miércoles, 8 de febrero de 2012

Capítulo terceiro:De neno a maior

                          CAPÍTULO CUARTO: DESCUBRINDO UN HEROE

1.- O sacerdocio, ideal supremo                     12.- ¿Aínda máis milagres?
2.- Importancia da tonsura clerical                  13.- Clarexando feitos
3.- De estudiante de Gramática a cursante    14.- A verdade non é calumnia
     de Artes                                                     15.- Vocación misioneira a toda proba
4.- Do claustro da universidade ó claustro      16.- Solución baixada do ceo
     franciscano                                                17.- Profesión solemne
5.- Historia do convento de Vilalpando           18.- Varón de sonos cumpridos
6.- Estampa dun aspirante a santo                 19.- A través de montes, vales e
7.- De novo nos estudios universitarios                 chairas
     de Salamanca                                            20.- Última parada no Tameirón
8.- Baixo o ceo de Pontevedra, na beira         21.- Chegada ó porto de embarque
     do mar de Galicia
9.- O benaventurado Xoán Navarrete
     fixo o milagre
10.- Son poucos os escolleitos
11.- ¿Pódese pedir o martirio?

1.- O sacerdocio, ideal supremo
      Demostración da profunda formación cristiá de Francisco Blanco dende os seus primeiros anos foi a decisión que tuvo, e que foi perfilándose na súa alma cós anos, de consagrarse ó Señor mediante a ordenación sacerdotal. Esta decisión comenzou a florecer en 1586 coa tonsura clerical, primeiro acto de incardinación á orde clerical protagonizado no mes de marzo daquel ano. Este dato transcendental chegado ó meu conocemento na derradeira hora,  manexando o Libro primeiro de ordes do bispado de Ourense, obriga facer unha mutación nalgúns puntos da vida do xove de Tameiron. Nas ordes conferidas por o bispo Don Xoán de Sanclemente no ano 1586, lése a correspondente anotación que copio cós nomes de todos cantos foron os seus compañeiros naquel acto. A anotación  -o orixinal en cursiva- di:
      "Ordes que o moi Ilustrísimo  e Reverendísimo señor Don Xoán de           Sanclemente, bispo de Ourense, celebrou, xerales e particulares, venres e
sábado antes da dominica de Paixón, vinteún e vinte e dous de marzo
nos seus pazos e na catedral do ano de mil cinco centos e oitenta e seis
anos.
Ordes do venres no pazo”.
       Gonzalo de Sandiás, fillo de Alonso Gómez e de Catalina de Sandiás, do lugar  de Guillamil, de esta diócese, de coroa ; Frai Alonso de Losada, da Orde de San Francisco, de coroa e graus; Frai Francisco de la Cueva, da mesma Orde, de graus; Frai Xoán Rodríguez, da mesma Orde, de graus; Diego Calderón, rector de Santo Tomé de Gayoso da diócese de Lugo, de graus.
[Marxe “Coroa”].”Ordenados de coroa o sábado na catedral”. Francisco de Araúxo,
fillo de Paio Rodríguez e de Engracia da Costa, do lugar de Berín, de esta diócese; Pedro de Santa Marina, fillo de Fernando de Santa Marina e de Inés de Campo, veciños de Berín, de esta diócese,
FRANCISCO BLANCO, FILLO DE LOURENZO BLANCO E DE ELENA DA
BEYGA, DO LUGAR DO TAMEIRON, DE ESTA DIÓCESE;
Xoán Vázquez, fillo de Rodrigo Vázquez, clérigo, e de Antonia Rodríguez de solteira,
dispensado, do lugar de Arnoaya (Arnoya?); Pedro Ximénez, fillo de Pasqual Sánchez e de Xoana Ximénez, do lugar de Sampaio de Araúxo, de esta diócese ; Xoán Gos, fillo de Pedro Lourenzo e de María de Gos, do lugar de Paços, de esta díócese; Alonso Garrido, fillo de Xoán Garrido e de Catalina Estévez do lugar de Castromil de esta diócese; Alonso Rei, fillo de Xoán Rei e de Isabel Preta,do lugar de San Millán, de esta diócese; Francisco Gómez, fillo de Bartolomé Gómez e de Teresa Rodríguez, do lugar de Solveira, de esta diócese.
[Marxe “Graus”]. ”Ordenados que foron examinados e aprobados”. Martín Vázquez, de Verín; Amaro Fernández, da Trepa; bacharel Francisco Rodríguez , de Ourense; Gaspar Salgado, de Tamaguelos.
[Marxe “Epístola”].”Ordenados de epístola prá que foron examinados e aprobados” Bacharel Pedro Rodríguez, de San Lourenzo de Beyga; Frai Alonso de Losada, da Orde de San Francisco; Frai Francisco de la Cueva, da Orde de San Francisco; Diego Calderón; Alonso Álvarez, de Videferre; Frai Xoán Rodríguez, da Orde de San Francisco. Xaime González, de Vebán; Alonso Rendón, da diócese de Lugo; Antonio Díaz, da diócese de Lugo; Fernando de Vilamoure, da diócese de Lugo; Simón da Roda, da diócese de Lugo; Sebastián de Santiago, da diócese de Lugo.
[Marxe”Evanxelio”]. Antonio Alonso, de Pentes; Francisco Pérez, de Enfesta; Vasco Colmenero, de Verín; Domingo Sotelo, rector de San Pedro de Morillos; Frai Xoán Llorente, Frai Melchor de Vegan, Frai Xoán de Medina, Frai Martín de Artúzar, Frai Lázaro González (todos da Orde de San Agostiño), bacharel Fernando Álvarez, de Videferre, Frai Froilán Ruíz, da Orde de San Bernardo; Gaspar Fernández, Pedro Rodríguez, da diócese de Lugo.
[Marxe:”Misa“]. Miguel de Collados, de Santiago; Frai Xoán Centol,
franciscano; Frai Xoán de Requena, agostiño; Frai Antonio de Meneses, bieito;
Xeromo de Alanis, rector de Pereiro; Alonso de Pelnedo; Frai Miguel López, bieito; Xoán Pérez, rector de Madernás.
“ A todos os susoditos déronselles títulos firmados por a sua señoria e por min notario, na data ut supra (asinado). Jo. Eps. Auriens”.(Hai un selo).Diante de min. Bartolomé Pérez de Aguiar (asinado) ( 1 ).
Datos seguros daqueles momentos da vida de Francisco Blanco non existen apenas.Cabe pensar que no momento da tonsura xa  tiña rematados os estudios de Humanidades, no ano 1565, e que estaría de morador no Tameirón, á espera da data prá súa tonsura. Sin dúbida tería ben falado cós seus pais todo canto pudera estar relacionado con este particular. Na data sinalada pasaría a Monterrei pra ultimar pormenores no colexio,  asemade cós demáis compañeiros, que estaban dispostos pra faceren viaxe a Ourense. Algún daqueles pormenores serían o certificado de estudios no colexio, coma noutros casos similares. En moitos expedientes de ordes consérvanse os certificados de estudios firmados por o prefecto do colexio Santiago de Monterrei, e non se pode dubidar de que neste caso de Francisco Blanco tamén existiron. Tamén levaría Francisco certificaciós de bautismo e confirmación e de bó comportamento, expedidas con enteira satisfacción por o cura do Tameirón, dacordo có mandado recentemente por o concilio de Trento:
“Os que han de ser promovidos as ordes , teñan testemuño favorable do párroco ou do mestre do estudio onde se educan”.
      Era mester naqueles anos inmediatos á celebración do Concilio de Trento dar cumplido cumprimento á súa ordenación, que di:
“Insistindo o sagrado concilio na disciplina dos antigos cánones, decreta que cando
o bispo determine celebrar órdenes, convoque a cidade a todos os que pretendan ascender ó sagrado ministerio na feira cuarta próxima as mesmas órdenes ou cando ó bispo lle pareza. Averigue e examine con dilixencia o mesmo ordinario, unido con algúns sacerdotes e outras persoas prudentes, instruidas na lei divina e expertas nos
cánones eclesiásticos, o linaxe , a persoa, idade, educación, costumes, dotrina e fe dos
ordenandos”.
       Previamente á tonsura tuvo que soportar, por suposto, o exame preceptivo a  todo quen se iba ordenar, pra demostrar a preparación cultural esixida por o santo Concilio de Trento, que dixo:
“Non sean ordenados de prima tonsura os que non teñan recibido o sacramento da
confirmación e non estean instruidos nos rudimentos da fe, nen quen non sepa ler e escribir...”.
Non falou o Concilio nada da idade necesaria prá recepción da tonsura. Aínda que a  tonsura capacitaba pra recibir beneficios, ninguén podía recibilos antes dos catorce anos. Ninguén gozaría do foro eclesiástico senón tiña un beneficio ou non vestía hábito clerical ou non levara tonsura.
Dos ordenados no século XVI existen as listas de nomes, mais non os expedientes sobre a vida e costumes a base de testemuñas, que serían magníficas fontes de datos.
Da  permanencia de Francisco Blanco en Ourense, cabe imaxinar que se comportaría como un mozo asisado que era. En todo era estudiante, e bó estudiante, coma o que máis. Pode pensarse que durante a súa permanencia en Ourense sería o seu comportamento o dun xove exemplar. Esa permanencia en Ourense sería, cando menos, dunha semán, si se cumplíu o Concilio que mandaba estar no lugar das ordenaciós dende o mércores antes do sábado, que era o día sinalado pra elas.
Como paso previo á tonsura debeu soportar sen dúbida o examen preceptivo a quen aspiraba a ser ordenado, pra demostrar a súa preparación. Dos ordenados no século XVI (a lista de ordenados comenza no ano 1544) só existen os nomes, mais non os expedientes sobre a vida e costumes dos mesmos a base de testemuñas.
Todo estaba en orde aquela mañán do sábado 22 de marzo de 1586, véspea  do domingo de Paixón. Francisco Blanco presentouse na catedral có seu uniforme clerical, estrenado aquel mesmo día. Cando foi chamado por o seu nome, Franciscus Blanco, debeu responder con voz trémula por a emoción, pero con acento firme: Adsum, que era coma dicir: Estou presente .Foron chegando todos os candidatos a ordes pra axionllárense a carón do altar. Uns tras outros aproximáronse ó bispo, disposto coas tixoiras nas maus pra cortarlles a cadiún deles uns guechos de pelo na fronte e no toutizo, por riba das duas orellas e no medio da cabeza, deixando deste  xeito tracexada unha cruz, namentres iba rezando asemade có aspirante:
“ O Señor é parte da miña herdade e do meu cálice. Tú  es quen me  devolve a miña herdanza”.
Cando lle tocou a vez, acercouse Francisco Blanco, cunha vela accesa na mau dereita, e unha sobrepeliz colocada no brazo esquerdo, namentres que a schola cantorum entonaba os versículos do salmo l6:
“ Gárdame, Deus porque en ti busco a miña defensa. Eu dígolle ó Señor: Tu es o meu único ben”.
Como remate, foi vestido Francisco coa sobrepeliz, namentres o bispo pronunciaba palabras de San Paulo na epístola ós efesios.
Coa  tonsura quedou Francisco Blanco constituído na categoría de clérigo incardinado, como membro vivo da igrexa, e capacitado pra recibir beneficios eclesiásticos e ordes sagrados. Coma clérigo debería levar de cotío o hábito clerical e a coroa renovada cada 15 días. Sin dúbida de que aquela mañá saíu Francisco da catedral coa alma rebordante de xúbilo. Aquel día pareceríalle máis fermoso cos outros días, e o sol máis brillante ca nunca, e o mundo ateigado de felicidade. Aquel día quedou marcado pra sempre na súa vida como sinal inicial do camiño dos seus dorados sonos. A coroa sería o mellor timbre de honor. Como testemuño da tonsura levaba o título que lle entregara o notario coas palabras xa anotadas.
      De poucos daqueles compañeiros hai noticias acerca da recepción de novas ordes en datas posteriores. Frai Xoán Rodríguez, que recibíu os graus o 21 de marzo, tamén recibíu o subdiaconado ó día seguinte. Nas ordenaciós de maio recibíu os graus Xoán de Gos, que foi o único que figura en ordenaciós posteriores, de todos os compañeiros de Francisco. Él non figura nen nas ordenaciós de maio, nen das de xuño, indicio claro de que despois da ordenación de tonsura, pasou a Salamanca pra iniciar naquela universidace os estudios de Artes. Non tuven a posibilidade de examinar os arquivos universitarios salmantinos, pra conocer si neles existe algún dato referente ó noso estudiante de Artes.
Resumindo os datos daquelas ordenaciós: O día venres 21 de marzo foron ordenados dous de coroa e dos catro graus, e tres de só graus. O día saáado 22 foron ordenados nove de coroa, catro de graus, dous de epístola ou subdiaconado, catro de evanxelio ou diaconado e oito de misa ou sacerdocio. De todos eles soamente  recibíu ordes ós dous días o franciscano Pai Frai Xoán Rodríguez. Dato  interesante é conocer  que os  ordenados xunto  con Francisco Blanco foron individuos das proximidades do colexio Santiago de Monterrei, con toda probabilidade compañeiros de estudios.
Sobre todo cómpre, e quero destacar, a presencia dos varios franciscanos por a posible influencia que a presencia deles e as  súas relaciós con Francisco puderon ter sobre as futuras decisiós súas de pedir o ingreso na Orde franciscana.

2.- Importancia  da tonsura clerical
      Anque a tonsura nunca foi considerada  unha orde sagrada, é transcendental o seu contido por o que significa  primeiro paso no camiño da altísima dignidade do sacerdocio cristiano. A tonsura é a porta de entrada que conleva o compromiso de todo canto despois dela contén os distintos graus das ordes sagradas. O concilio de Trento enfeitou a  recepción da tonsura de toda a solemnidade das demáis ordes sagradas. Pra conocer esa importancia escollo a tonsura recibida por un aspirante fillo do mesmo pobo do Tameirón, chamado  Bartolomé Fernández, a quen fixo o obrigatorio expediente no ano 1676 Lourenzo Blanco, capelán naquel intre no Tameirón. O primeiro paso prás ordes, era  lóxicamente a petición feita ó bispo por o pretendente, da que nunca quedou memoria no caso de candidatos a tonsura. O segundo paso era a orde do bispo ó párroco do aspirante pra que lle fixera información con testemuñas da vida e costumes. Con esta orde do bispo, requeríu  o aspirante Bartolomé Fernández ante notario a Lourenzo Blanco, tenente de cura, pra que lle recibira información. Por tratarse de Lourenzo  Blanco,  poño o requerimento que lle fixo Bartolomé Fernández en 1676:
Requerimento. No lugar do Tameirón a sete dias do mes de  marzo de 1676, por ante min escribán, o licenciado Bartolome Fernández  veciño  do  dito  lugar,  requeriu   coa   comisión   antecedente  ó licenciado Lourenzo Blanco tenente de cura, da parroquia  de Santa Maria e San Francico Blanco  deste  dito lugar, quen, véndoa, dixo que a obedecia” .
           Tras do requerimento e  aceptación do mesmo, seguía  a publicación por o cura encargado, no ofertorio da misa maior nun domingo ou día de festa, da pretensión do aspirante a ordes pra que, si alguén tiña algunha obxección, a manifestara.
“Publicación. Na igrexa parroquial de Santa Maria e San Francisco Blanco deste dito lugar do Tameirón, a oito dias do mes de marzo de 1676, eu o licenciado Lourenzo   Blanco,   tenente   de  cura .... fixen notoria a comisión antecedente...”.
     O paso seguinte era a información de testemuñas presentadas por o aspirante:
“No lugar do Tameirón, a trece días do mes de marzo de  1676 o licenciado Bartolomé Fernández... presentou por testemuñas...”.
      Tales serían mutatis mutandis os pasos dados por Francisco Blanco ante o cura do Tameirón previos á  tonsura. O lamentable é que non se conserve o expediente que da-
quela sin duda se fixo, no que sería posible atopar moi estimables datos ( 2 ).
 Un pormenor que debe ser lembrado é o que xa deixo aludido ó falar dos bens patrimoniais que constituían a  seguridade dun sustento digno pra un sacerdote, e que en rigor xa deberían estar asegurados no momento da tonsura. Non lles era posible ós aspirantes ás ordes sagradas, máxime a do sacerdocio, exercer o comercio; por eso, se lles esíxia un conxunto de bens patrimoniais que aseguraran a súa congrua sustentación, no caso de non estar dedicados a cura de almas nalgunha parroquia.
Do dito parece deducirse  que xa pró intre da tonsura tería formalizado Francisco Blanco con toda seguridade, en   forma xurídica, os bens afectos ó seu patrimonio, que serían, cando menos, os prados Salgueiro, Os Muíños e Roupeiro, a casa coa horta adxacente e, posiblemente, algún outro. Esto fai pensar na “Capelanía San Francisco Blanco”, que aparece anos máis adiante presentada por varios ordenados da “Saga dos Blanco” como  título da súa ordenación, como adiante veremos. Non embargante, parece que non tuveron nada en común.

3. - De estudiante de Gramática a cursante  de Artes
Os progresos notorios nos estudios de Gramática e o final dos mesmos, unido á profunda piedade do xove Francisco Blanco, foron valorados suficientemente pra consideralo merecedor de apoio pra subir a estudios superiores na universidade de Salamanca. ¿De quén pudo saír esta idea? Pra min que nesto tuvo unha parte moi importante a   propia  condesa Dona Inés de Velasco, en cuia alma de gran dama cabían este tipo de acciós de mecenado.
Os Pais Marcelo de Ribadeneira e Xacobo de Castro parecen referirse coas súas palabras exclusivamente ós pais de Francisco, cando escribe o primeiro que como os seus pais o enviaron a estudiar a Salamanca,  e o segundo que o “enviaron a esta universidade de  Salamanca   a estudiar  ciencia” , sin especificar nada ningún deles; sin embargo, non se pode excluir a posibilidade de que fora a propia condesa Dona Inés a autora da idea de envialo a Salamanca, sobre todo si pensamos con algún dos biógrafos na posibilidade de que a condesa houbera becado os estudios de Francisco Blanco en Monterrei.
En  relación coa clase de estudios ós que foi enviado, non pode existir dúbida de que foi a estudiar Artes, porque estes estudios eran condición sine qua non pra facer estudios superiores de calquera asignatura. Esto hai que decilo, malia que o Pai Xacobo de Castro diga que foi enviado a estudiar ciencia, sin especificación de qué clase de ciencia. A xeneralidade dos biógrafos afirman que foi enviado a estudiar Leis. Si o de ciencia é demasiado xenérico, afirmar que pasou a estudiar Leis é afirmación sin ningún fundamento. Có certificado da tonsura na mau, non é creíble que o mociño do Tameirón pensara no estudio das Leis, coma entón se lle chamaba ó Dereito. De seguro que nen él mesmo levaba unha idea clara  cando pasou a Salamanca, fóra da de seguir estudios pra unha digna preparación á ordenación sacerdotal, que era toda a súa ilusión e fundamental propósito.
Un pouco aproximado estuvo o Pai Marcelo de Ribadeneira ó sinalar o estudio de Artes con estas verbas:
“ Coma  os  seus pais o enviaron a estudiar outra facultade a Salamanca, despois de rematada a latinidade no colexio da  Compañia  de  Xesús en Monterrei, estando  en Salamanca, comezou a estudiar Artes” ( 3 ).
     Respecto da data do seu paso a Salamanca nada se di nen das condiciós económicas nas que se fixo. É cousa evidente que ninguén pensaría envialo abandonado á súa ventura, nen deixalo en Salamanca á vontade de calquera “Lazarillo de Tormes” que se lle acercara. Sobre este punto da data do paso a Salamanca e seguindo o meu cómputo, permítaseme fixalo no ano 1586 tras a tonsura clerical ós 16 anos de idade. Xa deixo anotado que non recibíu ningunha outra orde clerical despois da  tonsura en marzo daquel ano 1586, e non deixaría de recibir algunha de  estar en Galicia nas ordenaciós que tuveron lugar nos meses de  maio e de xuño. Non é concluínte esta afirmación, pero non se poden pedir conclusiós absolutas cando non existen datos claros.
 O curso inaugurábase por San Lucas, 18 de outubro. O que non se sabe é onde estuvo Francisco Blanco dende o día da tonsura en marzo ata a inauguración do curso universitario. De seguro que estaría  no  Tameirón. O que se debe dar como certo é que comenzou o estudio do trienio de Artes no curso 1586-1587, e ingresou no noviciado franciscano ó final deste mesmo ano 1587, concretamente no mes  de novembro. Non resulta  fácil armonizar nesta etapa da vida de Francisco Blanco os distintos datos referentes á mesma, que amosan como pezas dun crebacabezas.
É moi  probable, por non dicir certo, que fora a condesa Dona Inés de Velasco quen lle arranxou o traslado a Salamanca e a residencia  nalgún dos colexios universitarios da cidade. Os condes de Monterrei eran protectores dos colexios de Cuenca e de Santiago Alfeo alí existente, e moi ben pudo ser algún deles a residencia buscada ó noso mozo universitario. En Salamanca éralle relativamente fácil á  condesa encontrarlle solución a  este particular. Incluso é probable que Francisco Blanco compartira a mesma residencia con Melchor, fillo da condesa, que facía estudios na universidade helmántica naqueles mesmos anos. Sábese que morreu no ano 1588, sendo estudiante na universidade.

 4.-  Do claustro da universidade ó claustro franciscano
Breve foi o tempo de Francico Blanco nos estudios universitarios, porque na súa alma levaba, cando pasou a Salamanca, unha resolución moi meditada que puxo en práctica tan pronto pudo unha vez terminado o curso de Artes 1586-1587. En base ós documentos cós que contaba o Pai Xacobo de Castro, escribíu sin maior precisión:
“Dise que un só ano durou nas aulas, pois o mestre celestial tíñao de antemau sentado na matrícula de estudios maiores nos que había de graduarse de  consumado teólogo  moi  semellante ó seu mestre na  cátedra. Eisí  o  dispuña o ceo cando  o enviaron a Salamanca, pero eiquí  foi onde, non  querendo  estudiar  máis que  a  Xesucristo  e na  súa cruz, pra empezar  xa  que logo ben, pediu ó  venerable Pai [Francisco]  Alderete  o  hábito da nosa sagrada Relixión. Vendo o Provincial un  neno  de pouco  máis de quince anos, unha resolución tan de home  desengañado  do  mundo, unha modestia  virxinal por empeño e unha flor con tanto froito, deulle Patente pra que fose tomar o santo hábito no convento de Vilalpando” (4).       
      Coa palabra “dise” aludíu sin dúbida ós Memoriais  que  tuvo a mau, e que lle deron unha referencia exacta acerca dos feitos. Lamentablemente escribíu moi someramente sobre todo esto o autor anónimo da Crónica da Provincia de Santiago, a quen seguíu sin dúbida o Pai Xacobo de Castro, sin engadir ningún dato novo.
Si é certo, como di o Pai Castro, que durou nas aulas universitarias “un só ano”, cómpre afirmar que debeu facer o ingreso na Orde Franciscana nos meses finais do ano 1587, probablemente no mes de novembro, despois de rematado o curso de Artes 1586-1587.
      Decidido finalmente, presentouse nun día non precisado na portería conventual de San Francisco o Grande de Salamanca, vestido có traxe clerical,que nunca abandonara dende o momento da tonsura en marzo de 1586, por consideralo distintivo inapreciable da dignidade clerical.
Da grata impresión que a súa presencia debeu causar no Provincial franciscano, Pai Francisco de Alderete, son bó testemuño as palabras citadas do Pai Xacobo de Castro.
O Provincial informaríalle de todas as condiciós necesarias pra ser admitido na Orde,
entre elas o consentimento dos pais, as partidas de bautismo e confirmación e o informe de boa conducta, expedido todo por o párroco do Tameirón. Despois tamén se lle faría dentro da Orde  información con testemuñas acerca da limpeza do sangue, que tanto se esixía naqueles tempos. Tamén lle sería de moita importancia ó levita do Tameirón o título da tonsura que lle fora entregado cando a recibira. Con todos eses documentos necesarios volveu á portería de San Francisco pra verse có Pai Provincial, ou con outro relixioso designado por él. De inmediato puxéronse en movimento todos os medios pra facer efectivo o ingreso do novo aspirante na Orde. Fala o Pai Castro de cómo o Ministro Provincial lle deu Patente pra que se trasladara a Vilalpando. Patente, ou mellor aínda, obediencia, foi sempre na Orden franciscana o documento crediticio no que un superior manifesta a súa vontade. Aínda que o Ministro Provincial lle dera obediencia, non se pode pensar que o mandara só a Vilalpando, senón que o mandaría acompañado de algún outro relixioso pra que o presentara no convento.
Algo que cómpre ter en conta é a idade de Francisco Blanco no momento do seu ingreso na Orde. Pra eso é preciso conocer o que estaba definido nas Constituciós Xerales da Orde, a partir das de Barcelona do ano 1541, reafirmado por todas as posteriores. As de Barcelona esixiron entre, outras condiciós:
“Sea de ánimo pronto e de condición libre, de idade de deceseis anos cumpridos,
non manchado por ningunha infamia púbrica, e teña recibido primeiro o sacramen-
to da Confirmación”.
Concretamente, quedou determinado no Capítulo Xeral, celebrado en Salamanca no ano 1553:
“En primeiro lugar decretamos que o comisionado pra recibir ós que ven a Orde, atenda dilixente e solícitamente, como ensina a Regra, a que o recipendiario sea fiel,
católico, non sospeitoso de ningunha herexia, célibe, san de corpo, de ánimo dócil, de
lexítimo matrimonio, exento de débedas, de condición libre, de idade de deceseis anos cando menos... Si algún fora recibido de outra maneira, non se lle dea a profesión sin un permiso especial dos superiores Xeneral ou Provincial” ( 5 ).
Como ningún superior responsable ousaría actuar en contra dunha tan crara e terminante ordenación, débese lóxicamente concluir que o xove ourensán Francisco Blanco debía ter necesariamente, nos días finais do ano 1587, 16 anos, ”cando menos”, no momento do ingreso no noviciado.
 Á luz desta esixencia legal, cómpre admitir e ponderar as expresiós dos cronistas de que ”entrou na Relixión de moi pouca idade”, que di o autor anónimo da Crónica da Provincia de Santiago, ou, como di o Pai Xacobo de Castro, de que era ”un neno de pouco máis de quince anos”, con alusión ó momento de presentarse diante do Ministro Provincial Pai Francisco de Alderete. Existe unha diferencia, penso que aparente, nos ditos dos dous cronistas. Di o primeiro que entrou na Orde de moi pouca idade, sin especificar nada concreto. Por suposto que entrou con 16 anos. Di o Pai Castro que era un neno de ”pouco mais de quince anos” no momento de presentarse na portería do convento, diante do Ministro Provincial, sin especificar canto  tempo pudo pasar dende ese momento ata o día do ingreso efectivo no noviciado. Pudo moi ben o Pai Francisco Alderete deixar pasar todo o tempo necesario pra que o aspirante acadara a idade esixida dos 16 anos ”cando menos”. Os pormenores acerca de todo esto quedarán pra sempre na escuridade.
      Insistindo unha vez máis na esixencia do ano compreto de noviciado, din as Constituciós do ano 1541:
“Pra que os novicos podan ser admitidos a profesión cómpre que haxan estado de
proba un  tempo non menor dun ano despois da toma do hábito, pois a profesión feita antes de ese tempo é írrita e nula, conforme decreto do Concilio de Trento. Decretamos que os novicios permanezan durante un ano continuo de proba, de tal maneira que, si por algunha causa salise do convento con hábito ou sin él, ainda que despois regrese, non se lle computará o tempo pasado anteriormente de proba, senón       que inicie de novo o ano da probación. E os gardiáns, despois de cumprido o ano, non ousen deter ós novicios mais de oito dias. Si son idóneos e suficientes prá Profesión, sean admitidos a ela, ou no caso contrario, sea consultado sen demora o Ministro Provincial”.
Tamén cómpre aludir ás incidencias da vida dun novicio durante o ano de noviciado. Como era ano de proba, eran sometidos os novicios a votaciós dos relixiosos do convento, con prohibición ó mestre, gardián, vicario e discretos de falaren en pró nen en contra, nen de votar os primeiros. As votaciós secretas e en silencio serían: unha despois de catro meses da toma de hábito, e outra despois de pasados once meses. Farían o escrutinio públicamente o gardián e discretos, quedando privado do seu oficio o gardián que fixese o  contrario. Aínda se faría unha terceira votación tras o testemuño favorable de tres relixiosos designados pra facer ó novicio exame da súa preparación.
En consideración a todos os datos expostos, é aconsellable pensar que Francisco Blanco recibíu a tonsura en marzo de 1586, con 16 anos de idade, cumpridos nos primeiros días do mes de febreiro. Como veremos adiante consta que foi bautizado un 9 de febreiro. Lémbrese que non se esixía ningunha idade determinada prá  recepción da tonsura.
Fixo o noso bacharel o curso de Artes durante os meses dos anos 1586-1587. Anota o Pai Castro en base ós Memoriais que tuvo á mau que “un só ano cursou as aulas”. Mellor ca dun só ano pudo escribir ”un só curso”, que non é rigurosamente o mesmo. Deste xeito tiña 17 anos de idade no momento de ser recibido no noviciado no mes de novembro do ano 1587. As expresiós dos cronistas cómpre  recibilas “cum mica  salis”, sin  moitas esixencias. O que se debe dar como certo é que, cumpridas todas e cadiunha das condiciós necesarias  pra poder ser recibido no noviciado, mandou o Provincial Pai Francsco de Alderete que o aspirante pasara ó convento de San Francisco de Vilalpando pra facer nel o noviciado. Narra o Pai Marcelo de Ribadeneira:
“Como lle fose dada licencia por atoparse nél as partes requisitas pra que se lle dese o hábito, tomouno no convento moi observante de San Francisco de Vilalpando” ( 6 ).
Quero insistir en que o ingreso no noviciado tuvo lugar a final do ano 1587 e, con
case absoluta certidume, nos días derradeiros do mes de novembro, aínda que podería afirmarse que pudo ter lugar nos primeiros días do mes de natal anteriores ó dia 8, festa da Inmaculada Concepción, data na que se celebrou o capítulo provincial no convento de Benavente.
O razoamento sobre este punto cómpre facelo a base dos datos que ofrecen os cro-
nistas acerca da vida do Pai Francisco de Alderete. Un dato certo é que este relixioso desempeñou o cargo de Ministro Provincial na Provincia de Santiago durante o quin-
quenio 1583-1588, e que o deixou definitivamente no capítulo provincial celebrado no convento de Benavente o día 8 do natal deste derradeiro ano. Con anterioridade ó capítulo fixo, como estaba mandado, visita a todos os conventos, e parece lóxico pensar que, si o capítulo iba ser celebrado en Benavente, fosen visitados ós conventos máis próximos -o de Vilalpando era o máis próximo- nas datas máis cercanas á fixada pra celebración. A este propósito cómpre ter en conta o que escribe o autor anónimo da Crónica, por ser contemporáneo dos feitos:
“Rematado o ano do noviciado, déuselle a profesión con moito lecer de todo o convento; e como naquela sazón veu facer alí a visita o Pai Provincial, que era o Pai Frai Francisco de Alderete, véndoo enfeitado de tanta virtude, enviouno a morar ó convento santo e recoleto de San Antonio de Salamanca” ( 7 ).
Cómpre destacar varios datos nestas palabras. Falan do remate do ano (un só ano) do noviciado, e de que se lle deu a Francisco Blanco a profesión coincidindo coa visita do Ministro Provincial ó convento de Vilalpando, e que foi este mesmo Provincial quen enviou ó neoprofeso ó convento de San Antonio de Salamanca.
Ademáis das devanditas votaciós, pra poder facer a Profesión eran necesarias outra serie de esixencias. En primeiro lugar decretouse:
“Fágaselle logo protestación que caso de descender dentro do cuarto grau de xudeus ou mahometanos ou de herexes condenados, a súa profesión será írrita e nula e si nalgún intre constase con certidume a verdade deste defecto será,en consecuencia rexeitado de inmediato da Orde. E inscríbase esta protestación no libro, asinada por o mesmo, e por o gardián e discretos”.
Tras desto xa estaba o aspirante en condiciós de recibir a Profesión Simple. O procedimento seguido era da seguinte maneira:
“Feita por o prelado primeiranente unha breve plática, admita ó novicio posto de
xionllos e coas maus entre as súas a Profesión que emitirá na maneira seguinte: Eu Frai Francisco Blanco, fago voto e prometo a Deus e a benaventurada Vixe Maria, a San Francisco, a todos os santos e a ti Pai, gardar todo o tempo da miña vida  a Regra dos Frades Menores confirmada por o señor Papa Honorio, vivindo en obediencia, sin propio e en castidade. Esta Profesión farase na presencia de todos os relixiosos capitularmente congregados e, unha vez feita, escríbase deseguida o nome, idade do irmau profeso e a data da Profesión no libro onde asinarán, asemade co profeso, o gardián e os discretos do convento. E gárdese no arquivo do convento”.
Non se me censure porque fale da profesión sin deixar antes en craro o ingreso no noviciado, como si puxera o carro diante dos bois. Fago ésto, porque a Profesión Simple é o broche do noviciado e porque, si conocemos a data dela, conoceremos a do ingreso no noviciado en virtude da íntima conexión cronolóxica que existe entre ambas. A Profesión Simple debe ter lugar prá súa validez, un ano íntegro e continuo despois da vestición do hábito e do ingreso, ó mesmo tempo, no noviciado. Si a Profesión Simple tuvo lugar, como deixo dito, nos derradeiros días do mes de novembro, ou a máis tardar nos primeiros do mes de natal, antes do día 8, do ano 1588, cómpre admitir necesariamente que o ingreso no noviciado debeu ter lugar un ano antes exactamente, sin mengua dun só día.
No día 8 de natal tuvo lugar a celebración do capítulo provincial no que o Pai Fran-
cisco de Alderete deixou de ser Provincial e, como despois desa data non sería él quen
pra mandar a ninguén dun convento a outro, e consta por as palabras do autor anónimo da Crónica que foi él quen o enviou a Salamanca, síguese que o fixo con anterioridade á data do capítulo do día 8. Insistindo é certo que Francisco Blanco fixo a Profesión  Simple antes do día 8 de natal, coincidindo coa visita do Pai Francisco de Alderete ó convento de Vilalpando nos días finais do mes de novembro de 1588; logo síguese que fixo o ingreso no noviciado nos días finais do mes de novembro de 1587.
O que non se conocen son os motivos que pudo ter o Pai Francisco de Alderete pra enviar ó bacharel do Tameirón a facer o noviciado no convento de Vilalpando, tendo
como tiña a Provincia franciscana de Santiago dous conventos de noviciado en Salamanca: o observante de San Francisco o Grande e o recoleto de San Antonio. Aínda estraña ésto máis si damos creto ó que se afirma que o levita universitario tiña no convento de San Antonio o seu confesor.
Ocurre pensar si naquela decisión de envialo a Vilalpando tuveron algo que ver a
condesa de Monterrei, dona Inés de Velasco, e o seu fillo, don Gaspar, unidos ambos a dous con íntimos intereses á vila e ó santo levita, a quen traballaron por incardinar á universidade salmantina.
      Eran en realidade moi fortes os vínculos afectivos de don Gaspar con Vilalpando, dende o momento que casara en 1583 coa súa prima dona Inés de Velasco e Aragón, filla dos duques de Frías, e alí lle nacera o fillo Manuel Domingo, que sería o herdeiro no condado.
Pode darse por suposto que a vida no convento de Vilalpando foi do completo agrado do novicio, sobre todo por verse afastado dos barullos de Salamanca. O certo foi que vivíu en Vilalpando días de felicidade e de acougo espirituais, entregado plenamente ás súas máis queridas devociós, con ininterrumpidos exercicios de oración, penitencia, xexúno, disciplinas, cilicios e lecturas espirituais, orientado todo elo a soster e acrecentar as aspiraciós ascéticas da súa alma, favorecidas en todo momento por o ambiente de relixiosidade e de piedade que se vivía naquel convento e mesmamente nas xentes da vila, que destacaron sempre por os sentimentos relixiosos. Cultivaron os veciños de Vilalpando e do seu alfoz , dun xeito singular dende os tempos antergos, a devoción á Virxe María nas varias igrexas,capelas e ermitas existentes en toda a comarca. Famosa entre todos os lugares de devoción foi a capela da nosa Señora de Misfelis, nas proximidades do pobo, onde a carón do seu altar sempre o pobo rezou e cantou o que aínda hoxe reza e canta:

Oye mis ayes (cantos), María,
Madre de cristianos fieles.
Concebida fuiste sin mancha,
Virgen santa de Misfelis.

Moi ben acertaron inculcar na alma dos veciños de Vilalpando a devoción mariana
persoas tan unidas á  vida da vila como dona Berenguela e o seu fillo, Fernando III o
Santo, nacido como se afirma na mesma Vilalpando ou nalgún dos pobos próximos.
Foi na devoción e no culto á Virxe María onde se encontraron íntimamente unidos os máis tenros sentimentos dos fillos de Vilalpando e dos fillos de San Francisco, e foi nos cultos solemnes que no convento se lle tribitaban á Inmaculada Concepción onde os fillos de Vilalpando e os franciscanos puxeron todos os seus azos de piedade pra celebraren con fervor as festividades marianas na capela dedicada á Nosa Señora da Consolación, conocida en toda Castela, como narra o autor anónimo da Crónica, como A Consolada.
Todas as devociós máis queridas por os franciscanos tuveron cultos solemnes na igrexa conventual de San Francisco de Vilalpando. Solemnes foron os cultos que se lle dedicaban ó Nazareno (imaxe aínda hoxe tan venerada en Vilalpando), á Inmaculada Concepción (un dos timbres gloriosos de Vilalpando), a San Francisco(o seu cordón aínda hoxe luce como unha homenaxe gloriosa na porta da vila de San Andrés), a San Antonio (todos os anos se lle tiñan festas solemnes con corridas de touros), a San Lois bispo (especial avogado contra a peste da langosta, a quen se lle levantou unha capela),e a San Bernardino,especial protector da casa dos condestables de Castela. A gran parte de veciños da vila militaban nas filas da Terceira Orde Franciscana, que tiña cultos especiais en honor de San Francisco na capela propia na igrexa do convento. Da igrexa conventual saíu moitas veces en solemne procesión a imaxe da Inmaculada Concepción. Abonde citar como mostra, aínda que tardía (do ano 1524), os pagos feitos ós franciscanos por o mordomo do concello por a procesión feita coa imaxe da Inmaculada e por os sermós predicados na festa:
“Que pasou máis o dito mordomo por carta dos do dito reximento feita no 8 de abril do dito ano,ós frades de San Francisco desta vila 4.000 marabedís que a vila lles deu de esmola por os sermós que fixeron e misas e procesiós e pregarias por a saúde do condestable o noso se_or que estaba en Francia” ( 8 ).
Ó longo dos anos e dos séculos anunciaron os franciscanos dentro e fóra do convento as excelencias e prerrogativas de María Santísima. O que se narra do santo predicador Pai Antonio Baca, que aproveitaba o encontro da xente nas rúas e nos vieiros para falarlles como podía facelo dende o púlpito ou no confesonario, faríano outros moitos relixiosos moradores no convento da vila. Moito conseguiron aqueles franciscanos na formación da conciencia do pobo.Ata se pode dar como seguro que gracias á actividade apostólica dos fillos de San Francisco foi Vilalpando unha das primeiras cidades que procramaron no ano 1466, con voto solemne, defender o singular privilexio da Concepción Inmaculada de María Santísima ( 9 ).
O romanceiro cantou dun xeito moi reiterado este xesto de todos os pobos da terra de Vilalpando, con palabras que permanecerán pra sempre - aere perennius- na entrada do concello, facéndolle honor; ós lados, a imaxe da Virxe María que flanquea e preside a entrada:

Si la infernal ”sutileza”                      Si a infernal sutileza
contra vós erige bando,                 contra vós levanta bando,
defiende vuestra pureza                defende a vosa pureza
con su valor Villalpando                   có seu valor Vilalpando
aunque pierda la cabeza.               aínda que perda a cabeza.

El patrocinio especial                     O patrocinio especial
que en vós halló tierra y villa          que en vós achou terra e vila
ha sido causa total                         ten sido a causa total
de votaros sin mancilla                  de votarvos sin mancilla
de pecado original.                         de pecado orixinal.

Fai pensar a palabra ”sutileza” nas dificultades que nalgún momento pudo atopar en Vilalpando a  “sentencia piadosa”, que así se chamaba, da Inmaculada Concepción.
             Existía tamén en Vilalpando o convento de dominicos tradicionalmente
opositores desta doctrina piadosa, e como estes relixiosos foron sempre moi dados a sutilezas, é pra pensar nunha posible alusión na palabra sutileza. Tamén ven á memoria o comportamento dos veciños de Vilalpando, que expulsaron da vila ó dominico Vicente Ferrer (hoxe santo), sin que sepamos a razón de tal feito._¿Sería posible que predicara algo contrario á sentencia piadosa da Inmaculada, violentado con ésto os máis profundos sentimentos relixiosos do pobo crente de Vilalpando?
O xove novicio Francisco Blanco atopouse en Vilalpando con aquel ambiente mariano inmensamente enraizado na alma das xentes, e pudo vivir durante o ano de noviciado momentos de intenso lecer nas celebraciós que o pobo enteiro celebraba no convento franciscano e tamén fora del. Foi en Vilalpando onde medraron potentes na súa alma sementes das máis queridas devociós que levaba nela dende a nenez e que medraron logo en Monterrei, na Congregación mariana do colexio Santiago e a carón do altar da Virxe Inmaculada do convento franciscano, a onde acudía con asiduidade.
Pero en Vilalpando non só foi a piedade do pobo quen aguilloóu os anhelos de piedade da alma do novicio, senón tamén a natureza enteira. Cando nos paseos que a austeridade da vida conventual permitía, percorría xunto cós seus compañeros de noviciado e có mestre, as vesadas chairas e case sin horizontes convertidas logo en trigais ondulantes peiteados por o vento, con espigas ateigadas de graus; na súa alma soarían as palabras do Señor no evanxelio, alusivas á inmensidade da més e o corto número de seitureiros. Xa naqueles días de acougo e tranquilidade lle abrollarían as inquedanzas de espírito e os anhelos inmensos de ser misioneiro, pra levar ós mais afastados recunchos da terra a verdade luminosa do evanxelio.
Acerca dos adiantos espirituais do novicio santo no ano do noviciado escribe o au-
tor anónimo da Crónica da Provincia de Santiago:
“Entrou o varón santo na Relixión de moi pouca idade, sin embargo era un home no siso e en exercitarse con grande humildade en todos os exercicios santos de penitencia con que se crian os novicios na nosa Orde sagrada, que tiña abraiados a todos os demáis relixiosos daquel convento” ( 10 ).
Este testemuño escrito en datas moi próximas á vida e martirio de San Francisco
Blanco -probablemente no ano 1614-,  ten un mérito singular a pról da súa santidade, e aconsella pensar que si non fora mártir nos anos floridos da xuventude, teríamos nel un  gran santo capaz de encher coa súa vida e virtudes e, posiblemente, cós milagres, gloriosas e bélidas páxinas do santoral cristiano.
Non menos expresivas cas palabras citadas son as que lle dedica ó noso santo már-
tir o seu biógrafo Pai Marcelo de Ribadeneira, bó conocedor da vida do biografiado:
“Como eu o conocín dende o ano do noviciado, por singulares mercedes que recibiu do Señor,poderei como testemuña de vista dar certo e claro testemuño... Tomou [hábito] no convento moi observante de Vilalpando onde eu o conocín cando él era novicio,e ainda que non vira a súa pronta obediencia,  modestia,mortificación e dilixencia e caridade con que servia ós relixiosos, a común opinión que habia no convento acerca da súa moita virtude, obrigaríame a escollelo por particular irmau e amigo espiritual por o grande interese e ganancia espiritual que me redundaba das súas santas oraciós”(11).
Esta pequena síntese é toda unha canonización do xove novicio, aínda que sería o noso  desexo que o biógrafo fora máis explícito nas súas palabras e nos contara máis por  miúdo as ”singulares mercedes que recibiu do Señor” San Francisco Blanco.
Do ano do noviciado pouco máis se conoce fóra do anotado, tan concisamente, por o Pai Ribadeneira, que se sentíu cautivado por o virxinal e seráfico candor do novicio e por as súas eximias virtudes, das que destacou singularmente a cega obediencia, como a quería San Francisco nos seus fillos, que deberían estar dispostos a changar os ravos envorcados coas follas metidas na terra e coas raices ó aire.Así se conta dun novicio a quen o seráfico Pai rexeitouo e non quixo admitir na Orde porque se negou chantar os ravos coas follas metidas na terra. Un cadavre que se deixa mover sin pór atrancos era pró seráfico  San Francisco a imaxe do perfecto obediente.
A humildade sin límites e sin afectación,a caridade seráfica e sinxela e a entrega ó servicio de todos, incluso dos máis insignificantes, ganábanlle ó novico a estima e afecto de todos cantos o trataban e consideraban un santo, xa  nos primeiros pasos dentro da Orde.
É un principio admitido que pra ser santo non é preciso facer milagres como San Antonio. Alguén dixo que abondaría probarlle a un profesor da Regra de San Francisco
o cumprimento da mesma pra canonizalo como santo. San Francisco Blanco foi un fiel
cumpridor dela, como vemos que afirman os seus biógrafos. Páceme citar novamente as palabras do autor anónimo da Crónica da Provincia de Santiago cando escribe que ”era tan home no siso que tiña abraiados a todos os demais relixiosos daquel convento”, palabras coas que coinciden perfectamente as do Pai Ribadeneira cando fala da ”común opinión que había no convento acerca da súa moita virtude”.
Unha especial providencia seguíu colocando a este ilustre relixioso en todo o camiño vital do santo ourensán, ata o seu heroico e definitivo holocausto en Nagasaki. Foi así como pudo tecer a narración da súa vida santa.
Dato que permite pensar na fama da que gozou en Vilalpando San Francisco Blan-
co o ano que ali vivíu é o interese posto por os relixiosos daquel convento e moi posiblemente por os mesmos fieis en conservar a celda ocupada por él, como unha reliquia, ata o mesmo momento da supresión do convento. En 1777 testemuñou o clérigo Don Pedro González de Ulloa acerca deste dato en relación có santo:
“Tomou o hábito e profesou no convento de Vilalpando onde me mostraron a súa
habitación” ( 12 ).



















                                            FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA
                                                 IMAXEN DE HERBÓN
                                                    PÁXINA ENTEIRA









































      Estraña que o cronista Pai Xacobo de Castro non aludira a este pormenor cando escribíu a historia deste convento de Vilalpando, nen cando escribíu a vida do santo mártir. Aliquando bonus dormitat Homerus.
Testemuño da pervivencia da memoria de San Francisco Blanco en Vilalpando ata o intre da supresión do convento en 1835, foi a colocación da súa imaxe no altar que o alcipreste Don Antonio Treviño construíu na igrexa do convento en 1806 en honor de San Antonio.
Na igrexa de San Nicolás venérase a imaxe de San Francisco Blanco, a quen se lle deron cultos solemnes no ano 1997 con ocasión do Cuarto Centenario do seu martirio. Alí puden vela e fotografiala no verau de 1999.
Como dato final quero engadir que foi o gardián do convento Pai Francisco de Suárez quen lle deu a San Francisco Blanco o hábito e a Profesión Simple, como quedou anotado na marxe do libro orixinal da Crónica anónima da Provincia de Santiago, escrita en torno ó ano 1614:
“Era gardián do dito convento [Vilalpando] o Pai Frai Francisco de Suárez quen
lle deu o hábito e a Profesión” ( 13 ).

5.- Historia do convento de Vilalpando
Foi este convento de San Francisco de Vilalpando un dos poucos que gozaban na Provincia de Santiago. Tiña dados ”esclarcidos fillos”, como anotou o cronista Pai Xacobo de Castro, aínda que non citou máis co Mestre Pai Alonso de Villanueva, ó penitente Pai Xoán Cabrera e ó famoso predicador Pai Antonio Baca, por falta de documentos que acreditaran máis nomes merecentes de memoria. Cabe dar tamén outros nomes de relixiosos conocidos. No ano 1454 o Pai Alonso de Palenzuela, futuro bispo de Oviedo, reformou este convento coa axuda do condestable Don Pedro de Velasco,conde de Haro, e do arcebispo de Santiago Rodrigo de Fonseca. Figura moi importante saída deste convento foi o Pai Lois de Vilalpando, famoso misioneiro fundador da Provincia Franciscana de San Xosé de Xucatán. Outros nomes conocidos no século XVIII, citados por Lois Calvo Lozano, son os dos Pais Froilán Alcobar, Francisco Casamanzana, Melchor Alonso, Antonio Castellanos e, como derradero gardián, o exclaustrado Pai Xosé Miguel,  morto en San Andrés de Vilalpando o 27 de setembro de 1837 ( 14 ).
En relación coa importancia deste convento de Vilalpando cita o Pai Castro as pa-
labras do cronista Lucas Wadingo, que calificou este convento como ”un dos máis autorizados da Provincia “. Da súa importancia e capacidade que tuvo, dan testemuño os capítulos que nel se celebraron nos anos 1460, 1471 e 1483. Acerca do celebrado en 1471 di unha anotación de partida do axuntamento:
“Este dia, por mandato dos sobreditos [señores] din a catro homes porque destapiaron as portas de Sant Andrés por mor das señoras mulleres do almirante e condesa de Benavente que viñeron eiquí ó capítulo xeral [provincial] dos frades pra que pudesen subir honestamente por a porta. Dinlles a catro homes 20 maravedís” ( 15 ).
Os condes de Benavente eran benfeitores e patronos da Provincia Franciscana de
Santiago; por eso, é comprensible a asistencia da condesa de Benavente á celebración deste capítulo. A esposa do almirante asistiría como acompañante da condesa.
O convento de San Francisco de Benavente foi lugar frecuente de capítulos provinciais. A celebración dun capítulo esixía gran capacidade material do convento onde tiña lugar a celebración, porque se reunían, agás dos relixiosos moradores, de ordinario unha trintena en Vilalpando, outros 50 ou máis, chegados dos máis de 40 conventos da Provincia.
Ós progresos do convento de Vilalpando colaboraron a vila enteira e os condestables de Castela, señores  da vila, sin  esquecer o cariño que a este convento lle tuveron tamén os condes de Monterrei. Tamén aludíu o Pai Castro ós “dormitorios, espacioso claustro e igrexa”, e á “desgracia de arder tres veces o arquivo e moita parte do convento” (16).
     O autor da Crónica de la Provincia franciscana de Santiago contemporáneo dos feitos, só fala do incendio do ano 1570:
“Por causa do incendio do convento de San Francisco de Vilalpando desastradamente no ano do Señor de 1570 e tamén do arquivo das súas escrituras antigas, pereceu a memoria non só do tempo da fundación do dito convento e dos seus primeiros fundadores, senón tamén das moitas escrituras que estaban nél de cousas particulares desta santa Provincia” ( 17 ).
Tamén este dato da existencia neste convento das moitas escrituras da Provincia é moi significativo a pról da importancia do mesmo.
Fala o Pai Xacobo de Castro da colaboración do pobo de Vilalpando na restaura-
ción do convento franciscano:
“O que non sé dúbida é que foi erixido por a devoción dos fieis deste pobo media
legua  distante  do  lugar  que  hoxe  ten, empeñándose  esta  vila  na  súa
fundación” (18).
Calvo Lozano non está dacordo có Pai Castro en que o convento foi fundado me-
dia legua distante do pobo. No demáis fai súas as palabras do Pai Castro:
“O mesmo penso en orde a súa reedificación, quedando a vila obrigada a darlle despois a este mosteiro de esmola  todos os anos 5.000 maravedís, como se fai constar no  arquivo do axuntamento” ( 19 ).
Pra sentar a súa opinión de que o convento de San Francisco foi fundado dende un
principio no sitio que ocupou sempre fronte a porta da vila de San Andrés, en oposición
ó Pai Castro, que supuxo unha fundación primeira a media legua do pobo, aduce como
probas unha carta en pergameo do Cabido de Sancti Spiritu do ano 1312, e o Becerrovello da  real colexiata de San Isidoro de León, do ano 1313, e un testemuño do cabido de 1317, que afirman con testes a existencia do convento xunto á lagoa redonda de  San Andrés, próximo á  porta da vila deste mesmo nome.
Nen os cronistas deron maiores datos acerca da historia deste convento, nen se conocen, posiblemente,a causa do incendio a que aluden os mesmos. O autor anónimo da  Crónica, que moi ben pudo conocer os datos por ser contemporáneo, fala do incendio ocurrido no ano 1570. O convento foi fundado extramuros da vila, pouco distante da porta de San Andrés, nun terreo de aproximadamente duas hectáreas, pegado á lagoa redonda de San Andrés, á beira dos camiños de Toro e o real de Valladolid, onde hoxe en día aínda existe o chamado Barreo de San Francisco.O autor da historia de Vilalpando defende contra o cronista Pai Xacobo de Castro, con documentos que parecen aceptables, que xa deixo anotados, que aquí foi o único lugar onde existíu o convento dende a súa primeira edificación.
Estaba o convento a carón da Lagoa Redonda de San Andrés, fronte á porta da vila do mesmo nome. Acerca da data de fundación acepta o Pai Castro unha anterior ó ano
1260, pero é posible e recomendable retrotraela ós anos do reinado de San Fernando, morto no ano 1552. Parece ben colocar a orixe do convento na primeira metade do século XIII, que foi o tempo do meirande esplendor de Vilalpando, poboado por máis de dez mil almas atendidas en dez parroquias. Os veciños estaban agrupados, agás os xudeus, en numerosas confrarias relixiosas (máis dunha trintena), entre as que destacaban a conocida como “Cabido de Sancti Spiritus”, na que se agrupaban a maoría de veciños, tanto seculares como clérigos. Como anota Calvo Lozano en base a documento conservado no axuntamento cando él escribía, a vila obligouse dar ó convento unha esmola anual de 5.000 maravedís. Amén deste, fíxolle esta confraria ós frades outros favores en repetidas ocasiós, ás que o convento respondeu con liberalidade. Os franciscanos traballaron incansables en todo tempo no desenrolo da vida relixiosa do pobo, que foi intensa non só na vila, senón tamén en todos os pobos da comarca. O que o Pai Castro narra do Pai Antonio Baca e da súa predicación nas igrexas, nos vieros e nos campos, podería dicirse de todos os relixiosos moradores que predicaban en todas partes e confesaban en todas as igresas e capelas, e animaban as procesiós con cantos, mesturados nas filas en medio dos fieis. Moitos fillos de Vilalpando pertenecían ás varias confrarias existentes no convento. Tuvo gran arraigo a Terceira Orde Franciscana, a confraria de San Antonio e, de xeito especial a confraria da Nosa Señora da Consolación, vulgarmente conocida como A Consolata. Tamén estaba radicada na igrexa conventual a confraria da Veracruz de gran influencia na vida relixiosa da vila. Aínda pervive hoxe en día esta confraria en VIlalpando. Famosa foi entre todas a imaxe de Xesús Nazareno, e aínda na actualidade rezan ó seu carón todos.
Algúns exemplos da estima do pobo de Vilalpando a pról dos franciscanos trainos Calvo Lozano sacados dos arquivos. Abonden algúns deles. Do ano 1473 existe a partida sguinte do axuntamento:
“A vintecinco dias do mes de marzo acordaron os ditos alcaldes rexidores, por servicio de Deus, dar de costa algunha esmola ós frades do mosteiro de San Francisco desta vila no tempo de coresma e pra que eles preguen a Deus por todos os veciños desta vila. Déuselles na maneira seguinte: Primeiramente déuselles media libra de pulpos (sic) que costaron 200 maravedís. Que se lles deu mais media ducia de tortas que costaron 85 maravedís.Que se lles deu mais seis cántaras de viño a  40 maravedís a cántara, que son 240 maravedís. Que se lles deu mais oito libras de queixo que costaron 320 maravedís” ( 20 ).
Tamén vale a este propósito o pago feito no ano 1524 por o mordomo do
axuntamento, xa copiado atrás, e moi ben pode darse por suposto que outras esmolas mais como éstas existirían en agradecemento dos moitos servicios feitos á vila por os francisciscanos.
Significativo testemuño da estima a pról de San Francisco, do convento e dos fran-
Ciscanos, deixouno Vilalpando marcado como en monumento aere perennius nas obras da grande reforma feita no ano 1510 na porta da vila de San Andrés. Na súa fronte estaba o convento a carón da lagoa redonda, onde agora fixeron novamente un xardín. Esta porta data do ano 1170, e dela fala Calvo Lozano.En 1510 mandou o axuntamento facer, di él, ”dous cubos coas súas ameas, barbacás, e seteiras,fachada esbelta e arco de medio punto de pedra granítica das canteiras de San Cristobo no teso de San Marcos”. Remata dicindo:
“No centro e na parte superior desta gran portada hai un nicho que gardaba a imaxe de San Andrés e ós lados dél, catro escudos, un dos susperiores de San Francisco e o outro dos cabaleiros do Santo Sepulcro, e os dous inferiores faxados con catro faxas que é o blasón de Vilalpando, e arredor dos escudos e do dito nicho, un gran cordón de San Francisco de Asís porque a dita porta miraba de fronte ó covento franciscano e tamén como demostración do afecto que sempre tuvo Vilalpando ó benaventurado San Francisco” ( 21 ).      







FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA E ÚN
VILALPANDO: PORTA DA VILA. CORDÓN FRANCISCANO







Este homenaxe de Vilalpando a San Francisco e ós seus relixiosos aÍnda perdura
como testemuño da estIma dun pobo agradecido a quen sempre considerou como benfeitores. Quedou ben demostrado con feitos, que entre os franciscanos e os fillos de Vilalpando existÍu en os tempos idos íntima compenetración, e que as vivencias relixiosas dos fillos de San Francisco foron plenamente asumidas por os veciños da vila. Unha desas vivencias máis características foi a devoción sentidamente cristocéntrica e mariana que sempre ensinaron os franciscanos .O Orde de San Francisco naceu baixo o sinal mariano, por eso unha das devociós máis defendidas por os franciscanos foi a crencia piadosa da Inmaculada Concepción de María Santísma ,no primeiro intre do seu ser natural. O pobo de Vilalpando vivíu en todo momento dende os tempos antergos esta doctrina piadosa que os franciscanos predicaban nos púlpitos e ensinaban nos confesonarios e nas rúas e na catequesis. Neste punto de piedade mariana destacou sempre Vilalpando;  por eso tuvo o singular privilexio de xurar con voto solemne defender esta doctrina piadosa en 1466, moitos anos antes de que nos pobos e nas universidades de España espertara o sentimento que acadou o triunfo desta doctrina piadosa.
O convento franciscano deu entusiasta acollida a moitos dos feitos máis destacados
da vila e das súas terra,s e as autoridades adoitaron de consún todas elas dende antigo celebrar alí as súas xuntanzas. Os documentos da chancillería de Vallaldolid contén a sentencia daquel alto tribunal ordenando nos días do condestable don Bernardino Fernández de Velasco ós alcaldes maiores de Vilalpando que non se entrometeran na celebración das xuntas que ”de tempo inmemorial” viñan celebrando os pobos da bisbarra no convento de San Francisco ( 22 ).
Foi no convento de San Francisco onde tuveron realidade os máis solemnes eventos da vida social desenrolados da  vila. Un exemplo pode valer por todos os demais. O axuntamento escolleu a igrexa do convento cando tratou de celebrar solemnes honras fúnebres por o condestable Don Pedro Fernández de Velasco, famoso conde de Haro, morto o 6 de xaneiro de 1492. Por o que pode ter de interesante, vale a pena copiar as partidas de gastos feitas naquela ocasión por o concello:
Os maravedís que se fixeron de gasto nas honras do condestabale noso señor de gloriosa memoria, que santa gloria haxa, este dito ano e na forma e maneira que se gastaron son estes que siguen:Primeiramente que se gastaron en seis medios panos de luto pra estrado e cama que se fixo no mosteiro do señor San Francisco, 4.530. Costaron tinguir os ditos panos 450 maravedís.
Seis arrobas e 14 libras de cera que costaron a 1.100 maravedís a arroba, e mais outras catro libras de cera que se gastaron nas ditas honras e mais o dia da metade do peso e con frescura da dita cera. Así é que monta en toda esta cera que así me han de recibir en conta os dito señores 7.840 maravedís.
Mais hanme tomar en conta 610 maravedís que se gastaron na madeira do estrado e cama coa clavazón que foi mester pro dito estrado e cama 698 maravedis e medio que lles din de pitanza ós clérigos que dixeron as vixilias por o condestable noso señor que santa gloria haxa, as que dixeron hoxe domingo 15 dias do mes de xaneiro do dito ano porque as honras que se fixeron por a súa señoria comenzáronse o sábado 14 dias do dito mes.
     O que se ofreceu o dito domingo por a alma do condestable noso señor que santa
      gloria haxa é este que debaixo se dirá nesta guisa:
Primeiramente cinco cargas de trigo que costou cada unha 9 reaias que montan 1.530 maravedís. Mais hanme tomar en conta os ditos señores 2.700 maravedís que costaron 20 carneiros a 130 maravedis cada un. Mais hanme tomar en conta os ditos señores 91 cántaras de viño que se gastaron nas ofrendas e na ”caridade”que se lles deu ós concellos que viñeron as ditas honras do dito señor condestasble que santa gloria haxa, que costaron a 20 maravedís a cántara, que montan 1.820 maravedís.
Viñeron o domingo que foron 14 dias do dito mes de xaneiro do ano as honras do dito señor condestable que santa gloria haxa todos os veciños da terra , os clérigos de cada lugar coas súas sobrepelices e cruces de prata. Deulles a vila a todos ”caridade”conforme uso desta vila queixo e tortas; que se fixo de gasto nesta”caridade” que se lles deu os ditos veciños de toda a terra o que sigue: Primeiramente gastáronse 2.967 tortas a tres brancas cada unha que montan 4.450 maravedís. Mais hanme recibir en conta os ditos señores 930 maravedís que se gastaron en queixo. Mais catro maravedís que costou a mecha pra facer as velas da cera miuda. Mais 70 maravedís que gastou de leña por o seu mandado pros concellos da vila e de Tapioles o dia que comeron as ditas honras. Mais 134 maravedís que por o seu mandado gastou en dar colación ós clérigos que dician as honras. Mais tres reais e medio que paguei por o seu mandado a 7 obreirosque foron cortar leña pras ditas honras. Mais 100 maravedís que paguei por o seu mando a duas carretas que trouxeron a leña pras ditas honras.Mais real e medio que  lles  din  a  tres  obreiros  que  limparon  as  rúas  por  onde  irían  os  das
 honras” ( 23 ).
Ademáis dos datos anotados acerca dos primeiros tempos históricos do convento de San Francisco de Vilalpando, pode que algún outro poda atoparse nos arquivos fora dos de Vilalpando, onde parece que nada novo existe.Pra ter datos históricamente seguros cómpre que cheguemos ós días de Arnau Solier, primeiro conde da vila, nomeado por o rei Enrique II “das Mercedes”.
Foi Arnau Solier un cabaleiro francés fillo de Enrico Solier, gobernador de Navarra,
e de Matilde Dugluesclin, irmá ela de Beltrán Duguesclin, condestable de Francia e xefe das ”Compañias Brancas” que viñeron con Enrico II de Trastámara a España pra pelexar contra o seu medio irmau Pedro ”o Cruel”. Como capitán das Compañías Brancas veu Arnau Solier.
Por concesión de Alfonso XI como premio dos seus servicios  e confirmación do seu fillo Pedro”o Cruel”, tiña as terras de Vilalpando Alfonso de Benavides, das que o desposuíu Enrico de Trastámara pra outorgarllas a Arnau Solier en documento firmado en Toro o 12 de novembro de 1369, con título de conde.
Arnau Solier foi un fervoroso devoto de San Francisco e dos franciscanos, con toda
probabilidade a causa do seu contacto con eles en Vilalpando. Foi conocido benfeitor do convento de San Francisco de Zamora, onde deixou esculpidas as súas armas e o escudo con inscriciós laudatorias. Aínda que non consta, é moi creible que tamén fose benfeitor do convento de Vilalpando, como se sabe que foi a súa filla María.
Arnau Solier casou en segundas nupcias con Beatriz Meléndez de Valdés, con quen
tuvo dous fillos de nomes Carlos e María. Arnau Solier morreu en 1585 na batalla de Alxubarrota (Portugal), pelexando valerosamente a pról da defensa dos dereitos do rei español Xoán I á coroa de Portugal. Sucedeulle o fillo Carlos no condado de Vilalpando, pero morreu ó pouco tempo sin sucesión e quedou no seu lugar María, muller de Xoán de  Velasco. Era este Xoán de Velasco camareiro maior do rei e cabaleiro moi rico e poderoso, señor de Medina de Pomar e de Briviesca, e da Casa de Salas e da Casa dos Sete Infantes de Lara. Morreu en Tordesillas en 1419 e foi enterrado no mosteiro de Santa Clara de Medina de Pomar, fundado por os seus devanceiros, Sancho Sánchez, adiantado de Castela, e Sancha Osorio Carrillo.
A María Solier débeselle a construcción da capela maior na igrexa do convento de San Francisco de Vilalpando, da que foron despois patrós os seus sucesores, os condestables de Castela. Na capela estuvo a súa sepultura cuberta con campa de mármore e con mosaicos e dous escudos tamén de mármore, que foron vendidos a un anticuario, como narra Calvo Lozano ( 24 ).
Morreu María en 1427 e quixo ser enterrada nesta capela maior do convento. Deixou ó Cabido de Sancti Spiritus unha manda piadosa de 2.000 maravedís pra unha misa que deberían cantar nesta capela os clérigos todos os luns do ano, e pra un responso a carón do seu sartego por a súa alma e dos seus difuntos. Desta manda de 2.000 maravedís aínda existe memoria nos séculos posteriores, como pode evidenciarse por o documento que trae Calvo Lozano de mediados do século XV:
“O señor condestable dáballe todos os anos ó Cabido de Sancti Spiritus 2.000 maravedís que pagaba o seu mordomo por a moi magnífica señora dona Maria Solier, dona que foi desta vila. Tiñan que celebrar os clérigos por ela unha misa cada luns no convento de San Francisco desta vila, correspondendo a cada misa medio real de esmola” ( 25 ).
Como parece desta partida, a manda era pagada cada ano por o condestable de turno.
     Así se deduce das palabras: ”o señor condestable dáballe todos os anos ó Cabido de Sancti Spiritus 2.000 maravedís que pagaba o seu mordomo”.
Tras María Solier herdou Vilalpando o seu fillo maior, Pedro Fernández de Velasco, varón de agudo entendemento e moi versado en letras. Vivíu retirado nos últimos anos da vida en Medina de Pomar, onde morreu en 1470. Foi enterrado no panteón que tiña a familia no mosteiro de Santa Clara daquela vila.
O convento de San Francisso de Vilalpando foi testemuña de moitos feitos solemnes durante a súa existencia. A gran capacidade material axonselloulle ós franceses servirse del como de edificio multiusos durante os cinco anos que estuveron donos absolutos da vila (1808-1813). Tuvérono dedicado a cuartel de cabalería e infantería. Non se sabe si os relixiosos conviviron con eles, ou abandonaron o convento. Dos moitos malfeitos e sacrilexios cometidos por a soldadesca nos lugares máis sagrados queda memoria en Vilalpando. Da igrexa do convento sacaron a imaxe do Xesús Nazareno e guindárona na lagoa redonda de San Andrés, de onde a rescatou o fregués da parroquia de San Andrés, chamado Domingo Rodríguez ( 26 ).
Da capacidade material da igrexa conventual é dato ben significativo a dedicación que se lle deu durante algún tempo pra cemiterio á capela da Orde Terceira de San Francisco, que non era máis ca unha pequena parte da igrexa ( 27 ).
Narra o cura Don Antonio Treviño como él con outros veciños foron levados o día
14 de setembro de 1809 pra seren testemuñas horrorizadas da masacre vengadora dos franceses no pobo de San Martiño, que queimaron totalmente, e aforcaron 14 homes que atoparon nel sin perdoar a un pobre galego que estaba alí de seitureiro. De regreso  a  Vilalpando, tuvéronnos encerrados na igrexa do convento o día 15 de
agosto ( 28 ).
Non se conocen outros datos históricos ata a desamortización e supresión do convento e expulsión dos relixiosos no ano 1835. Tras da expulsión foi expoliado o convento totalmente dos seus bens e repartidos coma si se tratara de botín de guerra. Despois foi vendido por catro perras chicas. Gran parte dos bens: imaxes, altares, cálices e libros foron levados á parroquial próxima de San Andrés. A igrexa servíu durante anos como igrexa parroquial de San Andrés, namentres que a súa, derrubada no ano 1836, se reedificaba novamente. O cadeirado de nogueira do coro foi levado en 1898 prá igrexa de Santa Maria. Durante algún tempo foi o convento sé da preceptoría da vila rexentada por o párroco de San Andrés, Don Francisco Barbero Mellado. Don Lois Calvo Lozano,anotador destes datos varios, tamén narra que  foi destinada a capela da Terceira Orde en 1833 pra enterramento púbrico, no canto que non se construíu un novo cemiterio ( 29 ).
Despois de vendido o convento, foi desaparecendo sin deixar rastro, ata o punto que os veciños de hoxe non conservan memoria del nen dos “esclarecidos fillos” que o habitaron, nen do lugar onde estuvo. Xa deixo feita memoria dalgúns deses esclarecidos fillos ós que é deber engadir ó Pai Francisco de Suárez, que lle deu a San Francisco Blanco o hábito e a profesión; ó Pai Marcelo de Ribadeneira e, finalmente, ó mesmo San Francisco Blanco, cuia habitación no convento conservaron coma unha reliquia os relixiosos moradores durante os anos de permanencia do convento, onde a ensinaban con santo orgullo, coma o testemuñou por escrito o sacerdote Don Pedro González de Ulloa, que pudo vela cando pasou por Villalpando, en torno ó ano 1777. En Vilalpando pedurou drante anos a memoria venerable do santo mártir. Xa fixen alusión ó retábulo e altar de San Antonio, construído por o alcipreste Don Antonio Treviño. Narra Calvo Lozano:
“Don Antonio Treviño, alcipreste de Vilalpando, mandou facer en 1806 en San Francisco un altar en honor de San Antonio coa imaxe de San Francisco Blanco na parte  superior. O  dito  altar está arestora colocado na capela do cárcere do
partido”(30).
      Noutra parte engade:
“No retábulo do cárcere desta vila e do seu partido, procedente do convento de San
Francisco hai un tarxetón coa imaxe deste santo mártir, taboleiro que formaba parte do retábulo de San Antonio de Padua costeado por o alcipreste desta vila Don Antonio Treviño” ( 31 ).





                        FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA E DOUS
                            SAN FRANCISCO EN VILALPANDO






Nada desto que escribe o autor existe hoxe en día. Do que foi cárcere do partido só existe o solar e ninguén dá razón do que pudo pasar có altar de San Antonio.Non é posible afirmar nada sobre si a imaxe de San Francisco Blanco que existe na igrexa de San Nicolás tuvo algo que ver có altar citado de San Antonio. Máis ben parece que non,porque aínda que Calvo Lozano fala no primeiro texto citado de imaxe de San Francisco Blanco, no segundo texto fala d e”un tarxetón coa imaxe deste santo mártir”. Si era  tarxetón, non era imaxe de vulto, como a que se venera na igrexa de San Nicolás. Neste suposto aínda é máis encomiástico da veneración que se tuvo á memoria de San Francisco Blanco en Vilalpando, onde existíu doble mostra da mesma.
Como evocación perenne do convento franciscano e como testemuño da devoción
do pobo de Vilalpando a San Francisco, aínda perduran o cordón franciscano na porta de San Andrés e o nome de Barriada de San Francisco no que foi terreo(solar)do convento.Aínda perduran tamén e perdurarán pra sempre xamáis as inmorrentes devociós á Inmaculada, ó Nazareno, a San Antonio... e tantas cousas máis.

6.- Estampa dun aspirante a santo

Dotes de santidade
    Dende agora nos inicios da súa vida relixiosa xa se pode fixar coma un caso singular, a etopeya espiritual de San Francisco Blanco, con base nas afirmaciós dos seus biógrafos e tamén na consideración de feitos nos que resalta de modo singular a súa personalidade. Tamén vale moito o exame das breves frases e expresiós súas que se conservan. Os que non existen son datos alusivos ás súas caracteristicas físicas do corpo, si ben hai que supolo de gran fortaleza, que o fixo capaz de resistir as febres cuartás que  o acometeron moi duramente pouco despois da Profesión Simple.
En relación coas dotes de virtude pódese dicir  que sobre o fondo dun  carácter candoroso, dóce e sinxelo, alegre, aberto e sereo, e repousado e grave, amosaba un alma ateigada de mansedumes seráficas, realzado todo por un dinamismo e un valor espirituais capaces de mover os montes. Azos de raigame sobrenatural amosou abondo en todos os actos da súa vida deica o derradeiro momento, no que demostrou todo o valor dun heroe e un coraxe casi divino ó meter a mau esquerda novamente na argola que a suxetaba na cruz, de onde se saíra por mór do impulso feroz do verdugo que lle atravesou o corpo coa primeira lanzada. Eran os azos daquel fillo das terras vizosas do Tameirón que seguiremos vendo aflorar na vida penitente en Vilalpando, e na enfermidade de cuartás que lle torturaron o corpo en Salamanca e Pontevedra, onde ademáis deso tuvo que loitar con barileza e sin esmorecemento pra lograr ser admitido na lista de misioneiros. Toda a súa vida de relixioso foi unha entrega xenerosa ata o final, cando a entregou nunha cruz chantada no  outarelo Nishizaka do monte Tateiama de Nagasaki.
Á mansedume, e humildade e disposición de servicio, uníanse en Francisco Blanco unha piedade sincera adornada con optimismo entroncado na “perfecta alegría” franciscana, ó estilo de San Francisco. Salientaron os biógrafos a pureza virxinal que envolvía e perfumaba con toques de ceo todos os seus actos, e enchía de felicidade a cantos se relacionaban con él. Este conxunto de boas calidades moveu ós superiores e compañeiros en Villalpando, Salamanca, Pontevedra, Sevilla, Cádiz, Nova España, Filipinas e Xapón, a pór as súas doenzas nas maus de tan garimoso enfermeiro cheo de caridade e de amor, non só cós relixiosos, mais tamén con todos os enfermos de calquera condición que eles foran.
Como  fundamento de todo canto se poda dicir da personalidade de San Francisco Blanco, cómpre copiar as palabras do seu primeiro e principal biógrafo, Pai Marcelo de Ribadeneira: 
“Ó  Señor con particular mercede, adoita dar a moitos mozos o que a vellez e as canas fan que sea gabado  nos vellos, coma se viu na prudencia e discreción e santa gravedade que repartiu no seu servo Frai  Francisco Blanco, pois, sendo ainda de pouca  idade cando morreu, que  non  pasaba  de vinteseis anos, podía na virtude ser mestre de  moitos  homes  de  canas  e  de moita ancianidade. E como eu conocín dende o ano do noviciado de particulares mercedes que recibiu do Señor, coma testemuña de vista serei quen pra dar certo e claro testemuño” ( 32).
      Nestas frases breves di o biógrafo, dicindo someramente, máis ca dicindo moitas palabras. A nosa arelanza sería conocer algunhas desas “particulares mercedes que recibíu do Señor” o santo  novicio durante o primeiro contacto coa vida relixiosa no ano do noviciado. É lamentable  que o biógrafo non fora máis explícito e dixera máis cousas do santo mártir. En realidade, algo máis sigue escribindo:
“Mostraba gran celo na garda da Regra, gustando moito tratar dela. En todas as conversaciós era notada a  moderación das suas palabras e a sua moita honestidade que resplandecia no  seu corpo e mais na alma. E dos que mais o trataban e conocian era tido por virxe e delo daba  testemuño a súa grande pureza e recollemento e o avantaxado espirito que  na  oración  e  no seguimento de coro e no exercicio da  virtude tiña. Moitas veces facía  tres disciplinas  tratando  ó  seu corpo con gran  rigorosidade.  E  co seu exemplo exhortaba a  todos a virtude, por o que era  tido  por anxo. E vivia con tanta quietude e paz interior  e exterior, que en ningunha ocasión a perdia nen se descomedia nunha soia palabra. Era  en todo  tan  exemplar, que de moitos relixiosos e seculares  era   tido  por  santo  e  verdadeiro  fillo  do  noso  Pai  San  Francisco, sendo moi pobre, obediente e castísimo en palabras e obras e  menospreciador  de  si  mesmo. E  traia  tan presente a Deus na súa alma, que cando dicia misa e rezaba o Oficio divino botábase ben de ver  que  estaba con temor reverencial por mor da presencia divina da que nacia ir medrando cada día en relixión. Deleitábase  tanto  coa  lectura dos  libros espirituais, que se bañaba en bágoas cando lia cousas de Deus.E pretendendo atraer ó servicio da divina maxestade, era tan agradable a todo  xénero de  persoas,que as súas palabras eran moi ben recibidas  e de moita consolación pra todos, logrando persuadir el máis só con  poucas  palabras  ca  outros con moitas. E resplandeceron tanto neste santo varón todas estas virtudes, que era común voz e fama entre os relixiosos que tanto gardaba a súa alma incluso de palabras e pláticas  impertinentes  que  endexamais  se  lle  oiu  palabra que fose  merecente de ser reprobada” ( 33 ).
     Tras desta exposición e pintura espiritual do santo, moi pouco será o que se lle poda engadir ás expresiós do Pai Ribadeneira, que acertou destacar na vida do santo martir a súa observancia da Regra franciscana, a moderación e prudencia nas palabras, endexamáis reprensibles, a honestidade, virxinidade, penitencia, pobreza,
 obediencia, exemplaridade relixiosa no rezo e na celebración da santa misa... Si dixera estas mesmas cousas outro que non fora o Pai Ribadeneira, Lector e Mestre en Teoloxía e amigo, compañeiro e perfecto conocedor do seu biografiado e das súas perfecciós, nos parecerían esaxeraciós piadosas máis propias do afecto fervoroso ca expresiós da verdade. E o que moito maravilla é que na súa austeridade de palentino acertara a captar a vibración sensible da alma do amigo galego que “se deleitaba tanto coa lectura de libros espirituais”, que as bágoas lle rodaban por as meixelas “cando lía cousas de Deus”.
       Eco das  palabras do Pai Ribadeneira son as do cronista Pai Xacobo de Castro:
“Era  de  xenio  moi  apacible, e de vida moi penitente, de oración continua, de  un  pudor  tan  virxinal, que se lle ruborizaba a cara coa  palabra  menos  leve que  diante súa se dixera. Era  estimado por  virxe  no  copo e  na alma. Era a sua pureza  de  tal grao que, non contento coa  sua debida e puntual custodia, celaba ó mesmo tempo o mais  mínimo  descuido que tocara na modestia allea. A quen  podía   reprender,  facíao,  pero  si  non  era  quen  a  facelo, afastábase pra  darse moitas labazadas e golpes na súa inocente boca, castigando en  si  a  culpa allea. Era, en  fin, en  todo  un verdadeiro fillo do noso Pai San Francisco e perfecto observante da súa santísima Regra” (34).
     Pra ser santo e gran santo no é preciso facer milagres como San Antonio. A quen cumpre a Regra de San Francisco basta con demostrar ese cumprimento pra dalo por santo.
     Das palabras que  en competencia laudable lle dedicaron a San Francisco Blanco cantos escribiron as vidas dos santos protomártires do Xapón, colíxese a alta estima que tuveron das súas virtudes, o que obriga a  pensar que si San Francisco Blanco non entregara a súa vida  na flor da súa idade, en vez dun santo mártir teríamos un santo confesor capaz de encher  moitas páxinas do nutrido santoral seráfico.
  
Dotes intelectuais de San Francisco Blanco
      Tras da enumeración das dotes espirituais de San Francisco Blanco, cómpre facelo tamén das súas dotes intelectuales, porque non é bastante pararnos na contepración admirativa dos feitos milagrosos dos santos. Si admiramos un san Antonio coma un portento de milagres, non debemos pararnos nesa contemplación sin examinar as súas dotes de sabio que o acreditan como Doctor da santa igrexa. Algo así pode ocurrir con San Francisco Blanco. Pode que non fora un xenio, pero foi un estudiante sobresaliente. Durante toda a súa vida foi estudiante no Tameirón, en Monterrei, no mar, en México, en Filipinas, e non descansou en Xapón deica facerse señor daquela dificultosa lingua. O ceo non lle deu tempo pra máis. Cando máis deullo pra sementar algo do que aprendera na vida de Cristo e da súa fiel copia o seráfico Francisco.
Falando das dotes intelectuais, os biógrafos ofrécenas eximias. O Pai Ribadeneira escribe:
“En moi pouco tempo botouse de ver o bo talento e habelencia  que  o  Señor lle   dera,  por o que  foi sinalado por estudiante de Artes e discípulo  do santo Frai Martiño. Sempre deu moitas mostras de que sairía moi ben  nos  esudios sin que por elo afloxaria na  virtude. E  por concurriren  nel  tantas  partes, foi ordenado en Mexico de todas as ordes pra ir a Filipinas” ( 35 ).
Acerca das súas calidades de estudiante  informou tamén Frai Xoán Pobre de Zamora:
“ Eu morei con  el  no  devoto  convento  de   Santa   Maria  de Churubusco, na Nova España, onde estudiou  as Artes, e tamen estuven na  sua  compañia  no relixioso  convento de  Manila onde podo dicir  con  moita verdade ser de todos os  estudiantes  o máis  recollido  e  calado  e  o  que mais aproveitaba o tempo. Nin por   maravilla   porfiaba   nen  teimaba   con  voces  como  facían  os  demais” ( 36 ).
     Aínda cómpre engadir as palabras do Pai Xeromo de Xesús:
“ Era de grande habelencia, discípulo do santo mártir Frai Martín de  quen  oira Artes  e Teoloxía. Veu a Filipinas cos cincuenta relixiosos que  salimos de España pra aquela terra no ano 1593, que  foi a mais  proveitosa  manada de relixiosos que saliron de España... Nesta  compañía  veu este santo mártir Frai Francisco Blanco”( 37 ).
      Magníficos son estos testemuños a pról das realidades que destacan do santo corista, tanto no que se refire ó aspecto humano coma ó relixioso. Estas boas calidades e a dedicación incansable ó estudio, vencelladas á súa capacidade intelectual, servíronlle pra apender o xaponés con facilidade suma ó pouco da chegada a Xapón, “cousa que en poucos se atopa”, en palabras do Pai Xeromo de Xesús. A propósito da facilidade coa que logrou San Francisco Blanco dominar o xaponés, escribíu o Pai Pedro Bautista que era
“estudiante  moi  hábil  que  se  lle  pega  a  lingua  coma  o  barro  a  unha parede” (38).
     E noutra parte insistíu:
“O Irmau Frai Francisco confesa xapones... chegara a ser admirable lingua  que se lle pega coma  o barro a parede... Non sabe tanta o Irmau Frai Martí coma o Irmau Frai Francisco” ( 39 ).
Con maior ou menor ventura, ambos a dous relixiosos puxeron toda a posible dilixencia, aínda que San Francisco Blanco ganou por puntos ó seu mestre de Filosofía e  Teoloxía. Narra o Pai Ribadeneira o entusiasmo que o mestre e o discípulo puxeron durante a travesía do mar Pacífico dende Manila ó Xapón en aprender o xaponés pra maior utilidade do seu apostolado:
 “ Este motivo fíxoos tan dilixentes e coidadosos  na  aprendizaxe da lingua, que  en  medio  dos traballos do mar  non  tiñan outro  entretemento mais ca tratar dela, pedíndolle a Deus con grande e continua confianza e perseverante oración. E viuse claramente  que o Señor os favoreceu, porque o santo  Frai  Martiño, en breve tempo, aproveitou moito na lingua, e do santo Frai Francisco dicíase que a bebia . E así, dentro de seis meses, que foi moito por ser difícil, entendeuse cos xaponeses e confesaba” ( 40 ).
 Anos despois do martirio de San Francisco Blanco,informando no ano 1610 por orden do Comisario Xeneral das Indias Pai Antonio de Trexo da importancia dos frades franciscanos no Xapón,deixou como broche final estas palabras relativas ó santo do Tameirón:
“O Pai Fr.Francisco Blanco,da Provincia de Santiago,que foi un dos gloriosos mártires  que padeceron no Xapón e aprendeu en breve tempo aquela  lingua tan
perfectamente que nunca acababan de alabarmo os  xaponeses cando  me falaban
del e do gran ministro que el era”( 41 )
 Abonden estos poucos testemuños pra dar idea con estes datos acerca da alta idea que todos tiñan do mozo misioneiro ourensano.

7.-   De novo nos estudios universitarios de Salamanca
Terminado o ano do noviciado e feita a Profesión Simple no mesmo convento de Vilalpando, nas maus do gardián Pai Francisco Suárez, quedaba rematada unha primeira etapa da vida relixiosa. A Frai Francisso Blanco abríanselle agora camiños novos que él non imaxinaba a onde o levarían. Doloroso debeu resultarlle verse afastado do querencioso convento de Vilalpando, pero a obediencia estaba indicándolle o novo destino en Salamanca, a onde o mandou o Pai Francisco de Alderete pra continuar os estudios interrumpidos por o ano do noviciado. Cómpre ter en conta as palabras do Pai Ribadeneira que non parecen de todo exactas:
“Feita a Profesión, por os seus humildes rogos, foi mudado ó convento moi recoleto
 de San Antonio de Salamanca” ( 42 ).
Razós graves tuvo o Pai Francisco de Alderete pra enviar moi pronto ó neoprofeso a outro convento distinto do de ViIalpando,sin ter en conta as Constituciós que ordenaban o seguinte:
“Os xoves coristas recén profesos quedarán ó coidado do mestre de novicios ata
 o seu ascenso ó sacerdocio, e non serán mudados do mesmo convento onde profesaron a outro antes de pasados dous anos a non ser por graves razós que deberán ser determinadas por o Ministro Provincial... E non serán promovidos ós estudios antes de pasados dous anos completos, computados a partir do dia da toma de hábito”.
Sin dúbida que esistiron as graves razós pra que o Pai Francisco de Alderete decidira mudar ó neoprofeso de Vilalpando a Salamanca antes dos dous anos preceptuados. Había á sazón en Salamanca dous conventos da regular Observancia -así se chamaban entón-: o conocido universalmente de San Francisco o Grande, famoso por a presencia nos seus claustros dos máis grandes representantes do saber en Teoloxía, Filosofía e Cánones, ó estilo dos grandes Mestres Pais Alfonso de Castro, Andrés de Vega e dunha verdadeira pleade de sabios; e outro fundado facía poucos anos, en 1564, por o matrimonio Francisco de Parada e Ana Martínez, coa advocación de San Antonio que estaba,como escribe o Pai Castro
“ fora das murallas da cidade de Salamanca cara ó oriente... sitio que é amplo e de dilatada vista” ( 43 ).
Dende os seus comenzos foi este convento de San Antonio un dos chamados de recolección; é dicir, dos dedicados en cada Provincia Franciscana á máis estreita observancia e disciplina regulares.Tamén foi dende a súa fundación casa de noviciado.
O que antes dixen de que as palabras do Pai Ribadeneira non parecen de todo exactas,é porque pode admitirse que o Ministro Provincial Pai Francisco de Alderete mandou ó neoprofeso a  Salamanca a realizar estudios, pero o que di dos humildes rogos só se pode admitir no senso de escoller o santo corista o convento de San Antonio con preferencia ó de San Francisco. Escolleuno pra vivir nel seducido, máis que por a fama científica do famoso convento de San Francisco, por a fama de rigor e de santidade que distinguía a este de San Antonio, no que habían vivido durante a súa corta existencia relixiosos de destacada virtude. Escribe o Pai Castro que nos seus días:
“ Todo o convento respira ainda  santidade dos  moitos  relixiosos que aquí viviron e aquí descansan. Foi sempre casa de noviciado cuia santidade acreditan os venerables Pais Frai Luis Maldonado, Frai Hurtado, Frai Xosé Vázquez...” ( 44 ).      
O mesmo Pai Castro escribe facendo súas as palabras do cronista Gonzaga:
“ A fundación deste convento foi pra satisfacer a devoción dos moitos que deseaban  tomar o noso santo hábito e pra que os recién  profesos  fosen instruidos  nos rigores da nosa Regra, perfeccionándose mellor na garda dos seus preceptos” ( 45 ).
      No momento da incorporación de Frai Francisco Blanco, era gardián deste convento o famoso Frai Luis Maldonado, graduado en sagrada Teoloxía na universidade de Alcalá de Henares, Lector de Artes no convento de Ourense e de Teoloxía nos de Santiago e Zamora. Afastado tras larga docencia a este convento recoleto de San Antonio có permiso do Provincal Pai Francisco de Alderete, foi elexido gardián do mesmo, oficio que renunciou pra arredarse ó convento de San Antonio da Póboa do Deán, onde volveremos encontralo  e velo relacionado íntimamente có noso santo mártir Francisco Blanco.
Dacordo có cómputo que  veño seguindo na vida do noso santo ourensano, debeu ocurrir a súa chegada a este convento a finais do ano 1588, tras a súa pofesión relixiosa no mes de novembro , como deixo dito. Aquí emprendeu a tarefa dos estudios con todo o tesón que adoitaba pór nas súas empresas e ó par dos estudios pudo consagrarse con toda intensidade do espírito á vida de mortificación, penitencia e sarificio, que iniciara xa nos días de estudiante en Monterrei, e que incrementou logo no noviciado e Vilalpando. Referidas ó estudio e actos de piedade e penitencia son as palabras do Pai  Marcelo de Ribadeneira:
“Nos estudios foi particularmente conocida a  virtude  deste  glorioso santo  de quen os seus condicípulos, mandados  por obediencia, dixeron  que  era  frade moi devoto e de oración e que na devoción a Nosa  Señora  era  moi particular,
xexunándolle todos os  sábados. E  tamen  xexunaba  algún  dia cada seman a pan e auga; e tan inmigo era das ofensas de Deus Noso Señor, que non só detestaba  os pecados mortais, pero incluso os veniais, e así cando escoitaba algunha palabra  ociosa  a  persona  a quen  non  ousaba  reprender, dábase de labazadas, como de moitos  foi  visto. E cantas veces oia mumurar, procuraba do mellor xeito que lle era posible irlle a mau ós que así  falaban. E si eran iguales ca él, dicíalles que non dixesen aquelo ou que mudasen de conversación. E si eran maiores, afastábase do sitio, porque ainda que non tiña mais ca vintedous anos, era moi aplicado a tratar cousas do espírito e devoción. E tiña gran sensatez no seu modo de proceder” ( 47 ).
Quero salientar a alusión que fai o cronista a unha información que existíu,  non consta con qué motivo nen cando nen onde, si ben debeu ter lugar en México, probablemente en relación coa súa vida no convento de Churubusco. Narra que os “seus condiscípulos, mandados por obediencia, dixeron que era frade moi devoto e de oración”. ¿A qué condiscípulos pudo referirse si esa alusión debeu ter lugar no ano 1591 ou 1592, conforme parece deducirse da alusión a 22 anos que tiña o santo?. Tamén fixo o Pai Ribadeneira alusión a datos tomados dunha información, como se colixe das palabras “como de moitos foi visto”, colocándose así fora de testemuña presencial.
Non se pode pensar e menos afirmar que o moito empeño posto nos rigores da penitencia, xunguido á intensa dedicación ós estudios, puderan ser causa da enfermidade que lle afectou gravemente ó pouco do seu ingreso no convento de San Antonio; mais que as palabras do Pai Ribadeneira puderan dar esta impresión cando escribe:
“Medrou  tanto no  fevor de  espirito que, esquecido da súa propia saúde, deixábase  levar  tanto do  lecer celestial que Deus pon na contemplación, que  co  traballo  corporal  e abstinencia rigorosa  e  regular  observancia coa que se vive naquela  casa, comenzou o primeiro  ano  a  enfermar gravemente, e  mais que mellorou  coa moita caridade que fixeron con él e coidado que  na súa curación se tuvo, quedou cuartanario. E véndose  na ocasión de exercitar a paciencia  e  merecer, estaba  moi  contento, por  entender que serviría ó Señor  de  estar   enfermo, sin  por eso afloxar en todo o  que era o seu servicio” ( 46).
Soamente nos quedamos có dato de que enfermou o primeiro ano da súa chegada  ó convento de San Antonio, nos meses do ano 1589. Os cronistas reducen as súas afirmaciós a deixar constancia da grave enfermidade que lle afectou, e das secuelas que as pertinaces cuartás deixaron no seu corpo e que moveron ós médicos a dar consello de mudalo urxentemente a outro clima máis propicio á saúde, como sería un porto do mar galego.

7.-  Baixo o ceo de Pontevedra, na beira do mar de Galicia
En atención á gravidade da doenza e ó dictamen médico de traslado pra salvar a vida do estudiante, decidiron os superiores, atentos ó ben do corista, dispensalo temporalmente dos estudios e envialo ó convento de San Francisco de Pontevedra, onde o corpo doente pudera recibir a influencia tonificante e o agarimo do clima do mar galego, e onde ó mesmo tempo pudera aproveitarse dos estudios de Artes existentes naquel convento, mais que os cronistas nada digan deste aspecto ( 47  ).
Non hai constancia do tempo que pudo pasar enfermo no convento salmantino de San Antonio denantes do paso a Pontevedra, aínda que o Pai Ribadeneira afirmou que caeu enfermo xa no primeiro ano; é dicir, como xa o apuntei, nos meses do ano 1590.
     Non son conocidos tampouco detalles da súa viaxe a Pontevedra nin do itinerario seguido, si ben e posible afirmar que seguíu a Ruta da Plata e a súa prolongación a través do Camiño de Santiago ou Camiño de Castela, montado nalguhna cabalería en atención á súa debilidade, coas necesarias paradas nos conventos da ruta, que moi ben puderon seren os de Zamora, Benavente e, muy  probablemente, o de Vilalpando. Seguindo a Ruta da Plata, faría viaxe cara a súa terra do Tameirón, lugar de paso obrigado, pra saudar ós seus familiares. Nas circunstancias normais sería esta unha concesión moi extraña ou case inaceptable na vida rigorosa dun relixioso franciscano profesor da vida recoleta, mais xa non sería tanto no caso dun enfermo grave que pasaba a carón da casa dos seus pais, a quen era de caridade outorgarlle un consolo tan natural. Foi un dato certo na vida de San Francisco Blanco que, xunto coa súa profunda virtude e rigor na observancia da Regra, conservou coma unha flor endexamáis murcha o afecto e cariño ós seus, a quen non esqueceu escribirlles unha carta -a derradeira- dende o camiño do seu calvario.
Non quero ser sentimental nesta ocasión, e deixo a que cada quen imaxine os pormenores daquel momento cós seus pais, Lourenzo e Elena.




                       FOTOGRAFÍA TRINTA E TRES
                       CONVENTO DE PONTEVEDRA















Chegado á fermosa cidade atlántica de Pontevedra a finais do ano 1590, deseguida sentÍu o fraternal recibimento de todos cantos moraban naquela  casa. Un dos relixiosos que mellor acollida lle deu, que mellor sintonizou con él, foi o Pai Xoán Álvarez, popular misioneiro que acostumaba ver a carón do seu pulpito ó pobo electrizado coa súa palabra cálida e emotiva. O Pai Xoán Álvarez tamén fora enviado a Pontevedra por semellante motivo de recuperar a saúde, ó mesmo tempo que de predicador oficial do convento, como era costume dentro da Orden Franciscana.
Moi pronto o Pai Xoán Álvarez intimou e sintonizou có xove corista, cuia virtude candorosa lle ganou o cariño. Todos os momentos que lles eran permitidos empleábanos en santas conversaciós, nas que o tema central e máis común era, a dicir do Pai Ribadeneira, o apostolado e as misiós, cuio ideal levaban ambos a dous moi metido na alma. E non deixarían algunha que outra vez de falaren de cousas da cidade de Salamanca, onde o Pai Álvarez estudiara Artes e Teoloxía. Pero malia a esos  estudios superiores, distinguíuse a Pai Álvarez por a atención ós enfermos, e sentíase “alegre nos traballos cós que solicitaba o alivio da enfermidade do próximo”, como escribe o Pai Xacobo de Castro na súa vida. Sin dúbida foi esta innata inclinación súa a remediar as necesidades do próximo o que máis o empurrou a intimar có xove estudiante enfermo e necesitado de agarimo e de afectuoso  acollemento, que en ninguén mellor podía atopar ca nun relixioso enfermo tamén e comprensivo.
O espírito maduro de Francisco Blanco foi sentíndose vigorizado dende os primeiros días da estancia en Pontevedra, onde veu atopalo novamente o Pai Marcelo de Ribadeneira  en forma providencial, como veremos. Así é como novamente podemos seguir a narracion que o historiador traza da vida relixiosa do corista, aínda con meiran-
de emoción, á vista das novas realidades espirituais que descubriu nel. Aquel noutrora novicio de Vilalpando continuaba fundamentalmente o mesmo, pero cunhas virtudes moito máis exuberantes e vizosas, que motivaron novas expresiós cheas de entusiasmo no historiador, ó verse cun xove tan perfecionado, que era o mesmo que conocera novicio, pero que non lle parecía o mesmo. A conducta que aflorara na vida do corista durante o ano do noviciado era arestora virtude plena, capaz de causar admiración.
      Continuaba Frai  Francisco Blanco coas suas prácticas de agarimoso enfermeiro de relixiosos necesitados de atención e cariño. Era atracción pra todos o trato afable e a súa conversacion meiga, como a dun serafin abrasado no amor de Deus e na caridade có próximo. Destas duas fontes abrollaba unha arelanza sin límites de ser misioneiro, pra levar por o mundo a boa nova do evanxelio e dar testemuño del coa vida si fose necesario. Tiña moi meditadas as palabras do divino Mestre, que dixo: “Ninguén ten amor máis grande ca quen dá a vida por os seus amigos“. O obstáculo capaz de impedirlle a realizacion do seu anhelo era aquela enfermidade do corpo que viña aturando e que lle atenazaba as forzas do corpo pra levar adiante os máis altos ideales de virtude.

8.- O benaventurado Xoán Navarrete fixo o milagre
Moi pouco despois da súa chegada a Pontevedra decatouse o devoto corista da profunda devoción que as xentes da cidade e de todo o seu arredor tiñan ó venerable Pai Xoán Navarrete, morto en 1528 e soterrado na igrexa conventual de San Francisco de Pontevedra. Durante anos recorrera este venerable relixioso franciscano aquelas terras pra levar a todos os recantos o culto e devoción ó Santísimo Sacramento do altar, no que lle inframara a alma en Torrixos a noble dama Dona Teresa Enríquez, conocida nos seus días por Loca del Sacramento, esposa de Don Gutierre Lope  de Cárdenas, Comendador  Maior de León, gran protector de Cristóbal Colón. Eran estes esposos señores da vila de Torrixos,onde edificaron con toda magnificencia un convento franciscano do que saíu o venerable Pai Xoán Navarrete con un burriño cargado de obxectos relixiosos dados por a Loca do Sacramento, e que él iría repartindo por as igrexas dos pobos de Asturias e Galicia. Tras varios anos de infatigable apostolado, pasando nunha das suas correrías apostólicas montado no pobre famelgo que lle levaba os útiles do culto divino por o sitio da Portela de Fabeira, perto do pobo de Portonovo, xurisdicción de Sanxenxo en Pontevedra, espantouse o animal e o servo de Deus caeu no chau con fractura da columna vertebral, de que morreu en breves días,quedando como recordo e testemuño, no mesmo lugar da caída,  unha fontela milagrosa da que dixo o Pai Xacobo de Castro:
“a cal é frecuentada hoxe en día de cantos lle van pedir ó santo en Portonovo o remedio das suas enfermidades “ ( 48 ).
Rodeado de  milagres foi levado o seu cadávre nunha barca a Pontevedra, onde foi recibido en triunfo. Narra o Pai Xacobo de Castro:
“Déuselle  sepultura que  se  conserva  hoxe, de  xaspe... Hoxe, por  unha esquina  a lápida  sacase terra do sepulcro da que fan unhas saquetiñas  que os  enfermos  pon  o pescozo, e a  devoción acada o remedio de varias e perigosas enfermidades...E  rarísima  a  vez  que  non  se vexan  enfermos na sepultura do santo,  quen  sacando  terra  do sepulcro pra  pola  ó pescozo encendendo velas a carón en agradecemento por o experimentado beneficio, e  moitos tumbados  encima da lápida, de cuio contacto confia a devoción o seu mais seguro remedio por mor dos méritos do santo“ ( 49  ).
Dende a data da súa morte en 1528, foi famosa a súa memoria na cidade de Pontevedra que, dende aquela, continuou celebrando romería en Portonovo todos os anos o 24 de xuño, día de San Xoán Bautista.





                   FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA E CATRO
                                          NAVARRETE

















      Narran os Pais Xacobo de Castro e Pedro de Salazar algúns dos moitos milagres obrados por o venerable no seu sepulcro e na fonte de Portonovo, e os dous remiten pra outros moitos ó arquivo do convento, “onde hai un libro das auténticas informaciós que se fixeron encol deste punto”. A merma da fe popular e a acción do tempo destruiron esta fonte de datos do arquivo conventual de Pontevedra.
Chegado a Pontevedra Frai Francisco Blanco, moi pronto se lle fixo familiar o sepulcro do santo Navarrete, a quen por recomendación do seu amigo, o Pai Xoán Álvarez encomendou a súa curación, coa promesa de descansar arriba do seu sartego os nove  días da  novena que ambos a dous celebraron e compartiron con outros moitos devotos do venerable, que de cotío visitaban o seu sepulcro. Como reposta á profunda fe posta por o enfermo corista na intervención do venerable Navarrete, obrou éste unha vez máis o milagre da saúde, que a  tantos outros devotos alcanzara. Non terminara aínda a novena, cando o devoto corista comunicou o restablecemento da saúde ó Pai Xoán Álvarez e a toda a comunidade franciscana, expectante de conocer as resultas daquela súa fe. A fausta noticia correu coma un lóstrego de contento por convento, e por a cidade de Pontevedra enteira, onde xa era notoria a presencia de Frai Francisco Blanco, a quen todos conocían por o frade santo e enfermo de cuartás.
Desta nova tamén enterou Frai Francisco ó Pai Ribadeneira non ben chegou éste a Pontevedra, como él mesmo escribe:
“E como lle durara a cuartá que lle era  estorbo pra pór en obra moitas boas arelanzas, vendo os feitos milagrosos que o santo Frai  Xoán Navarrete facía cos enfermos e persoas necesitadas  que viñan velar e ter novenas a carón do seu sepulcro, con moita fe  e  confianza  de que  por os  merecementos  deste glorioso santo  alcanzaría  a  saúde, túvolle novena a  carón da súa sepultura e  durmiu nove  noites  enriba  dela. E  foi o Señor servido que saise co que devecia, logrando perfecta saúde por intercesión do santo Frai Xoan, “como el mesmo me contou” ( 50 ).
                                   




        FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA E CINCO
CUADRO DE SAN FRANCISCO EN PONTEVEDRA            















Coa saúde recobrada  incrementou Frai FranciSco Blanco as penitencias e mortificaciós, e sentÍu revivir na súa alma, con meirandes enerxías ca antes, os degoiros que sempre tuvera de ser misioneiro e dar a súa vida por Xesucristo, amor da sÚa alma. Os feitos viÑeron demostrar que non eran veleidades xuvenÍs aqueles ardentes devezos, como logo veremos.

10.- Son poucos os escolleitos
Viñeran soando de cotío na alma do xove corista as palabras do divino Mestre: A més é moita e os operarios son poucos. Pedídelle ó dono da més que mande operarios á súa més. _Cantas veces lle pediría Frai Francisco ó Señor, dende os días en que camiñara en  Vilalpando por medio dos trigais ou á vista dos rabaños que pacían nos estensos restrollos, que enviara máis operarios?.  Él mesmo  lle  pediría  moitas  veces que  o escollera a él como traballador do seu bacelo e da súa més.
 Namentres que vivíu en Salamanca tuvo sin dúbida ocasiós de escoitar ós misioneiros chegados das Indias, narraciós das incontables almas que se iban ó outro mundo sin as augas rexenadoras do bautismo, equivalente na mentalidade relixiosa daqueles días á condenación no inferno. Aquelas narraciós serían pra Francisco Blanco acicates que lle aguilloaban a alma e acrecentaban a vocación misioneira que lle nacera xa coa  presencia dos franciscanos que conocera de neno no Tameirón, e  anos máis tarde no convento de San Francisco de Monterrei, e na ocasión da tonsura en Ourense e, finalmente, en Salamanca. Arestora seguía degoirando ser misioneiro, e de cotío pediríalle  a Deus poder chegar a selo. E non só ser misioneiro, mais tamén ser mártir, como tantos outros de quen lera ou escoitara con admiración as súas heroicas xestas na defensa e propagación da doctrina evanxélica.
Tamén nas meditaciós cotiás remoería na mente as palabras do Señor no 
evanxelio,sobre as moitas viúvas nos tempos do profeta Eliseo e os moitos leprosos nos de Elías,e que a ninguén atendeu Eliseo máis ca unha viúva de Sarepta, e a ninguén curou Elías fóra do sirio Naamán. Animaríase pensando na posibilidade de ser tamén él contado algún día no número dos escollleitos. Esperando contra toda esperanza, urxíalle nas súas oraciós ó benaventurado Xoán Navarrete, pidíndolle que intercedera diante de Deus, que se dignara conservarlle a gracia da saúde, que lle pedía con todo afervoamento. Aumentaba as mortificaciós e xexunos cotiás; algúns días a só pan e auga. Continuaba as disciplinas que algúns días as facía ata tres veces, pra ver si acadaba ser merecente da chamada do señor pra operario no seu bacelo. Aínda contra toda esperanza, esperaba que as súas arelanzas de ser misioneiro, que o conduciran a pedir o ingreso na Orde Franciscana , poderían ter realidade agora que tiña acadada perfecta saúde, e pensaba que debía demostarllle gratitude ó Señor e ó seu médico, o benaventurado Xoán Navarrete. Ó mesmo tempo atormentábanlle a alma os pensamentos que algunhas veces tiña, pensando que si denantes o gran impedimento pra lograr os seus anhelos fora  a enfermidade, agora o gran atranco era precisamente a saúde mesma. O seu futuro dependía da vontade do Ministro Provincial e da obediencia. O máis probable e case seguro era que, conocida a recuperación da saúde, lle enviara o Provincial en calquera momento a obediencia pra regresar a Salamanca a continuar os estudios de Artes, tronzados por a enfermidade. Estaba convencido de que él era un simple estudiante corista, sin ningunha das ordes sagradas fóra da tonsura, e que nen xiquera poíia ter a certidume de chegar algún día á ilusión suprema da ordenación sacerdotal.¡Meu Deus, pensaría, qué afastado estou do máis bonito e máis grande que anhela a miña alma!. E imaxinaría que os seus anhelos non pasaban máis alá da fermosa  ría dePontevedra, que tiña á vista de cotío dende a fiestra do convento de San Francisco. Soamente podía apoiar a súa esperanza nun milagre da divina providencia, que o regula e ordena todo; e remoería na mente as palabras de San Paulo cando di que a cantos temen ó Señor, todo lles coopera pró ben.

11.- ¿Pódese pedir o martirio?
Alguén pudera pensar que pedir  ser  mártir é como pedir a morte, e que non é lícito esta petición. Esta dúbida presentouse despois de fundada en Santiago de Compostela, alá nos anos xuvenís, a Organización Misionera de Estudiantes Franciscanos (OMEF) por un grupo de  estudiantes, algúns dos cales xa están gozando da presencia de Deus. Fíxose a correspondente  oración a  San Francisco Blanco na que se pedía a gracia de ser coma él misioneiros e tamén mártires. A algún pareceulle a petición un despropósito ou unha pretensión excesivamente  arrogante. Pedir ser misioneiros sí que é cousa ben boa, e aínda máis boa é pedir ser mártires...
Túvose o acordo de pór a oración e as dúbidas no conocemento do Ministro Provincial, á sazón o Pai Francisco Aldegunde, futuro arcebispo de Tánxer, pra súa supervisión e consello. A contestación foi unha conversa que nos fixo do ardente desexo de San Francisco por acadar o martirio, e da viaxe que fixo a Santiago con mentes de pasar a Marrocos a predicar a fe e dar a vida na defensa dela. A conclusión foi que si  é cousa  ben boa, e incluso santa, arelar e pedir ser misioneiros, porque misioneiro é ser portador da boa nova do evanxelio, pedir ser mártir aínda é máis boa, que é ser portador e testemuña  valerosa da boa nova có propio sangue. O martirio é proba, a máis grande de amor, dacordo coas palabras do mesmo Señor no evanxelio, que tantas veces consideraría e meditaría o santo padroeiro Franciso Blanco: Ninguén ten amor meirande ca quen dá a súa  vida por os amigos. A conclusión foi  que é cousa ben boa e santa pedir a Deus a gracia do martirio. E o dicir gracia quere dicir que chegar a ser mártir será sempre un don especial de Deus noso Señor.
     Sin acougo e sin desmaios rezaba á Virxe, súa adorada Señora, esperando, si fora preciso, un milagre dos moitos que ela fai a pról dos seus amantes devotos, entre os que se contaba él o derradeiro. Non en van era humildísimo, como quería San Francisco ós  seus filliños. Foi o seu mesmo biógrafo Pai Marcelo de Ribadeneira quen aproveitou a sua estadía en Pontevedra pra recoIler e anotar as realidades da vida do xove corista, a quen conocera pouco antes fervoroso novicio en Vilalpando. A  pintura que ofrece agora da súa vida en Pontevedra é unha copia aumentada de cuanto escribira do novicio de Vilalpando. Falou con admiración das súas grandes penitencias e dos rigorosos exercicios da súa devoción tenra a María Santísima, cuio oficio rezaba de cotío, fóra das outras devociós obligatorias a todo relixioso franciscano. Xa deixo consignadas as palabras do mesmo Pai Ribadeneira en relación coas dotes singulares do seu xove amigo. Agora en Pontevedra engade a axuda espiritual que atopou no beato Navarrete con estas palabras:
“ Con esta axuda espiritual e principalmente coa gracia divina, iba medrando en todo  xénero  de  virtudes,  sendo  o  primeiro  no seguimento do coro e moi dilixente pra  todo canto a obediencia lle mandaba, como o vin eu estando naquel convento” ( 51 ).
Aínda engadíu máis:
“ Véndose con saúde, considerouse con nova obligación pra non só afloxar no camiño da virtude, mais pra  recuperar o perdela, aumentando  as  horas  de oración  e  silencio, axudando  con moita  devoción as misas que lle era posible, multiplicando as devociós  vocais e  procurando coa  intercesión  da Virxe Santísima e de moitos  outros  santos  de  quen  era  particular devoto acadar gracia  pra  ser perfecto relixioso e verdadeiro fillo do noso Pai San Francisco  cuia  vida  milagrosa  tiña  moi  presente  na  súa  memoria  pra imitala” ( 52 ).
O Pai Castro incide nas palabras do Pai Ribadeneira e agrega aínda algo máis:   
“Era, en fin, un verdadeiro fillo  do  noso Pai  San Francisco e perfecto obser-vante da sua santísima Regra . E por todas estas esenciais virtudes xa era entre todos os  venerables  relixiosos daquela misión o santo corista de recomendación especial...As  súas  prendas  facíano  pra todos  amable  e  a sua   virtude,  respetuoso. Incluso  a  súa  discrección  o  engrandecía  con  toda razón, pois  afirman  que  era no  falar  notablemente  lacónico  e  conceptuoso” (53).
Na alma do xove corista  vencellábanse e irmandábanse as dotes de todo bó fillo de San Francisco. Có anhelo de ser bó fillo e imitador do Pai seráfico, aunábanse a devoción máis intensa ó Santísimo Sacramento do altar e o tenro amor á Virxe María, a quen  dende  neno aprendera a chamala Mamaíña do ceo, e a todas horas lle rendía o tributo de filial afecto. A este propósito engade o Pai Xacobo de Castro:     
“¿Qué  tarefa  sería a  deste serafín en voces e en vóos? Pra  María e  prá súa loanza era todo cánticos;pra Francisco e pra súa imitación,todo cruces” ( 54 ).

11.- ¿ Aínda máis milagres?
No momento no que Frai Francisco Blanco menos o esperaba, deparoulle a divina providencia a ocasión máis propicia á realización dos seus anhelos, coa chegada ó convento de Pontevedra, onde él estaba, da circular enviada por o Pai Pedro Ortiz Cabezas e coa chegada, máis tarde, do propio Pai Ortiz Cabezas, procurador da Provincia franciscana de San  Gregorio de Filipinas e comisario encargado de recoller unha misión de relixiosos franciscanos con destino a aquelas illas.
Procedentes dos distintos puntos misionais das Indias a cargo dos relixiosos da Orde, pasaban a España en casos de necesidade de máis misioneiros, relixiosos electos por os respectivos superiores con cartas crediticias dos bispos e dos gobernadores. Con todos esos documentos presentábase o relixioso nomeado e enviado diante do Comisario Xeral das Indias, con residencia na corte de Madrid, dotado de plenos poderes do Ministro Xeral do Orde  e do  rei español.  Con documentos de presentación firmados por o Comisario  Xeral das Indias, acudía o relixioso en cuestión, chamado Comisario de Misión, ó Supremo Consello das Indias, pra que o dotara de todos os medios necesarios pró cabal cumprimento da súa comisión. Unha serie de reais Cédulas encól dos máis distintos aspectos relativos á expedición da misión eran asinadas por o rei pra que o Consello das Indias lle entregara ó relixioso o diñeiro necesario pra os seus desprazamentos e pra o avío dos relixiosos, que estuveran decididos libremente a formar parte da misión, e pra os pagos de gastos dos viaxes de cadiún, e prá estancia á espera de navíos nos que facerse ó mar. Así dotado, saía o Comisario de Misión por as Provincias a realizar a leva de misioneiros, con todos os poderes sinalados, ós que ninguén podía facer oposición, nin sequera os Ministros Provinciais nas súas respectivas Provincias.

13.- Clarexando  feitos
Antes de seguir a  narrativa, cómpre aclarar unha serie de puntos en relación coa diversidade de manifestaciós da vida relixiosa dentro da rica floración da espiritualidade franciscana nos tempos pasados. Viñeron distinguíndose os relixiosos claustrais e os chamados observantes, aínda que con frecuencia vivían mesturados en conventos dunha mesma Provincia. Despois da fusión de ambas manifestaciós de espiritualidade no ano 1517, aínda quedaron dentro da observancia relixiosos observantes, recoletos e descalzos  alcantarinos, así chamados de San Pedro de Alcántara, seu fundador. Os recoletos e observantes convivían debaixo  dos mesmos  superiores Provinciais, si  ben en  conventos distintos; como por exemplo os de San Francisco e San Antonio de Salamanca, o primeiro observante e o segundo recoleto.
A éste pertencía San Francisco Blanco, aínda que no momento da nosa historia estaba de morador no convento observante de Pontevedra. Tamén existía en Salamanca o convento de San Xosé do Calvario, de relixiosos descalzos.
As Provincias descalzas como a de San Gregorio de Filipinas, si ben obedecían ós mesmos superiores xerales da Observancia, tiñan superiores provinciais distintos. Nunca xamáis sobrelevaron con perfecta resignación e obediencia esa dependencia ós mesmos superiores xerales  da Observancia, e de cotío anduveron con liortas e desavenencias. O que caracterizou con moita frecuencia ós franciscanos descalzos, namentres subsistiron, foi unha soberbia espiritual que moi fácilmente pode enroscarse sutilmente  baixo dalgunhas formas de áscesis relixiosa, e ser causa de non  poucos problemas. Foi  a soberbia espiritual, segundo o beato Xoán Escoto, a causa da caída de Luzbel ( 55 ).
     A Provincia descalza de San Xosé naceu por disgregación da Provincia Observante de Santiago, como case todas as Provincias de España. Moitos relixiosos da Provincia de Santiago ou se pasaron inicialmente á de San Xosé, ou foron incardinándose posteriomente nela. Esto explica que moitos dos grandes misioneiros de Indias saídos dalgunha das Provincias descalzas foran formados na Provincia de Santiago, como ocurríu cós Doce Apóstoles da Nova España, e moi concretamente có Pai Pedro Alfaro, primeiro superior da Provincia de San Gregorio de Filipinas, e con máis outros destacados misioneiros desta Provincia, como Manuel Reinoso, terceiro superior da mesma, Xoán de Plasencia, Antonio Barriales, Xeromo de Aguilar, Pedro da Esperanza, etc.
A Provincia de San Gregorio, disgregada da de San Xosé, dependía no relativo a personal relixioso totalmente dos relixiosos que  debería mandarlle ésta,  e  tamén a de San Paulo, sempre moi escasas ambas a duas de pesonal. Sobre todo, tiña adquirido a de San Xosé o compromiso de enviar relixiosos descalzos necesarios. A aludida escasez de frades descalzos explica que nesta ocasión da que vou falando tuvera a Provincia de Filipinas como procurador ó Pai Pedro Ortiz Cabezas, observante da Provincia de Santiago e misioneiro en Filipinas, a quen se comisionou pra reunir unha misión, a máis numerosa posible, con destino ás illas Filipinas, que vivía moi escasa de personal nestos momentos finais do século XVI, cando se ofreceran inmensas posibilidades coa apertura de China, Xapón, e de todo o oriente asiático á acción misioneira dos franciscanos das illas Filipinas.
     A Provincia descalza de San Xosé non estaba en condiciós de enviar o personal relixioso necesario, nin tampouco tiña vontade de acudir ás Provincias Observantes. As pequenas cativeces humanas tamén ten lugar nos claustros relixiosos.

14.-  A verdade non é calumnia
Pra demostrar que non estaban dispostas as Provincias descalzas a solicitar axuda das Observantes, nas que se conservaba o verdadeiro espírito de San Francisco, abonda conocer un pouco a historia. En carta de 23 de xuño de 1584, pidíu ó rei o Custodio da Provincia de  San Gregorio, Pai Xoán de Plasencia, fillo da Provincia de Santiago, que, en vista de que a Provincia de San Xosé non mandaba relixiosos, fora sinalado un relixioso distinto do Provincial pra que estuvera encargado de enviar misioneiros das “recolecciós reformadas”. Insistindo noutra  carta do 18 de xuño de 1585 manifestou que, si o envío de frades se deixaba a elección do Provincial “han ser moi poucos os que enviará, e éstos non serán os que acá son necesarios”. Non había confianza en ninguén. Este mesmo superior acudíu ó Comisario Xeral das Indias, que era relixioso observante, antepoñendo a condición: “que sempre se lle mande que os frades que enviase fosen recoletos” ( 56 ).
Ben estraña era esta condición que se lle impuña ó mesmo superior xeral, de que os relixiosos mandados fosen recoletos exclusivamente, como si o Superior Xeral non supera o que debía facer. E quen esto facía era o Pai Plasencia, fillo da Provincia observante de Santiago.
     En carta do 27 de xuño de 1588 escribíu ó rei o Pai Pedro Bautista, futuro mártir no Xapón:    
“Pois  que do  noso aproveitamento  depende o  das almas  que  se convirten, compéleme a suplicarlle e pedir  humildemente a vosa  maxestade  nos  mande proveer de frades descalzos da nosa Provincia de San Xosé. E si de outras viñeren, que sean recoletos celosos da nosa perfección e competentemente letrados” ( 57 ).
En todas estas manifestaciós amosa un secreto sentimento adverso a todo envío de relixiosos observantes. En todo caso se pedían relixiosos descalzos -cousa moi natural- ou cando menos recoletos celosos. Nada de observantes. 
O relixioso procurador nesta ocasión era e fora observante, fillo da Provincia de Santiago. Era moi natural que se dirixira a  ela pra extraer todos os relixiosos posibles. A colleita foi xubilosa, porque, como veremos, dos 51 relixiosos pasados nesta ocasión a Filipinas os 29 saíron dos conventos da Provincia observante  de Santiago, varós todos  eles de vida exemplar e de alta representación doctrinal e científica. Non foron ningún deles causantes de sucesos pouco edificantes ocurridos ó longo do século XVII. Na primeira vintena daquel século viuse na necesidade o Comisario Xera,l Pai Antonio de Trexo, de intervir ante o Consello Supremo das Indias por mór das queixas chegadas de Filipinas de parte dos descalzos contra os observantes que convivían con eles. No seu informe fixo constar o Comisario Xeral, tras de consultalo có Pai Marcelo  de Ribadeneira,  a sazón en España de regreso do Xapón, as razós de ter enviados a Filipinas relixiosos observantes:
“Estalles tan  ben  que algunhas  veces vaian  relixiosos da Observancia, que  penso  que  un  dos  principais  lustres  que tuvo aquela Provincia foi   por  os  frades   que  foron   das  Provincias  Observantes  porque, faltándolle  letras, é forza recurrir a elas, coma o fixeron o ano de 1592  que recurriron a Provincia de Santiago da que sacaron relixiosos gravisímos na nobleza e santidade, entre eles o Pai Frai Luis Maldonado, Lector de Teoloxia de moitos anos, quen foi por visitador daquela Provincia de Filipinas “ ( 58 ).
      A falta de datos, non interesa insistir na posible influencia que na decisión do Pai Pedro Ortiz Cabezas pudo ter o actual gobernador das Filipinas, Gómez Pérez Dasmariñas, natural de Betanzos, provincia da Coruña, deseoso de contar dentro da súa xurisdicción  con relixiosos da súa  terra natal galega. O certo é que este cabaleiro escribira ó rei en solicitude de franciscanos que escaseaban. O monarca contestoulle con data do 17 de xaneiro de 1593 manifestando o envío de 30 franciscanos coa promesa de enviar máis si se consideraran necesarios ( 59 ).
      Dacordo cós deseos deste gobernador, enviou á Provincia de San Gregorio de Comisario de misión ó Pai Pedro Ortiz Cabezas pra recoller misioneiros nas Provincias descalzas ou nas Observantes, si aquelas non fosen capaces de ofrecer os relixiosos suficientes.
      Conseguidos na corte todos os permisos necesarios na real Cédula de 20 de decembro de 1591, iniciou de inmediato o Pai Ortiz  Cabezas as xestiós nas Provincias descalzas pra axuntar nestas ós primeiros 30 relixiosos que lle estaban concedidos nela. Namentres realizaba esta primeira  recollida de misioneiros, non abandonou a idea de axuntar un maior número, e a tal fin conseguíu unha segunda Cédula datada o 9 de marzo de 1592, na que se lle concederon 20 misioneiros máis.
Como veremos adiante, foron embarcados os primeiros 30 nunha data moi próxima, posterior ó 16 de maio de 1592,  na armada de Xoán de Uribe, con toda a mala ventura de ter que regresar.
Namentres eran despachados estes 30 franciscanos, recorría o Pai Ortiz Cabezas, nos primeiros meses do ano 1592, os conventos da Provincia de Santiago, con escasos resultados nos primeiros momentos das xestiós  reclutadoras. Narra o Pai Xacobo de Castro que logrou tan poucos relixiosos na primeira xira por os conventos, que chegou desanimado de regreso a Santiago, disposto a  regresar a Madrid cando a divina providencia o fixo atopar na cidade do Apóstolo Santiago co Pai Maróelo de Ribadeneira quen, no só deu o seu nome á misión, sinón que aninou ó comisario a que dera unha segunda xira por os conventos. Nesta segunda xira chegou ó convento de San Antonio da Póboa do Deán, na península do Xobre, próximo á Póboa do Caramiñal, onde di o Pai Xacobo de Castro,
“vivía retirado o santo Frai Luis Maldonado pra quen trouxera Patente  especial do Reverendísimo das Indias anhelando que este venerable Pai fose o principal dos misioneiros que quisexen sacrificarse a Deus nas Filipinas” ( 60 ).
Contra o que adoita  afirmarse que  endexamáis a  segunda parte é boa, esta vez estuvo acompañada de xubilosos éxitos, porque
“agora xa foron trinta os que de diversos conventos se xuntaron no  convento de Pontevedra pra pasaren á nova conquista de Filipinas” ( 61 ).
A gran conquista nesta segunda volta foi o mesmo Pai Luis Maldonado, que na primeira non se decidira escoltar as propostas e deseos do Comisario Xeral, que lle enviara Patente especial de nomeamento de conductor daquela misión.
   

15.-  Vocación misioneira a toda proba
A presencia dos misioneiros no convento de Pontevedra afervoóu de tal modo a Frai Francisco Blanco na súa vocación misioneira, e tanto agilloóu os seus anhelos de martirio, que multiplicou non só as oraciós diante de Deus, senón as xestiós diante dos defensores da súa vocación, pra lograr ser contado no numero dos voluntarios. A súa esperanza acrecentouse coa presencia do Pai Luis Maldonado, de quen era ben conocido o xove corista dende os días da estancia de ambos no convento de San Antonio de Salamanca; o Pai Maldonado de  gardián e Frai Francisco Blanco de súbdito estudiante. Frai Francisco debeu ver os ceos abertos coa chegada deste santo varón, investido cós poderes máis amplos concedidos por o Comisario Xeral das Indias. Tras da súa longa docencia en Filosofía e Teoloxía, e do seu oficio de gardián en San Antonio de Salamanca, a súa patria, lograra  permiso o Pai Maldonado pra afastarse ó convento da Póboa do Deán, medio acouchado nun dos moitos meandros da encantadora ría de Arousa, pra sentirse alí libre das satisfacciós que puderan darlle os seus familiares en Salamanca. Dende os días da súa cátedra en Ourense, Santiago e Zamora, o seu nome era moi conocido e a súa virtude moi  venerada, o que moveu ó Comisario Xeral das Indias a remitirile a través do Pai Ortiz Cabezas unha moi amable invitación pra que se decidira presidir a misión que estaba sendo organizada pra Filipinas. Non se decidira nun primeiro momento, e unicamente cedeu na segunda viaxe que fixo a Póboa do Deán o Pai Ortiz Cabezas, apremado ó mesmo tempo por as suaves urxencias que lle fixo o Pai Marcelo de Ribadeneira e por os consellos do Pai Alonso Muñoz,  “seu íntimo amigo, con quen consultou a empresa” ,como di o Pai Castro. A divina providencia tiña arranxado todo pra que o ideal misioneiro de Frai Francisco Blanco pudera chegar ó seu perfecto desenrolo.
En Pontevedra xa tiña ó seu pról ó Pai Xoán Álvarez, que dera o seu nome á misión dende o primeiro momento, e despertou coa súa decisión deica o máximo a vontade do santo corista. Moitos relixiosos de venerable presencia e destacada virtude, procedentes dos distintos conventos, iban congregándose en Pontevedra con destino a Filipinas. Á vista daquel aguerrido escuadrón, tratou o xoven corista de incrementar as penitencias, xaxunos, mortificaciós e oraciós, pidíndolle ó Señor se dignara admitilo no número dos voluntarios. Tamén lle valeu moito, ademáis do Pai Xoán Alvarez, o Pai Marcelo de Ribadeneira, que chegara providencialmente a Pontevedra procedente da Póboa do Deán, na compañía do Pai Maldonado. Deles valeuse o dinámico xove pra que interpuxeran o seu valimento diante do Pai Luis Maldonado.
Nos seus programas e obras fai Deus surxir contradicciós nas que se acrecentan e axigantan. Pra confirmar que os anhelos misioneiros de Frai Francisco Blanco estaban programados por a providencia de Deus deberían ser sometidos á pedra de toque da contradicción. Con inxenio escribe o Pai Castro dos anhelos misioneiros do xoven estudiante:
“Como a ocasión lle parecia case imposible naquel momento vivia morrendo de esperanzas e morria vivindo de arelanzas” ( 62 ).
As pretensiós do xoven corista parecían punto menos que imposibles, por tratarse dun estudiante e sin ningún orde sagrado fóra da tonsura. Era unha pretensión con moi poucas posibilidades de éxito e con moi escasos precedentes. Pra unha expedición tan arriscada como a presente pensábase que eran necesarios varós maduros e de saúde experimentada a toda proba.   
Aínda que todos os relixiosos estaban abraiados da virtude e talento sobresalientes do xove corista, pensaban precisamente na súa xuventude e na falta de ordes sagrados e no inacabado dos estudios eclesiásticos,  tan necesarios pra loitar os combates que sin dúbida se ofrecerían na terra de infieis, ós que sería necesario ganar moitas veces en serias lides. Non faltaban algúns que facían argumento a base do dór de ter que deixar aquela xuventude tan prometedora sepultada nalgún lugar do inmenso mar. Que morrera un de maior idade e con saúde, entraba dentro do posible, nunha tan longa navegación, pero non querían arriscar unha vida en plena flor. E non faltaron algúns que, conocido o seu valimento no convento, alegaron o moi necesaria que era a súa presencia nel. Eran todos estos argumentos fundados en puros razoamentos humanos sin ningunha clase de animadversión contra o xove pretendiente sumamente querido de todos aqueles veteranos. Quen parece que có meirande ardor interpuxo os seus razoamentos foi o Ministro Provincial Padre Andrés da Nieva, disposto como estaba a mandarlle a Frai Francisco a obediencia pra que regresara ó convento de San Antonio de Salamanca a poseguir os estudios. Naquela ocasión puxéronse en movemento todos os razoamentos con forza humana, algúns deles posiblemente pra secundar a vontade do Ministro Provincial. Frai Francisco tiña a seguridade que obtuvera a carón do sepulcro do venerable Xoán Navarrete, de que alcanzaría todos os permisos necesarios, incluso o do Pai Provincial. A máis deso, contaba  cos bós oficios dos Pais Xoán Alvarez e Marcelo de Ribadeneira, sin omitir o do mesmo xefe e comisario da expedición, Pai Luis Maldonado, con quen de seguro falaría o xove estudiante en repetidas ocasiós naqueles días de estancia en Pontevedra. Non se pode negar que, aínda sin deixar de escoitar os razoamentos puramente humanos dos relixiosos, estaría o Pai Maldonado moi atento ás mostras máis  que evidentes de que en todo aquelo estaba o dedo de Deus. Si él decidía como comisario encargado da misión aceptar nela ó xove corista, ninguén sería capaz de estorbalo, nin o mesmo Pai Provincial. Si Frai Francico tiña ganada a vontade do Pai Maldonado, contaba có mellor dos padriños a pról da súa vocación misioneira. Como comisario da misión era a decisión do Pai Maldonado soberana e inapelable. Máis que posible é moi probable que xa naqueles momentos  tiña Frai Francisco a promesa do Pai Maldonado de que o levaría con él ás illas Filipinas. Contara ou non coa promesa do Pai Maldonado, non deixou o xove de manexar durante aqueles días de espera, namentres se iban congregando en Pontevedra os relixiosos de distintos conventos de Galicia, a influencia omnipotente da oración a carón do sepulcro do venerable Xoán Navarrete, onde tiña lograda a convicción de que era vontade de Deus o seu alistamento cós demáis relixiosos e, malia todos os razoamentos contra o empeño, non desmaiou en ningún momento, senón que continuou insistindo con quen conocía defensores da  súa vocación misioneira, ó mesmo tempo que acrecentou oraciós e mortificaciós a carón do altar do Señor pra  que él lles fixera patente a súa vontade a  todos aqueles relixiosos, e dera solución ás dificultades que se ofrecían ó seu alistamento misioneiro.

16.-   Solución baixada do ceo
Quen deu a solución definitiva foi  Deus, que é quen move os corazós e dirixe as decisiós dos humanos. Os razoamentos da prudencia humana non sempre son desagradables a Deus, que conta con medios pra sacar adiante os seus plantexamentos, aínda contra os dos homes. Él mesmo foi quen dixo por boca do profeta Isaías que os seus camiños non sempre son os nosos camiños, nen os nosos son sempre os que él acolle e aplaude( 63 )
Nada de reprobable había nos razoamentos dalgúns daqueles santos relixiosos, que unicamente cuestionaban o alistamento de Frai Francisco Blanco por sentimentos de piedade. Sentían lástima de quen lles ganara a todos o corazón e a vontade coa súa virtude e coas obras de caridade e servicio, ó mesmo tempo que todos anhelaban con todas as forzas da alma levalo na súa compañía.
As arelanzas de Frai Francisco salíanse de toda consideración humana, e pra acadar o apolo do ceo multiplicou disciplinas,xaxúnos,vixilias,oraciós,lágrimas e suspiros, como di o Pai Ribadeneira, pidíndolle a Deus que ordenase o que era a súa vontade. E a vontade de Deus foi un arranxo dacordo cós anhelos que o mesmo Señor fixera nacer na alma do seu servo e futuro mártir. Foi o Señor quen fixo manifestación da súa vontade, e todo aquel escuadrón de santos relixiosos consintiron unánimes en admitir ó xove corista por compañeiro, con xúbilo común. Narra o cronista Pai Castro:
“ Serenouse a tempestade que levantara con toda astucia o inferno, pois todos os relixiosos, conocendo un tesón tan inflexible en non desmaiar  nas mais humildes súplicas  e conocidas as  suas rigorosas penitencias, especiais  agora a este intento, con moito agrado viñeron en que se lle dese  praza pra nova conquista. Con imponderable  xúbilo da  súa alma, celebrou esta  non esperada fortuna e  así fixo a  súa  viaxe en compañia  daqueles venerables Pais deica
chegaren a Sevilla” ( 64 ).
Inmensa sería a felicidade que sentíu Frai Francisco cando supo a decisión unánime e xubilosa daqueles relixiosos de aceptar a súa admisión no número de escolleitos pra misioneiros de Filipinas ou onde a  obediencia o dispuxera. Era todo o seu sono feito realidade. Era o florecememto da gran ilusión da súa vida. Apenas podemos formarnos hoxe idea cabal do intenso afervoamento misioneiro que animaba o espírito dos españois do século de Ouro das conquistas. Na medida que os mariñeiros e conquistadores agrandaban o mapa da terra conocida, eran falanxes de misioneiros quen os acompañaban coa cruz, a fin de conquistar prá fe de Cristo naciós enteiras, reducindo a extensión do paganismo e da barbarie. E á fronte daquel movimento misional marchaba a Orde Franciscana con abultadas listas de frades que, como aguerridos almogávares da fe evanxélica, ateigaban as cámaras nos ventres das naos que surcaban o mar desconocido e cheo de riscos, sin medo a deixar a vida entre as olas, atentos soamente a seguir a chamada do Señor da gran viña.

17 . - Profesión Solemne
Os cronistas non aludiron pra nada a este punto importante na vida dun relixioso, como é a profesión solemne que necesariamente tuvo que facela Frai Francisco Blanco no convento de Pontevedra. Remata o ano do noviciado coa profesión simple. Despois de tres anos debe o relixioso facer a profesión solemne, si esa é a súa vontade, e os superiores da Orde o consideran digno dela. Eses tres anos que median entre a profesión simple e a solemne é como un período de proba pra que o candidato repense ben si a súa decisión é firme, e pra que os superiores consideren a conveniencia de darlle a defenitiva recepción na Orde. Ambas a duas partes ten ese tempo pra reconsiderar o feito da profesión simple. O profeso simple pode regresar libremente a casa dos seus pais, e a Orde está  na posibilidade de non darlle un refrendo definitivo. Despois de feita a profesión solemne, nen a Orde pode despedir un relixioso, nen o relixioso solemnemente profeso podía daquela abandonar a Orde. Os superiores da Orde podían facer có  relixioso o que a  conciencia lles aconsellara. ¿Qué ocurría si o relixioso non se comportaba dacordo coa súa profesión?. As propias ordenaciós relixiosas eran inexorables neste particular. Os castigos eran moi duros. Si o relixioso abandonaba o convento, sería considerado apóstata e buscado como calquera delincuente común e castigado dacordo có seu delito.





































                            FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA E SEIS
SAN FRANCISCO BLANCO NA IGREXA DOS FRANCISCANOS DE SANTIAGO
                    

























     Nas Ordenaciós da Orde Franciscana existen modelos de leis que castigaban ós delincuentes a comida de só pan e auga e a duras prixiós na cárcere conventual, cós pés e maus amarrados nun cepo. Si o delito era enorme, podía ser o delincuente condenado a pena, por exemplo, de galeras perpetuas, con un comité sempre ó seu canto, que o forzaría a traballar coma un galeote calquera. En todo caso a sentencia dictada por un tribunal relixioso tiña os mesmos efectos ca si fora dictada por un tribunal civil.
Si a profesión solemne debeu facela Frai Francisco Blanco tres anos despois da profesión simple, como estaba mandado, a igrexa do convento de Pontevedra foi o lugar onde ratificou, no ano 1591, o mesmo que prometera libre e xubilosamente en Vilalpando en 1588, nas maus do Pai gardián Frai Francisco Suárez.

18.-   Varón de sonos cumpridos
Excesivamente breve foi o Pai Ribadeneira na narración da viaxe dos relixiosos saídos dos conventos de Galicia, sin indicación sequera de si todos saíron de Pontevedra, dato que non é probable a pesar das expresiós pouco claras. Da lista oficial de relixiosos   se conclúe que, sumados os procedentes dos tres conventos de Muros, Noia e Póboa do Deán, citados por o Pai Ribadeneira seguido do Pai Castro, son 10. Hai que sumar os 2 do convento de Baiona, e os 4 de Herbón, pra completar o número de 16.
Cando fala do convento de Pontevedra, escribe o Pai Castro:
“Xuntouse nel aquel  evanxélico escuadrón de  apóstolos guerreiros que esta Provincia enviou contra a infidelidade da China, Filipinas, Xapón, Cochinchina, Camboia, Sián e outras bárbaras naciós” ( 65 ).
      Esta foi a gran ocasión que se lles presentou ós dous amigos, Xoán  Álvarez e Francisco Blanco, a que fixo referencia o Pai Ribadeneira:
“E cando eles vivían con grandes arelanzas de ofrecer a vida si fose necesario por seu Deus, veulles a  ocasión  a mau porque viron  entrar  por  o  convento
16   relixiosos... que  habia nos conventos recoletos de Muros, Noia e da Póboa” ( 66 ).
O mesmo Pai Ribadeneira parece dar como nacida a decisión final de Frai Francisco Blanco e do seu amigo Pai Xoán Álvarez no momento da súa chegada a Pontevedra en compañía do Pai Luis Maldonado, procedentes da Póboa do Caramiñal:
“E como chegamos a Pontevedra, o glorioso mártir Frai Francisco Blanco e o moi relixioso  Pai Frai Xoán  Alvarez determinaron ir connosco” ( 67 ).
Recollendo o dato do Pai Ribadeneira, anotou sin adición de ningunha clase o Pai Castro sobre a ocasión:
“Esta  foi  chegar  ó  convento  de  Pontevedra  deceseis relixiosos dos  conventos de  Muros, Noia e  da Póboa  que pasaban a  nova conquista de Filipinas” ( 68 ).
     Non resulta comprensible como esta alusión a deceseis relixiosos chegados a Pontevedra poda compaxinarse cós 30 ós que aludíu o Pai Ribadeneira noutra parte ó escribir: “E como nos xuntasemos alí 30 relixiosos...” ( 69 ).
       Con toda seguridade quixo aludir a todos os franciscanos reunidos no convento de Pontevedra, contando os novamente chegados pra ir a Filipinas e os que vivían alí no convento, de moradores ordinarios. Non se lle ve outra explicación. Por o demáis, tampouco o número de 16 corresponde satisfactoriamente cós datos históricos; por os que consta que os relixiosos galegos daquela misión foron 28 en total, anque non todos acudiron a Pontevedra. Consta que dous que saíron de Salamanca non pasaron a Pontevedra. O mesmo deberá dicirse dos saídos do convento de Ourense e, probablemente, dun saído do de Santiago. ¿Qué se pode pensar dos deceseis ós que se fai alusión?.

19.-  A través de montes, vales e chairas
     Narra o Pai Marcelo de Ribadeneira, cando trata da vida do Pai Luis Maldonado, que na  súa compañía fixo a viaxe por mar dende Pontevedra deica Cádiz. En cambio, cando fala de San Francisco Blanco, di claramente que fixo a viaxe por terra. Estas son as súas palabras:
“En compañía da maior parte de relixiosos que se xuntaran naquel santo convento, foise por terra a pe con hartas incomodidades, pasando  fame, sede e cansancio ata Sevilla...Sin eu merecelo, chamoume o Señor na compañía destes seus servos, e eu fun testemuña de vista de todo o dito” ( 70 ).
Claramente alude nestas palabras a que San Francisco Blanco saíu de Pontevedra xunto coa maior parte de relixiosos e fixo a viaxe por terra, a pé. É moito de lamentar este laconismo de palabras. Non se pode tomar esta expresión tan ó pé da letra que vaiamos a pensar que fixeron todo o camiño de moitos centos de quilómetros sin emprego dalgún medio. É de pensar que emplearían os medios de transporte público da época, como eran as dilixencias tiradas por cabalos de posta.
Un pequeno reparo á viaxe por terra narrado por o Pai Ribadeneira son as palabras do autor da Crónica de la Provincia franciscana de Santiago, que escribe:
  “Como o bendito mártir viu a ocasión tan a mau, tratou con aqueles varós apostólicos e predicadores do santo evanxelio e comunicoulles os seus desexos que tiña de pasar coelas ó Novo Mundo. Tomáronlle a palabra e dende alí escribíronlle ó Comisario pra que lle enviase recaudos cos que o santo relixioso pudese embarcarse. E ainda que hubo algunhas dificultades, finalmente chegou o despacho algúns dias  despois de habérense embarcado os demais relixiosos, pero él deuse tan boa maña en camiñar, que os alcanzou en Sevilla antes de se embarcaren” ( 71 ).
Aínda que nalgúns pormenores coincide esta versión coa do Pai Ribadeneira, non é creíble de xeito ningún o dato de que o santo corista se quedou só á espera do permiso pra viaxar. O Pai Ribadeneira, que foi testemuña inmediato e moi calificado dos feitos, narra ben claramente que Frai Francisco Blanco fixo a viaxe por terra e non só, senón ”na compañía da maior parte de relixiosos que se xuntaron naquel santo convento”. Non pode ser máis clara e circunstanciada a expresión ,e si deixo anotado o escrito por o autor da Crónica, é simplemente pra que ninguén tropece nesta. Súa
afirmación.
 O que máis chama a atención é que o autor da Crónica sin dúbida que tuvo a
 mau o escrito por o Pai Ribadeneira.
      O que ningún deles anota é a data da saída de Pontevedra, nen a ruta seguida, nen o número exacto dos que fixeron xunto con Frai Francisco a viaxe.
 Daremos por suposto que viaxaron a Ourense, onde se lles uniron os relixiosos saidos do convento daquela cidade. A Ourense chegaron na primeira xornada pra seguiren dende alí o Camiño de Castela ou Camiño de Santiago, que deixei descrito cando no comenzo desta obra falei da miña viaxe imaxinaria ata Tameirón. Seguir o Camiño de Castela ofrecía as facilidades do servicio de posta ó longo de todo o camiño. Dende Ourense non  puderon facer parada en ningún convento por falta de conventos na rota. Os únicos conventos franciscanos máis próximos na rota eran ós de Monterrei e, aínda máis alonxado, o de Bó Xesús de Trandeiras. Non lles foi posible  chegaren por quedar a desmau da rota oficial das dilixencias que recorrían o Camiño de  Castela, e por non formar parte daquela misión ningún relixioso daqueles conventos.Sobre todo no de Monterrei deixaba Frai Francisco ben gratas e  memorables lembranzas.





                FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA E SETE
          ALLARIZ: CRUZ DE CRISTAL EN SANTA CLARA






20.- Última parada no Tameirón
Unha parada case obrigada na viaxe sería no Tameirón natal, a onde chegarían todos os  relixiosos que formaban aquela carabana seráfica, pra pararen entre un e outro paso da dilixencia un pouco de tempo con aquela entrañable xente. Frai Francisco aproveitaría pra gozar do afecto no hogar paterno, pensando si aqueles momentos serían os derrairos que Deus lle concedía pra revivir vellas lembranzas da súa infancia feliz. Falaríalles ós seus pais Lourenzo e Elena da súa aventura misioneira que estaba encetando con toda a ilusión da súa alma, namentres que eles escoitaban con resignada complacencia sazoada con bágoas de dolor a veces, e outras de íntimo gozo. Os veciños maiores lembraríanlle esceas da nenez alegre dun picariño inocentemente traveso. Os compañeiros da infancia recordaríanlle, entre efusiós festivas e risas, os xogos de cando neno das ovellas. Eran recordos da infancia, que cantaría séculos máis tarde a cantora das despedidas saudosas e morriñentas. Os mozos traeríanlle  á memoria as apostas que fixeran no tempo da malla pra ver quen mellor manexaba o mallo, e no tempo da seitura da erva pra ver de quen manexaba mellor a gadaña e levaba o máis perfecto liñol.
Pero como todo termina  na vida, ás veces máis velozmente do deseado; e como unhas cousas piden turno a outras, urxía porlle término á visita do fillo ós seus pais e ós momentos de felicidade. Cumpría reanudar a viaxe.
 En medio de despedidas de bicos e apertas iniciaron aqueles relixiosos a saída da casa de Lourenzo e Elena pra iren ó encontro da dilixencia que recorría o Camiño de Castela.
     Moitos veciños foron acompañando ós relixiosos. Unha breve parada da dilixencia, namentres os novos viaxeiros subían. Logo fixo o conductor, sentado no pescante, estalar a tralla, e con un “arre” seco iniciaron os cabalos de novo o trote. A señora Elena, a mai, soamente pudo berrar o nome familiar de seu fillo Paquiño, e rompeu a chorar, pero sin lágrimas, porque xa se lle esgotaran. A carón da mai quedou tamén Lourenzo, o pai, mirando petrificado e sin palabras como se alonxaba a dilixencia envolta nunha gran poeirada que case non deixaba vela. Na alma de ambos a dous quedaban as palabras dos compañeiros de Francisco, que lles dixeron discretamente que seu fillo era un santo. Deixo á imaxinación, sin máis palabras, comprender o que puderon significar pra os pais e pra Frai Francisco Blanco aqueles momentos...
     Pouco despois a poeirada  do camiño, xa distante, ocultou pra sempre a dilixencia.
Unha voz amiga susurrou na orella de Elena: Señora Elena, ímonos prá casiña. Con todos os veciños que os acompañaban, Lourenzo e Elena iniciaron o regreso, namentres que o seu fillo Paquiño proseguía a viaxe enchendo os ollos húmidos por as bágoas, coa contemplación da paisaxe aínda familiar, que nunca máis volvería ver. A dilixencia recorreu a paisaxe de A Canda, que separa Galicia de Zamora e do resto de España. A mente de Paquiño iría remoendo silenciosamente e con bágoas nas meixelas expresiós como estas:¡Adeus,Galicia...! ¡Adeus, Tameirón...terriña...
 periquiñas... paxariños...

21. -   Chegada ó porto de embarque.
Non son conocidas as etapas do camiño que o Pai Ribadeneira describíu con trazo breve, como camiño cheo de  “moitas incomodidades, pasando fame, sede e cansancio deica Sevilla “. E si así o dixo, foi porque así llo dixeron en Sevilla os relixiosos protagonistas da viaxe por terra, especialmemte o seu bó amigo Frai Francisco Blanco.
     A fame, sede e cansancio, é moi fácil e moi natural imaxinalos naquel grupo de misioneiros nos días do centro do verau, nos meses de xullo e agosto, nos que lle cadrou realizar aquela longa peregrinaxe a través das resecas e ásperas terras de Zamora e dos aciñeirais salmantinos, poboados de porcos ibéricos e das desertas chumbeiras de Extremadura, a  terra  ríspida dos  aguerridos  conquistadores. Algún dos viaxeiros  alabaría máis dunha vez as agarimosas terras de Galicia. Aquel viaxe pudo moi ben ser unha boa proba da resistencia do bravo grupo de galegos, e un aperitivo prás duras  xornadas que logo lles ofrecería o mar...




                            FOTOGRAFÍA NÚMERO TRINTA E OITO
                      OURENSE: CONVENTO DE SAN FRANCISCO
                                         1.- VELLA VISTA XERAL
                                         2.- VISTA PARCIAL DO CLAUSTRO
                                         3.- PRESBITERIO DA IGREXA

NOTAS


  (1).- ADO, Órdenes, Legaxo 7 – 1- 0 (1544 – 1643) (s / f).
  (2).- Con toda certeza existían naquel tempo informaciós sobre a vida e costumes dos pretendentes a ordes                   sagradas, incluída a mesma tonsura, como estaba ordenado no concilio de Trento. Dos moitos testemuños vou            citar soamente dous. O primeiro do ano 1565, derradeiro ano do bispo Don Francisco Blanco en                          Ourense,consérvase entre os papeis da parroquia de San Pedro de Casteloais:
           “Na cidade de Ourense, dentro dos pazos bispales dela, a once días do mes de xaneiro de 1565 anos, o moi            Ilustre e Reverendísimo señor Don Francisco Blanco, bispo de Ourense, do Consello da súa maxestade, fixo e mandou chamar e axuntar os moi Reverendos señores licenciado Represa, o seu provisor, e Alonso de Losada, coengo e predicador na igrexa catedral desta cidade, e a Frai Bieito de Santa Ana, predicador en San Francisco, e fíxolles saber cómo o beneficio curado de San Pedro de Casteloais, sito na mestrescolía de Caldelas, por simple renunciación que fixera nas maus do provisor o procurador Velasco Fernández,clérigo e último rector que foi do dito beneficio. A este beneficio foi nomeado por Diego de Oca
Sarmiento,Macías Álvarez e, despois de examinado, todos tres  unanimemente conformes dixeron que achaban ó dito Macías Álvarez non ser hábil nen suficiente para poder ter o dito benefico e cura de almas. E firmárono dos seus nomes” (ADO. Curatos de presentación laica, 9 – 6 – 82 (1592).
           Outro documento é do bispo Don Xoán de Sanclemente do ano 1580:
“Eu o licenciado Landeras, provisor na igrexa da cidade de Ourense...Por canto o beneficio e igrexa parroquial con cura, de San Xoán de Laza, desta diócese, está vaca e vacou por fin e morte de Alonso de Villar.. e para que se provea de clérigo e rector conforme ó decretado no santo concilio tridentino foron postas e fixadas cartas de edictos..., e por min vistos os ditos recaudos, mandeino examinar por os         examinadores sinodais, por quen foi aprobado e dado por idóneo e suficiente.Atento esto e acatando a habelencia e suficiencia de vós o dito Alonso Álvarez... fágovos  título por imposición do meu bonete. En fe desto vos mandei dar e librar  a presente carta de título, firmado dos nosos nomes e selada co selo das armas da súa señoría Reverendísima e refrendada do escribán infraescrito. Dadas na cidade de Ourense, dentro dos pazos bispales a 22 días do mes de xullo de 1580 anos. E logo incontinenti o dito Alonso Álvarez dixo o Credo en latín e dixo que así como o dicía coa boca, o cría de todo corazón e que detestaba e anatematizaba todas as herexías que están detestadas por os santos cánones e santos concilios  e as detestadas por o santo concilio, e xurou a Deus noso Señor as súas ordes de ter obediencia ó noso moi santo Pai. E firmouno do seu nome”(Curatos.Presentación laica, Legaxo 9 – 6 – 202 (1580). San Xoán de Laza).
  (3).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 561.
  (4).- CASTRO, II, 45.
  (5).- CHRONOLOGÍA HISTÓRICO LEGALIS, I, 284 – ORBIS SERAPHICUS, III, 301.
  (6).- RIBADENEIRA, 561.
  (7).- ANÓNIMO: Crónica de la Provincia franciscana de Santiago, Madrid, 1971, c. 82, 267.Obra escrita cerca           do ano 1513 (Citarei ANÓNIMO).
  (8).- LUIS CALVO LOZANO: Historia de la villa de Villalpando, Zamora, 1981.
(9).- Os fillos de Vilalpando ten a convicción de que foi alí onde se fixo por primeira vez  no ano 1466 o              xuramento de defender a Inmaculada Concepción de María Santísima, pero xa con anterioridade o fixeran      Madrid en 1438 e Huesca en 1450,como eu o deixei demostrado en 1954 no meu traballo histórico:              Juramentos concepcionistas de las Universidades españolas en el siglo XVII, publicado na                             Revista “Archivo Íbero Americano”, pp. 867 ss.
(10).- ANÓNIMO (7), c. 84, 273.
(11).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 561 – 562.
(12).- ULLOA, 109.
(13).- ANÓNIMO, c. 84, 273.
(14).- CALVO LOZANO, 301.
(15).- Ibidem, 153.
(16).- CASTRO, I, c. 31, 202.
(17).- ANÓNIMO, c. 65, 221.
(18).- CASTRO, I. c. 31, 202.
(19).- CALVO LOZANO, 81.
(20).- Ibidem, 153.
(21).- Ibidem, 169.
(22).- Ibidem, 275.
(23).- Ibidem, 151.
(24).- Ibidem, 256.
(25).- Ibidem, 256.
(26).- Ibidem, 185.
(27).- Ibidem, 303.
(28).- Ibidem, 318.
(29).- Ibidem, 304.
(30).- Ibidem, 307.
(31).- Ibidem, 215.
(32).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 561.
(33).- Ibidem, lib. 5. C. 3, 563.
(34).- CASTRO,II,50
(35).- RIBADENEIRA, 563.
(36).- JUAN POBRE, O. F. M., 287 (Vid. Bibligrafía. Citarei POBRE).
(37).- JERÓNIMO,Relación, AFH, XVIII, 580.
(38).- SAN PEDRO BAUTISTA, O. F. M. (Citarei BAUTISTA). Carta al Padre Francisco  Montilla. 11 de outubro           del 1596; AIA, VI, (1916), 268.
(39).- Ibidem:Carta al Padre Marcelo de Ribadeneira,17 de novembro de 1596;AIA,VI,285.
(40).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 562.
(41).- RIBADENEIRA:Informe.Asinouno no convento de Banevante o  23 de novembro de 1610 , AIA,                       7,(1920),293-300
(42).- Ibidem, 1. c.
(43).- CASTRO, I, 239.
(44).- Ibidem, 1. c.
(45).- Ibidem, l.  c
(46).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 563.
(47).- Ibidem, 1. c.
(48).- MANUEL RODRÍGUEZ PAZOS, O. F. M.: Los estudios en la Provincia  franciscana de Santiago. Madrid,          1967, 30. O autor, amigo da alma, dá como existente en Pontevedra Estudio de Filosofía na data indicada.            Falando deste convento de Pontevedra escribíu o Pai Xacobo de Castro:Redúxose a observancia no
           provincialato de Frai Alonso Gutiérrez ano de 1564, e desde aquela é casa de Artes” (vol. 1, 195). Vimos          atrás como Francisco Rodríguez Blanco fixo os estudios de Artes neste convento de Pontevedra.
(49).- CASTRO, II, 648.
(50).- Ibidem, 622 – 629. O venerable Pai Frai Xoán Navarrete foi fillo da Provincia  franciscana de Castilla. Tamén    escribíu a súa vida o Pai Pedro de Salazar na súa Crónica e historia da fundación e progreso da Provincia    de Castela...”. Madrid,1612. Edición fotolítica dirixida por Odilo Gómez Parente, publicada en “Crónicas          Franciscanas de España”. Madrid, 1977. A cita, nas páxinas 149 – 154.
(51).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 564.
(52).- RIBADENEIRA, lib. 6. C. 3, 562.
(53).- Ibidem, lib. 6, c. 3, 562 – 563.
(54).- CASTRO, I, 239.
(55).- CASTRO, II, 50.
(56).- Probas do pesado que lles resultaba ós relixiosos descalzos a dependencia dosSuperiores Maiores da           Observancia son as frecuentes liortas por eles protagonizadas ademáis das anotadas no texto. É posible engadir   algo máis,aínda que non sea nada edificante. Na primeira vintena do século XVII tuveron lugar nas illas       Filipinas entre os relixiosos franciscanos graves diferencias que esixiron a intervención en 1611 do Pai Antonio   de Trexo, Comisario Xeneral das Indias. As queixas remitidas ó Consello das Indias por os desclazos forzaron   a este superior a intervir diante do Consello Supremo cun informe sobre os motivos razonables do envío de   relixiosos da Observancia. Os descalzos de Filipinas non tuveron acougo mesturados cós da Obsevancia   e   os escándalos durante os anos do século XVII obrigaron á corte española a intervir no ano 1654 e ordenar por    mor da paz que saíran das Filipinas os relixiosos observantes(AIA,XIII,(1929),104-116).
         No 5 de xullo de 1656 deron os descalzos gracias ó Consello das Indias por a prohibición de pasar relixiosos
          observantes a Filipinas ó mesmo tempo que pedían relixiosos descalzos(AIA, XVIII, (1931), 595-596). Pedían
          peras ós olmos, cando era notorio que asProvincias descalzas de España non  andaban sobrantes de personal.
(57).-AIA, VI, 416 e XIII, 106.
(58).- BAUTISTA, (18): Carta a su magestad el rey. Manila, 27 de xuño de 1588 (AIA, III, 410).
(59).- AIA, XIII, 116.
(60).- AGI., Filipinas, 339, ff. 30 – 32.
(61).- CASTRO, II, 85.
(62).- Ibidem, 85. Non foron 30 os relixiosos chegados a Pontevedra naquela ocasión.En realidade saíron da Provincia de Santiago só 28 e algúns deles saíron doutros conventos sin pasaren por Pontevedra. Con máis fundamento debe pensarse no número de 16 de que falan os Pais Ribadeneira e Castro. Tamén o autor da Crónica da Provincia franciscana deSantiago escribe que “chegaron ó convento de San Francisco de Pontevedra deceseis relixiosos dos apostólicos que tiña a Provincia, que chegaran alí có despacho que traían  para embarcárense naquel  porto”.A alusión a 30 frades no convento de Pontevedra puderon afirmala os cronistas contando os relixiosos pertenecentes á propia comunidade do  convento de Pontevedra.
(63).- Ibidem, 48.
(64).- ISAÍAS,55,6-9
(65).- CASTRO,II, 50.
(66).- Ibidem,I, 195.
(67).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 563.
(68).- Ibidem, lib. 3, c. 19, 257.
(69).- CASTRO, II, 48. Eiquí alude abertamente o cronista ós 16 relixiosos chegados ó convento de Pontevedra (Vid.    Nota 52). Pero este número de 16 non  coincide có dos saídos dos tres conventos citados. A lista oficial dá    como saídos do convento de Noia cinco; de Louro, un; e da Póboa do Deán, península do Xobre, catro. En    total son só dez.
(70).- RIBADENEIRA, lib. 3, c. 19, 257.
(71).- Ibidem, 1. c.
(72).- ANÓNIMO[7],c. 84, 274.






No hay comentarios:

Publicar un comentario