanos.Todo lles pareceu malo os xesuitas.Incluso censuraron acremente o feito de teren posto o Santísimo Sacramento na igrexa.Como querendo xustificar o seu comportamento tan pouco evanxélico,escribiu o bispo Don Pedro Martínez:
"E porque nao lhes faltase,pusérao publicamente na igreja o Santísimo Sacramento...entendían que si os Padres da Compañia andávao escondidos e nao celebrávao en igrejas públicas,senao nas casas dos cristiáns, nacia máis de cobardia e fraqueza de ánimo que de outra cousa"( 3 ).
            Como este punto do Santísimo Sacramento no altar foi motivo de grande contradicción de parte dos xesuitas,cómpre citar palabras do Pai Marcelo de Ribadeneira:
"Vendo os benditos mártires que o favor do rei e dos grandes iba adiante...,mandaronfacer unha curiosa custodia,e branquear a igrexa e adornar os tres altares con retábulos...Puxeron o Santísimo Sacramento no altar maior coa posible decencia, tanto por mor do seu consolo espiritual,como pra aumentar a fe e devoción nos cristiáns.E aínda  que esto foi motivo pra condenar algúns ós benditos mártires e telos por imprudentes,...consultado o caso con persoas relixiosas e doctas e prudentes,foi gabado e aprobado o feito por moitas razós.E por os efectos conoceuse que foi acertado"( 4 ).
            Destacada foi a finura espiritual deste escritor en non dar nen nomes nen datos de ningunha clase capaces de identificar ós autores da contradicción que non podía ser ninguén, agás os xesuitas.
            O que non acusaron os franciscanos,fixérono logo os cristiáns.San León Carasuma asemade con outros declararon no mes de natal de 1595 sobre as xestiós do capitán Pedro González:
"Foi moitas veces pedir ó gobernador de Kioto un sitio pra os frades descalzos e nunca llo quixo dar.Deus ben sabe quen foi a causa".
            A causa que agora agacharon e non declararon estes cristiáns, declarárona abertamente máis adiante con estas palabras:
"Sucedía que como contaban con sitio e non tiñan con qué facer nen igrexa nen casa,foron a Compañía pedir esmola e axuda ó Pai Organtino e negoulla dúas ou tres veces.E véndose os Pais desfavorecidos,...foron a Sakai,que está de Meaco deceseis leguas,pedir esmola a unha muller rica que se chama Magdalena quen, vendo ós frades de San Francisco,folgouse moito...e ofreceu cinco centos ducados e deu douscentos,e deixou de dar os trescentos porque así llo mandou o Pai Organtino.E desto quedou entristecido o Pai Frai Pedro,pero confiado en Deus que logo os socorreu con un home chegado de Nagasaki que se chama Xustino e outro máis que chaman Cosme,home fidalgo.Ollando ós Pais estranxeiros e sin consolo terreo,confiados en Deus, anduveron personalmente a busca de esmolas,e con préstamos que pidiron, acabaron a igrexa e casa"( 5 ).
            Nunha declaración firmada por moitos cristiáns ademais de Cosme Xoia, Xustino,León Carasuma,Paulo Susuki,Cosme Takiba,Matías,Miguel Kosaki e o seu fillo Tomé,declararon:
"Todos estes,uns coas mulleres,outros cos fillos,outros cos pais e coas nosas persoas,anque pobres,servimos na obra ata que,gloria a Deus,se rematou.E estamos          aposentados a carón do convento dos Pais...anhelando servilos en todo canto mandaren,porque entendemos servir a Xesucristo;e esto con moita alegria"
            De todos estes testemuños xurde a evidencia de quen eran e que posición ocupaban cada quen,amigos e inimigos dos franciscanos,na cidade de Kioto.Moi prontiño veremos quen eran os inimigos en Nagasaki.
            O mesmo Pai Pedro Bautista,véndose na obriga de saír ó paso das acusaciós que se lle facían,escribiu o que xa deixo anotado como respostas ó Pai Organtino:
"Respondinlle agradecéndolle o consello,e que ter posto o Santísimo Sacramento fora co consello dos Irmaus da miña compañia...E facer esto non foi por non conformarnos cos Pais...E así,atento a que o consolamento temporal é tan pouco neste reino,a rogos dos Irmaus,puxen o Santísimo Sacramento"( 6 ).
            En relación co culto relixioso celebrado públicamente por os franciscanos cómpre dicir que non era a mesma a súa condición ca dos xesuitas,pois namentres que os franciscanos estaban ben vistos de todos e o seu traballo era de todos loado,os xesuitas tiñan moitos  inimigos e estaban oficialmente desterrados do Xapón e únicamente tolerados agora en atención a presencia franciscana plenamente aceptada por o emperador Taicosama. Gracias a ese amparo podían os franciscanos exercer públicamente o seu ministerio relixioso e celebrar misas solemnemente,facer procesiós e outras celebraciós de culto cristián nas igrexas e ter nelas o Santísimo Sacramento.
            Non foi boa medida a do can do hortelán posta en práctica por os xesuitas nen a conducta de tirar pedras contra o tellado alleo tendo o propio de vidro.Remata dicindo o Pai Ribadeneira
"Aínda que os frades,vendo a libertade que tiñan coa licencia do rei,...parecíalles que non había inconveniente en que fosen de cotío a oir misa,e que os domingos e festas lles prdicasen na igrexa o santo comisario e o santo Frai Gonzalo"( 7 ).

3.- Mammona iniquitatis
            Cómpre anotar algúns datos históricos con plena veracidade e prudencia.Reitero que a oposición dos xesuitas que vou referir foi implacable,inexorable e con móviles meramente políticos surxidos dun patrioterismo moi exaltado con motivaciós comerciais.Tras desta sal-
vedade cómpre aludir a oposición a embaixada de San Pedro Bautista seguindo instrucciós do Pai Valiñano.Despois deste paso xa non foron quen os xesuitas pra mirar con bos ollos a presencia dos franciscanos no Xapón e pra botalos fora buscaron a viaxe do bispoEsa foi toda a verdade.
            En moitos casos chegaron a estremos incalificables facendo uso de métodos indignos pra desacreditar ós franciscanos diante dos cristiáns,e pra ganar con dádivas a vontade dos poderosos contra eles.Si non podían ou non ousaban actuar públicamente,non foi cristiá a súa conducta en tratar de evitar a presencia dos franciscanos españois que os liberaran da persecución que pesaba sobre eles.
            Apoiados no Breve “Ex pastorali officio nostro” do día 28 de xaneiro de 1585 no que o Papa  Gregorio XIII confiara a  Compañía en exclusiva a evanxelización do Xapón,coa prohibición só pena de escomuñón a outros misioneiros,non dubidaron en acusar ós franciscanos de excomulgados,como o testemuña o Pai Xeromo de Xesús.De todo acusaron os xesuitas ós franciscanos:
"ata que algúns viron os recaudos.E os que non os viron,nunca estuveron tan saneados,que non estorbaran ós cristiáns iren a nosa casa oir misa e sacramentarse,ata prohibírenlles que nos desen esmola sin a súa licencia"( 8 )
            Esto da licencia foi un atributo que se arrogaron os xesuitas pra impedir ós franciscanos calquera movemento.A este propósito respondeu o Pai Ribadeneira a acusación que lle facía o Pai Organtino de ter ido a montaña sin permiso seu,quebrantando a paz.
"A quen non lle din parte,porque sabía eu que estorbaría a miña ida,que pra miña saúde,que daquela era pouca,era necesario tomar aquela recreación de ir a aquela montaña onde fun con licencia e licencias que tiña dos meus prelados...E como
nosoutros tiñamos licencia do rei pra andarmos por o seu reino,non se lle seguía perxuicio á cristiandade,posto que eu non iba destruir,senón edificar coa axuda de Deus...E de que eu fixera aquela  xornada,non quebrou a paz,antes ben en todocanto eu ollaba,decía que fose obedecido o Pai que o mandara".
            Todo esto refírese a unha insignificancia que pón de manifesto unha vez máis o comportamento do can do hortelán que non come as berzas nen deixa que outro as coma.
            A montaña devandita estaba afastada de Kioto unha xornada e atendida de cando en vez por o xesuita Pai Organtino.Que alguén fora meter a fouce na súa mes era pecado imperdonable como foi o do Pai Ribadeneira que subiu a montaña a curar a súa saúde.Do seu comportamento di Frai Francisco de San Miguel,seu compañeiro naquela viaxe a montaña:
"Nesto como en todo o demais que fixo o dito Frai Marcelo sempre honrou ós Pais da Compañía e  non quebrou en nada a paz,salvo en ir sin licencia,que queren ser obedecidos de nosoutros e que non nos metamos entre os seus cristiáns nen sequera de paso”
            Con esta digresión deixei pendente e inacabado o tema do comercio nas misiós e cómpre dicir máis que a tesis mercantil defendida por o Pai Valiñano,non foi do agrado do Xeneral da Compañía Pai Claudio Aquaviva.A pesar do rexeitamento do Xeneral,a vixencia desa tese mercaantilista foi continuada por os xesuitas no Xapón e noutras partes.
Pierre Chaunú anotou como gastos do ano 1759 6.000 cruzados e dos anos 1581-1582,outros 14.750 cando menos sin contabilizar os ingresos personais dos misioneiros nen os obtidos nas prazas de Macao e  Nagasaki. Entre os gastos figuran indefectiblemente as partidas crecidas de propinas e dádivas( 9 )
            Resulta evidente o gran movemento comercial dos xesuitas do que non puderon estar separados os correspondentes intereses materiais dimanantes dél.Si é verdade que as obras misionais non poden estar totalmente afastadas dun apoio material,debe de existir como norma o ne quid nimis horaciano que se traduce en moderación.O comercio -sobre todo si é excesivo- foi sempre censurado nas persoas eclesiásticas,máxime nas relixiosas.Do exercicio do comercio no Xapón naceu a ruina de todo aquel nacente cristianismo,aínda que resulte penoso ter que dicilo.
            O primeiro bispo xesuita que entrou no Xapón pra desgracia daquel cristianismo,non se viu ceibe da mammona iniquitatis condenada por Xesús no evanxelio.O mesmo dono da nao que o levou ó Xapón declarou que o prelado levaba parte nas mercadorías transportadas nela.
            Os franciscanos chegaron ó Xapón co estilo evanxélico e seráfico, calzando sandalias,sin alforxa e sin diñeiro.Sin nada de nada.En atención ó seu desapego dos bens materiais e a súa pobreza franciscana foran pedidos en tempos pasados por os cristiáns do Xapón,e o mesmo Taicosama anhelaba telos na súa terra como o manifestara Harada nun Memorial entregado a Gómez Pérez Dasmariñas,como éste mesmo di na carta que lle enviou a Taicosama por o Pai Pedro Bautista.
Narra o Pai Ribadeneira que a presencia de frades pobres foi admiración dos xaponeses.Foron quen os fillos do Pobriño de Asís de sosterse a si mesmos e ós seus axudantes e enfermos dos hospitais coas esmolas que nunca lles fallaron.Narrou o santo comisario franciscano a destacada intervención da divina providencia nos hospitais de Kioto,coma no seu lugar veremos.
            Moita foi a axuda que desde Filipinas se lles fixo as misiós do Xapón,tanto en diñeiro como en especie,sobre todo con medicinas.Incluso foron enviados franciscanos a Nova España en solicitude de esmolas.Ata chegou un momento no que os franciscanos de Filipinas de onde dependían estas misiós do Xapón,pensaron en abandonalas nos anos difíciles vindeiros ante a imposibilidade de atendelas.No capítulo celebrado en Manila no ano 1613 analizouse a  posibilidade de abandonalas por causas económicas.Non embargante,continuouse atendéndoas ata que no ano 1632 a cruel persecución imposibilitou case totalmente continuar con elas por falta de relixiosos que foran expulsados do Xapón ou martirizados.
            Do gran misioneiro Pai Alonso Muñoz escribe o Pai Xoán de Santa Maria:
"Cando foi no principio a aquel reino,non mirando con ollos de fillo de San Francisco a grandeza da divina providencia,dubidaba de cómo se podían edificar conventos e hospitais,manter relixiosos e prover ós enfermos onde non se pedía esmola e había tan poucos que a desen.Botou de ver palpablemente que naquelas obras andaba a mau do Señor( 10 )
            Eis o gran secreto da fe posta en Deus ó estilo de San Francisco de quen se conta,entre os moitos casos da súa vida,a fina reprensión que lles fixo a uns nobres cabaleiros amigos que foran desde Asís en busca súa a Bagnara onde estaba enfermo.Nunha parada do camiño,saíron aqueles cabaleiros en procura de algo pra comeren deixando ó santo enfermo na casa dun home de confianza.De regreso,apenados de non conseguir nada,pedíronlle ó santo que os fixera participantes das súas esmolas.El respondeulles:
            "Non atopastes nada por terdes a vosa confianza máis nas viles"moscas" ou moedas ca en Deus Noso Señor"( 11 ).
            A obra dos franciscanos contaba no Xapón con moitos admiradores,un deles o sobriño de Taicosama que,supostamente,se rebelou contra él e lle foi mandado que se fixera o harakiri.Xa deixo feitas referencias a esto e ós favores cos que distinguiu ós franciscanos e ás frases eloxiosas que eles lle dedicaron.
Tamén foi salientable a admiración que lles profesou o mesmo Taicosama de quen di o Pai Ribadeneira:
            "Conocendo o rei o que facían os santos mártires,alabouno e confirmouse en que eran xente boa...E sabendo o rigor e santidade con que vivían os benditos mártires,mandou dicirlles co seu criado Funguen que o encomendasen a Deus"( 12 )
            A vista das moitas manifestaciós de estima de Taicosama a
prol dos franciscanos nos primeiros tempos é mester analizar todas as razós que puderon pesar sobre a súa alma de bárbaro pra decidirse a cruel medida de mandar crucificalos.
            O favor que lles prestou ós franciscanos pudo espertar suspicacias e incluso animosidade e odio contra eles nos moitos que se consideraron perxudicados coa súa presencia no Xapón.
            Quen se portaron mal dende o principio foron Haseva e Faranda a quen Taicosama encomendara o coidado dos franciscanos En todo momento comportáronse a modo de gardiás celosos ata o punto de non permitirlles libertade de movementos e incluso entorpecelos no seu traballo nos hospitais,invocando o medo que lles daba a ira de Taicosama,si chegaba a enterarse da libertade coa qu actuaban e que él conocía sobradamente e con lecer consintía.O único que lles interesaba a estes dous homes era mediatizar os movementos dos franciscanos e non aturarlles calquera comunicación co emperador pra non ver minorada a súa escasa influencia.Só así se explica o feito de que os franciscanos optaran por esconderse na casa dun tono amigo pra saír ó encontro do emperador que debería pasar por aquel sitio.De non facelo así,conocían que os seus gardiáns non lles permitirían falar co emperador pra pedirlle o terreo que lles prometera e que os responsables non acababan de darlles.Como Haseva e Faranda notaron que os frades comunicaban co emperador sin contar co seu intermedio,estaban levados de mil demos,aínda que disimulaban por medo a Taicosama.Ocurre preguntar por os móviles destes dous xaponeses tan unidos entre si e os dous cos xesuitas.
            Na carta de San Pedro Bautista ó gobernador Dasmariñas do dçía 13 de outubro de 1594 manifestoulle o nada satisfeito que estaba xa daquela destes dous individuos:
"O  rei tomou tres tibores.Outro déuselle a Funguen[Haseva]que xa sabía viña para él.E senón o supera,tal vez non o levara,porque outros o merecían mellor ca non él...A Faranda déuselle un pouco de viño e olivas e dúas caixiñas,e senón viñeran na carta da vosa señoría que enviaba un regalo,non se lle dera,porque non había para qué"( 13 )
            Non ousando estes dous homes levar as súas queixas ó emperador contra os relixiosos,trataban de indispolos co gobernador Maeda Motokatsu[Guenifuin]cuio aprecio por os franciscanos tiñan eles ben conocido.E vendo que nen o gobernador lles facia o máis pequeno caso,trataron de impedirlles por sí mesmos ós franciscanos a predicación e toda actividade.
            Escribe o Pai Marcelo de Ribadeneira:
“Quen máis se sinalaba nesta injusta contradicción eran os dous xentís Funguen e Faranda,...porque vendo que os frades non lles daban presentes nen lles ofrecían dons como a súa codiciosa condición apetecía,procuraban irlles a mau na libertade
santa coa que facían o seu oficio apostólico...Unha vez chegou a
tanto a indignación e aborrecemento destes xentís,que enviaron ós
seus criados ós hospitais pra que botasen dali ós pobres,
ameazándoos coa morte.Sabido esto por o santo comisario, saíu
na defensa dos pobres leprosos.E ameazando ós criados e tamén
ós amos dicindo que llo diría ó rei,desfíxose de todo esta
contradicción anque non a mala vontade que reinaba nos seus
peitos...Visto o pouco que aproveitaban as súas
acusaciós,quitoulles Fungen o arroz que lles daba no nome do
rei"( 14 ).
            A estes estremos chegou a vinganza daquel home de privar ós franciscanos da insignificante ración de arroz que lles pasaba por orde de Taicosama.
            Evidentemente as cousas non estaban camiñando ben,e por desgracia non podían acabar ben.O traballo aberto e sin ocultamentos dos misioneiros franciscanos,por máis caritativo que él fora,non acabaría ben a causa dos moitos inimigos que estaban a espreita pra acabar con eles.A pesar dos bos comenzos,non seria Taicosama capaz de aturar as acometidas dos moitos inimigos durante un tempo indefinido sin verse forzado a acabar ou cos misioneiros ou cos seus inimigos.Cando existen intereses materiais,fai falta fe de santos e resistencia de mártires pra salvar a situación e alí non habia máis fe nen outra resistencia ca dos franciscanos,pero sin apoio de ninguén.Escribe o Pai Marcelo de Ribadeneira en relación coa conducta do mesmo gobernador Guenifuin tan amigo dos franciscanos:
"Non se lles mostraba a veces ós frades tan atento coma outras a causa dos malos terceiros"( 15 ).
            E moi significativo eso de malos terceiros a pesar de que o Pai Ribadeneira non cita expresanmente ós xesuitas dacordo co seu fino estilo de non facelo.No número dos terceiros hai que aludir ós bonzos de quen non se podía esperar nada bo,porque eran eles en realidade os máis afectados coa presencia dos misioneiros cristiáns entre eles.Esa presencia no Xapón era o único comprometedor prós bonzos a quen en primeiro lugar podería causarlles mingua a súa influencia no pobo.Sin embargo,foron os bonzos en moitos casos sumamente obsequiosos cos franciscanos,tal vez por velos tan favorecidos do emperador.O meirande representante dos bonzos era Xacuino,médico de Taicosama,e non ousaría comprometer o seu posto e incluso a vida naquelas circunstancias.Por o demais conste que non se portaron mal moitos bonzos, como queda apuntado con palabra do Pai Ribadeneira que arestora cito novamente:
"Mostrábanlles alegre rostro,admitíndoos dentro das súas moradas e ofrecéndolles colación si a querían,ou a bebida da"cha"que é entre eles o meirande regalo que poden dar a un hospede"( 16 ).
            Cando menos no seu externo comportamento existian bonzos case exemplares.Baste citar acerca desto as palabras do santo mártir franciscano Pai Xoán de Santa Marta:
            "Aquí andamos en competencia,eles en entonar o seu"tabut"e eu o salterio.Digo esto pra confusión nosa que,anque en España me vin e vivín entre grandes servos de Deus,non os vin orar con tanto fervor esterior como a estes bonzos xentís.Véxoos dicir e entonar os seus"inoris",que non parece senón que o demo lles quere facer botar asemade coas palabras as entrañas e os bofes,facendo moitas inclinaciós,en particular cando sae a lúa...Levántanse ó canto do galo deica o mencer e non cesan ata que chega            a comida Múdanse a mediodía ata o anoitecer e logo anda a lareta e os cánticos deshonestos..e tras esto as puñadas e os descalabros dicíndose mil inxurias pra rematar sendo un retrato do inferno"( 17 ).
            En realidade todo tiña que terminar mal onde non existia máis ca unha aparencia exterior de vida relixiosa.A pesar desa aparencia exterior de algúns bonzos,non podian os franciscanos prometerse ningún acougo nos hospitais pensando que o bonzo Xacuino era da confianza do emperador e que fora él quen promovera en 1587 a persecución contra os xesuitas.
De momento a fera que levaba dentro aquel home non se atrevera sacar as poutas por medo as iras violentas de Taicosama.O odio de Xacuino compartíano moitos dos miles de bonzos,como o manifestou o Pai Ribadeneira:
"Tamén tuveron algunhas contradicciós particulares dos bonzos,porque vendo eles que os fregueses que tiñan se convertían a nosa fe e despois facían burla deles e non os reverenciaban nen lles daban esmolas como adoitaban,procuraban desacreditar ós frades,e acusábanos ós xuices e gobernadores,anque ninguén ousaba ofendelos porque os gobernadores das cidades respondían ás queixas dos bonzos de que os frades predicaban nova doctrina,dicindo que estaban favorecidos do rei que dixera que como había moitas sectas no Xapón,carecía de importancia que houbera outra máis"( 18 ).
            O que lle importaba a Taicosama eran as cousas políticas e a defensa do seu poderío.Si desterrara do Xapón ós xesuitas fora unicamente porque só atendían ós homes de poder,como llo manifestou o gobernador Guenifuin ó comisario franciscano Pai Pedro Bautista con palabras que xa deixo anotadas:
            "Vedoulles ós Pais da Compañía facer cristiáns non por odio que teña a lei,que lle parece boa,senón por temor de que os Pais non facían cristiáns máis cós grandes señores,e tuvo medo de que se lle alzarían co reino"( 19 )

4.- Desenvolvemento dun programa
            Co fin de pór en movemento os varios puntos do seu programa evanxélico baixou o Pai Pedro Bautista a Nagasaki onde chegou tras unha longa viaxe de máis de cen kilómetros o día 18 do natal de 1594 acompañado do Pai Xeromo de Xesús,fiel narrador de todo o sucedido naquela ocasión.
            Narra o Pai Ribadeneira con toda precisión os motivos que levaron ó santo comisario a Nagasaki:
            "Vendo o favor que o rei nos facía,determinou o bendito comisario baixar a Nagasaki...pra dar orden como se fixese alí unha casa onde estuveran dous ou tres relixiosos que tuvesen conta dos recados que viñesen de Manila pró rei e enviasen os do rei pró gobernador de Manila e tamén pra que se curasen os religiosos enfermos ...e pra ter un pouco de biscoito;e o principal por qué o santo comisario baixou aquela longa  viaxe foi pra verse co Pai Viceprovincial da Compañía e tratar con él algúns artículos prá concordia e paz que este santo prelado e os seus compañeiros sempre anhelaron e procuraron que se tuvese"( 20 ).  
            Sobre o Viceprovincial e demais xesuitas escribe o Pai Xeromo de Xesús que era
            "varón doctísimo e santo que,si por él fora,meteríanos nas súas entrañas.Outros lévano moi costa arriba vernos nesta terra,particularmente vendo a nosa determinación  de  facer  asento  nela [Nagasaki]  como  porto  e  porta  prá cristiandade"( 21)
            Do tratado cos xesuitas prosigue dicindo o Pai Ribadeneira:
"Comenzouse a tratar alí o que se debía facer na conversión e,conforme co que o Pai Viceprovincial deu por escrito,así o mandou o santo comisario.Despois de ter gozado algúns dias da boa hospedaxe,tratou co Viceprovincial do seu intento,e anque non concluiron cousa particular por non existir pareceres uniformes cos de algúns,foise o santo  comisario  co  seu  compañeiro  a  un  hospital  de  leprosos  onde  estuveron
            unha coresma"( 22 ).
            A pesar de que pasaron ó hospital có pleno beneplácito do Viceprovincial e"con licencia do señor da terra e gobernador xentil"como escribe o Pai Xeromo de Xesús,a guerra que lles fixeron foi inmisericorde pra botalos fora do hospital e da mesma cidade.Non podían aturar os xesuitas a presencia dos relixiosos franciscanos,como di o Pai Xeromo de Xesús:
            "Non podÍan aturalo os Pais da Compañía e así procuraron botar ó santo comisario mil veces con mil artimañas,mais como o santo estaba coa licencia do rei,non se preocupaba de todas as ameazas que lle facían,pero a fin de todo,como viu que o botaban a forza de poderosas mañas e sempre a Compañía agachaba a mau e daba o golpe con mau allea,determinou ter paciencia en todo canto se ofrecera".
            Pra manifestar cal era aquela"mau allea"engadiu:
            “Un dia viñeron os Irmaus da Misericordia e dixeron que aquel hospital e igrexa eran seus,que se saíran dalí.O santo comisario enviou a decirlles con unha persoa honrada chamada Manuel Rabelo,do hábito[da Orde] de Cristo,que lles rogaba e pedía que xa que decían que era deles aquel lugar,lle deran licencia pra entrar nel.pois o señor da terra e o rei do Xapón lle daban licencia pra estar onde quixese,e que sendo,como era,da Orde de San Francisco,que viñan tamén a axudarlles.Feito o seu consello na Casa da Misericordia,responderon que eles non reconocían máis cós Pais da Compañía e que non permitían deixarnos estar no hospital.O santo foise daquela a oración como adoitaba  facelo en todas as cousas graves,e despois de catro horas de perseverar nela,saiu moi contento e alegre e díxome:Irmau,eu estou seguro en conciencia de que o Señor nos ten arranxado este lugar e así non hai de que ter         pena,senón aturar con paciencia o que veña...Eu teño pra min como certo que debeu ter naquel dia algunha profecía da súa morte naquel lugar"( 23 )
Finalmente víronse obrigados a saír do hospital e ocuparon unha casa que lles facilitaron os portugueses amigos,mais nen así os deixaron tranquilos.
            ºwwEscribe o Pai Ribadeneira:
            "Como o demo pretendía non só botalos do hospital,pero tamén daquela terra,baraxou de tal maneira este negocio da casa,que nos deu ben moito en que merecer ata que,antes do  martirio, nos  botaron  por  forza  a  tres  relixiosos  que  alí  estábamos servindo ó Señor"( 24 ).
            En vista daquela oposición continuada e sen piedade,-conocendo a firme decisión  que tiñan os contrarios a súa permanencia no hospital,viuse obrigado o santo comisario a escribirlle ó Viceprovincial unha enérxica carta nestes términos:
            "Moi Reverendo Pai en Cristo:Tanto é o creto da virtude e relixión da vosa Paternidade,que non creo sea sabedor dos agravios e molestias que neste hospital nos ten feitos ó meu compañeiro e máis a min,e aínda que sempre calei,agora non
podo,pois chegou o caso a término que queren botarnos dun hospital que en todo o        mundo é lugar de pobres e faise dando dádivas ós xentís.Sepa a vosa Paternidade que eu estou no Xapón coa licencia de Deus e do Papa e do rei Don Felipe e de
Taicosama,emperador do Xapón,e coa de Gueni]Fuin,gobernador de Meaco.Por eso lle rogo a vosa Paternidade que se mire ben o escándalo que se deu cando por parte da Compañía se fixo tanto estorbo en Manila de Filipinas.Teña presente o que se deu en Macao...Cesen xa as contradicciós que tan inxustamente se lle fan a miña Relixión,  e si non cesan,sepa a vosa Paternidade que teño de ir en persoa ou enviar ó rei e ó Papa a darlles conta do que pasa  no Xapón.E mire a vosa Paternidade qué parecerá cando se sepa que os xentís nos dan mantemento e casa,e os fieis [xesuitas] (e tan fieis de  Deus) non  nos  deixan  estar  nun  hospital  que  en  todo  o  mundo  é  casa  de pobres"( 25 ).
            A alusión que o santo comisario fixo nas súas palabras ós xesuitas foron ben claras;sin embargo,non tuveron da parte do Viceprovincial outra contestación máis ca imposibilidade de pór remedio ó comportamento de algúns dos seus súbditos díscolos e inobedientes como eran os Pais Antonio López,Xoán Rodríguez,Pasio e outros máis que urdían contra os franciscanos sen facerlle maldito caso á autoridade de Viceprovincial.Finalmente,por carecer de licencia escrita do emperador"foron botados do hospital por orde do xuiz con moito dor e sentimento dos cristiáns",como informa o Pai Ribadeneira.Como solución ofreceulle o Viceprovincial ó santo comisario"que se fose a súa casa,pero que esto fora pra ser sempre hospede"( 26 ).
            Todas as expresiós da carta do comisario e do Pai Ribadeneira son moi significativas pra explicar a realidade de aqueles momentos,a pesar de que ambos a dous trataron de ocultar  nomes e os ángulos oscuros dunha oposición implacable tanto en Nagasaki como en Kioto.A casa da Compañía ofrecida por o Viceprovincial non era máis ca ofrecerlles os franciscanos unha reclusión violenta xunto cos seus mesmos inimigos,reclusión que logo mitigou con pedirlle
"que fose ver as casas que tiñan os Pais da Compañía terra adentro,en especial un colexio[Arie] e un seminario [Amacusa] onde se crian moitos xaponess en virtude e loables exercicios. Nesta nesta peregrinaxe recibiron moita caridade o santo comisario e o seu compañeiro"( 27 ).       
            A información coa que ameazou o santo comisario ó Viceprovincial da Compañia e que non fixo en Nagasaki,viuse obligado a facela en Kioto despois do seu regreso,cando conoceu os agravios e vexaciós de que foran obxeto os seus irmaus a quen baixo precepto de santa obediencia e só pena de excomuñón lles ordenou que manifestaran as molestias que se lles ocasionaran.Da declaración de San Gonzalo GarcÍa constan as xestiós ante o gobernador Guenifuin,gran admirador dos franciscanos,pra que foran botados do Xapón os franciscanos sin que faltaran as adoitadas dádivas e presentes.
Así testemu½ou o santo:
"Despois de dicir o devandito gobernador que nos daría  unha carta pra que pudésemos estar en Nagasaki,...pedíndolla outra vez,dixo que,si o gobernador que gobernaba os reinos onde cae Nagasaki nos facÍa contradicción,como a fixo,que él non a facía senón porque outros lle soplaban a orella e lle pedían que non consentise estar alí ós relixiosos de San Francisco...E dixo máis,que os nosos naturais[xesuitas]   nos eran contrarios e non os da terra...Despois de algúns días tornei alá e díxome que eran os nosos naturais mesmos os nosos inimigos e que eles nos impedían e estorbaban e lle ataban as maus con recaudos e presentes,e que tiñan moitos quefalaban a prol deles e que nosoutros non tiñamos a ninguén,...e que pra dicir esto tomaban por intercesores dous xaponeses[Haseva e Faranda]a quen estuvemos encomendados por  orde  do  rei,e  para  que  non  pasásemos  adiante  cos hospitais"( 28 ).
            Estas palabras pón de manifesto a triste combinación de intereses bastardos entre os xesuitas que debían ser defensores case obRigados dos franciscanos e os dous inividuos postos por Taicosama pra coidar do bo trato dos mesmos franciscanos e das relaciós con Filipinas.Por extrañ a coincidencia,con toda probabilidade buscada por os artelladores da oposición  en contra dos franciscanos,déronse a mau as actividades dos uns e dos outros.Xa deixo anotadas as palabras de Frai Xoán Pobre de Zamora nas que puxo de manifesto a amizade entre Fungen e Faranda e a de ambos a dous cos relixiosos xesuitas portugueses:
"Eran grandes amigos un do outro e ambos a dous dos Pais da Compañía"
            A propósito destes dous individuos escribiu o documentado historiador de temas xaponeses Pai Lourenzo Pérez:
"os principais inimigos que tuveron os relixiosos foron Haseva e Faranda...A estes        dous  falsarios que pretenderon beneficiarse dos españois e burlarse do mesmo Taicosama,a pesar da súa astucia raposeril,non lles resultou a comedia que representaban na medida dos seus desexos"( 29 ).
            O comportamento traizoeiro destes dous xaponeses ten explicación si pensamos na vulnerabilidade dos xaponeses a vista das dádivas,na pouca posibilidade dos franciscanos pra dalas e na fácil disposición dalgúns xesuitas pra suplir esta falla.O comercio con Macao daba pra todo.
            Despois de canto pudera dicirse,chegaríamos sempre a conclusión de que todo converxe no interese de ver fora do Xapón ós franciscanos de Filipinas por temor á competencia do comercio español en detrimento do portugués de Macao.Cómpre destacar os poderosos intereses dos xesuitas naquel comercio.Copio palabras do Pai Lorenzo Pérez:
"A causa das discusiós e contorversias que houbo entre os Pais da Compañía de Xesús e os franciscanos no Extremo Oriente obedeceu a cuestiós de nacionalidade e de comercio...por a persuasión na que estaban os portugueses da India e Macao de
que a entrada dos relixiosos españois no Xapón abriría a porta ós españois deFilipinas en detrimento da contratación que sostiña a cidade de Macao co Xapòn ...Na súa paixón de que os misioneiros españois abandonaran o campo,valéronse demedios que a ninguén honran e menos a relixiosos,desacreditando ós fillos de San
Francisco diante dos cristiáns,e ganándose a vontade dos xentís con dádivas e outras ruindades pra que influiran pra que Taico os expulsara do Xapón"( 30 ).
            A oposición ós franciscanos primeiro en Manila e logo no Xapoón foi sin piedade,tratando de impedirlles por todos os medios a fundación de casas e hospitais en Kioto,Osaka e Nagasaki,apoiados os relixiosos portugueses no Breve “Ex pastorali officio nostro” de Gregorio XIII sin ter pra nada en conta os documentos papais que presentaban os franciscanos.Os máis estremados chegaron a dicir que os franciscanos
"estaban excomulgados,ata que algúns viron os recaudos,e os que os viron nunca estuveron tan saneados que non estorbaran ós cristiáns ir a nosa casa a oir misa e sacramentarse,ata prohibirlles que nos desen esmola sin a súa licencia,dicíndolles que dentro  de  catro  anos  nos  volveríamos  a  Manila  e  desampararíamos a
            cristiandade"( 31 ).
            A tal estremo chegou a loita dos portugueses contra os relixiosos españois que ata trataron de esconder a súa dependencia do mesmo rei Felipe II de España a quen acusaban de toda clase de maldades.Esta modalidade de exaltado nacionalismo portugués amosou toda a súa intensidade despois da arribada do galéon"San Felipe".Informa o Pai Xeromo de Xesús que o xesuita Pai Morexón escribiu unha carta na que tuvo o ousío de dicirlle
"o xeneral do galeón"San Felipe"que non lle dixese ó rei do Xapón que a Compañía e San Francisco era todo dun rei ou reino,e que fixese distinción entre Manila e Macao.Daba a razón porque non nos botasen a todos do Xapón"( 32 )
            Estas verbas amosan o meirande dos descaros e ousadias en quen recomendou a un xeneral español a felonía de negar a autoridade do seu rei.
            Como proba do que apuntou o Pai Xeromo de Xesús vallan as palabras da declaración feita o día 15 de xuño de 1598 por o español Valdés,do galeón"San Felipe" Testemuñou que estando en Osaka a finais do mes de natal de 1596 co xeneral Matias de Landecho,chegou as maus do xeneral unha carta sin firma do Pai Morexón
"encargándolle que,si o emperador lle dese audiencia e lle preguntase si era todo un reino o da India de Portugal e estas illas de Luzón,que non dixera que era todo un mesmo reino do mesmo rei,porque,de dicilo,pendía un grandísimo dano no reino do         Xapón a todos os cristiáns,si se entendera que era todo un.E fixo esto pidíndoo con moito encarecemento e esaxeración.Esta carta botouse sin firma"
            En relación con esto narra o cronista dos españois do galeón"San Felipe"referido ó día 14 de xaneiro de 1596,por tanto,posterior a carta de Morexón:
"O dia 14 leváronnos de noite a un curral grande...Estando no curral,veu vernos disfrazado de bonzo un irmau da Compañía chamado Vicente Ruiz..."
            Insistindo no mesmo,narra acerca deste irmau Vicente Don Pedro de Figueroa:
"Sabido por os Pais da Compañía que andaban os nosos publicamente e sin temor de ningún perigo,conocendo que o Cuambacondono nos dera licencia pra falarlle,e sospeitando que se descubrise a súa maraña,veu un irmau deles chamado Vicente Ruiz,de nación portugués,a ver ó xeneral e pedirlle moi encarecidamente que cando falase co Cuambacondono,non lle dixese en ningunha maneira que o rei noso señor era rei de Portugal e da India,senón que era un reino distinto e de diferente
señorío,porque,si se dixera outra cousa,sería botarnos a perder.E que esto llesuplicaban os Pais que lles fixese mercede".
            Sería inconcebible todo aquel interese dos xesuitas senón existira entre eles a"maraña"da que fala esta testemuña.Tanto interese  e tanto misterio é cousa incrible senón existise algo inconfesable que tanto medo lles infundía os xesuitas e que tanto loitaban por agachar.
            A todo esto só quero engadir o escrito por o ex-xesuita Felipe Robles Dégano:
"Esta encomenda semellante á que o Pai Morexón fixera o día do Natal,demostra que os xesuitas eran os autores ou defensores daquela trola[maraña] que perxudicaba os españois tanto como favorecía ós portugueses"( 33 ).
            Sea bastante o dito sobre esta pelexa de sacristia pra demostrar o perigo que encerra a soberbia e prepotencia cando se infiltra dentro das actuaciós de persoas relixiosas.

5.- Comportamento do bispo Don Pedro Martínez
            A pesar do meu afán de non afondar en temas vidrosos e delicados,debo facer exposición do comportamento do bispo Don Pedro Martínez pra deixar no seu sitio a historia moitas veces distorsionada e falseada por autores xesuitas.Lembro o que xa deixo apuntado de que nunha pelexa quen perdoa perde a pelexa.
            Desde o ano 1576 existiu a diócese de China e Xapón creada por Bula do día 23 de xaneiro e o nombramento de bispo no cura portugués da diócese de Evora Don Diego Núñez Figueroa a quen seguiron os xesuitas Melchor Carneiro,morto en Macao o día 19 de agosto de 1583 e Sebastián Morales,morto en Mozambique en 1588
            En 1591 foi nomeado bispo do Xapón có título de bispo de Funai o xesuia Don Pedro Martinez,natural de Coimbra.Ningún destes bispos pasou ó Xapón ou por impedirllo a morte ou porque non llo consentiron os xesuitas por medo a que foran descubertos os secretos da súa vida no Xapón.Das queixas do bispo Don Melchor Carneiro contra os xesuitas que lle impedían o paso ó Xapón fíxose eco o franciscano Pai Montilla con estas verbas:
"Digo que estando no convento de Macao dos portugueses de China visitando ó bispo daquela cidade,oinlle moitas veces queixarse dos da Compañia e do seu poder dicindo que non o deixaban gobernar a súa igrexa e ovellas.Especialmente queixábase e sentía mal de que non o deixaban ir ó Xapón a confirmar ós novos cristiáns  daquel  reino. E  foi  tanta  a  maña  e  poder  deles, que  nunca  o  deixaron ir alá"( 34 ).
            Don Pedro Martínez pasou a Macao a principios do ano 1594 e alí estuvo a espera de que os xesuitas lle permitiran o paso que foron retardando con disculpas unhas veces de que a cristiandade do Xapón era de xente pobre e un bispo debería facer a entrada ó estilo pobre do evanxelio,outras veces que a entrada debería facerse con boato e solemnidade.Finalmente escolleron esta forma de boato pra impresionar a Taicosama cunha embaixada de Macao.
            Desde os primeiros momentos da súa presencia en Macao destacou este bispo por unha parcialidade moi marcada contra todo o español,con inclusión dos franciscanos de Filipinas,como vamos ver.Por falta de bispo en Filipinas,enviou o Ministro Provincial franciscano Pai Paulo de Xesús a mediados do ano 1594 tres relixiosos a Macao coa súplica ó bispo Don Pero Martínez pra que se dignara conferirlles ordes sagradas.A negativa foi a contestación con moi malos modos do bispo que ademais aproveitou a presencia destes franciscanos pra expresarse duramente contra a estancia dos franciscanos no Xapón,como o testemuñaron os tres relixiosos na Certificación das ameazas que o bispo do Xapón fixo contra os nosos frades estando aínda en Macán que mandou facer esta Certificación en Manila o día 7 de xuño de 1597 o Provincial Frai Xoán Garrovillas.
            Un daqueles relixiosos chamado Frai Andrés Noiteboa,testemuñou baixo obediencia e xuramento:
            "O señor bispo do Xapón contradecía canto podía a ida e estancia dos nosos irmaus no Xapón dicindo que,si él fora a Xapón,procuraría botar fora daqueles reinos ós nosos     irmaus...dicindo que con qué autoridade estaban os relixiosos no Xapón,e que él procuraría botalos prá súa Provincia,e dicindo tamén que,pois tiñamos almas acá nas Filipinas que pra qué ir meternos na súa mes,de onde eu colixín que procuraría botar ós nosos do Xapón"
            Frai Lourenzo de Soto asegurou:
Oiu dicir ó señor bispo do Xapón un día que con qué autoridade estaban os nosos relixiosos no Xapón,dicindo que iría ó Xapón a ver as súas ovellas e que o remediaría,dicindo que quen metía a ninguén na casa dalgún,amosando en moitas verbas estar moi disgustado da ida e estancia dos nosos irmaus nos seus reinos do Xapón...amosaba unha faciana áspera as nosas cousas,e veuse en que non quixo ordenalos...como fixo con outros frades portugueses procurando en todo ser contrario a calesquera españois que alá estaban,facéndolles algúns agravios,do que colexiu esta testemuña que non gustaba das cousas dos españois"
            Frai Francisco Vellerino dixo:
"Digo que fará tres anos que fun embarcado a Macán...e chegados alá,atopamos en Macán ó señor bispo do Xapón Don Pedro Martínez,da Orde da Compañía de Xesús quen,dándolle noticia do negocio ó que íbamos das ordes,respondeu por diversas veces con mostras de moita cegueira e poucas ganas que tiña de facer o que lle pedíamos,dando moitas disculpas impertinentes...e finalmente nen por rogos de bos terceiros...se pudo acabar con él fixese o que se lle pedía.Demais desto,tratando comigo algunhas veces das cousas do Xapón,veu a decirme un día que a qué...foran catro relixiosos da nosa Orde ó Xapón,que quen lles mandaba estar na casa allea ...,que él iría ó Xapón e  non lle quedaría ningún frade alá,e outras cousas parecidas,de onde colexín que iría ó Xapón a facer algún disturbio"( 35 )
            A idea de botar fora do Xapón ós franciscanos españois continuou preocupando a mente de Don Pedro Martínez.Escribiulles en portugués o día 15 de xaneiro de 1595 unha carta ateigada de resentimento nacionalista,intimándolles que presentasen ó Viceprovincial da Compañía os documentos nos que apoiaban a estancia no Xapón.Vale a pena copiar aquelas palabras:
            "Non sei como as vosas Reverencias...contra a vontade do Papa e do rei ousaron meterse na tal empresa.Si a conquista é tan nosa e somos tan obedientes ó mandato da Súa Santidade e da súa maxestade,con meirande razón deben selo as vosas Paternidades,pois son de conquista allea...Non hai razón nen pra consentir que os portugueses se metan na Nova España nen no Perú onde os españois están;nen os españois nas empresas dos portugueses.A miña vontade é que as vosas Reverencias se recollan en boa hora a onde viñeron e non prediquen nesa terra,pois ben saben que,dacordo co santo concilio tridentino ningún relixioso pode,contradicente    episcopo,predicar no seu bispado.E si ten acerca desto papeis de súa Santidade ou do
rei pra poderen permanecer no Xapón,móstrenllos ó Pai Viceprovincial da Compañía no Xapón pra velos e,sendo bos e derecibo,serán as vosas Reverencias moi atendidos e eu estareilles moi agradecido en quereren axudarme a levar esta cruz,e non sendo bos,sin proceder a maiores ruídos nunha cristiandade nova,deberían as vosas Reverencias afastarse e abandonar a viña a cuio é,xa que en Manila non faltan viñas nen cristiandades que cultivar...En verdade non sei a qué atribuia esto de deixar con tanta facilidade en Manila almas que están necesitadas,pra iren en busca de almas alleas.Almas por almas,si as ten na súa terra ¿a qué van buscalas nas alleas? Esto parece que é buscar máis ca almas..."( 36 ).
            ¿Qué é o que quixo dicir con eso de esto é buscar máis ca almas? Fora dalgunha expresión ambigua,nada nesta carta fala de espíritu evanxélico,senón moito de nacionalismo portugués exacerbado que nada bo facía presaxiar como así sucedeu.
            Unha cousa que destacou na vida de San Francisco de Asís foi o humilde sometemento e obediencia a igrexa e os seus representantes os señores bispos.Esta foi sempre a norma de todos os fillos de San Francisco e esta foi a norma de vida de San Pedro Bautista que tratou de ensinar ós seus cristiáns do Xapón.Antes de que o señor bispo Don Pedro Martínez lle mandara presentar ó Viceprovincial os documentos nos que apoiaba os dereitos da súa permanencia no Xapón,xa él o tiña feito e pra eso fixera a dilatada viaxe de Kioto a Nagasaki.
            Don Pedro Martínez pudo facer a viaxe a Xapón despois de ter o permiso dos xesuitas e ben mentalizado por eles no modo de comportarse.Dispuxeron a viaxe con toda pompa en calidade de embaixador, con moi grandes presentes pra ganarlle a vontade a Taicosama coa mente de que pudera acadar dél o que pretendian que era botar fora do Xapón ós franciscanos.
            Falando deste bispo escribe o Pai Lourenzo Pérez:
"O principal instrumento do que se valeron os Pais da Compañia pra expulsar do Xapón ós misioneiros franciscanos foi Don Pedro Martínez"( 37 ).
            Non embargante,os franciscanos e os seus cristiáns do Xapón anhelaban a presencia do bispo,pensando que seria un digno sucesor dos apóstolos.En documento firmado por 26 daqueles novos cristiáns dicían:
"Folgámonos coa chegada do bispo pra que nos confirme.Con esto quitarásenos o medo que tuvemos"
            Esta misma realidade expresou o Pai Ribadeneira:
"Anhelan como na primitiva igrexa ter bispos que os confirmen,por o ben que a alma recibe con este sacramento da confirmación e porque conocen a falta que ten pra o tempo da persecución e pra perseverar na fe,e non teren pastor propio que,comonosoutros lles ensinamos,na primitiva igrexa pastaban as súas ovellas e morrían por elas"( 38 ).
            Estas verbas son un claro testemuño da confianza que os franciscanos crearan nos cristiáns xaponeses e nos mesmos xesuitas que antes andaban escondidos e celebraban os actos cristiáns as agachadas e agora podian actuar a plena luz e con enteira libertade,como o testemuñou o mesmo Don Pedro Martínez nun documento firmado o día 17 de novembro de 1597,un pouco saneado xa dos seus prexuicios.Manifestou que foi ó Xapón
"porque case todos os Pais da Compañía que alí residen escribíronme que xa poda´entrar ben naquela cristiandade sin que a  miña entrada a perxudicase,porque apersecución de Combaco habíase mitigado moito e gozaban os cristiáns dalgún acougo e libertade"
            Faltoulle ó señor bispo reconocer e sinalar noblemente como aquela libertade era froito da presencia no Xapón do santo comisario-embaixador de Filipinas Pai Pedro Bautista e dos compañeiros seus.

6.- Morra un prá salvación dos demais
            Duro parece pensar que os xesuitas -algúns deles- puderan formarse a idea de que a presencia dos franciscanos era pra eles asunto de vida ou morte,pero o desenrolo dos feitos non deixa lugar a ningunha dúbida.
            A chegada do bispo a Nagasaki tuvo lugar o día 14 de agosto de 1596.Residian no convento franciscano de Nagasaki os Pais Xerónimo de Xesús,Bartolomé Ruiz e Marcelo de Ribadeneira que trataron cos seus cristiáns e amigos portugueses de recibir ó señor bispo coa meirande solemnidade e mostras de amor.A resposta do señor bispo xa no primeiro momento foi unha xarra de auga xeada.Escribe o Pai Xerónimo de Xesús que o bispo dende o primeiro momento da súa chegada
"amosou ben no seu rostro o pouco amor que nos tiña e o moi danadas entrañas que traía contra a nosa Orde...O primeiro preito que tomou entre maus foi contra a Ordedo noso Pai San Francisco"
            En realidade,as primeiras palabras en relación cós franciscanos que o recibían con todo amor o coas meirandes manifestaciós de cariño,foron dicirlles que estaban exconulgados e que non podían pemanecer no Xapón onde él non tiña necesidade deles,porque él só abondaba pra coidar das súas ovellas.Predicando na igrexa da Compañia,publicou un edicto de excomuñón con pena de cen taes de prata contra quen introduciran no Xapón relixiosos non xesuitas,e prohibiu ós cristiáns portugueses e xaponeses oir misa e sermós e confesarse na igrexa dos relixiosos franciscanos e contribuir con esmolas prá igrexa e casa que eles estaban construindo.Tamén lles mandou ós franciscanos que se fosen e lle deixaran a casa na que vivian,dicindo que era do bispo.Acerca desto escribe o Pai Xeromo de Xesús:
            "Como me foi comunicado este dito tan sen fundamento,tuvemos o noso consello acerca delo os tres relixiosos que estabamos na casa,e fun ó bispo e conteille todo canto pasaba A esto díxome:
Tráigame Pai,os Breves por onde están no Xapón.Eu leveullos e xuntáronse os da Compañía en consello co bispo pra veren o que se había de determinar...Vistos por unha parte e por outra os inconvenientes e proveitos,determinou o bispo que conviña que fose expulsado Frai Pedro Bautista con todos os seus compañeiros baixo título de que non perecese toda a xente da Compañía"( 39 ).
Aquel acordo era algo increible e parécenos estar escoitando a Caifas falando da necesidade de que morrera un,Cristo,por a salvación de todos.Moi malamente comprendeu o bispo os benfeitos que aportara a prol do cristianismo no Xapón a presencia dos franciscanos coa súa amizade con Taicosama.
            Coa a súa chegada ó Xapón puxo deste xeito en marcha o bispo Don Pedro Martiñez unha actuación violenta cuio final era impredicible naqueles momentos.O Pai Xeromo de Xesús escribiu un informe do que estas son as primeiras palabras:
"Como a persecución dos relixiosos de San Francisco tuvo dúas causas,a unha o bispo da Compañia coa súa Relixión e aliados,e a outra o emperador do Xapón que mandou executar a sentencia,e destes dous perseguidores non sepa eu cal deles teña máis culpa,e habendo no Xapón acerca desto varios pareceres,uns dicindo que os da Compañia fixeron esto e outros que Taicosama,porei o que sei de certo,deixando o xuizo a Deus e ós discretos"( 40 ).
            Engade que o bispo quixo obrigar ó capitán da nao portuguesa surta no porto de Nagasaki que obrigase a súa xente que non foran a igrexa dos franciscanos.e logo foille coa  o mesma esixencia ó gobernador xentil,pero anbos a dous déronlle a mesma contestación negativa, que o fixese él si quería que eles non o facían.
            A vista destas actuaciós do bispo cabe pensar que mellor ca en calidade de pastor do rabaño cristián entrara no Xapón coma lobo depredador do mesmo.
            Despois de todo esto aínda tuveron os franciscano a humildade de acudir a vérense co bispo e pedirlle axuda,como narra o Pai Xeromo de Xesús:
"Dicíndolle eu que cando pudera encomendase ós portugueses que nos fixesen esmolas pra agrandar un pouco a casa na que estabamos moi estreitos,respondeu que¿cómo había de facer tal cousa?¿qué dirían en Portugal se tal fixese e nos dese favor?"(41)
            Acerca das manifestaciós do bispo testemuñou o Pai Bartolomeu Ruiz que lles dixo:
"Como amigo nos rogaba que nos tornásemos a Manila porque no Xapón non eramos necesarios;que os xaponeses non entendían a nosa pobreza...respondinlle que me     abraiaba de que a súa señoría dixera tales cousas...O señor bispo dixo entòn e
despois cousas das que estou notablemente escandalizado...;que ¿qué dirían dél si nos favorecese?;que se entrarían logo os dominicos e os agostiños no Xapón;que perderían moito na mercadoría ós portugueses"( 42 ).
            Tras aducir estes testemuños,engade o qque foi ex-xesuita Felipe Robles Dégano:
"De mercader eran as orellas de súa Ilustrísima...que fixo unha plática na que    mandou tres cousas:Primeiramente publicou unha excomuñón in scriptis engadindo de pena cen taes de prata a calquera persoa que trouxese frades de San Francisco ou
de calquera outra Relixión ó Xapón...O segundo mandou a todas as súas ovella,tanto portugueses como xaponeses,que non viñesen oir misa nen sermón nen sacramentarse a casa dos frades,senón a casa da Compañia...O terceiro mandou a súa señoría que non nos desen axuda nen esmola pra edificar convento nen igrexa.E unha pequena campá que nos truxeron de Macán en esmola,mandou que non nola desen "( 43 ).
            Anotou o Pai Ribadeneira os intereses comerciais do bispo en relación cunha real provisión de Felipe II acerca da prohición do comercio entre Macao e Filipinas con alusión ós xesuitas:
"Non fala do Xapón nen palabra,por onde se entenda que prohiba a súa maxestade a entrada no Xapón,como o señor bispo entendeu.Antes que falara nada,dixémoslle esta razón que él non admitiu,como non admitiu as demais,senón que,como se ten por
certo,fundouse no interese temporal seu e dos Pais e dos portugueses"( 44 ).
            E como remate de todo canto pudera dicirse dos intereses comerciais do bispo Don Pedro Martínez sirvan as palabras do Pai Xeromo de Xesús:
"Fáltanme palabras pra encarecer o mal que pareceu esto ós cristiáns que xulgaron semellantes  mandatos por inxustos e fundados en paixón...e por pretender que o Xapón sea da coroa de Portugal prás súas contrataciós e mercadorías e que,si han vir
relixiosos,sea por a India de Portugal,porque si viñeran de Manila,como dixo o señor bispo,é abrir a porta pra os españois entrar no Xapón,e se lles quitará a ganancia ós portugueses e tamén ó mesmo señor bispo que,como se di,trae empregada a súa renda no trato da nao que ven da China...E o escribán da nao[Rui Méndez de Figueredo]díxonos que a cidade de Macao lle dera  ó  señor  bispo  licencia  pra traer na  compañía dos  mercaderes  certa  cantidade de seda"( 45 ).
            Con todos os precedentes anotados non é cousa de extrañar o que fixo este bispo durante a súa estancia corta no Xapón.

7 . - A saída do bispo trouxo a paz a Nagasaki
            Despois destas actuaciós tan apaixoadas e antievanxélicas en Nagasaki,saiu o bispo o dia 1 de novembro cara Kioto onde chegou o 16 pra facer a súa embaixada a Taicosama.Das súas xestiós pra lograr que Taicosama botara fora do Xapón ós franciscanos narra Don Pedro de Figueroa Maldonado:
            "E a esto foi a corte con un bo presente que presentou ó Cuambacondono pra velo e
            ganarlle a vontade.E suplicoulle que mandase que aqueles relixioxos de Luzón non        estuvesen no seu reino,porque non era de ningún proveito xente tan miserable e     
            pobre...A esto non deu oidos o Cuambacondono por estar ben informado e conocer a
vida relixiosa dos franciscanos cheiños de caridade,humildade,pobreza e castidade,e a dos Pais da Compañia tan ateigada de diñeiros,tratos e mercancías e tan amigos desta ambición de mandar que,por esto,os ten desterrados do Xapón.E así respondeulle que ¿qué dano lle  facían os frades franciscanos coa súa caridad, curando pobres e leprosos e chagados e doutras enfermidades,construindo hospitais pra elo nas partes onde moran? E díxolle que fixeran eles outro tanto,pois eran cristiáns,que pra eso él lles daría licencia"( 46 ).
     Non quedou contento o bispo co resultado fallido da súa primera xestión.Máis ben quedoulle moita acedume na alma a vista da resposta de Taicosama a prol da acción benefica e social dos franciscanos nos hospitais.Empedernido na mala vontade contra os fillos de San Francisco,aínda tentou unha segunda acome-tida,valéndose de persoas inimigas dos franciscanos.
            Informou o Pai Xeromo de Xesús:
"Visto por o bispo que por aquí nada pudera negociar nen saír co seu propósito,concertou él e os bos dos Pais xesuitas con un cristián renegado[Faranda]e un bonzo[Xacuino]pra que fosen a Cuambacondono e lle dixesen,como advertíndolle do que conviña,que non ermitise que aqueles relixiosos estuvesen no seu reino,porque corría o risco a súa coroa si se facían tantos cristiáns que,sendo dunha lei,serían todos do seu bando e,querendo,porían en dificultades a súa persoa.A esto respondeu Cuambacondono, como profetizando de onde procedía aquel embuste,que dos
nangaxios(=europeos)pobres tiña él bastante satisfacción e que acerca daquelo non había por qué acusalos,e que a él non lle importaba ren que fosen ou non fosen máis os seus vasalos,porque non era él rei das súas almas,senón dos seus corpos"( 47 ).
            Nas súas afirmaciós sempre o Pai Xerónimo de Xesús foi home de todo creto.Esta afirmación de agora pon de manifsto unha vez máis os intereses existentes entre os xesuitas e o traizoeiro e desleal Faranda.
            Da satisfacción que Taicosama tiña dos nangaxios ou franciscanos escribe o Pai Ribadeneira:
"Conocendo o rei o que facían os santos mártires,gabouno e confirmouse en que era boa xente.E conocendo o rigor e a santidade en que vivian os benditos mártires,enviou por Funguen seu criado,a dicirlles que o encomendasen a Deus,porque é cousa crible que con bo desexo se encomendou  a quen,como xentil ignorante,despois crucificou"( 48 ).
            Despois de presentada en Fushimi a súa embaixada,regresou Don Pedro Martínez a Kioto onde se detuvo facendo toda posible guerra ós relixiosos franciscanos.Algo do que pasou naquela ocasión conocémolo por cadansúa carta que o santo comisario  lles escribiu os Pais Marcelo de Ribadeneira e Agostiño Rodríguez o día 17 de novembro de 1596,comunicándolles o ningún resultado das varias entrevistas tidas co bispo e os malos tratos dados por os seus criados encirrados por o Pai Organtino,a varios cristiáns que acudiron a manifestarlle o afecto que lles dictaba o seu corazón,a quen maltrataron con puñazos e patadas ata causárenlles sangue.Narra Don Cristobo de Mercado o que  lle dixo San Gonzalo Garcia despois de conocer aqueles malos tratos:
            "Señor,eu temo que agora nos matarán a todos,porque sepa que estamos na terra
            onde é costume que cando os bonzos dunha secta preitean cos de outra,os que vencen
fanse de tal xeito señores dos vencidos,que fan deles todo canto queren ata matalos. Así temo que ha suceder neste noso preito coa Compañía.Xa houbo argumentos e despois  puñadas e eles quedan sempre como vencedores.Deus queira que acabe aquí e que non nos coste a todos a vida"( 49 ).
            Das resultas das conversas co señor bispo narrou o santo comisario na carta ó Pai  Agostiño Rodríguez:
"Eu fun visitalo algunhas veces...Finalmente dixo que non quería que administrásemos ás súas ovellas os sacramentos e respondinlle que nós non tiñamos     necesidade da súa licencia,pois témola do Sumo Pastor.Sobre esto tuvemos tirapuxa diante dun español que veu no navío que aportou ó Xapón,a quen tuvemos na casa moitos dias,e diante doutras persoas que viñeron co señor bispo,unha delas o Pai Morexón...Fomos outro día a casa do bispo pra acabar de satisfacer as obxecciós que nos puxo"( 50 ).
            Tamén narrou o Pai Xeromo de Xesús:
            "Subiu o bispo desde Nagasaki a Meaco a dar a súa embaxada a Taico e levou
            grandes dádivas e presentes.Díxolle ó santo comisario que se volvese a
            Manila porque él non quería que tuvese coidado das súas ovellas...Que
            mandaría,como xa o mandara en Nagasaki que ninguén viñese a igrexa de San
            Francisco...;que as ovellas eran súas e que él non quería que as administrase"( 51 ).
            Con este señor bispo Don Pedro Martínez ninguén podía acordar nada útil nos eidos da labor evanxélica.A cousa iría sempre por o vieiro por onde Deus o permitira.O bispo era home de mente moi cerrada e de cascos moi duros.
                  

                                                 N O T A S

  ( 1 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.23,382
  ( 2 ).- JOSÉ MARÍA RECONDO,S.I.:San Francisco Javier.Madrid,1988,742
  ( 3 ).- PEDRO MARTÍNEZ:Información acerca da vinda dos relixiosos descalzos de San
            Francisco da Provincia de San Gregorio dos Luçois a Japao e de seu modo de  proceder nesta                  
            christiandade,en XIRÓN,AIA,XXI,(1934),537.
  ( 4 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.25,386-387
  ( 5 ).- SAN LEÓN CARASUMA:Testimonio,en ROBLES DÉGANO,114
  ( 6 ).- BAUTISTA,AIA,VI,233-234 e XXI,537 
  ( 7 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.24,386
  ( 8 ).- JERÓNIMO,AIA,VI,259
  ( 9 ).- PIERRE CHAUNU:Une grande puissance economique et financiere:debuts de la Compagne de Jesus            
            au Japán(1547-1582).
( 10 ).- JUAN DE SANTA MARÍA,II,183
( 11 ).- SAN FRANCISCO:Espejo de Perfección,c.22
( 12 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.23,382
( 13 ).- BAUTISTA:Carta a Gómez Pérez Dasmariñas.Meaco,13 de outubro de 1594
( 14 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.31,404
( 15 ).- Ibidem,402
( 16 ).- Ibidem,402    
( 17 ).- JUAN DE SANTA MARTA,O.F.M.:Relación.Publicouna o Pai Lourenzo Pérez no traballo Héroes del cristianismo en el Japón en el siglo XVII;AIA,87,(1929),331
( 18 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.31.405
( 19 ).- JERÓNIMO:Relación,c.2;AIA,XI,130 e 134
( 20 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.11,352
( 21 ).- JERÓNIMO:Relación,c.2;AIA,XI,130 e 134 e XIII,30
( 22 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.11,352
( 23 ).- JERÓNIMO,AIA,VI,259 e XIII,37
( 24 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.11,353
( 25 ).- BAUTISTA:Carta al Viceprovincial de la Compañia;AIA,VI,219-222 e XIII,38
( 26 ).- RIBADENEIRA,lib.4.c.11,354
( 27 ).- Ibidem,l.c.
( 28 ).- SAN GONZALO GARCÍA:Informaciones,AIA,XIII,39
( 29 ).- LOURENZO PÉREZ,AIA,XIII,32
( 30 ).- Ibidem,AIA,IV,388-394 e XIII,35
( 31 ).- JERÓNIMO,AIA,VI,259 e XIII,37
( 32 ).- Ibidem,AIA,XIII,49
( 33 ).- ROBLES DÉGANO,258
( 34 ).- MONTILLA,AIA.XIII,35   
( 35 ).- Certificación de las amenazas que el obispo de Japón hizo contra nuestros frailes aún estando en            
            Macao.Manila,7 de xuño de 1597;AIA,XIII,43-45
( 36 ).- PEDRO MARTÍNEZ:Carta a los franciscanos de Japón.Macao,15 de xuño de 1595;AIA,XIII,40 
( 37 ).- LOURENZO PÉREZ,AIA,XIII,40
( 38 ).- RIBADENEIRA citado en Robles Dégano.
( 39 ).- JERÓNIMO:Relación;AIA,XIII,48
( 40 ).- Ibidem,47
( 41 ).- Ibidem,AIA,VI,259 e XIII,37
( 42 ).- BARTOLOMÉ RUIZ,O.F.M.:Informaciones
( 43 ).- ROBLES DÉGANO,169-170
( 44 ).- RIBADENEIRA,en Robles Dégano,170
( 45 ).- JERÓNIMO:Relación,c.2;AIA,XIII,54
( 46 ).- PEDRO DE FIGUEROA MALDONADO:Relación,AIA,XIII,56
( 47 ).- JERÓNIMO,AIA,XIII,57
( 48 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.23,382
( 49 ).- CRISTÓBAL DE MERCADO:Relación,AIA,XIII,58
( 50 ).- BAUTISTA:Carta al Padre Marcelo de Ribadeneira.17 de novembro de 1596; AIA,XIII,53
( 51 ).- JERÓNIMO:Relación,c.11;AIA,XIII,54
        

No hay comentarios:

Publicar un comentario