miércoles, 8 de febrero de 2012

San Francisco Blanco

                                                                              Odilo Gómez Parente
                                                                      Da Real Academia de Doctores de España
SANGUE  DE MÁRTIR GALEGO  NO BERCE  DO  SOL

         SAN  FRANCISCO  BLANCO


















                                                  
                                                            OURENSE,2002



                                                     


                                      ANOTACIÓNS DA IMPRENTA



                       Depósito legal...etc,etc.


                                                Permiso eclesiástico do bispado  de Ourense
                                                              Moi Ilustre Don Francisco Vizcaia González
  Chanceler 
 Ourense .2 dc febreiro de 2001
                                                          
                                                              
































          





                     
                                                      OURENSE,2002



              P   R   Ó   L   O   G   O

    
Dende que o relator e poeta grego Ion de Quíos incluise nos seus escritos pequenos anacos biográficos dalgunhas persoas como Sófocles ou Pericles, ou dende que Tácito metese a súa renomeada biografía do emperador Tiberio na súa descomunal historia do Imperio  Romano, os empeños biográficos aparecen sempre vencellados co afán dos historiadores..

         Nembargantes, a nova concepción da historia, comezada nos anos 30 por Marc Bloch  e  Lucien  Fevre a carón da revista Annales, o xénero da biografía foi deixado de lado polos historiadores e abandonado xeralmente nas mans de académicos e polígrafos. A biografía era considerada coma unha forma de historia tradicional, máis sensible á  cronoloxía que ás estructuras e ós homes grandes e importantes que ás masas. A biografía levou deste xeito unha vida paralela á marxe da nova historia que, pola súa banda, deixaba de ser “episódica” e  elitista para interesarse polas masas, pola xente humilde  e polos marxinados.

A dicir verdade, nunha historia que pretende ser total, os personeiros que destacan polo seu  talento ou pola súa representatividade non poden ser ignorados, nin deixados de lado, senón que deben  ter o seu lugar nunha historia, á que nada lle debe ser alleo e na que ninguén pode ser persoa non grata.

Neste sentido é un merecemento de incalculable valor o que  Don  Odilo Gómez Parente,a marxe das modas historiográficas,guiado só polo amor á súa e o primeiro momento, tiveron grande interese en recolle-la memoria preciosa das testemuñas da fe que derramaron  o seu sangue,deixando constancia deles nos martiroloxios.”O sangue dos mártires é semente de cristiáns”, escribiu Tertuliano.
”Un signo perenne,pero hoxe particularmente significativo,da verdade do amor cristián é a memoria dos mártires. Que non se esqueza o seu testemuño.Eles son os que anunciaron o Evanxelio dando a súa vida por amor.O martirio constitúe a demostración máis elocuente da verdade da fe,que sabe dar un rostro humano,incluso á morte máis violenta,e que manifesta a súa beleza aínda no medio das persecucións máis atroces”(Xoán Paulo II, Incarnationis mysterium.Bula da convocación do Gran Xubileo do ano 2000,nº 13).

 A ofrenda da vida de Cristo ata o martirio é  ”unha herdanza que non se debe perder e que ha ser transmitida para unha perenne obriga de agradecemento e un  renovado propósito de semellanza”.
        
Co título Sangue de mártir galego no berce do sol. SAN FRANCISCO BLANCO  aparece con anos de retraso a homenaxe particular que Don Odilo tiña  pensado dedicarlle ó santo de  Tameirón no IV Centenario do seu martirio ocurrido no monte Tateiama,preto da cidade  xaponesa  de Nagasaki o día 5 de febreiro de 1597. Nembargantes,por razóns de tipo lingüístico e informático,expostas no prólogo, esta  obra non puido ser impresa daquela, retrasándose a súa publicación ata hoxe.
        
A bibliografía dos protomártires de Nagasaki é moi abundante e as primeiras manifestacións publicistas remomtan ó tempo inmediato tralo martirio. Estes mártires tiveron os seus cronistas entre os que foron os seus amigos e confrades e que por gracia divina libráronse do martirio. Entre eles destacan o franciscano de orixe galega  Frai Marcelo de Ribadeneira, Frai Jerónimo de Jesús, o Dr.Antonio Morga, lugartenente do gobernador das Illas Filipinas, e os xesuitas Luis Fröes, Pedro Morejón, Luis de Guzmán, Alessandro Valignano, etc. Esta febril actividade publicista estaba encamiñada a conseguir a beatificación, que tivo lugar o 19 de xullo de 1627 no pontificado de Urbano VIII.

         Trala  beatificación, os protomártires do Xapón seguiron sendo motivo de interese en gran parte da cristiandade ó longo de 235 anos, ata que o Papa Pio IX mediante  a bula Infinitus, promulgada o 8 de xullo de 1862 en presencia de 216 bispos, dos que 24 eran españaois, os elevou ó honor dos altares.

         Despois da canonización, o interese polo coñecemento destas testemuñas da fe cristiá non decreceu, senón que foi en aumento, aparecendo incluso algunha publicación en alemán. Ó mesmo tempo e gracias ó encomiable labor dos franciscanos  Frai Lorenzo Pérez  e Frai Atanasio López principalmente, foi publicada moita documentación inédita nas revistas franciscanas Archivo Ibero Americano e Archivum Franciscanum Historicum. Seguindo esta tónica, con motivo do IV Centenario (1997) foron moitos os autores que fixaron a súa atención nos mártires de Nagasaki. Os nomes de G. Calvo  Moralejo, M. Juanes  Palacios, M. A. González  García, F. García  Gutiérrez, J. I. Tellechea  Idígoras, I. García  Tato, etc.son unha cativa mostra da longa lista de estudiosos destes mártires.

         Con estes antecedentes, todo parecía indicar que a temática estaba esgotada e pouco ou nada quedaba por estudiar.  Que isto está lonxe da realidade demóstranolo Don  Odilo  Gómez  Parente  na presente obra.  Polo xeral  e salvo algunhas excepcións  (Marcelo de Ribadeneira, Francisco de Santa Inés, Enrique Flórez, Eustaquio María Nenclares,I. García  Tato...),  os devanditos autores tratan ós 26 protomártires de Nagasaki en conxunto, centrándose principalmente nos últimos días da súa vida, dende o 8 de decembro de 1596, data na que foron detidos, ata ó 5 de febreiro de 1597, na que foron crucificados, sen esquecer as causas que deron  tamén lugar a este martirio: enfrontamento entre xesuitas (portugueses) e franciscanos (españois), envexa dos bonzos xaponses, o episodio do galeón San Felipe, codicia e soberbia do emperador Taicosama... Gómez Parente, tendo en conta a abundante documentación publicada e a ampla bibliografía, consegue artellar a historia de tódolos mártires,en  xeral. Pero co emprego da xeografía, xenealoxía, microtoponimia, antropoloxía e etnografía do contorno concreto e próximo da aldea de Tameirón (A Gudiña - Ourense), berce de San Francisco Blanco, consegue unha imaxe histórica solvente e por ende aceptable, deste mártir.  É certo que esta forma metodolóxica quizais lle resulte pouco sólida a quen está imbuído do positivismo historiográfico.  Mais non é menos  certo  que  aínda  que  estes  detalles  “non  son  exactos  literalmente..., son  certos cunha certeza  superior;  son  máis  verdadeiros ca verdade desnuda, xa  que  son a  verdade  expresiva e parlante...” (E. Renán)

         O presente traballo ten, ademais, o mérito de estar escrito na variante dialectal do galego que se fala nas aldeas do contorno próximo a Tameirón. Deste xeito, o texto acada un realismo e un enxebrismo que non tería no galego oficial. Neste sentido e por riba de toda apoloxía, son ven certas aquelas palabras de Vicente Risco: ”Ti dis: Galicia é ben pequena.  Eu dígoche:  Galicia é un mundo... Pode ela ser pequena en extensión. En  fondura, en entidade  é  tan  grande  como  queiras... Poderala andar do norte para ó sur, do leste  ó  oeste, e nunca  a  has  dar  andado, porque cada vez que a andes atoparás cousas novas.”

         Congratulámonos por este  logro, ó mesmo  tempo que  felicitamos a Don  Odilo  Gómez Parente, quen no máis enxebre espíritu  franciscano do  “Nihil volitum  quin  prevolitum” soubo  trocar o amor  na mellor  ferramenta  do entendemento. Amor ó seu curruncho, á súa xente, á súa historia... Amor a Igrexa que  coa súa  veneración  dos santos, recoñece  que o  misterio  de Xesucristo exemplarízase e faise visible nalgúns homes e mulleres, auténticos reflexos da santidade e da  bondade divinas.




                                                                  Julián  Barrio  Barrio
                                                                       Arcebispo de Santiago de Compostela       



                                                               PÁXINA EN BLANCO























































BIBLIOGRAFÍA

AGOSTIÑO DA ÓSIMO: Storia dei ventitre mártiri giaponesi. Roma. 1862
ANTONIO DAZA, O.F..M.: Crónica de la Orden de Frailes Menores.Valladolid,1611
ATANASIO LÓPEZ,O.F.M.: San Francisco Blanco, mártir del Japón.“El Eco Franciscano”,Santiago de
        Compostela,XXXII. (1915), 360-362
BERNARDINO DE AVILA GIRÓN: Re1ación del reino Nipón,en “Archivo Ibero Americano”. Madrid, vols.XXXVIss.
CESÁREO GIL ATRIO: Santos gallegos. Santiago.1976
CONSTANTINO BAILE,S.I.:Un siglo de cristianismo en el Japón. EditoriaI Labor, 1935
DOROTEO SHILIING: Anotaciós a  Re1ación del reino Nipón de Bernardino de Avi1a Girón.
ENRIQUE FLÓREZ, O.S.A.: España Sagrada,vol.XVII, Madrid. 1763.
EUSEBIO GÓMEZ PLATERO,  O.F.M.: Catalogo biográfico de los religiosos franciscanos de la Provincia de  San Gregorio. Manila, l880
   EUSTAQUIO MARIA DE NANCLARES:Vidas de los mártires del Japón.Madrid,1862.Imp.de la Esperanza´,de Antonio Pérez Dubrull
                                            FELIPE ROBLES DÉGANO: Vida y martirio de San Pedro Bautista. Madrid, 1927
   FELIPE ROBLES DÉGANO: Vida de San Pedro Bautista, embajador, misionero y mártir en el Japón Historia     de la primera entrada de los españoles en aquel imperio. Edición preparada por Francisco López Hernández.Avila,1997
                                       FRANCISCO MONTILLA, O.F. M.:Relaciones e Informes
  FRANCISCO DE SANTA INÉS,O.F.M.: Crónica de la Provincia de San Gregorio Magno de Filipinas
      Manila,1892
  ISIDRO GARCÍA TATO:Vilanova.Outarelo y San Francisco Blanco.Monografía histórica de una parroquia gallega. “Instituto de Estudios Valdeorreses”. Cuaderno Monográfico Nº 30. Año 1999.Gráficas Loureiro.S.L., 866 pp.
JACOBO DE CASTRO,O.F.M.: Arbol Cronológico de la Santa Provincia de Santiago.Salamanca l722.           Edición fotolítica dirixida por Odilo Gómez  Parente, publicada en"Crónicas Franciscanas de España", vols.1-3 Editorial Cisneros.Madrid,1976.
     JERÓNIMO DE JESÚS, O.F.M.: Relación del glorioso martirio de seis frailes descalzos de San Francisco y
              veinte japones que padecieron a 5 de febrero de 1597 .Publicada na Revista "Archivum Franciscanum
              Historicum",vols. XVI~XXI.Quaracchi(Italia).
     JUAN MUÑOZ DE LA CUEVA:Noticias históricas de la santa iglesia cathedral de Orense.Madrid, 1727
     JUAN POBRE DE ZAMORA,O.F M.: Historia de la pérdida y descubrimiento del galeón San Felipe .Edición y estudio por Jesús Martínez Pérez,O.F.M.Avila,1997
    JUAN DE SAN ANTONIO,O.F.M.: Chrónica de la santa Provincia de San Pablo. Salamanca, 1728
               JUAN DE SANTA MARÍA,O.F.M.: Crónica de la Provincia de San José. Madrid,1615-1618                   
               JUAN DE SANTA MARÍA,O.F.M.:Relación del martirio. Publicada en España no ano 1599
                               LEONI O.F.M.:L'aureola seráfica. Vite dei santi e beati dei tre Ordini de San Francesco. Quaracchi.1898
                               LORENZO PÉREZ,O.F M.: Biografía de San Francisco Blanco,en "Archivo Ibero Americano" vol. XII
                               LORENZO PÉREZ,O.F.M.: Cartas y Relaciones del Japón,en"Archivo Ibero Americano",vols. IV-XVII,anos 1913-1923.Publicada despois en catro volumes. É  unha obra imprescindible, rica en documentos.
                              LUCAS WADINGO,O.F.M.:Annales Minorum. Publicouse modernamente en Quaracchi(Italia) en 1934.
                            LUIS FROES,S.I.:Relación do martirio(en latín).Nagasaki,5 de marzo de 1597.É obra mal intencionada que aproveitaron os Bolandistas na"Acta Sanctorum”,vol IV. París, l863 e xeralmente os xesuitas que trataron das  misiós do Xapón.
LUIS GUZMÁN,S.I.:Historia de las misiones que han hecho los religiosos de la Compañia en la India oriental y en los reinos de la India y Japón. Alcalá de Henares,l60l. É obra non recomendable como fonte histórica.
ARCELIN                                                MARCELINO DE CIVEZZA,O.F.M.:Storia delle misioni francescane.Roma-Prato,l857
MARCELO DE RIBADENEIRA, O.F M.: Historia de las islas del archipiélago y reinos de la  Gran       
Tartaria,Cochinchina,Malaca,Sián,Camboya y Japón.Madrid,1601.Obra reeditada por Xoán  Rodríguez    de Legísima,O.F.M.Editorial Católica 1947
ODILO GÓMEZ PARENTE: San Francisco Blanco,apóstol  y  mártir del Japón, Publicó  Revista”España            Misionera” ,1947),359-380
 PEDRO GONZÁLEZ DE ULLOA: Descripción de los estados de la Casa de Monterrey en Galicia,1777.
    Edición, prólogo y notas de José Ramón Fernández Oxea.”Cuadernos de estudios gallegos” Anejo                 
   IV.Santiago  de Compostela,1950
PEDRO RAMOS PUMAREGA,O.F.M.: Novena y  compendiosa vida del glorioso  mártir  gallego San       
Francisco Blanco.Tip.”El Eco Franciscano”,1915.”Asociación Amigos de San Francisco Blanco”do   Barco de Valdeorras fixo unha reedición en 1997 con ocasión do  IV Centenario do martirio.do santo
AFH.= ARCHIVUM FRANCISCANUM HISTORICUM (ITALIA)
AIA = ARCHIVO IBERO AMERICANO (MADRID)
NOTA:Esta bibliografía esencialmente é a mesma de que me servín na primeira Vida de   San Francisco Blanco.Algunhas obras posteriores e interesantes irán citadas en nota no lugar correspondente.   
                             









































                                     VERBAS DO AUTOR 

        Chegou moi tarde ó meu conocemento o propósito que existía nos organizadores das celebraciós cuadricentenarias do martirio de San Francisco Blanco de publicar no mesmo ano 1997 unha vida do santo coa ocasión de tan xubilosa efeméride.Cando me enterei,fixen o propósito de redactar a vida que o santo mártir ourensán merece e que aínda lle cómpre,porque non existe a pesar da que eu escribín alá  por o ano 1943 unha corta vida sendo estudiante e que foi publicada no ano 1947.
               Programei facer arestora unha vida con moita máis extensión ca esa outra primeira,porque daquela soamente se pretendeu facer unha vida pequena de divulgación da xesta dun santo de quen había pouco conocemento popular.
  Non pudo saír publicada esta nova vida no ano cuadricentenario,porque as cousas complicáronse cos moitos traballos que pesan sobre a vida de cadiún.Sobre todo,houbo un parón cando a Excelentísima Deputación de Ourense admitíu publicar a vida como un homenaxe deste organismo provincial ó príncipe de todos os mártires galegos nado nas terras ourensás.O compromiso da Deputación provincial foi publicar a vida que eu debería entregar en disquetes de ordenador en galego. Pra min foi éste un traballo adicional,en principio,moi placenteiro, pero non puden supór o que me levaría de traballo e de tempo verter a obra do español,no que xa a tiña escrita,ó galego
O feito de póla en galego iba retardar moito a publicación. Iniciei esta tarefa de póla en galego con toda rapidez, pero esto dos disquetes púxoseme moi costa arriba e deume ben moito que facer,tal vez por non ser eu moi perito neste tema de ordenadores.Por razós que non son do caso e porque a persoa encargada por a Deputación de Ourense non lle interesaba facer a imprentación no galego por min adoitado,a realidade foi que a imprentación da obra foise adiando sine die ata hoxe que vexo a posibilidade de ver a obra imprentada no galego que  a min me prace vela imprentada,que é o galego que eu mamei no colo da miña mai.Arestora xa todo está en marcha e a vida do mártir insigne San Francisco Blanco vai ver a luz do día.En vista de todo preferín o emprego dun galego enxebre e nidio antes que calquera compangada.
 Posto a explicar cousas,síntome obrigado facer relación e dar explicación do galego empregado por min.Teño experiencias dolorosas e case traumatizantes neste eido.Teño dende fai máis de vinte anos escrita en galego a obra Floriñas de San Francisco que xa anduvo rodando por máis dunha editorial e non se imprentou porque a min non me agradou que me someteran a obra á  normalización dun galego que eu considero noxento coma o que se está adoitando nestes tempos.Nesas condiciós,aínda que sintíndoo ben moito,prefiro renunciar a  calquera cousa antes ca ó meu galego nativo
Eu mamei o galego e aprendino no colo da miña mai.Aínda lembro o que debín aturar por falar galego.Eu falo e escribo o galego enxebre dos personeiros que viviron na“Atenas de Galicia”,como foi chamada Ourense.E aínda son máis esixente e metódico ca eles no emprego do galego.Prefiro o galego que ensina a primeira Gramática Galega,a de Saco Arce.
 Son nacido nunha terra na que se fala o galego nidio e sin  mesturas, si é que existe algún tal  recanto na nosa terra  meiga de Galicia.Nese galego sae arestora imprentada a vida do gran mártir galego San Francisco Blanco que foi escrita orixinalmente en español e posta despois en galego por  pedirmo así a Deputación de Ourense pra poder imprentala.Tamén será imprentada logo,Deo volente, en español.
Habent sua fata libelli.Este libro meu sí que tuvo ben malos fados,moi malos por certo que derradeiramente trocáronse en aceptables.Primeiro escribín o libro,como digo,en español  e despois traducino ó galego e arestora imprentarase nos  dous idiomas irmaus.E insisto no de irmaus,porque algúns falantes e escritores galegos buscan xeitos de falar raros,matinando tal vez que,si adoitan xeitos raros de falaren,dan impresión de que saben falar ou escribir mellor o galego.
 Todos sabemos que existe unha variedade impresionante no xeito de falar o galego,e toda esa variedade é igualmente merecente de consideración.Non se pode escoller o xeito de falar dunha rexión con demérito e descrédito  dos outros xeitos.O menos merecente de ser considerado é o que eu califico de galego entre portugués e  riobaixeiro.Pra unha perfecta lei de normalización do galego cómpre ter en conta todas as rexiós de Galicia e o distinto xeito de falalo,e senón se fai eisí está demáis a normalización que non pode ser cousa dun decreto alegre e pouco meditado.Si eu emprendín a tarefa de pór esta miña obra no meu galego materno,adoitado en gran parte das terras ourensás foi  pra dar unha chamada de atención indicadora de que a normalización adoitada non estuvo meditada nen ben estudiada.Foi unha cousa non ben feita.Non sei o que acadarei con esta campanada(dígase chamada de atención),pero debo dicir que quod scripsi scripsi,que é como dicir,o feito,feito está e feito queda.Hai que deixar paso ó pluralismo da lingua galega.Pluralismo é equivalente a riqueza dun idioma
Aínda debo surraiar que outorguei belixerancia a certas formas de falar empregadas hoxe en día.Por exemplo,eu aprendín a falar cos verbos faguer,traguer,saber(sábean,non saiban,etc e,sin embargo,adoito agora a forma facer e traer.Uso algunhas outras con cesiós,porque me gusta ser receptivo á formas admitidas.Pra chegar a unificar algo a lingua hai que ser condescendente con todas as maneiras.Pero que ninguén veña con parvadas.
  A nosa lingua aprendímola ata agora viva voce nos nosos fogares. Deste feito lamentable de ter que falarmos unha lingua aprendida únicamente de oídas e sin estudiala nas escolas,provén que as palabras moitas veces só se parezan un pouco ou non se parezan nada pronunciadas nun e noutro recanto da nosa terra.Foron as palabras aturando mutaciós ata  o punto de que apenas se parecen.Algunhas verbas son moi semellantes como coíñas,coellas e coubellas,ou tamén abiacas,abiecas,abecas...etc.Outras veces non se parecen en nada coma "estadullo" e "fungueiro" e outras veces son disparates,froito do desconocemento e da ignorancia como dicir escremento por”incremento",ou próspera por“próstata",ou anastasia por “anestesia”como se escoita as veces.Ós falantes galegos cómprenos unha boa gramática e un bo diccionario e unha boa escola de primeiras letras.Debo dicir que a min o Diccionario que moito me gusta(a pesar da súa humilde presentación) é o de X.I.Franco,porque lle da belixerancia e entrada a ben moitas posibilidades.Un aplauso pra él


Unha cousa  que non quero nen podo aplaudir é o que algúns propician de pór en galego mal normativizado os  escritos de autores galegos como por exemplo Ramón Otero Pedraio.Eso é un delito imperdoable tanto nos escritos de Otero Pedraio como nos de calquera outro autor,porque cadiún ten a súa personalidade nas súas obras.Hai persoas ben  atrevidas,ousadas.Que sí as hai e oxalá que non os houbera,¡Canté!..
Cómpre ter en conta que unha cousa é falar o galego e outra moi diferente é escribilo.Cada rexión ten o seu estilo de falar o español,por exemplo,e sin embargo, todos cantos saben escribir, fano do mesmo xeito. Na fala popular pódense tolerar modos, pero no escribir non se deben admitir diferencias,sobre todo cando as diferencias son disparates. Falar unha lingua é cousa do pobo non sempre culto,pero escribila é propio máis ben de xente promocionada que debe dar o estilo e xeito de falar. Sempre existiron dous estilos no uso dun idioma. Por exemplo, en Roma existiu o “sermo nobilis” da xente noble e culta e o “sermo vulgaris” da xente plebea.
 Xa no terreo da práctica, cando falamos español, por exemplo,dicimos“diez y siete” e
escribimos die  ci siete. Cando se fala ben, debe escribirse como se fala.Uns galegos din e
escriben “da-za-sete” e outros que se consideran máis listos din dez-a-sete, cando se debe
dicir dez  e  sete.Os galegos somos as veces algo palurdos.O fallo de falarmos mal xa ven
da escola primaria. Os intelectuais de hoxe canonizan os fallos do vulgo e queren meternos
  un galego desnaturalizado aprendido non se sabe onde.
           Un exemplo de canto vale un bo ensino é a lección que lle deu Don Quixote a Sancho
Panza antes de mandalo de  gobernador a illa Barataria.A cousa pasou así entre Don Quixote e
Sancho Panza:
         Ten en cuenta, Sancho, de no mascar a dos carrillos, ni de erutar delante de nadie.
               Eso de erutar no entiendo, dijo Sancho
                          Y Don Quijote le dijo:
                Erutar,Sancho,quiere decir regoldar y este es uno de los más torpes vocablos que tiene la
  lengua  castellana, aunque es muy signiticativo, y  así la gente curiosa se ha acogido al latin y al                
  regoldar dice erutar y a los regüeldos,erutaciones.
   En verdad, señor, dijo Sancho, que uno de los consejos y avisos que pienso llevar en la memoria ha de ser el de no regoldar, porque lo suelo hacer muy a menudo.
                 Erutar, Sancho, que no regoldar, dijo Don Quijote
  Erutar diré de aqui adelante, respondió Sancho. Y a fe que no se me olvide”
 A lección non foi dada de moca,senón que o mesmo Sancho aprendeuna,aínda que era ben  
romo ou ben escaso de miolos.
          Algúns malfalantes do galego tentan meternos cousas moi raras.Por exemplo unha”ll”sin     senso e din:ou tor gou lle lo ,cando os que saben falar ben din sinxelamente outorgoullo.Tamén meten unha”l”dnde non deben metela como no exemplo que trae o Diccionario da Academia Galega que di:”Os coellos gústanlle-las leitugas.¡É unha barbaridade!.Un non entende o que se quere  dicir.A”l”posta aí perturba a intelixencia do texto.Igual que este é outro exemplo que trae a mesma Academia Galega:”Lembróuno-la promesa que lle fixeramos”.Ben moito mellor sería dicir.Lembrounos a promesa.Outro exemplo é dicir:Colleuno-la noite nunha carballeira.Esto eu casi non o entendo
                   .¿E qué se pode dicir de seguer,coñecer,escrever,ocorrer e barbaridades parecidas traidas do portugués?¿E qué dicir  do noxento guión que fai pouco menos que inintelixible a lectura como no caso dos coellos e das leitugas?.Cómpre que se diga sinxelamente Ós coellos gústanlles as leitugas.A realidade é que o pobo se     mpre expedito nas súas cousas tira por o vieiro máis breve e dirá:Ós coellos gústanllas leitugas.
                  Hai outro abuso incalificable que é dicir nai .En todas as linguas esta palabra ten o radical “ma” ou”me”En portugués e  no galego ben falado dise “mai”e de aí  derivan as palabras matrimonio, materno, maternidade, matriarcado,matriz,matricidio e todas cantas indiquen algo relativo á MAI.
                                As veces vense empregados modos de falar horrorosos como dicir saiban ou poidan cando os nosos devanceiros falaron nos vellos documentos galegos e dixeron Sabean,podean.Eu non direi sábeam,saiban,podean poidan,senón así:sepan,podan
.                          Algúns malfalantes danse de listos e pensan que falar galego e cambiar de lugar as letras e dicir necidades ou parvadas.Eu non direi nen podean nen sabean,nen poidan.nen saiban,senón podan e sepan porque me parece ben mellor dito
                                 Tentemos facer asisadamente as cousas e falar ben a nosa lingua pra ben dela.Como corren as realidades da normalización actual,o que se acada é un galego pouco menos que inintelixible e noxento do que as xentes están fuxindo.Cada vez fálase menos o galego.Eu,si o falo,falo o que aprendín de neno na casa dos meus pais.O outro rexéitoo como impropio.E si escribo,ten que ser no galego enxebre e auténtico que aprendín de neno.
                    E despois desta introducción  galeata acerca do meu galego,e denantes de dar comenzo ó camiño pra chegar ó Tameirón e facer o tecido da Vida de San Francisco Blanco,heroe do meu actual propósito permítaseme dicir referente a esto mesmo atinxente a miña xa remota xuventude algo que foi determinante na miña vida agora xa próxima ó seu acabamento, aínda que sigo sintindo con profunda e íntima satisfacción rexuvenecer na alma moi fondas vivencias dos meus anos vinte,cheos de arelanzas misionais xermoladas en gran parte do contacto coa vida de San Francisco Blanco, ateigada ela de permanentes anhelos de ser misioneiro e verter o seu sangue por Cristo, o gran amigo da súa alma, anhelo que acadou nunha aterecida mañá de febreiro no monte Tateiama de Nagasaki.
                                            A consideración acerca daquel holocausto alumeado por o sol mañanceiro do día 5 de febreiro de 1597, e a meditación sobre as sombras proxectadas na santa colina por 26 corpos xenegando sangue a cachón con entrega ilusionada, espertou un día xa lonxano do ano 1943 o entusiasmo dun conxunto de estudiantes con aspiraciós solemnemente xuradas a carón do altar de seren futuros misioneiros. Nas suas mentes xuvenís xermolou a idea de dar vida á unha Organización misional, e xurdiu daquela a "Organización Misional de Estudiantes Franciscanos (OMEF)”coa finalidade que quedou definida no artigo terceiro dos seus estatutos
         “A finalidade que nos propoñemos é avivar en todos os corazós xoves a divina labareda    do ideal misioneiro, vivindo unha vida profundamente misional, dispóndonos pra axudar algún día a evanxelización do mundo”
                    Ó mesmo tempo de proxectar aquela fundación misional,pensouse tamén no padroeiro espiritual que a  presidira e animara. Na mente de todos amosou o nome do gran mártir San Francisco B1anco co ideal de poder seguirmos as pegadas do seu roteiro ata as terras niponas que xa nos estaban soando por as lecturas misionais como terras do sol nacente( 1 ).
Aquelas arelanzas e aquil sono foron medrando coas narraciós misionais que falaban do Xapón fascinante, da flor do loto, e dos kimono de finas telas de seda, e dos acróbatas hercúleos do sumo, e dos míticos samurai armados de katana e waquisasi coas que ó máis pequeno sinal dos seus donos: tonos, daimios ou shogun, eran capaces de cortar por a metade,dun só golpe, varios homes,ou cortárense eles mesmos a súa propia barriga coa práctica suicida do “harakiri ”(=cortar barriga).
 Conta o misioneiro franciscano Pai Diego de Santa Catalina da katana:
                          "Non é arma que teña necesidade dun segundo golpe, porque dun só parte un home por medio e,si é boa,un boi"( 2 )
                          Bernardino de Avila Xirón, nacido na cidade galega de Tui, bo conocedor do Xapón e dos xaponeses,escribe sobre eles:
                          "Son moi belicosos e adoitan armas cruelísimas e cortadoras,de tan refinados aceiros, que cortan o ferro con facilidade. Usan uns alfanxes que chaman katana de seis palmos de coitela e  de máis ou enos..Cunha destas katana vin eu cortar dous corpos dun golpe” (3)

              As narraciós misionais expuñan á xuventude nos anos da guerra española e da  posguerra coa máxima emotividade e abundancia de publicaciós a vida das misiós e dos misioneiros.Esto era capaz de facer abrollar altas aspiraciós misionais nas mentes xuvenís coa forza coa que antano consiguiron cargalas de emoción as narraciós dos franciscanos e de Marco Polo nos séculos XIII e XIV cando describiron as costumes dos pobos orientais.

                          O que máis influiu nas nosas mentes relixiosas foi a profunda relixiosidade do pobo xaponés que se ofrecía na narrativa das súas costumes e no culto atendido por bonzos de profunda fe esterna nas pagodas,varelas e teras existentes por miles en todo o teritorio,con profusión de ídolos,descomunais algúns deles.De todo esto existían testemuños nas obras que podiamos ler como a voluminosa e completa obra do franciscano Pai Lourenzo Pérez  Cartas y Relaciones del Japón,a do xesuita Pai Constantino Baile Un siglo de cristiandad en el Japón e a do xesuita Moisés Domenzain.Mostra elocuente de todo era a narrativa que ofrecía Bernardino Avila Xirón,testemuña excepcional de todas aquelas realidades do Xapón na súa obra Relación del Reino Nipón.Vexamos algunhas delas anotadas no0 capítulo De la religión de los japones.Do número de bonzos e do grande respeto co que eran considerados por todos narra:

“No reino de Quinocuni hai un monte moi grande e espacioso,poboado de bonzos,onde por cousa averiguada se sabe que hai máis de cen mil bonzos,moitos dos cales viven en clausura,respetados como reis...Están postos en tal reputación neste reino cos xentís,que non hai entre  nós relixiosos  tan venerados como eles o son.E a autoridade do Nancenxino Icho,que é o seu bispo  e do Teian non hai en Europa bispo verdadeiro que a teña e non respetamos nós máis o Pontífice santo de Cristo ca os xentís ó seu Daiti que é o seu Papa”

                          Da moitedume de templos existentes na corte imperial de Meaco[Kioto] escribe:
“É cousa de admirar a multitude de templos e mosteiros que hai nesta cidade,así de bonzos como de monxas que chaman bicuni.Son máis de mil e cinco centos nos que viven inumerable número de bonzos e de bicuni.E parece que o demo lles ensinou moitas cousas da nosa santa relixión,porque en moitas se parecen en algo ou en moito”

                          Sobre as varelas,teras e pagodas escribe

“A soberbia das teras é pra admirar.En Meaco hai,entre outros moitos,un templo co seu altar maior e nel hai tres ídolos moi grandes de bronce sobredourados.pero o do medio ten tres varas de medir de espalda e ós dous lados están moitas gradas nas que están en pe tres mil ídolos de cobre dourado...Nesta cidade de Meaco houbo sempre un ídolo que chaman Daibutsu que caiu o ano de noventa e seis con uns terremotos que houbo e Taicosama fixo outro maior...Está sentado e ten de alto máis de vintecinco brazas...Na barriga moran catro bonzos,con cadanseu aposentiño de oito palmos en cadro.É  tan disforme,que por unha das fiestras da nariz entrou un español cinguido con espada e daga”( 3 )
                                        Todo canto narra Avila Xirón non ten asomo de ser esaxerado,como o demostra en
     relación co enorme demo Daibutsu o escrito por o franciscano Pai Diego de Bermeo en carta a Don Diego de Acuña dende Macao o día 23 de natal de 1604.
“Fun o outro día só con este propósito ver unha tera ou templo.Levanta un demo enorme que se queimou,chamado Daibutsu.Está sentado nun altar cuia grandeza non medín.pero poderase sacar por a do ídolo.Subín o cumio dos andamios e.levaba pra alivio un caxato co que quixen por min mesmo tomar a medida deste enorme demonio...Ten de oco as dúas ventanas das  narices o largo do caxato pouco máis e o caxato tiña sete palmos e catro dedos...Ten cadaún dos ollos dende un ó outro lacrimal de largo o caxato máis tres palmos,que son dez palmos e catro dedos.Ten cada  unha das orellas de largo duas veces o largo do caxato máis cinco palmos,que ven ser decenove palmos e oito dedos...Está sentado sin colgar as pernas senón cruzadas unha coa outra.E si estuvera de pe,sin dúbida que a altura do templo sería inmensa”( 4 )
            Estas e outras narraciós eran capaces de facer abrollar altas aspiraciós naqueles anos cando os ideais misoneiros estaban en momentos excepcionais.E si aquel ambiente misional non deu as veces máis ca flores que non chegaron a ser froitos  sazonados, sabe o Señor do ceo, dono de todos os destinos, por qué a  moitos non foi a súa vontade chamalos a traballar alá  nos remotos corrunchos onde o sol ten o seu berce
            Foi naquel ambiente de entusiasmo misional como xurdiu a idea de artellar un concurso de traballos pra escribir a vida do mártir San Francisco Blanco,padroeiro da nova organización  misioneira (OMEF.), e como en min e noutros estudiantes(un deles colaborou comigo pra darlle a vida de San Francisco Blanco a derradeira forma literaria) naceu a decisión de escribir a vida do gran misioneiro e mártir galego nacido nun recanto das terras ourensás próximo ós meus lares  maternos en Sampaio do Carballal.
            Así foi de sinxelo como naceu a corta vida que escribín fai moitos anos do mártir San Francisco Blanco que arestora ofrezo moi ampliada a todos os amantes das figuras misionais no IV  Centenario do martirio deste santo fillo do Tameirón.Esto estaba escrito así cando fai anos aínda se podía falar do cuadricentenario.
                 E digo desta Vida moi ampliada por non chamala máis ben vida nova. Cando a presentei no ano  1943 ó concurso no que foi escollida e premiada con preferencia a outras vidas presentadas, non contei cos medios necesarios pra acadar unha obra que me agradara de todo. Nen podo dicir que conte hoxe coeles. afastado como vivo de todo  mundanal ruido nun corruncho do cumio das montañas ourensás a onde non chega ninguén que non sea"un bo amigo ou un gran  petardista",como dixo un párroco da freguesía de Santa María de Cerdedelo onde eu arestora vivo e traballo. Con esto estou querendo dicir que non contei con libros pra tecer esta nova vida de San Francisco Blanco -nestas montañas non hai bibliotecas nen os libros necesarios- e tuven que arranxarme como puden con bastante traballo e coa correspondente demora de tempo.
                        Xa que falei de Cerdedelo, permítaseme que antes de seguir adiante faga unha garimosa lembranza en honor  de Nosa Señora de Penatallada, raíña destas montañas e atracción das almas de moitos peregrinos a Santiago de Compostela que cruzaron estes montes por vieiros pouco transitables pra viren nos pasados séculos rezar a carón da súa imaxe na peneda veneranda.O romanceiro cantou con acentos varios a lenda de Nosa Señora de Penatallada que non quixo acollerse ó agarimo dos veciños que a querían xunto deles no pobo e fuxíu unha e outra vez ata que a deixaron na peneda onde aguanta o sol do dia e o sereno da noite,a auga,a neve e a xiada.
                        A vea poética de todos os tempos deixou no romanceiro a descrición da paisaxe de Cerdedelo:
                              Cerdedelo está nun alto,
                              a Virxe alá máis arriba.
                              As xentes suben ó monte
                              con xúbilo,en romaría
                             Cerdedelo está no monte
                              a Virxe,nunha peneda.
                              Teño de subir ó monte.
                              Vamos xuntos onda ela
                        A alma piadosa lamenta ver a Virxe a intemperie e canta:
                              Virxe de Penatallada,
                              que altiña te fuches pór
                              dache o vento,dache a auga,
         danche as raiolas do sol.                                                                          
        e da lúa  e das estrelas
        o relucente claror.    
        Quixeches quedar no monte,                                                                               
        miña santa,meu amor.
                            
                              O monte é das almas sinxelas                                                                            
                             de sinxelos pastorciños.
                             no monte alédanse as almas
                             co canto dos paxariños                                      
              O antergo xograr anónimo cantou
                              Miña Virxe de Penatallada,                       
                              alá irei se non son vingad.        
                              Hei levar peniña senlleira,                                       
                                 hei levala metida na alma
                              senón hai quen me queira       
              Outra voz máis chea de esperanza cantou:
                                Si vas a Penatallada,
                                arreda de ti as penas           
                                porque as penas non son  boas                                            
                                 e a Virxe non gusta delas    
              Xa a carón da peneda,ós pes da Virxe,a alma revive e canta
                              Virxe de Penatallada,
                              por riba de Cerdedelo,
                              penas,peniñas eu traigo
                              penas,peniñas eu teño
                              peniñas penas non quero
                             comigo as penas non poden
                              cando estou en Cerdedelo.
              Os devezos de subir a Penatallada soaron en todos os tempos de xeitos varios:            
                              Quero ir a Penatallada,                                                          
         teño que ver a SANTIÑA.                                                        .                          
        Heite de levar a ela.
                              Ven comigo,prenda miña
                A Virxe de Penatallada ben merecido ten este recordo e moito máis.Pero arestora cómpre que eu siga a narración
                Iba dicindo que, ademais de modificada esta Vida de San Francisco Blanco,vai moi ampliada  en moitos puntos.Non conocín eu naqueles xa distantes días cando escribín a Vida de San Francisco Blanco moitas cousas necesarias pra facer unha boa narración,entre outras as terras onde viñera a luz o santo mártir. Era eu un simple estudiante sin posibilidades de movementos pra conocer aqueles recantos onde il naceu e vivíu.Só puden conocelos por medio dunhas cortas lecturas.Só en anos recentes puden recorrer esas terras repetidas veces, e ter incluso nalgunhas delas o íntimo lecer de pregoar dende o altar da igrexa do Tameirón, pobo natal do santo, e no día da súa festa, o seu glorioso triunfo, e ver e vivir a devoción festiva dos seus paisanos, e escoitar emocionado os seus afervoados cantos durante a novena en honor do santo padroeiro, ó mesmo tempo que puden tamén satisfacer as miñas insaciables arelanzas de conocer con visión directa as paisaxes onde o santo mártir pasou os anos da  nenez e de parte da súa xuventude.
Antes de rematar, quero explicar ós lectores que no relativo ós anos primeiros do noso
santo mártir, tomei a libertade de usar un pouco a fantasía pra determe en narrar algúns pormenores que moi ben puderon ser anacos da súa vida de neno. No resto da obra botei mau de cantos datos me foi posible atopar pra narrar ata o ambiente no que se desenvolveu a vida do santo sin esquecer tampouco as figuras dos seus parentes que integran o capítulo que titulei Saga dos Blanco e que que me pareceu ben colocalo como capítulo segundo con acerto dubidoso.
              Como final poño un capítulo titulado en español Retoños Evangélicos,en galego Anovos evanxélicos no que pretendo amosar os froitos do sangue dos márties de Nagasaki e dos outros moitos que o derramaron no Xapón ó longo dos séculos XVI,XVII,XVIII e XIX. .

Memoria dun celoso amante  das  misiós e de San Francisco Blanco
Xa que falei da Organización Misuionera de Estudiantes Franciscanos e pra rematar este capítulo,quero facer recordo dun compañeiro amable dos meus anos de estudiante un dos máis atarefados na posta en movemento da citada Organizaón misioneira e moi fervente admirador da figura de San Francisco Blanco como foi o Pai Antonio Rivas.Aínda conservo freca como unha flor sempeviva na memoria a data da súa partida pra Misión de Terra Santa. Con tal ocasión dedicámoslle os seus compañeiros un garimoso agasallo o día 26 de novembro de 1947.Tras comparalo cos paxariños que encetan o primeirovoo de saída do niño,eu mesmo tuven palabras de despedida:
            “Vaite,Reverendo Pai Rivas a satisfaceres os teus infinitos ideais miisioneirois.Tes ensaiado en cortos voos precursores diste gran voo que agora vasa facer a terra do Mestre Xesús.
            Adeus,paxariño emigrador,Voa lixeiro e non te esquezaa de nós cando alvisques os trigais dos campos de Belén onde espigou Ruth no rastrollo as espigas que lle deixaban adrede e deliberadamente os seitores,Vaite pra soñares nos mesmos lugares onde soñou Xacobe. Lémbranos no cumio dos montes santos Sarón,Tabor e Carmelo.Non nos botes no olvido cando descanses das túas fatigas a sombra dos cedros do Líbano ou cando contemples cos teus ollos de poeta o lugar onde floreceron as videiras de Engadi ou cando reces onde rezou e sudou sangue o divino Mestre no monte das Oliveiras.Non te esquezas de nosoutros cando pises os camiños percorridos por Xesós o Mestre divino nin cando reces de xionllos a carón do seu sepulcro santo e venerando.Adeus,paxariño seráfico”.
            Un día rcibín vivindo en Caracas a triste nota de que o Pai Antonio Rivas finara a súa
vida inqueda tráxicamente nunha estrada venezolana tempo despois de ter paseada riunfalmente a Cruz de Tierra Santa por todos os recunchos das terras de Venezuela a miña patria adoptiva



s
                                                   N O T A S

( 1 ).- A voz chinesa Xih-pén pronunciada defectuosamente por os europeos Xapún e por os xaponeses Nippón,significa orixe ou saída do sol.
( 2 ).- DIEGO DE SANTA CATALINA,O.F.M.: Relación de lo que sucedió a tres religiosos descalzos de San Francisco con un presente y embajada que llevaron de parte del rey nuestro señor al rey del Japón y a su hijo,en"Archivo Ibero Americano”,31,(1929),39 (Citarei AIA.).
( 3 ).- BERNARDINO DE ÁVILA GIRÓN(Vid.Bibliografia).AIA,XXI,(1934),20-21 (Citarei XIRÓN).
  ( 4 ).- DIEGO DE BERMEO,O.F.M.: Carta a Don Diego de Acuña.Meaco,23 de setembro de 1604,en Xirón,l.c.,266



































































































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario