miércoles, 8 de febrero de 2012

Capítulo Sexto:No imperio do sol nacente


                CAPÍTULO SEXTO: NO IMPERIO DO SOL NACENTE

1.- Singraduras por o  Mar do Sur            9.- Homenaxes na corte imperial
2.- As realidades do Xapón                    10.- Primum vivere...
3.- ¿Quén era Taicosama?                     11.- Os pobres xa ten casa
4.- Botós de mostra do mal talante de   12.- Paz seráfica
     Taicosama                                         13.- Métodos evanxélicos
5.- Embaixadas do gobernador das       14.- Todo reino dividido corre á ruína
     Filipinas                                             15.- Labor social en Kioto
6.- Non todo era ourego  en Manila        16.- Novos operarios evanxélicos
7.- Nubarrós no horizonte xaponés         17.- Maus á obra. Novos campos de traballo
8.- Humildade versus orgullo e
     arrogancia

1.- Singraduras por o Mar do Sur
O santo comisario Frai Pedro Bautista vivía con infindos anhelos de aumerntar o grupo de operarios evanxélicos no Xapón e pensou enviar a Manila recado pra que lle mandaran máis relixiosos.A este propósito escribe Frai Xoán Pobre:
“Como se chegase o tempo no que debería regresar a Manila o navío onde viñera Frai Xoán Pobre,despois de aninovo de 1596,determinou o santo comisario enviar un frade a Manila para darlle conta ó Irmau Provincial do estado en que  estaban  as cousas do Xapón.Nun principio quixo mandar ó irmau Frai Marcelo,despois ó Imau Frai Xeromo e porque daquela o irmau Frai Marcelo predicaba e  Frai Xeromo confesaba,pareceulle que era de proveito a
permanencia de ambos a dous  determinou enviar de novo a quen viñera,porque era tan simple e sin proveito que aínda non sabía ren da lingua do Xapón”( 1 )
Lembremos que en Manila vivían un grupo de franciscanos desexosos de novas aventuras evanxélicas,entre eles o Pai Martiño da Ascensión e o Pai Francisco Blanco.O Pai Francisco Blanco aínda non terminara os estudios teolóxicos cando os superiores decidiron enviar ó Xapón dous relixiosos xoves e intelixentes, a máis dos que xa estaban ali. Eran reclamados por o santo comisario e embaixador Pai Pedro Bautista. Un dos electos pra iren foi o Pai Martíño da Ascensión, en quen xa os superiores puxeran os ollos en anterior ocasión. Foi elexido outro que estaba, conforme se di, fora de Manila.
Os superiores non pensaron no Pai Francisco Blanco, sin dúbida tomando en conta a súa xuventude e non ter rematados de todo os estudios. Pero o dedo de Deus estaba novamente apuntando o seu nome e dirixindo as cousas de maneira providente prós destinos do xove do Tameirón. Foi o caso que, reunido o Ministro Provincial de Filipinas cós seus Difinidores no mes de maio de 1596, na ocasión de chegar do Xapón o Irmau Frai Xoán Pobre de Zamora, representoulles éste no nome do comisario, Pai Pedro Bautista, unha petición de novos relixiosos, valentes ademáis de xoves e doctos, capaces de domeñar a difícil lingua nipona.
Durante o tempo da espera do outro relixioso elexido, grandes deberon seren as lamentaciós do Pai Francisco Blanco ó sentirse afastado, tal vez pra sempre, do seu amado mestre, lamentándose especialmente de verse privado da dita de pasar ó Xapón asemade có seu amigo da alma. Cal outro San Lourenzo diríalle ó Pai Martiño seu mestre, que iba a partir sin o discípulo, algo parecido a ésto:  ¿Será posible a nosa separación, mestre  meu? ¿Cómo podes partires sin o teu discípulo? Seguirei pensando na cátedra flotante, zarandeados ambos a dous por as onda                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               s e nas túas lecciós no devotiño eremitorio de Churubusco e aquí en Manila. Non permita o Señor que nos xuntou coma irmaus que unha mala ventura nos separe. Quero irme contigo, Pai Martíño, e seguir contigo ata o ceo.
Deus estaba de por medio.O relixioso destinado pra ir có Pai Martiño da Ascensión ó Xapón non acababa de chegar. E non chegou cando o barco que iba  facer a viaxe urxía insistentemente. Os superiores pensaron agora que a petición do Xapón era de relixiosos xoves, exemplares e de talento, capaces de domeñar aquela lingua difícil, e repensaron a súa decisión primeira tendo en conta que o relixioso elexido non chegara, e os grandes devezos amosados por o Pai Francisco Blanco.
Deus non permitíu a separación dos dous amigos, e o Pai Francisco Blanco recibíu coma un regalo do ceo a noticia e despois a obediencia pra viaxar ó Xapón soñado.Daquela deixou que a súa alma exhalara unha oración de acción de gracias a Deus que endexamáis abandona ós seus pequeniños. Nesta ocasión, de novo conseguía o ceo o triunfo dos seus proxectos, valéndose do que pudera ser calificado como un feito fortuito. Con reveses ou, coma se di, con guía torcida consigue o ceo escribir ben dereito.
Os dous amigos, avencellados por a cátedra fluctuante por riba das olas dos océanos Atlántico e Pacífico, e por as atenciós do solícito enfermeiro, iban entrar como collidos da mau nas terras do sol nacente soñadas por o fillo do Tameirón dende facía moito tempo.
Dacordo có dito do Pai Eusebio Gómez Platero, os dous amigos fixéronse á vela nos primeiros días  do mes de xuño de 1596 no porto de Manila con destino ó porto nipón de Nagasaki, que era onde atracaban as naos comerciais das Filipinas ( 2 ).
Con este dato ven a coincidir o testemuño do Pai Lourenzo Pérez, que os dá como arribados a Nagasaki a finais do mesmo mes de xuño ( 3 ).
Ambas a dú as afirmaciós concordan admitindo a saída de Manila a principios do mes e o arribo a Nagasaki a final do mesmo. En opinión do Pai Francisco Garrovillas, a navegación entre Manila e Nagasaki facíase con tempo favorable en menos de vinte días ( 4 ).
O Pai Martiño da Ascensión, en carta ó Pai Garrovillas, díxolle que tuveran unha moi boa travesía marítima ( 5 ).
Namentres que as naves avanzaban empurradas por o vento e brizadas suavemente,así narra  o Pai Martiño,por as olas do Mar do Sur, medraba incontenible nos dous amigos o anhelo de pisar as illas, onde se supuña e se dicía que ten o seu berce o sol. Os dous amigos xa soñaban con sementeiras de amor evanxélico seguidas de seituras farturentas pra encher os celeiros do ceo. E pensando na mellor preparación pra os logros dos seus ideais, dedicáronse nos días da viaxe ó estudio do xaponés.De San Francisco Blanco escribíu o Pai Ribadeneira:
"Como iba este dito mártir tan fundado na virtude e tiña a Deus tan favorable co seu divino favor,axudado da súa moita habelencia e do continuo estudio, cando chegou a Nagasaki, porto de Xapón, estaba tan adiantado na lingua xaponesa, que puxo abraio nos relixiosos que estaban alí" ( 6 ).
Desto pudo ter cumprida información o Pai Ribadeneira por parte dos relixiosos moradores en Nagasaki, especialmente do Pai Xeromo de Xesús, con quen vivíu durante tempo na mesma cidade de Nagasaki.
Noutra parte engadíu o mesmo Pai Ribadeneira:
"Viuse tan claramente que o Señor os favoreceu, porque o  santo Frai Martiño, en breve tempo, aproveitou moito na lingua e do santo Frai Francisco Blanco dicíase que a bebía" ( 7 ).
Non debeu conocer límitaciós o gozo dos dous amigos cando viron amosar na liña do horizonte algunhas das moitas illas azuis do arquipélago nipón emerxendo das augas coma un rosario de alfaias que estuveran adornando o tálamo do sol.
Cando arribaron ó porto de Nagasaki, onde comúnmente recalaban os barcos que viaxaban ó Xapón, un mundo desconocido e insospeitado despregou diante dos seus ollos atónitos coa máis espléndida gama de vida e de cor. A carón do barco español moi axiña comezaron a rebulir botes (fúneas) de pescadores, con velas de esteiras izadas ó vento e con tripulantes de ollos oblicuos e pel amarela. Na costa próxima e nos outeiros tapizados de florecida boscaxe alviscaron destacar as típicas vivendas do novo  país, con tellados superpostos e paredes revestidas con papel blanco de arroz e dominándo o todo,en medio de cerdeiras e de laranxeiras na flor, os tellados piramidais e superpostos de templos e pagodas.Estas foron as primeiras impresiós que se lles quedaron grabadas nas retinas ós dous viaxeiros, abraiados antes de por os pés no chau daquela civilización nova,rara e fascinante á que soñaban inxectar a virtualidade xenerosa alí a penas oída do evanxelio do Señor Xesús de Nazaret.

2.- As realidades do Xapón
Facía moitos anos que Francisco Xavier estuvera de paso nas terras do Xapón, ás que non tuvo tempo de tomarlles o gusto. Ganas de parar nelas por máis tempo non lle faltaron, segundo o ardor evanxélico que lle queimaba a alma. ¿Qué máis quixera él que regar co seu propio sangue a recente sementeira doctrinal cuios gromos iniciais amosaban prometedores? Esa sería a súa ganancia suprema, en frase posta na súa boca de divino impaciente por o melífluo poeta Xosé María Pemán:

                  ¿Quén pode falar de perder, cando
                  está na flor rebentando
                  a madureza da xema?
                  ¡Perder! Si estamos chegando
                  a ganancia suprema
E con afouteza de hispano animaba ós máis apoucados con  estas outras verbas:
                         A dar
                  fillos,a morte o peito
                 ¿Non viñemos sementar?                              
                 Pois é preciso regar
                 a sementeira que temos feito

Xavier tratou de sementar no Xapón ó seu breve paso por aquelas terras periféricas, pero nen lle foi concedida a ganancia suprema de dar o seu sangue pra regar a sementeira, nen a fortuna de recoller o froito dos seus devezos case estériles, senón que se veu na necesidade de saírse daquel campo misional desexando que o Señor da més enviara outros operarios máis afortunados que a regaran co seu sangue xeneroso e fecundo.
Continuaron a labor evanxélica encetada por Francisco Xavier no Xapón outros xesuitas, portugueses na súa maioría. No ano 1579 estuvo de visitador o Pai Valiñano, que nomeou superior da misión ó Pai Gaspar Coello, home tarado con un inmenso nacionalismo portugués. Posteriormente, elevada a misión a Viceprovincia, nomeouno  Viceprovincial.
Gobernou no Xapón durante eses anos o xeral Nobunanga, morto por o seu xeral Akechi o día 22 de xuño de 1582. Tomou entón o mando Hideioshi, conocido posteriormente como Taicosama. A exemplo de Nobunanga favoreceu nun principio ós xesuitas, ata o mes de xullo de 1587.
Destacou entre os homes daquel tempo o famoso xeral cristián Xusto Ukón Mondono, por cuios consellos fixéronse cristiáns outros principais como Don Agustín, nomeado almirante por Hideioshi, Don Simón Condera ou Kuroda, xeneral de cabaleria, e outros máis.
En 1583 chegaron ó Xapón, entre outros xesuitas, os Pais Pedro Gómez e Xoán Rodríguez, naturais o primeiro de Antequera e o segundo de Alconchel (Lisboa). Naquel mesmo ano chegaron de arribada forzosa ó porto de Hirado os dous franciscanos, Diego Bernal e Xoán Pobre de Zamora, que facían viaxe de Macao a Manila. Grande foi a impresión que causaron entre os moradores estes dous franciscanos, a quen lles rogaron con insistencia que se quedaran con eles. Os de Hirado determinaron escribir cartas a Manila, e o mesmo tono de Hirado escribíu en 1584 ó gobernador, Santiago de Vera, pidíndolle relixiosos e ofrecendo o seu vasalaxe ó rei de España.A esta carta fixo relación o gobernador na súa de día 26 de xuño de 1586 ó rei:
"Noutra din conta a vosa maxestade do estado do Xapón e remitín unha carta orixinal do rei de Firando coa súa traducción, na que ofreceu a vosa maxestade vasalaxe. E envioume como presente unha lanza e un morrión e duas peciñas de seda da que eles se visten, e tres abanicos que, anque non ten valor, por ser daquel reiciño, envíollo a vosa maxestade".
Tamén o Viceprovincial xesuita Pai Gaspar Coello pidíu en carta do día 11 de setembro de 1584 ó custodio franciscano de Filipinas Pai Xoán de Plasencia, da que este deu conta ó rei nunha súa do día 18 de xuño de 1585:
"Os Pais da Compañia que alá están anhelan, pois eles non poden acudir a tanta xente, illas e reinos, que fosen relixiosos descalzos da nosa Orde, que sería de gran froito naquela xente, e que así, por o que eles dixeron sobre o noso Pai San Francisco, devecen moito vernos alá como o mostraron ós Irmaus que alá aportaron. O Pai Vicario Provincial escribiume sobre este particular que enviase relixiosos e outros avisos que era mester saber".
Novas cartas do Pai Coello e dos xeuitas de Hicén (Nagasaki) chegaron en marzo de 1585 ó gobernador de Filipinas, pidíndolle franciscanos. Naqueles momentos, 28 de xaneiro de 1585, saíu o Breve de Gregorio XIII Ex pastorali officio, coa seguinte cláusula na que se reservaba en exclusiva ós xesuitas a evanxelización do Xapón:
"Prohibimos e vedamos ós demáis sacerdotes e clérigos e ministros eclesiásticos tanto seculares como regulares, baixo pena de excomuñón maior... que non ousen iren ós reinos ou illas do Xapón sin a nosa expresa licencia ou da Sé Apostólica,sea por mor de predicar o evanxelio ou de ensinar a doctrina cristiana ou de administrar os sacramentos ou de exercitar outros ministerios eclesiásticos".
Decidido estuvo o Pai Xoán de  Plasencia de enviar relixiosos, como o sabemos por unha carta de San Pedro Bautista do  día 23 de xuño de 1590, onde di:
"Vendo a disposición grande que hai nestas illas do Xapón e que algúns daqueles reis o degoran tanto que escribiron ós gobernadores destas illas con moita insistencia lles envien frades de San Francisco, e animado coa moita devoción e ofertas dos mercaderes que ven a Manila, estuvo determinado o custodio pasado de enviar alá algúns relixiosos pra que visen e entendesen o que hai, e comenzasen a facer asento naquel reino, e así o tratou co gobernador Santiago de Vera, pero nese interin publicaron os Pais da Compañía un Motu propio da Súa Santidade no que mandaba que ningún bispo nén outro prelado relixioso doutra Orde ora dos teatinos podan pasar a aqueles reinos a predicar o evanxelio, nen ensinar, nen administrar sacramentos, por o que se nos atallou o camiño".
Chegado a Manila o documento pontificio en 1586, apresurouse o superior xesuita Pai Antonio Sedeño a intimarlle ó bispo Frai Domingo de Salazar a súa publicación. Escribe o franciscano Pai Bernardino de Xesús, residente en Manila, que o dito xesuita foi ó bispo
"pidíndolle no nome do Papa o promulgase e fixese ler públicamente na igrexa un dia de festa, que foi o dia da Visitación de Nosa Señora do dito ano" [1586].
Dise que os homes propón e Deus dispón. Moi pouco despois de chegado o Breve de Gregorio XIII dispuxo Deus que Taicosama mandara que os xesuitas saíran desterrados do seu reino, porque se convencera de que a presencia deles era un perigo contra o seu mando. A esta convicción personal do perigo dos xesuitas chegara Taicosama a través dunha serie de acontecementos. Falando cós seus ministros, como di o Pai Valiñano,
"manifestou abertamente a boca chea que non quería que houbese Pais estranxeiros no Xapón que coa ocasión de predicar a súa lei, xuntasen xaponeses  e despois se levantasen con eles e entregasen o Xapón a algún rei estranxeiro".
Esta mesma era a convicción dos ministros de Taicosama. Exemplo é Guenifoin, gobernador de Kioto, moi afecto ós xesuitas. Testemuña o Pai Xerónimo de Xesús que no ano 1594 lles dixo que si él non se fixera cristiano
"era porque entendera que os Pais da Compañia máis viñan a buscar terras ca almas, e que facer cristiáns era pra telos da súa parte e levantarse co reino".
A mesma impresión de Guenifoin manifestouna San Gonzalo García na súa declaración do 1 de xaneiro de 1596:
"Digo que é verdade que o gobernador destes reinos me dixo que él se faría cristián, pero non quería [dixo] que vosoutros vos levantásedes a maiores coma os outros, entendendo por os outros ós País da Compañía a quen, como o mesmo gobernador me dixo,... non perseguiu o rei máis ca  por ver que tiñan moito poder temporal e túvolles medo como tirano".
            A verdade era que os xesuitas comerciaban ó por maior. O rei de Omura concedeulles en 1565 seren señores do porto de Nagasaki, onde cobraban dereitos de ancoraxe dende 1568, e fortificárono en 1580. Doctrinaban preferentemente ós poderosos señores de fortalezas e de grandes exércitos e de barcos con artillería portuguesa. Có favor destes señores tiñan moito poder no goberno dos pobos. Existía unha especie de triunvirato de mando integrado por xesuitas, portugueses e señores xaponeses. Aínda despois da caída en desgracia dos xesuitas afirmou no 1 de xaneiro de 1596 o moi ponderado Pai Marcelo de Ribadeneira:
"Nestes reinos do Xapón hai dous poderes, un o do rei xentil que ten debaixo do seu mando todo o reino do Xapón, e outro o poder dos Pais da Compañia que ten tan obligados ós que bautizaron, que case iguala o seu poder co primeiro e son temidos e reverenciados case na mesma medida".
Anque Taicosama case acabara co poderío dos tonos e daimios, aínda quedaba o poderío dos xesuitas, camuflados e enroscados no comercio dos portugueses.
Así as cousas, era moi natural o temor nun home como Taicosama, tan temeroso de perder o mando. En 1586 baixou a pacificar os reinos de Kiushiu, onde pudo comprobar o poder dos señores cristiáns, dos que quedou receloso por máis obsequiosos que se lle mostraran.
En 1587 pasou Taicosama a Facata, pra onde convocou ó Pai Coello que acudíu nun barco luxoso e fortemente artillado que causou admiración no rei. O Pai Coello, de bromas ou de veras, ofreceu darlle o barco en troques das terras de Sicofori. Manifestou o capitán Xoán de Solís:
"Enfadado desta proposta Cuambaco, virou a cara pra outra parte sin falar máis na materia. Dalí a poucos días mandou dicirlle o dito Pai que tanto él coma os outros País teatinos saisen do Xapón".
Parece que esta decisión fraguouse alí mesmo en Facata, o día 24 de xullo, véspera de Santiago, na conversación de Taicosama cós seus cortesanos, quentados por o viño que lle levara o Pai Coello ó rei, como narra o Pai Froes. O día de Santiago recibíu o Pai Coello a orde de saír do Xapón no término de vinte días.
Taicosama desposuíu dos seus dominios a Xusto Ucón, e mandou derrubar as igrexas. No mes de xuño de 1588 quitoulles ós portugueses o dominio da cidade e do porto de Nagasaki, e nomeou  dous gobernadores .
Intentou o virrei da India parar o golpe de Taicosama có envío dunha embaixada presidida por o Pai Valiñano, que saíu de Goa o día 1 de abril de 1588, con fausto inaudito e ricos presentes.Acerca deso  informou o Pai Montilla a Clemente VIII nun Memorial que o Pai Valiñano pasou
"acompañado de 200 homes de garda, vestidos de librea, e o  visitador vestido de pontifical con mitra e ornamentos  costosísimos sin ser bispo".
Sin conocemento do breve papal escribíu o gobernador Santiago de Vera ó rei, o 26 de xuño de 1586:
"Viñeron a esta cidade once xaponeses cristiáns, vasalos do rei Don Bartolomeu, veciños de Nagasaki... Trouxeron cartas do Provincial e relixiosos da Compañía... Piden tamén relixiosos de San Francisco pra que lles axuden na doctrina e conversión daquela xente.
A realidade do Xapón convertiuse, como informou o Pai Froes no mes de febreiro de 1591, nunha viña estragada e vindimada na que soamente quedaban algúns acios agachados entre unha  follaxe ben rebuscada. Foi nese momento cando moitos xaponeses cristiáns volveron os ollos a Filipinas en demanda de misioneiros franciscanos. Nunha carta dende Filipina ó rei de España do día 23 de xuño de 1590, escribíu o Pai Pedro Bautista:
"Fai agora poucos días, de portugueses e xaponeses súpose como un tirano que arestora reina no Xapón... desterrou daquel reino ós Pais da Compañía e non quere que prediquen nas súas terras. E así, uns xaponeses que estaban aquí, co anhelo grande que ten de veren alá relixiosos de San Francisco, déronlle unha petición o bispo destas illas... que os proveese de Pais. Fixo o bispo xuntanza de relixiosos e, mirando a grande necesidade presente..., a pesar do Motu propio, determinaron que era cousa boa socorrer tantas almas, e así resolveu o bispo  que fosen logo tres ou catro relixiosos... namentres o Señor provee de outros que fosen axudalos. Déuselle conta desto ó gobernador Gómez Pérez Dasmariñas, recén chegado, que deu a moi xusta escusa que él era novo na terra e que deica conocer as cousas de acá non era razón facer unha cousa coma esta, e así se quedou e así estará deica que a vosa maxestade provea nelo o que máis conveña. Suplicamos humildemente a vosa maxestade teña por ben alcanzar a revocación do sobredito Motu propio, pois é in destructionem e non in edificationem, e darnos licencia pra comenzarmos a chantar a nosa sagrada Relixión naqueles e noutros reinos".
Era o ceo quen estaba dispondo as cousas valéndose dos homes, e neste caso de Taicosama, que non deixaba de maquinar cómo agrandar os seus dominios. Deu en pensar na dominación de China e de Corea. Prá conquista de Corea coma paso pra China, organizou en 1591 un exército de cerca de 200.000 homes ó mando do xeral cristián Don Agostiño.
Non gustantes os señores da guerra en Corea, deron en aconsellaren a Taicosama que mellor era a conquista de Filipinas. Das illas Filipinas tiñan os xaponeses conocemento de todos os pormenores. Tan só lles faltaba conocer os pensamentos, como escribíu San Pedro Bautista en carta dende Meaco a Dasmariñas a quen, como solícito embaixador, coidou moito de ter informado de todo nas súas cartas. Na do día 7 de xaneiro de 1594 díxolle:
"Non foron poucos os golosos que houbo por Manila. Eu sei que o rei foi importunado de moitos señores... pidíndolle que lles concedese iren a conquistar Manila...S aben cousas os xaponeses desas illas que eu estou admirado. Non lles falta máis ca conocer os pensamentos dos homes e incluso eses deben adiviñalos... Por ter a vosa señoria tan ruin casa, non o estiman acá no que é razón, e por deixarse falar facilmente de todos. Eso ténnolo dito moitas veces que un negro calquera  fala coa vosa señoria.Aínda que esto é moito de louvar na vosa señoria, sendo cabaleiro tan principal e con oficio de tanta autoridade, abaixarse e deixarse falar e tratar de todos, coesta xente compre ter outro término e amosar maxestade,pois    que non saben conoceren a virtude... E non saia a vosa señoria de casa sin a súa garda... Ten a terra marcada, digo, saben os portos e vieiros, etc., e din que haberá 1.500 soldados españois e deses a metade coxos e enfermos e outros que non saben tirar un arcabuz... Eu tería por moi acertado que a todos os xaponeses que pudese a vosa señoria enviar este ano acá dos que están en Manila, os enviase.. Teño oido que un dos que ten a vosa señoría, aínda que  non o sei certo, lles di os outros o que alá pasa... Dixéronme que Faranda, o que foi por embaixador pidiu Manila e que o rei non lla quixo outorgar por a amizade que nos ten dada. Garde vosa señoría esto pra si e non llo diga a ninguén, que non é conveniente. E ó seu irmau que vai alá como mercader convén porlle boa cara...pero non o deixe a vosa señoría andar por onde él queira nen o convide... Din aquí que a cerca desa cidade e moi baixa. Tiros de artilleria ten acá moitos e bos".

3.- ¿Quén era Taicosama?
Dito en poucas palabras, era un salvaxe. Neste momento no que vou falando, era dono dos destinos do Xapón. Nacido en 1536, de orixe humilde, dedicado nos seus primeiros anos de mozo ó transporte de leña ó lombo, chegou a convertirse en lugartenente do rexente Nabunanga. Usou de varios nomes superpostos ó verdadeiro de Hideioshi. Tras a morte violenta do rexente Nabunanga, apoderouse á forza das armas do mando, triunfando das ambiciós de outros moitos señores. Dono do poder a partir do ano 1585, tomou en 1586 o nome de Cuambaco (rexente), que en 1591 cedeu ó seu sobriño Hidetsugu, a quen moito apreciaba. El adoptou o nome de Taicosama (Gran Príncipe).
Como xefe do mando non estuvo carente de algunhas boas dotes, pero era home inmensamente ambicioso de poder , ata o punto de degorar que o adoraran coma un deus. Era inhumano, tirano, ademáis de cobarde e cruel. Soñou có dominio non só de todo o Xapón e máis tamén da China, de Corea e de Filipinas. Como paso pra China, iniciou en 1591 a guerra contra Corea con un numerosísimo exército. A súa ambición de conquistas non tiña límites. Temeroso e receloso do poderío dos daimios,algúns deles ganados por as dádivas dos xesuitas, e azuzado por as palabras insidiosas dos bonzos con Xacuino, seu médico personal á cabeza, decretou na véspera de Santiago de 1587 o desterro de todos os xesuitas, a destrucción de todas as igrexas e a prohibición de predicar a lei cristiá e de apoiar ós frades so pena da vida e perdición de todos os bens. Estas medidas obedeceron en gran parte ó odio dos bonzos que arestora trataban de vingarse dos moitos descabezados sin misericordia nos anos anteriores por Nabunanga.
Conocida a ambición de poder de Taicosama por un tal Paulo Harada Quiemón, mercader intelixente, astuto,perverso e conocedor da realidade case indefensa de Filipinas, insinuoulle que si lle concedía a súa licencia, lograría que das illas Filipinas viñeran dárenlle a obediencia as autoridades españolas. Halagado Taicosama por esta proposta, enfriou na idea de declarar de momento a guerra a Filipinas e entregoulle a Harada unha carta pró gobernador de Filipinas nos seguintes términos violentos e ameazantes:
"Fai máis de mil anos que o Xapón non se gobernou por un señor, e nese tempo eran tantas as guerras, que non se podía mandar unha carta dunha parte a outra, ata que o señor do ceo quixo que no meu tempo sea todo un e reduciuno a miña obediencia, e nesto todo foime tan favorable, que ata hoxe non entrei en batalla que a perdese, senón que de todas sain vencedor no espacio de dez anos. E asimesmo ganei a illa de Iloquio que estaba fora da miña obediencia. E asimesmo da India Oriental enviáronme embaixador. E agora quero ir a Gran China e ganala, porque o ceo tenmo prometido, e non por as miñas forzas. Espántome moito de que esa terra da illa de Luzón non me teña enviado embaixador ou navio, e así estaba determinado o mesmo ca ir a China, ir a Manila coa miña armada, senón fora por terme dito Faranda o bo tratamento que ahi fan ós xaponeses meus vasalos que van de aquí a esas illas. Preguntándolle eu si quen goberna é amigo, respondeume e aseguroune que como eu envie cartas pra él, me enviará embaixador. E aínda que él non fose, estándome          eu  no meu reino asentado, son tan poderoso, que teño xentes que vaian a calquera reino. E máis que este é home baixo, eu dinlle creto por a boa razón que da, e así por  él non envio xente que pensaba enviar. Eu abaixareime de onde estou dentro de dous meses a Nangoia o meu porto, onde teño a forza do meu exército. Si alí me viñera embaixada desas illas e supese que o gobernador me é amigo, baixarei a miña bandeira en sinal de amiztade e paz; e si non ma enviase, alzareina e mandarei o meu exército contra elas pra sometelas con abundancia de xente, de modo que se arrepinta esa terra de non haberma enviado, porque por serme amigo mando esta embaixada no ano XI do Visco, lúa XI" ( 8 ).
Eco destas ideas de Taicosama son as palabras de Fungen ó gobernador de Filipinas en carta de xaneiro de 1594:
"Agora fai dous anos entendeu o rei de enviar xente a Luzón. Eran moitos os capitáns e señores que pedían a conquista desa terra. Eu e máis Gaspar Faranda Mogoxioxi dixemos que non era mester mandar xente, porque era xente de paz, e por eso deixouse de enviar".

4.- Botós de mostra do mal talante de Taicosama
Pra non ter que aducir moitas probas do carácter e dos procedementos crueis e inhumanos de Taicosama, abonda referir o que pasou có sobriño Hidetsugu atrás aludido, a quen por falta de fillo porfillou e mimou nun principio excesivamente. Prá súa residencia edificoulle na cidade de Fushimi uns pazos, como narra Ávila Xirón
"moi grandes e con tantos xardís e casas de recreo, que fora deles todo era tristura" ( 9 ).                                  
Deulle a escoller as máis fermosas mulleres do imperio con cincuenta doncelas de servicio a cadiunha delas. Era tan venerado este sobriño coma o mesmo Taicosama. Arrastrado como parece en 1594 por malos e traidores conselleiros que buscaban a súa ruina e máis a do mesmo tío Taicosama, chegou a rebelarse contra él con máis de 20.000 homes, convencido de que o tío trataba de arruinalo agora que xa tiña un fillo propio como herdeiro. Nos momentos difíciles abandonárono todos e aconsellaron a Taicosama contra súa. Fora ou non fora certo todo esto, Taicosama mandoulle que se fixera o harakiri, como él o fixo, precedido no sacrificio por os homes que lle foran fieis ata o fin. Taicosama confiscoulle toda a facenda e mandou que coa súa cabeza como bandeira foran paseadas nun carro por as rúas de Kioto as súas mulleres preferidas, cadiunha das cales, tras faceren catro reverencias á cabeza do seu dono, foron degoladas unha tras outra.
Foron arrasadas todas as mansiós e xardíns dos que gozara o sobriño. E conclúe Ávila Xirón:
"Puxeron a cabeza nunha porta da cidade cunha táboa onde dicia a causa da morte e alí estuvo ata que o tempo a consumiu" ( 10 ).
Engade o Pai Ribadeneira:
"Diante da súa cabeza foron cortadas nunha hora por orde do rei as de trinta e tres mulleres súas principaís e as dun fillo e duas fillas súas " ( 11 ).
Tuvo lugar este suceso do sobriño en xuño de 1595, como di Ávila Xirón. Xa deixo anotado o dor dos franciscanos por esta morte de quen non só lles manifestara afecto, máis lles prestara axuda, como o fai constar o Pai Ribadeneira en máis dunha ocasión. Sea exemplo delo o que escribe do bó trato que lles daba ós relixiosos cando o visitaban:
"Cando máis particularmente mostraban os xentís admiración era vendo que a cantos eles tiñan por xente vil se sentian obligados a dárenlles reverencia e estima case a forza por mor da moita honra que lles facian o rei e os principais señores, aínda que ó rei as poucas veces que o visitaron nunca lle trataban cousas do ceo, porque non daba lugar de oilas, pero tratábanas cos demáis señores cando se lles ofrecía boa ocasión nas visitas, como cando o santo Frai Gonzalo e máis eu ibamos visitar ó sobriño do rei que nos mostraba particular favor e gustaba de vernos e tratarnos. E estando connosco preguntábanos cómo sabíamos que existía Deus e outras cousas particulares" ( 12 ).
           Igualmente terrorífica foi a vinganza que Taicosama mandou facer en Kioto con unha serie de malfeitores.Deles  15 foron fritos vivos e as súas mulleres, fillos, pais, irmaus e parentes ata a quinta xeración, crucificados. O mesmo mandou facer Taicosama có resto de ladrós e con todas as súas xeraciós, grandes e pequenos, demostrando así que a compaixón non era condición que residira na súa alma.

    5.- Embaixadas do gobernador das Filipinas
Os términos ameazantes da carta de Taicosama causaron natural alarma en Manila, e moi especialmente no ánimo do gobernador, o nobre cabaleiro galego de Betanzos Don Gómez Pérez Dasmariñas. Obededecía esta alarma nel ó feito de haberse encontrado cando chegou  en 1590, con unha moitedume de illas indefensas e a total carencia de fortificaciós en todas elas. O seu afán de abrir as portas do comercio permitira a entrada a moitos comerciantes xaponeses que levaron ó Xapón noticias das Filipinas e das súas riquezas, pero tamén da falta de homes e defensas.
Escribe Ávila Xirón:
"Desta ambición de mandar e de ser obedecido que se sentiu en Taicosama, tomou ocasión un xaponés chamado [Paulo] Harada Kiemón pra facernos o mal que nos fixo en dar noticia de Manila a Taico. Foi este Harada cristián de grande intelixencia, astuto, malicioso e sagaz, e non sei qué demo lle deu noticias de Manila" ( 13 ).
Coa carta de Taicosama no seu poder, pasou Harada a Nagasaki en marzo de 1592 coa idea de viaxar a Manila; pero sendo advertido de que aquela carta podía ser motivo pra que o aforcaran en Manila, fíxose o enfermo en Satsuma, abandonou a idea da viaxe e despachou pra que levara a carta de Taicosama un individuo chamado Gaspar, que foi tratado en Manila coas meirandes mostras de consideración, e despachado con ricos regalos ( 14 ).
Da impresión de terror causada en Manila por a emaixada de Taicosama son testemuño as palabras do Provincial franciscano Pai Xoán Garrovillas nunha Relación do ano 1595:
"Esta embaixada puxo moito temor nestas illas a todos, sobre todo por as cartas que viñeron dos Pais da Compañía nas que daban relación do poder deste tirano e avisaban da súa chegada". 
Recibida en Manila a carta de Taicosama, puxo en marcha o gobernador Gómez
Pérez Damariñas a súa destreza diplomática e, consultando co seu Consello de guerra, decidíu en 1592 enviar ó Xapón ó dominico Pai Xoán Cobo, moi instruído pra que examinara as realidades do Xapón e as forzas coas que podía contar o fanfarrón Taicosama. O único que se opuxo á ida do Pai Cobo foi o rector dos xesuitas Pai Antonio Sedeño, que era partidario de que este asunto fora encomendado ós xesuitas. Gaspar Harada quedou en Manila ben tratado á espera do resultado da embaixada. En Nagasaki uníronselle o Pai Cobo Pablo Harada e o capitán Xoán de Solís. Harada regresou a Manila cunha carta do Pai Cobo escrita o día 29 de octubro de 1592 pró gobernador Dasmariñas. Outra datada o día 4 de novembro tróuxoa o cristiano Antonio López. Por elas conócese o bó tratamento que lle fixo Taicosama.
En todos estes anos non cesaron de chegar a Manila xaponeses con cartas pedindo relixiosos franciscanos. O franciscano Pai Francisco Ramos narrou en carta escrita a finais de 1592 ó Pai comisario de México:
"Nesta casa de Manila está un Irmau leigo... Cada dia escríbenlle os xaponeses, que certo rompe o corazón ver o que piden, e o que fan os que ven coelas... O embaixador xaponés [Gaspar Harada] que está nesta cidade ven de cotio a chorar porque non lle dan relixiosos, non contentándose con outros ningúns fora dos franciscanos. Fará doce días que chegaron aquí ata 200 xaponeses con cartas pra o sobredito leigo que se chama Gonzalo García".  
Os cristiáns de Yamaguchi escribiron chorando o seu desamparo. O famoso Xusto Ucón escribía a Frai Gonzalo García pidíndolle relixiosos pra os moitos cristiáns sin pastor, porque os xesuitas fóranse por medo á morte. Catrocentos cristiáns de Facata e tres mil de Firando e outros de Xiki e doutras partes, e a reina de Amacusa Dona Gracia, e incluso uns bonzos convertidos, todos pedían relixiosos franciscanos. O mesmo Pai Cobo, na carta do día 29 de outubro de 1592, fíxose eco do sentir xeral e pidiulle ó gobernador que enviara a Xapón 12 franciscanos, un deles o Pai Pedro Bautista, xa moi conocido dos xaponeses por as boas obras que lles facía en Manila.
O Pai Cobo morreu no camiño sin poder chegar coa contestación de Taicosama. Quen logrou regresar en abril de 1593 foi Harada, que se presentou con título de embaixador de Taicosama, pero sin ningunha carta crediticia.   
O día 27 de abril presentoulle Harada ó gobernador Dasmariñas un Memorial no que lle pedía os franciscanos sinalados por o Pai Cobo na súa carta do día 29 de outubro.
Escribe Ávila Xirón:
"Chegou Harada a Manila en abril de noventa e tres onde o vin eu... e finalmente despachado en xuño do dito ano. E  foi este quen trouxo consigo ós relixiosos do señor San Francisco enviados por Gómez Pérez por embaixadores, que foron o santo comisario Frai Pedro Bautista, Frai Bartolomeu e Frai Francisco de San Miguel e Frai Gonzalo García, estes dous irmaus leigos, e Frai Gonzalo gran lingua do Xapón, porque, sendo crioulo da India Oriental, criárase neste reino [Xapón] na Compañía”( 15 ).
           Neste momento tomou Dasmariñas a decisión definitiva de enviar relixiosos franciscanos ó Xapón. Pra elo consultou có  Pai Paulo de Xesús, Provincial franciscano, e quedou acordado o envío do Pai Pedro Bautista, persoa eminente e moi destacado nos ambientes das illas Filipinas, Custodio que fora da Custodia de San Gregorio e gardián do convento de San Francisco de Manila. Conocedor das personalidades existentes nas illas, pensou Dasmariñas que o Pai Pedro Basutista era o home axeitado e o mellor dos posibles prá delicada misión que tiña decidida. Ademáis pensaba nas cartas que lle trouxera Harada das cristiandades do Xapón con peticiós de franciscanos de cuia fama de pobreza tiñan conocemento tras a presencia entre eles do franciscano Frai Xoán Pobre de Zamora. Tamén informara Harada que a presencia de franciscanos sería moi do agrado do emperador Taicosama.
Có Pai Pedro Bautista estuvo acordado o envío de outros tres relixiosos que foron o Pai Bartolomeu Ruiz e os dous irmaus leigos Frai Francisco de San Miguel e Frai Gonzalo García, éste magnífico intérprete da lingua xaponesa.
Todo obedecía en Dasmariñas ó propósito de dar largas ó asunto do Xapón namentres trataba de fortificar a cidade de Manila. Nesa liña diplomática estaba encadrada esta embaixada a Taicosama con cartas de amable presentación.

6.- Non todo era ourego nas Illas Filipinas
Cando se estaba organizando a embaixada ó Xapón, conocendo os xesuitas a elección dos franciscanos pra levala, ofreceron "grande oposición á ida", di o Pai Marcelo de Ribadeneira. O superior dos xesuitas, Pai Antonio Sedeño, que recibira aviso do Pai Alexandro Valiñano sobre o xeito como debería actuar neste particular, presentou un Memorial coas razós que lle parecía ter pra atallar a embaixada. Falou da xenreira que Taicosama tomara contra os xesuitas con motivo da ida ó Xapón do Pai Cobo. Por o demáis, non tiña ningunha razón en contra dos franciscanos, a quen apreciaba por haber vivido con eles no convento franciscano de Manila cando chegara alí dende España.
 Solicitada por o gobernador Dasmariñas a opinión dos franciscanos, expuxo a Pai Pedro Bautista o dato de que a cristiandade do Xapón estaba encomendada por o Sumo Pontífice Gregorio XIII en exclusiva ós xesuitas portugueses. Fixo ó mesmo tempo constar os amplos permisos e privilexios que tiñan os fillos de San Francisco  dos Sumos Pontífices pra misionar en calquera parte do mundo,manifestando que o único que podería ofrecer algunha dificultade era a entrada de  relixiosos españois en terras que viñan sendo atendidas por o patronato de Portugal, ben entendido; sin embargo, que non era verdade que no terreo político estuvera o Xapón sometido ó dominio portugués. Ademáis, compría ter presente que Portugal formaba naqueles momentos parte da coroa de Felipe II de España.
Tomou tempo o gobernador e, á vista de todo o exposto por o Pai Sedeño, mandou o día 24 de maio de 1593 artellar unha información
“pra que se sepa a verdade si é así ou si de moitos anos antes que o Pai Cobo fose ós reinos do Xapón estaba aflixida a cristiandade daqueles reinos e derrubadas as igrexas e por qué causa e razón fora esto”.
As testemuñas que deron as súas declaraciós foron terminantes. O día 29 de maio dixo o italiano Marco Antonio:
“Haberá tres ou catro anos, estando esta testemuña nos reinos do Xapón, foi público e notorio que, tendo guerra Almandono co rei de Fixen... foi con moito exército o dito rei de Fixen sobre Almandono quen, por ser cristián, foi favorecido por os Pais da Compañía de Xesús que o axudaron cunha fusta que tiñan os Pais armada e artillada con xente e boa artillería e concibíu odio mortal contra os ditos Pais e determinou perseguilos...Por esta e outra causas o Combaco mandou derrubar as igrexas, particularmente as que eran fortes e tiñan artillería... Esta tetemuña víu por os seus propios ollos a dita fusta dos Pais, armada e artillada; e sabe que os Pais teatinos son mercaderes ó por maior e que por esto e por as moitas terras e morgados que tén e ocupan e por a potencia e poderío que traen, son odiosos ó Combaco e ó reino”.
Pablo Faranda Queimón, ben conocido na nosa historia, testemuñou a influencia da mai de Taicosama, inimiga dos cristiáns, e falou do fausto que gastaban os xesuitas,  e do moito que anhelaba Taicosama de ter no Xapón franciscanos, e engadíu en relación cós xesuitas:
"Só os xesuitas lle son odiosos por o gran fausto que traen, porque cando saen, é con douscentos ou máis homes de acompañamento a cabalo e a pé, e trátanse non coma relixiosos, senón como reis e señores segrares que ten portos de mar que lles rentan máis de 12.000 ducados  e moitos lugares coa súa xustiza posta por a súa mau, e traen exércitos e armadas con que conquistan os portos e terras que queren... e  defenden ós ricos e non ós pobres".
O capitán español Xoán de Solís, que fora ó Xapón có Pai Alexandro Valiñano e conocía moi ben as cousas do Xapón, dixo:
"Saben estas testemuñas que os Pais da Compañía tiñan no Xapón moita artillería grosa e miúda no porto e pobo de Nagasaki que era seu... Os mesmos Pais da Compañía ten a culpa de que lles derrubaran as igrexas e que esto é a verdade. Demáis desto entende que si os Pais da Compañía non se fixeran como son señores de moitos pobos e morgados que ten con forca e coitelo e, non foran tan mercaderes, non houberan tido persecución".
No ano 1594 preguntou San Pedro Bautista ó gobernador de Kioto, Guenifuin, cómo debería portarse na tarefa evanxélica, e a contestación foi como narra o Pai Xeromo de Xesús:
"Respondeulle desta maneira. Cando o rei prohibiu ós Pais da Compañía facer cristiáns non foi por odio a lei, que boa lle parecía, senón porque os Pais non facían cristiáns máis cós grandes señores e tuvo medo que se lle alzaran co reino, e por eso os mandou desterrar".
Desta  mesma preocupación participaba o gobernador de Kioto, Guenifuin, como pode concluirse das seguintes palabras de San Gonzalo García alusivas a él:
"Digo que é verdade que o gobernador destes reinos díxome que él se faría cristián, pero non quería que despois vosoutros [franciscanos] vos levantásedes a maiores como os outros, entendendo por os "outros" ós Pais da Compañía a quen non perseguiu o rei senón porque  viunos que tiñan moito poder temporal e túvolles medo como tirano, como me dixo o mesmo Guenifuin pra que eu llo traducise ó noso Irmau comisario que estaba presente".
De todos estes testemuños xurde evidente a conclusión de que a persecución de Taicosama contra os xesuitas tuvo como causa e orixe o proceder prepotente e moi exasperante deles como mercaderes.
Tras conocer a falsedade das acusaciós do Pai Sedeño, convocou Dasmariñas consello de guerra e, ó mesmo tempo, tamén xunta de teólogos das  distintas Ordes relixiosas e do cabido eclesiástico de Manila. Axuntados todos no convento de San Agostiño o 28 de maio, mandou Dasmariñas dar lectura ás cartas dos cristiáns do Xapón nas que pedían relixiosos franciscanos, e tamén á protesta do Pai Sedeño e a todos os demáis documentos relacionados con este punto.
Agás os xesuitas estuveron todos dacordo na necesidade de enviar unha ambaixada a Taicosama e na urxente convenencia relixiosa de facelo á vista dos argumentos expostos en base ós documentos pontificios presentados por os franciscanos, entre eles os Breves de Paulo III e o confirmatorio do mesmo por Sixto V do ano 1586 a pról de que os franciscanos, membros dunha Orde esencialmente misioneira, puderan predicar o evanxelio en calquera parte do mundo.
O Pai Marcelo de Ribadeneira reduce a seis as razós exhibidas naquelas xuntanzas de Manila pra demostrar a conveniencia e, incluso, a necesidade de enviar embaixada ó rei do Xapón pra darlle resposta á carta recibida del. Dacordo coelas podía escoller o gobernador a persoa que fora máis do seu agrado. Faranda entregara un Memorial no que pedía o envío de franciscanos que lle serían moi gratos a Taicosama, como a experiencia o demostrou. Existía a razón de que os xesuitas encargados por o Papa Gregorio XIII en exclusiva da evanxelización do Xapón estaban desterrados e perseguidos, e os cristiáns estaban privados de pastores evanxélicos. Existía tamén a razón de que na división territorial feita das novas terras por o Papa Alexandro VI entre España e Portugal concedéralle Xapón a España. O Papa Sixto V confirmara os privilexios concedidos por Paulo III ós franciscanos pra predicar en todo o mundo, revocado calquera privilexio en contrario. O mesmo Sixto V, cando confirmou a erección da Custodia de San Gregorio en Provincia, concedeulle licencia pra que os franciscanos, como delegados seus, puderan predicar, incluso contra a vontade dos bispos, en todos os reinos veciños das Filipinas, agás Malaca, China e Cochinchina que dependían doutra Provincia franciscana.                          
A obrigación de enviar embaixada ó Xapón, e a libertade en conciencia pra facelo, quedaron moi en claro nas deliberaciós celebradas en Manila có parecer coincidente de todos, agás o dos xesuitas.
O Pai Lois Froes quixo escribir e escribíu que as realidades no Xapón estaban naquel momento a pedir de boca e que os xesuitas, malia que estaban perseguidos, tiñan unhas cristiandades moi florecentes. De aquí tomou pé o bolandista pra escribir que a embaixada foi innecesaria;  incluso afirmou temerariamente que a ida dos franciscanos ó Xapón fora pretendida por eles.
O cronista Pai Xacobo de Castro desbaratou con eruditos razoamentos as afirmaciós destes xesuitas, o que evita malgastar o tempo pra que tantus labor non sit casus. Como remate da súa erudita disertación, escribíu o mesmo Pai Xacobo de Castro:
"Finalmente, a carta do gobernador explica a necesidade e o servicio ó rei de España, unha das máis acertadas conductas que pudo executar o nobre corazón de Don Gómez Pérez Dasmariñas,escribindo con tanto valor, sagacidade, e tan a propósito" ( 16 ).                                    
Este foi o texto da carta do gobernador Dasmariñas a Taicosama:
"Gómez Pérez Dasmariñas, Cabaleiro do hábito de Santiago, gobernador e capitán xeral nestas illas, arquipélago e parte do ponente por o rei noso señor Don Felipe II, rei de Castela, de León, etc., ó moi alto e poderoso príncipe e señor Combacondono. O ano pasado escribín a vosa grandeza co Pai Frai Xoán Cobo en resposta dunha que aquí me deron no voso real nome, aínda que eu dubidei moito e con razón, tanto da verdade da embaixada, como do sentido das palabras. E agardando case un ano a declaracion e resposta, non a vexo máis ca unha carta moi breve e xeral do Pai Cobo na que di partiu dalá seis meses fai moi favorecido e ben despachado das vosas maus que eu beso por elo. E anque entraron aquí dous navíos do Xapón moi ben recibidos de min, en un deles ven Faranda que di é o voso embaixador, nin trae chapa, nin carta vosa en resposta a miña, nin declaración da dúbida que eu tiña, senón que agora,vistos os incertos sucesos do mar e que o Pai Cobo non ven, estou máis as escuras e con meirande anhelo de saber a vosa real determinación e vontade, porque aínda que Faranda non me trae papel que o acredite, non podo crer que un vasalo e tan honrado como parece, ousase burlarse e usar do voso real nome sin orde pra elo. E así nesta dúbida, non podo deixar de oilo e despachalo ben. E a un Memorial que me deu respondinlle o que amosará. Arestora, pra saír de toda confusión e dúbida, envío ó Pai Frai Pedro Bautista, que é un Pai moi grave e de moita sustancia e calidade e con quen eu me comunico e aconsello nas cousas máis importantes do meu rei. En fin, é o consolo e lecer meu e incluso desta república. Leva as cartas pasadas e o traslado do Memorial de Faranda e a miña resposta pra que, tratado alá coa vosa real persoa, me traiga a claridade, asento e resolución que do voso real peito se pode esperar. E vai con facultade da miña parte   pra aceptar e asentar a paz e amizade que no voso real nome me ofrece e pide Faranda con toda seguridade e conformidade, no entre tanto que o rei meu señor é avisado desto e me ordene o que se ha facer. E espero que en todo sucederá moi ó voso agrado e procurarei eu dárvolo da miña parte en canto de min desearedes. Garde Deus a vosa real persoa con moita prosperidade. De Manila, a 20 de maio do ano do nacemento do Noso Señor Xesucristo de 1593.
Postdata. E particularnente inclineime a enviar co despacho persoa que, a máis da súa estimación e partes, fose da sagrada Orde de San Francisco por termo pedido nun Memorial Faranda, dicindo que seria particular agrado e contento voso ver alá Pais desta bendita Regra. E deles é este un dos da estricta e santa vida que o fai de por sí só venerable” ( 17 ).
            Con todos os despachos no seu poder, saíu o Pai Pedro Bautista con destino ó Xapon o día26 de maio de 1593, con outros tres franciscanos elexidos todos eles por os superiores. No barco de Harada pasaron Frai Francisco da Parrilla e Frai Gonzalo García. Os Pais Pedro Bautista e Bartolomeu Ruiz pasaron no barco do portugués Pedro  González  Carbajal. Sobre  todo  esto  informou  Gómez  Pérez  Dasmariñas  a Felipe II:
"Enviéi nun navío de por si ó Pai Frai Pedro Bautista, frade francisco, coas cartas pasadas e outra miña... Pra meirande claridade de todo, envío a vosa maxestade... os dous Memoriais que me deu aquí Faranda Queimón... e a miña resposta e a copia da carta que agora escribín ó Cuambaco con Frai Pedro Bautista... E quedo agardando a confirmación e boa resolución co que negociará o Pai Frai Pedro Bautista... Noutro Memorial que tamén me deu Faranda do que aquí vai copia, pidiume que lle dese algúns frades franciscanos... que Cuambaco gustaría moito de telos no seu reino moi ben tratados. E anque o rector da Compañía de Xesús fixo contradicción, a min pareceume... que os teatinos que        comenzaron aquela cristiandade, están agora en desgracia de aquel rei e desterrados" ( 18 ). 
Quero deixar constancia da airada reacción do bispo do Xapón Don Pedro Martínez contra o acordo de Manila, que é mostra do matiz nacionalista que os portugueses lle deron á conducta dos españois:
"Pretendendo os españois de Manila por os seus particulares intereses entrar na conquista dos portugueses e usurparlles este comercio, e conocendo as grandes dificultades que nesta empresa atoparían nos estados da India e nos demáis pertenecentes a coroa de Portugal, buscaron a invención de emprender conquista tan prohibida por via de relixiosos da súa nación, e só capa de ir predicar a nosa santa fe... quixeron mittere falcem in segetem alienam, parecéndolles que con pretexto de celo da salvación das almas poderiín acadar xusto título á conquista pertenecente a coroa de Portugal e usurparlle o trato da China e do Xapón que tanto degoran" ( 19 ).
            Disposto todo prá emprendeb a viaxe, saíron rumbo ó Xapón o día 26 de maio de 1593 os tres franciscanos elexidos, asemade có Pai Pedro Bautista.No barco de Harada pasaron Frai Francisco de la Parrilla e Frai Gonzalo García; e no do portugués Pedro González Carballal, os País Pedro Bautista e Bartolomé Ruiz.
Da viaxe escribíu o Pai Pedro Bautista:
"A viaxe que fixemos foi moi traballosa por mor das grandes tormentas e perigos nos que nos vimos. Arribamos tres veces e así durou a nosa navegación 39 días. E os Irmaus que se embarcaron no navío de Harada aínda padeceron moito máis, que anduveron sin temón algúns días. Arribaron catro veces e foron aportar a China. Tardaron en chegar ó Xapón 49 días...
Chegamos a Firando onde desembarcamos, e alí enviou o rei de Xapón, como supo a nosa chegada, un home principal [Hongen] con dous navios pra que nos levase a cidade de Nangoia onde estaba a súa grandeza. Está de Firando tres ou catro leguas... Fomos aposentados na casa deste home principal onde estuvemos moitos días esperando ós Irmaus que viñan con Harada, pra falarmos ó rei coa lingua que traíamos, que eu non gustaba dos outros novatatos [intérpretes].
Ó fin puxéronnos alá un contra a nosa vontade, aínda que eu tiña negociado que lle falase o Irmau Frai Gonzalo" ( 20 ).

7.- Nubarrós no horizonte xaponés
Xa dende o primeiro momento viuse San Pedro Bautista na necesidade de vencer algunhas dificultades que ofreceron Harada e os seus conselleiros, entre os que cabría sinalar dende agora algúns individuos que se deixaron enlear nos intereses comerciais dos portugueses cós fatales resultados desta unión que adiante veremos. Algo apuntou moi discretamente Frai Xoán Pobre de Zamora nas breves palabras seguintes:
"Volveu Faranda e Funguen, que eran grandes amigos o un do outro e ambos a dous dos Pais da Compañía e amosaban esto mesmo en público con relación ós relixiosos de San Francisco, aínda que en secreto non o eran. Como chegaron os dous, ben pensada unha intriga, que non faltou quen lles axudou a argallala contra o noso rei, dixéronlle ó santo comisario que aquel presente era moi pouca cousa pra persoa do emperador” ( 21 ).
          Por agora únicamente imos seguir a narración do santo embaixador a través das súas cartas ó gobernador Gómez Pérez Dasmariñas:
"No entretanto que esperabamos ós Irmaus, déronnos grande batería a Pedro González e máis a min que se engadiran mil pesos en diñeiro ó presente, dicindo que era pequeno e non se sufría ir con él diante do rei... Foron tantas as importunidades que acerca desto tuvemos, que eu entrei en sospeita si nos querían sacar aqueles diñeiros pra dárenlle a entender ó rei e ós grandes que era tributo que lle traíamos ou principio dél, e así díxenlles que se desengañasen que nin un marabedí se engadiria; que si o rei queria recibir o presente,[dacordo],si non que nos volveríamos con él... Chegados os Irmaus, fumos todos e Pero González darmos os recaudos ó rei" ( 22 ).
           A pesar da firme posición do santo embaixador, continuaron Harada e Hongen nunha tirapuxa con él e con Pedro González Carballal. Foi moi significativa nesta diversidade de criterios o que pasou neste momento da presentación das cartas credenciais de embaixador e que confirma a presencia dos aludidos nubarrós no horizonte, cuia evolución veremos adiante.
           



       
8.- Humildade versus orgullo e arrogancia
        O día sinalado prá audiencia enviou Taicosama cabalos vizosos nos que puderan facer a viaxe o embaixador e cantos formaban a súa compañía. San Pedro Bautista preferíu facer a viaxe ata o pazo a pé, como verdadeiro imitador de San Francisco.
        Ás esixencias de Faranda pra que o embaixador se comprometera entregar anualmente a Taicosama 500 pesos de plata, negouse o santo categóricamente, ameazando incluso con regresar a Filipinas sin entregar as cartas do gobernador español, si esa era unha esixencia de Taicosama.
        Sentado Taicosama nun luxoso asento de ouro "e aqueles señores no chau", foi recibido o embaixador español quen, tras unha profunda reverencia ó estilo xaponés, fíxolle a entrega das cartas do gobernador de Filipinas das que era portador.
        Narra Ávila Xirón:
“O primeiro que Harada lle dixo a Taico foi que o Xacata de Manila lle enviaba facer rei [vasalaxe] e un presente que, aínda que de pouco valor, era sinal e reconocemento de vasalo e que por tal o tuvese... que alí presentaba aquel embaixador que era un home relixioso de gran autoridade... que viña facerlle rei de parte do dito Xacata e do rei de España" ( 23 ).
        Dende o inicio da cerimonia de presentación non cesou Taicosama nen se cansou de observar aquelas estampas de frades austeros, engaiolantes por a súa humildade, que tiña na súa presencia, e fíxoo con talante inicialmente altivo, orgulloso e irritado, como o fixo constar Frai Gonzalo García cando calificou o seu comportamento de "furor de bárbaro".
       Na contestación prepotente dixo Taicosama o que narra o Pai Pedro Bautista na citada carta a Dasmariñas:
"Despois aproximouse máis a nosoutros e sentado na súa cadeira, fixo unha plática dicindo: Cando eu nacín, deume o sol no peito e, consultados os adiviños, respondéronme que eu sería señor dende oriente ata o poñente. E dixo tamén: En cento catro idades de goberno que ten pasadas endexamáis houbo rei que rexese e gobernase todo o Xapón ata agora que eu o ganei todo... Sería xusto que os de Luzón cumprisen a miña vontade e viñese logo o gobernador ou o seu fillo a dárenme a obediencia, donde non, eu mandarei logo a miña xente contra eles pra que os sometan ós meus mandatos" ( 24 ).
       Estas orgullosas palabras e outras que narra o Pai Pedro Bautista tuveron unha digna e valente reposta do santo embaixador de Filipinas en consonancia coas palabras de Taicosama nestes ou semellantes términos:
"Señor, a nación española soamente a Deus do ceo da obediencia e soamente ó seu rei  ofrece vasalaxe e a ningún outro señor na terra. Si o gobernador de Luzón me enviou a min, humilde servidor, de embaixador, foi pra acordar coa vosa alteza un arranxo comercial amistoso, porque, si de guerra se tratase, houbera enviado en vez de embaixador barcos, capitáns e soldados".
       Esta valente contestación do Pai Pedro Bautista, que os ministros de Taicosama consideraron merecedora dunha sentencia de morte, causou contra todo pronóstico unha mitigación das iras do emperador que rematou increiblemente depondo o xesto airado e bárbaro, dulcificando o seu trato como noutrora o lobo de Gubbio á vista da tranquilizadora presencia de San Francisco, ou o tirano Ecelino fronte a non menos seráfica de San Antonio.
Frai Gonzalo García expresou a realidade daquel momento con breves palabras alusivas ó "furor de bárbaro" de Taicosama:
       "aproveitándose da miña media lingua, porque son tatexo, fíxosenos tan amigable
       o emperador que estaba nun principio cun furor de bárbaro, e deunos casa e           de comer e despois libertade e outros favores" ( 25 ).
Narra o Pai Xeromo de Xesús o bó trato de que foron obxecto o grupo de españois, e o banquete que lles deu Taicosama no pazo e na mesma vaixela de ouro usada por él:
"Pediulle ó rei que quería quedarse no Xapón pra remedio dos cristiáns aflixidos. O rei dixo que ...pois lle pedían con humildade estar no seu reino e o querían por pai, que él estaría da súa parte e lles daría casa e de comer. E aquel dia deu ós catro relixiosos un espléndido banquete e mostróuselles tan amigo e familiar, que tomando o cordón do santo comisario, deuse con él nas costas moi recio dicindo:
      - ¿E cómo lles doerán as disciplinas que me din que fan cada dia?
      Con esto despedíronse do rei" ( 26 ).
      O mesmo Pai Pedro Bautista aludíu a todo o sucedido na entrevista con Taicosama na carta do día 7 de xaneiro de 1594 ó gobernador Dasmariñas:
"Con esto acabouse a plática... Despois desto leváronnos a un aposento feito todo él de chapas de ouro e alí mandou darnos de comer con servicios de ouro ata os palillos e ó cabo da comida déronnos unha bebida deliciosa que chaman cha.Despois veu o rei e sentouse a carón miña,e collendo o cordón que eu tiña cinguido, deuse un azoute con él nas espaldas e tratou un pouco co Irmau Frai Gonzalo do estado da nosa sagrada Relixión" ( 27 ).
        Acerca do recebemento aínda insiste o Pai Xeromo de Xesús:
"Non recibiu ó embaixador da China coma ós relixiosos, porque a nosoutros deunos colación e da mesma que él comeu no seu prato, que si ós xaponeses lles dera outro tanto, pensarían seren xa benaventurados" ( 28 ).
         Ocurría todo esto a mediados do mes de agosto de 1593. Todo se desenvolveu a pedir de boca entre os franciscanos e o emperador, mais non a pleno lecer dos organizadores Harada e os seus confabuladores, que xa argallaban intrigas dende o primeiro momento. Escribe Ávila Xirón, perfecto conocedor de todo aquelo, que Harada
"era quen alí falaba e quen todo o remexía e tramaba".
         O malo era que xa entón andaban por medio os intereses materiais dos portugueses representados por algúns xesuitas. Inmediatamente de chegados os franciscanos ó Xapón acercáronse a eles dous ou tres xesuitas con intenciós moi sospeitosas, aínda que se lles presentaron como pra axudárenlles. Un deles foi o Pai Xoán Rodríguez, de moi confuso comportamento posterior. Escritores xesuitas como Froes, Guzmán, Juvencio, etc., iniciaron neste punto a constante terxiversación dos acontecementos que obligan, mal que pese, a esclarecer a historia sin ningunha clase de animosidade.
        Evidentemente estábase iniciando dende o primeiro momento unha montaxe que tería fatales consecuencias. Frai Gonzalo García tratou de pór claridade en todo, como escribe Ávila Xirón:
"O Irmau Frai Gonzalo... colocóuse moi perto do tribunal onde estaba só o rei e díxolle:
- Señor, cando partimos de Manila non foi pró que di Harada a darche obediencia, nen pra traermos tributos do noso rei, porque él endexamáis os pagou a ninguén, antes os cobra de moitos señores... O Pai que ves aquí ven como embaixador a ofrecerche amizade... Nosoutros no nome do noso rei pedímosche... nos teñas por amigos... Con esto díxolle outras cousas con moita libertade que Taico escoitou con toda atención... O rei quedou  tan contento, que dixo a voces:
       - Eu digo que quero ser de hoxe endiante amigo do teu rei” ( 29 ).
       Cómpre deixar ben perfilados os acontecementos de aqueles primeiros momentos pra desbaratar calquera afirmación que intente desvirtuar a verdade. Recollendo palabras de San Gonzalo García, escribe Frai Xoán Pobre:
       "Respondeulle o santo Frai Gonzalo:
 - Señor, os españois non quebrantan a palabra que dan, senón que dan    seguridade en cousas de tanta importancia. E pra meirande seguridade, nosoutros  quedarémonos no teu reino.
       Dixo Taicosama:
       - Non, porque non digan que vos fago forza.
       Dixo o santo Gonzalo:
       - Quedarémonos, señor, pra encomendarte a Deus.
       Respondeu o rei:
       - Non conocemos os vosos deuses, senón os nosos fotoques mais quedádevos        os dous.
       Estaban apampados todos os grandes de veren a amigable tirapuxa que o               emperador tiña co pobre frade e máis cando o frade volveu dicirlle:
       - Señor, ¿pois a onde han ir os outros dous? Quedarémonos todos e tomaremos        a vosa grandeza no lugar de pai. A esto moveuse tanto Taicosama, que dixo:
       - Pois xa que me tomades no lugar de pai, eu vos recibo no lugar de fillos e              dareivos sitio e mantemento.
       Con esto ergueuse e entrou dentro dicindo:
       - Xente de azos me perece esta” ( 30 ).
       O Pai Xeromo de Xeús engade:
"Coa licencia do rei pra facer convento e igrexa no  medio de tanta xentilidade e de tantos templos do demo e de sectas diferentes, non cabía en si o santo comisario de lecer espiritual, dando ó noso Señor continuas loanzas" ( 31 ).
       Non é do caso determe en miudeces sobre as conversaciós entre Taicosama e o Pai Pedro Bautista noutras ocasiós posteriores nas que Taicosama o tratou coa máxima consideración. Dunha delas di Ávila Xirón:
"Chamado outro dia por Taicosama e metido nun aposento a onde o mesmo Taico veu e se sentou a caron del, fíxolle dicir por Frai Gonzalo que, sendo home tan principal e tan estimado como lle dixera Harada, que por qué se trataba tan pobremente; que tiña vergoña de velo remendado e descalzo e así que lle queria dar algúns kimono. E co esto, batendo as palmas das maus tres veces, apareceron alí moitos paxes a quen lles falou e eles trouxeron nunhas grandes bandexas algúns kimono" ( 32 ).
            No nome do Pai Pedro díxolle Frai Gonzalo:
"que eles non podian en modo ningún vestir outro vestido máis ca aqueles que traian ou outros coma eles, porque eran relixiosos e profesaban aquelo. Quedou abraiado Taico e preguntoulle moitas cousas da súa Regra" ( 33 ).
            Ademáis de permitirlles Taicosama permanecer no Xapón, prometeulles
"que lles daría rendas coas que se sustentasen, pois eran tan pobres.Respondeulle o Pai que tampouco tiñan necesidade de tantas rendas, que con un pouco de arroz que lles dese pra comeren e un sitio pra facer unha casa e igrexa se contentaban. Todo llo concedeu, e dixo que por canto él estaba moi ocupado no despacho daquela armada pra Corea, subisen a Kioto onde os acomodarían persoas e quen él escribiría, e que lle daria unha chapa pra que, si fose mester por algún acontecemento ou por caso fortuito vir algunha embarcación de Manila a Xapón que non lles perxudicasen" ( 34 ).
           É moi pra ter en conta cada unha das concesiós feitas por Taicosma ós franciscanos nesta ocasión primeira. Á vista da boa acollida, non pensou o Pai Pedro no regreso a Filipinas, senón que despachou ben instruído a Pedro González de Carballal, dono do barco no que fixeran a viaxe, có encargo de que informara de todo ó gobernador de Filipinas.
Ávila Xirón condensou en ben poucas palabras todo canto sabía sobre o bó trato que lles deu o emperador ós franciscanos, e sobre a viaxe a Kioto
"onde esperou por Taico que non tardou moito. Chegado que foi,visitárono e onde quixo o dito Pai, deullles un solar grande e espacioso no medio de Meaco onde fixeron unha igrexa e casa pra morar e dous hospitais,un de Santa Ana e outro de San Xosé e alí residiron facendo moitos servicios a Noso Señor" ( 35 ).
            Narrou o Pai Xeromo de Xesús:
"Con esto despedíronse do rei que mandou  levalos a cidade de Meaco onde foron do rei e do seu sobriño festexados moitas veces" ( 36 ).
            Cómpre citar as palabras de San Pedro Bautista na carta a Dasmariñas do 7 de xaneiro de 1594:
"Outro dia mandou que nos desen navío no que viñésemos a cidade de Meaco [Kioto], que é a principal do Xapón, e arroz pró camiño.Nesta cidade ten o seu pazo real moi curioso e costoso... Esta cidade de Meaco terá máis de cen mil veciños.
Tiña xa dada a un seu sobriño[Hidetsugu] con outros dous ou tres reinos, a quen mandou que nos visitase e convidase a comer como así o fixo. Comeu connosco o gobernador da cidade e de outras moitas terras, e o que ten cargo os negocios de Manila [Hongen] diante de moitos cabaleiros que estuveron presentes" ( 37 ).

9.- Homenaxes na corte imperial
É moito pra destacar o feito de que os franciscanos foron "moitas veces festexados" por Taicosama e o seu poderoso sobriño, pra non poder comprendermos fácilmente o comportamento posterior de mandar matar ó sobriño e ós franciscanos. Ó  sobriño mandoulle que se cortara a barriga por mór dunha suposta rebelión. Él así o fixo pra desconsolo de moitos, incluso dos mesmos franciscanos que o choraron de veras. Escribíu o Pai comisario:
"Un amigo perdimos coa morte deste señor de Meaco, porque nos quería moito; en veces enviou catro xabarís dos que él cazaba" ( 38 ).
        Narra o Pai Xeromo de Xesús:
"O seu sobriño a quen fixera rei de Meaco e lle dera grandes rendas e aqueles riquísimos pazos de Meaco, mandoulle   que se cortase a barriga e fíxoo o pobre xove... Pesounos   moito a morte do sobriño, porque se foi ó inferno tendo amor ós cristiáns. E tíñanos amor e fíxonos esmolas. Escoitara as palabras de Deus, malia que se lle pegaban pouco" ( 39 ).
         O Pai Marcelo de Ribadeneira tuvo palabras de moita louvanza pra este home que tanto distinguíu ós franciscanos coa súa amizade, e que tanto os axudou na edificación dos hospitais de Kioto. Como dato da amizade e boa acollida que os relixiosos tuveron neste home basten as palabras que pón de manifesto o lecer con que escoitaba falar de cousas do ceo das que lle falaban os relixiosos.
Narra o Pai Ribadeneira::
"Tratábanas cos demáis señores cando, visitándoos, se lles ofrecía boa ocasión, como cando o santo Frai Gonzalo e  máis eu ibamos visitar ó sobriño do rei que nos amosaba particular favor e gustaba de vernos e comunicarnos. Estando connosco, preguntábanos cómo sabíamos de seu Deus e outras cousas particulares...Dixéronme que despois cando morreu,..como  decia a voz pública e fama,dixo que os frades pobres enseñaban a verdadeira salvación" ( 40 ).
         Ós favores, como o de enviar ós relixiosos xabarís a que fixo referencia San Pedro Bautista, hai que engadir a axuda prá construcción dos hospitais sobre o que escribe o Pai Ribadeneira:
"O sobriño do rei chamado Combacondono, que era poderosísimo señor, deulle cantidade de cen ducados e outro xentil prestou moito, e un cristiano que prestou o que faltaba" ( 41 ).
 Cómpre dicir que gran parte deste afecto de Hidetsugu ós franciscanos foi cousa do seu secretario e fervoroso cristián Cosme Xoia, casado con María, tamén cristiá.Os franciscanos españois perderon neste home un apoio valiosísimo, e prouguera a Deus que a amizade que lles demostrou non se volvera na hora amarga da persecución contra os mesmos relixiosos.
           
10.- Primum vivere...
             É lei de vida que o primeiro é vivir. Unha necesidade da vida é a vivenda, que por algo deriva de vivir.
            Queda feita referencia ó comportamento de darlles Taicosama ós relixiosos franciscanos españois permiso pra permanecer no Xapón e prometerlles terra pra edificar casa e igrexa en  Kioto, corazón mesmo do seu imperio. Desta concesión informou o Pai Pedro Bautista a Dasmariñas na carta do día 7 de xaneiro de 1594 dende Meaco:
"Un sitio pra convento mandou darnos aquí en Meaco.Sería de moita importancia ter outra casa no porto [Nagasaki] pra poder avisar a vosa mercé de  todo  o que por acá houbese, porque nosoutros estamos cen leguas do
porto" ( 42 ).
             Na carta escrita por o santo comisario ó Provincial informoulle:
"O rei mandou darnos un sitio pra casa e horta, porque na que estamos non a temos" ( 43 ).
             Debe quedar ben sentado que Taicosama outorgou a súa amizade xenerosa ós franciscanos, a quen lles deu todos os permisos pra vivir no Xapón, malia que algúns escritores da Compañía que seguiron a narración sectaria dos Pais Froes e Guzmán intentaron desvirtuar a verdade, dicindo que Taicosama endexamáis lles deu permiso de permanencia ós franciscanos. O que segundo o Pai Froes lles concedeu, foi visitar os seus pazos en Kioto e regresar a Manila. Cando escribíu ésto, seguramente que estaba pensando no que ocurrira coas visitas do Pai Valiñano e do bispo Don Pedro Martínez, a quen Taicosama lles impuxo que regresaran a Macao. Do permiso de permanencia estaba moi certo o Pai Pedro Bautista, como o manifestou nun informe:
"O rei deume licencia, como é notorio no Xapón, pra edificar casas e vivir no  seu reino dacordo co instituto da miña Orde" ( 44 ).
 Na carta do día 11 de outubro de 1596 engadíu:
"Que o rei nos deu licencia pra estar no seu reino onde quixeramos, é ben verdade. Aínda que de palabra, foi diante de moitos señores" ( 45 ).
           Chegados a Kioto os relixiosos, estuveron hospedados na casa de Hagen, o mesmo que estaba encargado dos asuntos de Manila. Mais esta hospedaxe iba demorándose sin que ninguén tratara de darlle unha solución, có sinalamento do sitio prometido por o emperador pra convento.O primum vivere,a estancia iba convertíndose en algo pesado nunha casa allea e non en moi boas condiciós pró desenrolo da vida relixiosa, tal como anhelaba o santo embaixador. A pesar das repetidas instancias pra que se lle concedera terreo,non daban os encargados ningún paso,moi  gustante ó parecer Hagen de ter ós relixiosos na súa casa coma uns bós reféns e permanente recomendación diante do emperador.
          Existe a sospeita de que non era tan certo o que Hoguen lle informou ó gobernador de Filipinas:
"Eu recibinos na miña casa e deica agora téñoos nela con moito amor... Aquí quedan os Pais e o rei dalles sitio" ( 46 ).
            Da permanencia na casa de Hagen informou San Pedro Bautista:
"Hoguen tennos na súa casa por mandado do rei e ten ó seu cargo os negocios de Manila" ( 47 ).
             Non engadíu ningunha palabra acerca de si él e os outros relixiosos estaban contentos de vivir coma prisioneiros na casa de Hongen, sin as mínimas posibilidades de realizar o anhelado traballo evanxélico. Estaba ben de manifesto a vontade de Taicosama a pról dos relixiosos e, sin embargo, xa pasaran catro meses sin que ninguén se movera a dar cumprimento a esa vontade. ¿Qué estaba pasando? Hai que dicir que non todo era ourego en Kioto. Con toda reserva informou San Pedro Bautista a Dasmariñas:
"Esto que sigue sea soamente pra vosa mercé. Dixéronos que a un dos máis preciados do rei Combaco [Guenifuin] lle deron 300 pesos pra que dixera a este rei que pra qué nos permitia no seu reino, porque disque pretenden ir a Manila dicindo que qué presente trouxemos nós pra que nos fixese este beneficio. E como o rei xa dera a súa palabra de amizade, sentiuno tanto,que desterrou ó seu privado por oitenta días e quitoulle os 300 pesos que aplicou a outra cousa, e a seis ou sete homes quitoulles a vida por o mesmo. Despois levantoulle o desterro ó privado a rogos de outros moi queridos do rei e da súa muller [de Guenifuin]" ( 48 ).
        Algo se estaba movendo ás agachadas en Kioto pra desequilibrar as decisiós do emperador sumamente interesado na presencia de San Pedro Bautista no Xapón. Quero deixar anotado que en Kioto vivía medio oculto o xesuita Pai Organtino, vello e enfermizo, que sempre se distinguíu por a súa oposición ós franciscanos.
        As cartas dos días 7 de xaneiro e 4 de febreiro de 1594 son boas mostras da intimidade entre o santo embaixador e Taicosama. Na segunda delas (a cuarta que lle escribíu a Dasmariñas), deixou constancia do abraiados que estaban os xaponeses de canto o rei fixera ós franciscanos:
"Os xaponeses espantáronse de veren o que este rei ten feito connosco e de que non queria vaian a Luzón máis navios dos que vosa mercé pide dalá...con  facerlle todos cantos alá van, cando regresan, cadanseu presente" ( 49 ).
        Taicosama debeu de estar en Kioto a finais do ano 1593. Frai Pedro Bautista non descansaba nen deixaba descansar a cantos podían estar interesados en dar contestación á embaixada de Filipinas e facilitarlle sitio onde edificar convento.
         Pra recibir as súas insistencias estaba sempre aberta de par en par a casa do gobernador da cidade, Guenifuin, gracias en parte ós bós servicios dun mordomo cristiá que estaba ó seu servicio. Sin embargo, algo ou alguén paralizaba as decisiós do gobernador que non acababa de dar cumprimento ó mandato do emperador dpra que lle fora facilitado terreo a Frai Pedro Bautista pra edificar convento. Namentres os franciscanos eran a diversión dos rapaciños que os seguían, gritando deus, deus, que é dicir cristiá. Tamén eran a admiración da xente maior e os exemplos que anhelaban imitar os cristiáns que os encontraban por a rúa e axionllábanse pra bicar o seu hábito ou cordón.
Narra o Pai Xeromo de Xesús:
"A xente de entendemento espántase de ver a nosa paciencia, e máis cando en medio da moitedume de rapaces ven vir algún xaponés cristiano que se axionlla e non se levanta ata que o mandamos  levantar" ( 50 ).         
         Na declaración ofrecida o 1 de xaneiro de 1596, testemuñou Frai Francisco de la Parrilla:                               
"Vendo os xaponeses homes tan pobres e tan estimados do rei xentil e dos grandes, de quen nun principio fomos convidados e recibimos favores extraordinarios, os xentís quedaban apampados e nunca ninguén nos ofendeu. Os cristiáns, conocéndonos, nos respetaron e respetan e saudan coa santa salutación: "Louvado sea noso Señor Xesucristo" que nós lles temos ensinado, e besan o hábito con moita humildade, malia non seren os xaponeses de seu natural moi humildes" ( 51 ).
          Os relixiosos cohibíanse de visitaren ó emperador por non dispor de presente que levárenlle, pero facía as súas veces o capitán Pedro González Carballal, como o testemuñaron no natal de 1595 San León Carasuma, asemade con outros cristiáns:
"Foi moitas veces pedirlle ó gobernador de Meaco un sitio pra os relixiosos descalzos e nunca quixo facelo. Deus ben sabe quen foi a causa. E como os intercesores  non  son  bos  senón  por interese, podendo facelo, nunca quixeron" ( 52 ).
 Este testemuño é suficientemente ilustrativo. Soamente Deus conocía a causa
de non contar os relixiosos có terreo pra edificar convento. Non quixeron as testemuñas acusar nen complicar a ninguén, pero estaba claro que a mau dos xesuitas andaba por medio valéndose de Harada e Hagen, "moi amigos un do outro e ambos a dous dos xesuitas", como apuntou Frai Xoán Pobre. Desto xa veremos probas abundantes adiante.
          En vista de que a entrega do terreo pra convento se retardaba, pensou o santo comisario-embaixador na estrataxema de forzar a intervención personal do emperador, facéndose encontradizo coel, xa que os gardiáns non lle permitían acercarse ó pazo imperial, nen os ministros o deixarían entrar sin presente. Sabendo que un día debería pasar o emperador por unha rúa onde vivía un tono amigo, foise a súa casa pra saír dela ó encontro do emperador. Frai Xoán Pobre narra este lance:
"encima dun carro trunfal tirado por uns bois de cornos dourados... saíron e puxéronselle de diante con tanta admiración de todos, que quedaron como embobados de veren a ousadia de dous pobres que se atreveron a porse diante deTaicosama, sobre todo  véndoo, como din, na súa maior gloria... Chamounos a carón de si e preguntoulles:
         - Qué era o que querían e si tiñan mester de algo.
         Falou o santo mártir Frai Gonzalo e díxolle:
- Señor, pedímoslle a vosa grandeza o sitio que nos mandou dar, porque vivimos  moi estreitos onde estamos.
         Dixo Taicosama:
- Eu o farei logo. Agora vou en casa do meu sobriño, porque estou convidado   por él. Falareille ó meu gobernador que o faga.
 E despediunos e pasou adiante. O pouco treito parou outra vez o carro e mandounos chamar e díxolles que todo canto lles fora necesario,mandaría que se lles dese, e  despediunos. Chamando ó paxe que levaba a katana díxolle:
- Vai e dilles ós Pais que de todo o que tuveren necesidade, me avisen que eu llo farei dar, e logo lles darán o sitio.
Quedaron todos tan admirados de veren parar unha e duas e tres veces a Taicosama, que dixeron que endexamáis tal viran no Xapón. Logo outro dia mandou o gobernador Guenifuin avisar ós relixiosos que podian ir tomar o sitio, e foi aquel que primeiro lles sinalara, que era un campo raso, sementado, que antigamente fora varela de bonzos, porque agora se adorase a Deus do ceo onde nos tempos pasados se servira ó demo... Aquel sitio din que era o máis antigo que había en Meaco" ( 53 ).
          Tamén o Pai Xeromo de Xesús deu a súa versión deste acontecemento:
"Ó cabo de catro meses, atopando un dia ó rei na rúa, preguntoulles cómo estaban e de qué tiñan necesidade, e respondéronlle:
          - Señor, temos necesidade da casa que a vosa grandeza nos ten prometida.
         Dixo o rei:
- Déanlla onde queira que a quixeren e déanlles todo o necesario pra o seu
 mantemento.
    Aquel dia sinalaron sitio onde facer o convento, porque ó santo pareceulle cousa de moito inconveniente estar entre bonzos. E así escolleu un sitio afastado deles" ( 54 )           
            Con referencia á concesión do terreno, dixo Ávila Xirón:
"Chegado que foi [Taicosama] visitárono e onde quixo o dito Pai deulles un solar moi grande e espacioso no medio de Meaco onde fixeron unha igrexa e casa pra morar, e dous hospitais, un de Santa Ana e outro de San Xosé, e alí residiron facendo moitos servicios a Noso Señor" ( 55 ).
            Omito o gozo que o Pai Xeromo de Xesús anuncia no santo comisario por a consecución do terreo, por telo xa anotado atrás e citarei as palabras do Pai Ribadeneira:
"Vista a promesa que o rei fixera ós mártires de darlles lugar pra facer unha casa, aínda que procuraron pedirlla cando veu a aquela cidade, nunca os seus criados lles deixaron que lle falaran como non tiñan nada que darlle dacordo coa costume do reino, por o que estaban os benditos mártires moi aflixidos... e concedéndolles licencia pra viviren ó seu modo e pra escoller sitio onde quixesen non só naquela cidade, máis pra que estuvesen en todo o seu reino, chamando duas veces ó santo Frai Gonzalo con moito amor.., como ben o notaron os grandes do reino que o oian. Logo, no serán daquel dia díxolle o gobernador da cidade ó santo comisario que mirase si queria algún templo de ídolos pra súa vivenda, ou senón que escollera en toda a cidade un lugar ó seu gusto. O santo comisario escolleu un campo capaz pra facer igrexa, casa e horta que, aínda que estaba dentro da cidade, estaba libre de veciños, na ribeira  dun rio que pasaba por alí.
Logo comenzouse o convento dando parte da esmola pra edificalo unha cristiana xaponesa  rica chamada Magdalena, que gustaba de oir as cousas de Deus. E Deus proveeunos do necesario por mau dos xentís, porque o sobriño do rei chamado Combacondono, que era poderosísimo señor, deulles cantidade de cen ducados, e outro xentil prestou moito, e un cristiano que prestou o que faltaba... A igrexa levantouse nun lugar público, e tan alta que destacaba moito, e como era moi louvada dos xaponeses que a vian por a traza nunca vista alí, antes que os relixiosos se pasasen a ela, veu toda a xente a vela, porque tiña claustro alto e baixo, as súas oficinas e celas.Na igrexa habia tres altares e coro como nos conventos dos descalzos de España...
Cando eu cheguei ó Xapón aínda non estaba acabada a casa, a pesar de que facia catro días que se pasaran a ela os relixiosos...E non cabian en si de contento de ver que no tempo que estaban derrubadas outras igrexas que eran moitas, se levantaba aquel estandarte da fe.
Algúns cristiáns viñan das aldeas que estaban nunha montaña cerca da cidade e traíannos árbores prá horta, e axudaban na obra por amor de Deus con moita devoción" ( 56 ).
         En diferentes testemuños atópase a confirmación de cadiún dos extremos das anteriores afirmaciós. Cando San Pedro Bautista se viu constreñido a dar contestación ás acusaciós dos xesuitas en
contra súa, pudo dicir:
"Mentres tanto que este rei vive estamos con moita seguridade por habérsenos dado como pai.E deunos de comer como a pobres e licencia pra facermos convento e igrexa e os nosos oficios divinos como en España,cantando misas e outras devociós en alta voz, tanguendo campás, sin que ninguén nos fixera contradicción,antes tuvemos moi particulares favores do mesmo emperador e do seu sobriño que era rei de Meaco" ( 57 ).
         Os franciscanos viron abertas todas as portas en Kioto cando trataron de edificar igrexa e casa; todas menos a dos xesuitas, que foi a primeira na que petaron pra pedir axuda por amor de Deus. O santo mártir León Carasuma, asemade con outros cristiáns, testemuñaron no mes de natal de 1595:
"Como non tiñan con qué facer igrexa nen casa, foron pedirlle esmola a Compañía ó Pai Organtino e negoulla duas ou tres veces; e, véndose os Pais faltos de favor,... foron a  Sakai, que está de Meaco deceseis leguas, a pedir esmola a unha muller rica que se chamaba Magdalena quen, vendo ós Pais de San Francisco, folgouse ben moito... Ofreceu cincocentos ducados e deu douscentos; e deixou de dar os trescentos porque llo mandou o Pai Organtino. Desto quedou algo atristurado o Pai Frai Pedro, mais confiado en Deus que logo socorreu con un home chamado Xustino, que veu de Nagasaki e outro que chaman Cosme, home fidalgo. Vendo ós Pais estranxeiros e sin axuda terrea, confiados en Deus,anduveron personalmente en busca de esmolas; e con préstamos que  pidiron, acabaron a igrexa e casa"( 58 ).
         Noutra declaración manifestaron un grupo de cristiáns:
"Todos, uns coa muller, outros cos fillos,outros cos pais coas nosas persoas, aínda que pobres, servimos na obra, ata que, gloria a Deus, se rematou. E estamos aposentados a carón do convento dos Pais e alí vivimos nas nosas pobres casas arredor do convento, anhelando servirlles en todo canto nos mandaren, porque entendemos servir a Xesucristo. E facémolo con moita alegria" ( 59 ).
             Quen puxo todo interese na obra da convento foi San León Carasuma que tamén acadou os permisos prá construcción, como narra o Pai Ribadeneira:
"Acadada a licencia do rei Taicosama pra facer a igrexa en Kioto, puxo él a mau na obra e compraba os materiais, solicitando dos carpinteiros xentís que a fixesen con coidado e acabasen presto a casa, e tamén ós cristiáns devotos e as súas mulleres pra que acudisen a obra... Puxo tanta  solicitude nelo, que ó cabo de tres meses acabouse case toda a obra, de tal xeito que puderon os relixiosos pasarse   a vivir na nova casa "( 60 ).
            San León Carasuma foi o heroe en gran medida daquela obra, e despois sempre tuvo os seus praceres no traballo da horta do convento.
Di o Pai Ribadeneira:
"Tiña na horta dos relixiosos sementados ravos, nabos e  leitugas e allos, que   son as legumes que comen os xaponeses, carretando o esterco das secretas,
que é co que se esterca a terra no Xapón" ( 61 ).
            No traballo da horta acompañábano ilusionados outros  cristiáns có fin de lograr productos prá axuda dos necesitados. Todos estes pormenores e outros moitos máis que sería longo narrar, dan idea da ilusión que agromou nos cristiáns a carón do convento de Santa María dos Anxos de Kioto.Non é o meu actual propósito determe por máis tempo en narralos.e si narrei estes pormenores, fíxeno có fin de sinalar o eido das actividades do santo mártir do Tameirón.

11.- Os pobres evanxélicos xa ten casa
            Despois do anotado, cómpre engadir algo máis sobre a casa de Kioto. En carta do 13 de octubro de 1594 apresurouse o santo comisario a informar como embaixador solícito ó gobernador de Filipinas, Don Luis Pérez Dasmariñas, do terreo que Taicosama lle entregara pra casa:
"Dinlle gracias por o solar que nos dera en Meaco pra un convento... Xa temos un convento pobre de madeira, canas, barro coa súa igrexa aquí en Meaco, nun lindo sitio que o rei nos deu, aínda que o convento non está acabado. Falta pouco. Fíxose de esmolas prestadas parte delas.Pra pagar esta débeda e rematar o que falta pido a vosa señoria esmola. Creo que serán necesarios catrocentos e cincuenta ducados"( 62 ).
É de xusticia unha mención especial de Cosme Xoia con palabras do santo
comisario:
"Un fidalgo cristián chamado Cosme [Xoia] temos por pai, porque él fíxonos a casa e igrexa e moitas esmolas. E moi bó cristián e tamén a súa muller. Debémoslle moito, porque aínda que non nos deu él toda a esmola con que se fixo o convento e igrexa, porque é algo pobre e ten duas fillas, deu boa parte delo en esmola, e tamén prestou pra que se acabase a obra... El é o mordomo do hospital e pon da súa pobreza doce ducados pra obra... E moi conocido de todos por persoa nobre e moi fiel. Eu conózoo moi ben intus et foris"( 63 ).
           Vale a pena dar algúns datos sobre o solar do convento de Kioto. Na súa declaración testemuñou San León Carasuma:
"Era un sitio moi rico, nun lugar que se chama Foricava...que antigamente foi  de bonzos".
            Engaden outros cristiáns que tiña "trescentas brazas o arredor", equivalentes a unha hectárea aproximadamente.
            Sobre o momento da entrada no convento concreta o Pai Ribadeneira que os relixiosos entraran a morar nel o día 26 de setembro de 1594. O día 30 chegou él e os seus compañeiros a Kioto e narra que os relixiosos entraran no convento catro días antes da súa chegada. Tiña determinado San Pedro Bautista inaugurar a casa o día 4 de octubro, festa de San Francisco; mais a chegada dos novos relixiosos o día 30 obligouno a pasar con eles a Fuxhimi onde estaba daquela Taicosama. Inauguraron o convento o dia 11, oitava de San Francisco. O día 13 apresurouse o santo comisario a informar ó gobernador de Filipinas, a quen lle pedíu unha esmola pra pagar os gastos do convento e máis do hospital
"que se quere facer a carón da nosa casa pra exercitarnos os que acá estamos curándolles as almas e os corpos. Dixéronnos que o rei é amigo de pobres e que lle gustará moito que teñamos hospital... Ha ser instrumento de que moitísimas almas se salven,... porque pra estes pobres déronnos licencia de bautizar, como o fagamos secretamente" ( 64 ).
      A razón da licencia a que aludíu o santo comisario apuntouna o Pai Xerómo de Xesús coas seguintes palabras:
"Preguntou o santo comisario ó gobernador de Meaco [Guenifuin] sobre facer cristiáns, cómo deberíamos comportarnos e respondeulle desta maneira:
"Cando o rei vedou ós Pais da Compañia facer cristiáns, non o fixo por odio que lle teña a lei, porque parecer parécelle boa,senón por temor de que os Pais non facian cristiáns máis ca grandes señores e temeu que se lle levantasen co reino, e por esto mandou desterralos. Así que, como non fagan cristiáns máis ca xente pobre, non hai qué temer, que ó rei nada lle importará" ( 65 ).
      Non deixou de atraer a atención de moitos a igrexa por a súa esbelteza, aínda antes de estar rematada, como o comenta o Pai Marcelo de Ribadeneira:
"Estando moi contentos da nosa casa e dando presa pra rematar a obra, viñeron uns xentís a correxir haber feito o altar maior nun lugar eminente con seis bancadas, e termos posto un enreixado na capela maior, dicindo que aquela dignidade soamente se lle debía ó seu rei. E só a esto veu despois un xuiz da cidade, mais o Señor aplacaba estas contradicciós vencendo a envexa dos xentís coa modestia dos relixiosos... E como todos conocían o favor que o rei lles facía, e como lles dera sitio e licencia pra faceren casa e que os sustentaba, os inimigos da fe respetábanos a forza" ( 66 ).

12.- Paz seráfica
        Non é mester insistir no bó recebimento que Taicosama lles dispensara ós fillos de San Francisco cando chegaron ó Xapón. Moi ben probadas deixou as arelanzas que sempre tuvera de ver franciscanos nas súas terras. Coa presencia do Pai Pedro Bautista e dos  seus compañeiros brillou novamente a luz da fe no Xapón e abrollaron os anovos dunha vida cristiá adormecida en moitos a causa da persecución que axexara aterrorizadora dende facía anos. Moitos miles de antigos cristiáns volvéranse ás súas vellas prácticas idolátricas. O santo comisario tuvo sempre absoluta confianza na protección e no amor de Taicosama, e moitas cousas  sin fácil explicación tuveron que pasar -veremos máis adiante algunhas- pra que sobreviñera a terrible persecución sobre o cristianismo xaponés, aínda que ó fin quedou reducida ós fillos de San Francisco. Aínda en datas moi próximas á do martirio, contestando ó santo comisario franciscano  nun informe do día  1 de xaneiro de 1596 ás acusaciós que contra súa lanzaran os xesuitas, manifestou:
"Namentres que este rei vive estamos con moita seguridade por habérsenos dado por pai. E deunos de comer como a pobres e licencia pra facermos convento e igrexa e os nosos oficios divinos como en España... sin que ninguén nos   fixera contradicción, antes tuvemos moi particulares favores do mesmo emperador e do seu sobriño" ( 67 ).
         O que moi ben pudo afirmar foi que os mesmos xesuitas lograran gozar naquel tempo dunha libertade relixiosa da que non puderan gozar dende facía anos antes da chegada dos franciscanos, cuia presencia algúns deles anoxaban invenciblemente..
         Sempre amante da verdade, dixo o santo comisario na carta do día 7 de xaneiro de 1594:
"De moitas persoas principais que tratan co rei oimos que unha licencia que lles deu ós Pais da Compañia pra estaren no Xapón, anque non pra predicar a lei de Deus, deulla por amor de nosoutros. A concesión sabemos certo que lla fixo despois da nosa chegada acá, porque logo nos avisou un dos seus Pais, dándonos a boa nova, do que están moi contentos, porque xa van sete anos ou máis que os mandara saír do seu reino" ( 68 ).
        Moitos son os detalles conocidos nos que o santo comisario amosa a preocupación por defender ós xesuitas diante de Taicosama, por consideralo unha das súas obrigaciós de embaixador cristián. Os mesmos xesuitas valéronse del pra que interpuxera os seus bós oficios cando falara có emperador. Sin dúbida que esa foi a misión que levou ó Pai Xoán Rodríguez cando foi verse en Nangoia có santo embaixador español, antes de que este se entrevistara con Taicosama.
        Na citada carta do día 7 de xaneiro de 1594 dixo o santo embaixador a este propósito das súas boas relaciós cós xesuitas:
"Todo canto de ben puden dicir deles despois da miña entrada no Xapón, díxeno e así será sempre, e daríame grandísima pena que os Pais recibiran algún menoscabo" ( 69 ).
        Pra rematar esto,cómpre dicir que o seu comportamento foi o dun santo. ¡E ben mal que llo pagaron...! Efecto deso será a feroz persecución que máis tarde virá nos séculos seguintes...
        O día 13 de abril de 1594 fixo un informe de testemuñas en Manila o Provincial franciscano Pai Xoán Garrovillas. A sexta pregunta dicía:
"Si saben que ó tempo en que foron os relixiosos franciscos estaba moi decaida a cristiandade que naqueles reinos comenzaran os Pais da Compañía de Xesús e eles moi perseguidos e desterrados por o emperador e derrubadas as igrexas, e coa chegada dos relixiosos franciscos se restaurou todo, e os Pais da Compañia de Xesús volveron a gracia do emperador e cesou a persecución da cristiandade e os templos foron reedificados, todo por medio dos relixiosos de San Francisco e o amor e vontade que lles manifesta o Combaco" ( 70 ).
        O contido das respostas está manifestada en resumo nas seguintes  palabras de Paulo Ungasavara:
"Dixo esta testemuña como persoa principal que é do seu  pobo e neto da primeira persoa que recibiu o bautismo no Xapón...  que ó tempo que os Pais da Orde de San Francisco chegaron ó reino do Xapón, estaba a cristiandade moi caida e amedrentada, porque os Pais teatinos da Compañía de Xesús estaban amedrentados e desterrados por o emperador e habíanlle esborrallado as igrexas, eí, si habían de tratar cousas da fe, deberían facelo en partes ocultas e as agachadas, de maneira que non se supera, porque si o dito emperador se enterara, os castigaría... E todo esto cesou coa ida dos Pais de San Francisco, porque puxeron paz e amizade entre o dito emperador e os ditos Pais da Compañía.E os templos que estaban caidos e derrubados vanse levantando e reedificando e facendo outros novos.E esta testemuña sabe que, si non fora por os ditos Pais de San Francisco, non fora posible volver asentar a cristiandade, antes iria sendo perseguida máis. E sabe esta testemuña que o dito emperador mandou cando ordenou derrubar as igrexas que todos se volveran a lei que antes adoitaban ter, e porque algúns non o fixeron, cortáronos e matáronos".
         Contestando á sétima pregunta, dixo esta mesma testemuña:
"Segundo o que viu e conoceu no dito emperador, a renovación da amizade cos Pais teatinos foi a rogos dos franciscanos, e ten por cousa certa que si estes saísen dalí, volverá o emperador facer o mesmo que fixo e perseguir ós cristiáns. E sabe esto a testemuña por o que viu por vista de ollos".
         Todos estes testemuños proban con toda evidencia o acertado do título anteposto de “paz seráfica”.E todo esto debeu sabelo moi ben o bispo Don Pedro Martínez cando, hipócritamente, calou a causa da tranquilidade no Xapón, e escribíu moi pouco responsablemente no seu Testimonio do día 17 de novembro de 1597, máis que nada pra salvar a súa reputación personal:
"Atopei aquela cristiandade en tanta paz e bonanza, que en Nagasaki,en Arie e noutras partes do Ximo fixéronme os cristiáns recebimento público sin que ninguén llo estorbara. Fora de Nagasaki e das partes de Meaco onde reside o Combaco, en todas as demáis partes do Ximo decíase misa e predicábase ós cristiáns coa porta aberta, e públicamente se ensinaba a doctrina cristiá ós nenos, e administrábanselle os sacramentos ós cristiáns in facie ecclesiae. E fora porque o Combaco non o supera, ou porque,aínda que o supera, disimulaba, era voz común dalgúns señores cristiáns, e incluso de xentís, que os Pais estaban case restituidos" ( 71 ).
        ¿E non sabía o señor bispo, que toda aquela tranquilidade naceu da presencia dos fillos do seráfico pai San Francisco no Xapón? Por eso mesmo cómpre falar  de Paz Seráfica.
                            
13.- Métodos evanxélicos
        A historia recorda as diverxencias e consecuentes disensiós entre misioneiros de distintas procedencias relixiosas. É conocida a grave disensión surxida nos comenzos da evanxelización nas Indias por o comportamento irresponsable e imprudente de predicadores recén chegados á illa Española con método distinto do seguido nos anos anteriores por os relixiosos franciscanos moradores na illa desde os primeiros momentos do Descubrimento.
        Xa que vou tratando da vida dos primeiros franciscanos no Xapón, cómpre que faga referencia ó seu comportamento ou método misional naquelas terras, por mór das censuras das que foron víctimas. Está en xogo o tema do método misional que tanto daría que falar nos tempos posteriores, a propósito dos "ritos malabares e chineses", orixe da dilatada controversia accommodationis.
       En relación con este punto do método misional cabe preguntar si debe primar a prudencia humana ou o celo relixioso, ou cal debe de ser a medida de cadiún destos ingredientes. Clamarán os uns por o emprego da prudencia humana con todos os medios necesarios, sin excluir a forza, as armas, o uso do diñeiro e do comercio. Os máis evanxélicos recordarán que Cristo, o mestre, mandou ós seus apóstolos como cordeiros entre lobos, sin diñeiro, nen alforxas, con unha soa túnica e unhas sandalias, talmente como San Francisco quixo ós seus misioneiros.
       Por unha banda existe un método misional dotado de todos os recursos humanos, e por outra un método que, sin rexeitar de todo os recursos humanos máis precisos, entra no campo misional coa fe posta en Deus.
       O santo comisario franciscano  Pai Pedro Bautista tiña clara conciencia da súa experiencia misional; por eso, cando foi acusado por non acudir inmediatamente de chegado ó Xapón a pedirlle consello ós xesuitas, moi ben pudo na súa humildade, que é a verdade, dicir como resposta ás acusaciós, nun informe feito o día 1 de xaneiro de 1596:    
"Anque eu non houbera pedido consello ós Pais, tiña pouca necesidade dél por a moita experiencia que teño da conversión nas Indias en catorce anos que fai que viñen de España" ( 72 ).
       O tema do comercio como medio necesario pró sostemento das misiós, obrígame dar unhas breves notas, porque cómpre deixar claro que na pedagoxía misional dos relixiosos da Compañía, cando menos no que se refire ó Xapón, existíu claramente a tese defendida por o Pai Alexandro Valiñano de que o comercio entre Macao e Xapón era o medio único pra soster as misiós.
       É posible fitar o espírito comercial impregnando xa as primeiras actividades misionais de San Francisco Xabier no Xapón, nas seguintes palabras escritas por él mesmo na carta do día 5 de novembro de 1549 dende Cagoxima ó xefe portugués na India:
       "Si a vosa mercé tuvera confianza en  min e  me fixera  factor seu nestas partes, das mercadorias  que mandase, eu asegúrolle unha cousa, que eu as multiplicaría máis do cento por un por un xeito que ningún capitán de Malaca ata hoxe fixo, que sería dándolle todo ós pobres que  se  fagan cristiáns A ganancia estaría segura sin correr ningún risco, pois é ben certo que quen da por Cristo un ten gardado na outra vida o cento por un" ( 73 ).
       A idea do santo tería moi boa finalidade, mais ninguén pode negar o sabor  comercial da mesma. Estas palabras deberon facerlle maldita gracia ó xefe portugués da India, porque  a proposta de Xabier non xermolou na súa  mente. Tampouco a idea do comercio misional foi do agrado do Xeneral dos xesuitas Pai Claudio Aquaviva, malia que o emprego do comercio continuou ó longo dos anos no Xapón.
Pierre Chaunú anotou pró ano 1579 como cantidade comercial 6.000 cruzados e 14.750, cando menos, nos anos 1581-1582, sin contabilizar os ingresos personais dos misioneiros, nen os obtidos nas prazas de Macao e Nagasaki, onde se desenrolaba gran tráfico comercial. Entre os gastos figuraron tamén as partidas de propinas e dádivas. Resulta evidente o intenso movimento subterráneo, do que non puderon estar afastados os correspondentes intereses materiais dimanantes do mesmo. E dos intereses comerciais non é posible apartar ás persoas. Non nos chamemos a engano.
       Cousa evidente é que as obras misionais non se poden realizar sin apoio material; pero neso, como en todo, impónse a norma do ne quid nimis, traducido en moderación.Non procedeu do uso das cousas materiais a ruina das misiós no Xapón, senón do abuso ou da falta de moderación no uso das mesmas.
       Imos ver o que dixeron, non os franciscanos, senón outras testemuñas alleas a eles. E  sea  a  primeira  o  bispo  de Filipinas en carta do 24 de xuño de 1590 ó rei Felipe II:
"Como aquí estamos informados de españois que estuveron naquelas illas e dos xaponeses naturais delas, o motivo que aquel rei tuvo pra botar dalí ós predicadores non foi porque predicaban o evanxelio, pois vemos que a ningún daquel reino que se fixo cristián mandou matar, nen lle fixo mal ningún, senón porque aqueles Pais, aínda que con bo celo, por non ser custosos ós xaponeses que é xente moi pobre, usaron a mercadoría naquelas illas... Tamén supemos que tiñan aqueles Pais algúns portos do Xapón onde cobraban ancoraxe e dereitos de mercadorías... Tamén nos informaron que terra adentro comenzaban a teren algúns pobos dos que lle facian  doazón os pequenos reis daquelas illas e, aínda que desto non temos tanta certidume coma do primeiro, supemos por moi certo que as causas que aquel rei tuvo pra desterrar ós Pais do seu reino, foron as que aquí van ditas, dicindo que non quería ter no seu reino quen lle levase rendas e aproveitamentos,  temendo  que, si  duraban  moito, viñeran  a  mandar  máis  ca
él" ( 74 ).
        Este testemuño demostra que o comercio dos xesuitas no Xapón e as sospeitas de Taicosama acerca do seu poderío viñan de ben atrás, e coincide có que o gobernador de Kioto, Maeda Motokatsu, por outro nome Guenifuin, lle respondeu ó Pai Pedro Bautista cando lle preguntou cómo debería ser o seu comportamento na labor apostólica. Aínda que xa quedan anotadas as palabras do Pai Xeromo de Xesús, merece a pena volver copialas:
"O rei cando vedou ós Pais da Compañía facer cristiáns, non foi por odio a lei..., senón por temor de que os Pais non facían cristiáns máis ca ós grandes señores e temeu que se lle alzasen co reino, e por esto mandou desterralos".
        Non hai mal que por ben non veña. Así pasou coa protesta interposta en Filipinas en maio de 1593 por o Pai Antonio Sedeño pra entorpecer a viaxe do Pai Pedro Bautista con manobras inadmisibles. Pra esclarecer a acusación de Sedeño de que a viaxe do dominico Pai Xoán Cobo enfurecera sumamente a Taicosama contra os xesuitas, mandou Dasmariñas facer  investigación.
"pra que se sepa si é así a verdade,ou si de moitos anos antes de ir o Pai Cobo ós reinos do Xapón, estaba atribulada a cristiandade daqueles reinos e derrubadas as igrexas e por qué causa e razón fora esto".
        Fíxose esta información o día 25 de maio de 1593, antes da viaxe do Pai Pedro Bautista, có resultado que xa deixo anotado.
        Cando Don Pedro Martínez, o primeiro bispo xesuita que entrou no Xapón pra mal daquel cristianismo fixo a viaxe,foi con gran manifestación mercantil, ateigado de mercadorías súas o barco onde facía a viaxe, como o testemuñou o mesmo dono do barco.O mesmo dixo tamén o Pai Xeromo de Xesús con estas palabras:
"O señor bispo dixo... que ¿qué dirian dél si nos dera favor?, que entrarían logo os dominicos e agostiños no Xapón e perderían moito nas mercadorias os portugueses".
        Abundando na mesma liña engade noutra parte o mesmo Pai Xeromo en relación có que dicía o bispo:
        "Pretendia que o Xapón sea da coroa de Portugal pras súas contrataciós e
 mercadorias e que, si ven relixiosos,  sea por a ruta da India de Portugal, que si ven de Manila,  como di o bispo, é abrir a porta pra que os españois entren no Xapón e quitaranlle a ganancia ós portugueses... e  incluso ó señor bispo que, como se di, trae empregada a súa  renda no tráfico da nao que ven da China... Díxonos o escribán da dita nao que a cidade de Macao dera ó señor bispo licencia pra traer na compañía dos mercaderes certa     cantidade de seda" ( 75 ).
        Fora por asuntos comerciais e de poderío, ou por outro calquera motivo, a verdade é que no Xapón estaban os xesuitas perseguidos por Taicosama e andaban disfrazados como bonzos ou como lles era posible.
        Non vou determe no punto da prohibición que en todo tempo tuveron os eclesiásticos en dedicarse ó comercio.Sin embargo, e a pesar desta prohibición, sostuvo o Pai Valiñano que no Xapón era necesario o comercio pró sostemento das misiós. En relación có comercio misional no Xapón estuveron as íntimas e moi comprometidas conexiós cós poderosos que tantas suspicacias levantaron no ánimo de Taicosama contra os xesuitas, ós que tiña desterrados por medo que se levantaran contra súa, coa axuda dos poderosos daimios, ganados por as dádivas dos portugueses. Esta unión cós poderosos conlevou sempre un método misional de arriba-embaixo que nunca foi o método do Xesús do evanxelio. A propósito deste método empregado por os xesuitas, abonda citar as verbas do historiador da igrexa  Hubert:
"Cómpre dicir en xeral que o método practicado de modo especial por os xesuitas de escoller como punto de partida es pazos dos principais, resultou totalmente ineficaz desde o punto de vista misional" ( 76 ).
     Cómpre concluir que no terreo misional, como en calquera outro onde primen importantes decisiós, hai que facelo partindo non de arriba-embaixo, senón partindo das bases; é dicir, de abaixo pra arriba.
      H. Benard Maitre tratou o tema do enfrontamento dos métodos no seu estudio "La rencontre du padroado e du patronat: l'a-ffrentemente des methodes". O padroado era o organismo portugués representado moi concretamente por os xesuitas, namentres que no patronato español estuveron asociadas de maneira moi especial as outras Ordes relixiosas.
      Cómpre deixar ben sentado que o punto de partida e único método válido de captación relixiosa é o evanxélico da pobreza de bens materiais, coa fe posta en Deus.
      O comercio como punto de apoio misional estuvo prohibido, aínda no caso que fora este o único medio de soster as misiós. Os mesmos superiores xesuitas vedaron o comercio na segunda metade do século XVII, malia que na India eles continuaron comerciando. O total do comercio practicado entre China e México en 1775 foi de 306.341 pesos e no ano 1795 de 393.454 pesos ( 77 ).
      Sea desto do comercio o que se queira, cómpre dicir que o santo comisario franciscano San Pedro Bautista tiña grande conocemento non só misional, mais tamén histórico, e sabía como nos primeiros contactos cós nativos nas Indias non acertaran os ditintos relixiosos porse de acordo sobre o sistema da encomenda que, malia que era de tipo político, levaba implícito un problema relixioso.
      Os franciscanos chegaron ó Xapón ó estilo evanxélico e seráfico, calzando sandalias, sin alforxas nen diñeiro. Entraron sin nada de nada. En atención ó seu desapego dos bens materiais e á súa pobreza reconocida, foran pedidos por os cristiáns do Xapón, como consta do Memorial presentado en Manila a Dasmariñas por Faranda que manifestou ó mesmo tempo que Taicosama anhelaba telos na súa terra.A presencia de relixiosos pobres era a admiración dos xaponeses, como narra o Pai Ribadeneira.
      Puderon os fillos do Poverello de Asís sosterse a sí mesmos e máis ós hospitais, coas esmolas que nunca lles faltaron.
      Destacou o santo comisario nas súas cartas a intervención da divina providencia en todo aquelo. Moito foi o que desde Filipinas se lles axudou en diñeiro e en especie, sobre todo con medicinas. Incluso foron enviados relixiosos a Nova España en demanda de axuda. Cómpre admitir que chegou un momento no que os franciscanos de Filipinas pensaron no abandono das misiós do Xapón nos anos difíciles do século XVII, ante a imposibilidade de atendelas. No capítulo celebrado en Manila en 1613 analizouse a posibillidade de abandonalas por cuestiós de economía; non embargante, continuouse atendéndoas ata o ano 1632, cando a persecución cruel imposibilitou continuar con elas por falta de relixiosos que foran botados fóra do Xapón ou martirizados.
      As dificultades chegaron a debilitar un pouco a vontade dos relixiosos. Incluso escribe o Pai Xoán de Santa María do gran misioneiro Pai Alonso Muñoz:
"No principio cando foi a aquel reino, non mirando con ollos de fillo de San Francisco a grandeza da divina providencia, dudaba como se podían edificar conventos e hospitais, sustentar relixiosos e prover ós enfermos onde non se pedía esmola e había tan poucos que a desen. Decatouse de ver palpablemente que naquelas obras andaba a mau do Señor" ( 78 ).    
     Eis o gran secreto dos milagres que fai a fe posta en Deus ó estilo de San Francisco, de quen se conta, entre os moitos casos da súa vida, a fina reprensión que lles fixo a uns nobres cabaleiros amigos que saíran de Asís na súa busca a Bagnara onde o santo estaba enfermo. Nunha parada do camiño saíron aqueles cabaleiros en busca de algo que comer, deixando ó santo enfermo na casa dun home de confianza. De volta sin conseguir nada, pedíronlle que os fixera participantes das súas esmolas. El respondeulles:
"Non atopástedes nada por terdes a vosa confianza máis  nas viles moedas ca en Deus Noso Señor" ( 79 ).
     Enviounos de novo pra que pidisen esmola por amor de Deus; e lograríana abondosa, como así ocurríu.
     Por a súa vida santa contaban os franciscanos no Xapón  con moitos admiradores. Un dos principais foi Hidatsugu o sobriño do emperador. Da admiración que lles profesaba o mesmo Taicosama escribe o Pai Ribadeneira:
"Sabendo o rei o que facían os santos mártires, alabouno e confirmouse en que era boa xente... E así, conocendo o  rigor e a santidade con que vivian os
benditos mártires,mandoulles dicir con Fungen, seu criado, que o encomendasen a Deus" ( 80 ).
     Despois de canto conocemos das manifestaciós de estima de Taicosama a pról dos franciscanos, pra poder comprender nalgunha medida a cruel sentencia dictada por él contra os mártires,  cómpre analizar as moitas motivaciós que pesaron sobre a súa alma de bárbaro pra decidirse a tan increíble medida. O apoio que lles prestou nun principio ós franciscanos puderon espertar grandes suspicacias, e incluso animosidade e auténtico odio contra eles, entre os moitos que gozaban dos favores do emperador e se consideraron perxudicados coa presencia dos franciscanos no Xapón.
     Quen se portaron  mal dende o principio foron Haseva e Harada, a quen Taicosama encomendou o coidado dos franciscanos. En todo momento comportáronse como gardiáns celosos, ata non permitirlles libertade de movimentos e incluso entorpecelos no traballo nos hospitais, invocando o medo que lles daba a ira do emperador si se enteraba da libertade coa que actuaban, e que moi ben conocia él con lecer. O único que a estos dous amigos lles interesaba era mediatizar os movimentos dos franciscanos e non permitirlles ningunha comunicación có emperador, por temor de ver minorada a súa escasa influencia. Soamente así se explica o feito de que os franciscanos optaran por agacharse na casa dun tono amigo pra saíren ó encontro do emperador que debería pasar por aquel lugar. De non proceder así, sabían moi ben que os seus gardiáns non lles permitirían entrevistarse có emperador. O único que ansiaban os relixiosos era o terreo prá casa que o emperador lles prometera, e que os seus gardiáns non acababan de darllo. E como Haseva e Harada notaron que os frades comunicaban có emperador, estaban levados de mil demos, anque disimulaban por medo a Taicosama.
     Na carta de San Pedro Bautista ó gobernador Luis Dasmariñas do día 13 de outubro de 1594, manifestoulle o nada satisfeito que estaba xa daquela destos dous homes:
"O rei tomou tres tibores. Outro déuselle a Fungen (Haseva) que xa sabía que viña pra él, que senón o supera, quizais non o levara, porque outros meréceno mellor ca él. É moi pouco o que él pode co rei e Faranda pode menos ou nada...A Faranda déuselle un pouco de viño e olivas e duas caxetas.Se non viñeran na carta da vosa señoría que enviaba un regalo, non se lle dera,  porque non había pra qué" ( 81 ).
      Non ousando estes dous homes levar directamente ó emperador as súas queixas contra os franciscanos,  trataban de indispolos có gobernador Guenifuin, cuio aprecio dos franciscanos era ben notorio. Vendo que o gobernador non lles facía maldito caso, trataron de impediren por sí mesmos a predicación e toda actividade dos relixiosos. Escribe a este propósito o Pai Marcelo de Ribadeneira:
"Quen máis se sinalaban nesta inxusta contradicción eran os dous xentís Fungen e Faranda,... porque vendo que os frades non lles daban presentes nin ofrecían dons como a súa codiciosa condición apetecía,  procuraban írenlles a mau na libertade santa coa que facian o oficio apostólico... Unha vez chegou a tanto a indignación e aborrecemento destes xentís, que mandaron ós seus criados ós hospitais pra que botasen dalí ós pobres, ameazándolles coa morte.  Sabido esto por o santo comisario,saíu en defensa dos pobres leprosos. Ameazando ós criados e incluso ós amos con dicirllo ó rei, desfíxose de todo esta contradicción, anque non a mala vontade que reinaba nos seus peitos...
Visto o pouco que aproveitaban as súas acusaciós,  quitoulles Fungen o arroz que lles daba no nome do rei"  ( 82 ).
A tal extremo chegou o ousío e venganza daquel home, ata privar ós relixiosos da insignificante ración de arroz que lles pasaba tarde e mal por orde do emperador.           Evidentemente a cousa non estaba camiñando ben. A actividade aberta e sin ocultaciós dos franciscanos, por máis caritativa que ela fora, non podía rematar ben si se ten en conta os moitos inimigos que estaban ó axexo pra acabar con eles. O mesmo Taicosama non sería quen pra resistir as acometidas dos moitos inimigos dos relixiosos españois por un tempo indefinido, e tería que verse na necesidade de acabar ou cós misioneiros, ou cós seus inimigos. Cando existen intereses materiais, fai falta fe de santos e resistencia de mártires pra salvar a situación, e Taicosama non tiña nen unha nen outra. A única fe que había era a dos franciscanos,  pero sin apoios de ninguén. Narra o Pai Ribadeneira do mesmo gobernador Guenifuin:
"Non se lles mostraba algunhas veces ós frades tan afable como outras por mor dos malos terceiros" ( 83 ).
       Eso de terceiros trae á mente a presencia de inimigos que tiraban pedras agachando a mau. Fóra de Fungen e Harada, hai que pensar noutros inimigos como eran os bonzos, de quen non podía esperarse nada bó, porque eran eles en realidade os máis afectados coa presencia dos franciscanos entre eles; ó mesmo tempo que a presencia dos franciscanos era o único comprometedor pra eles, xa que sólo a eles podería causarlles merma da súa influencia relixiosa diante do pobo. Sin embargo, foron os bonzos en máis d un caso sumamente obsequiosos cós franciscanos, tal vez ó velos tan favorecidos do  emperador. O gran representante dos bonzos era Xacuino, que non ousaría comprom  eter o seu posto e a vida en tales circunstancias. Cabe lembrar as palabras do Pai  Ribadeneira acerca da conducta dos bonzos:
"amosábanlles alegre cara, admitíndoos dentro dos seus aposentos e ofrecéndolles colación,  si a querian, ou a bebida da cha que é entre eles o meirande regalo que poden dárenlle a un hóspede” ( 84 ).
        Existían tamén bonzos externamente exemplares. Basta citar acerca desto as palabras do santo mártir Pai Xoán de Santa Marta:
"Eiquí andamos en competencia, eles en entonar su tabut [cantos] e eu o salterio. Digo esto pra confusión nosa que, ainda que en España me vin e estuven entre grandes servos de Deus, non os vin rezar con tanto fervor exterior como a estes bonzos xentís. Véxoos dicir e entonar os seus inoris [deprecaciós] que non parece senón que o demo quere facerlles botar asemade coa palabra as entrañas e os bofes,   facendo moitas inclinaciós, en particular cando sae a lúa agardando de pe e algunhas veces ata media noite,  e tamén ó sair o sol,  gardando con rigor non comer algúns días cousa cocida, senón un pouco de arroz en grau. Levántánse ó canto do galo deica que amanece e ven a comida;  non cesan, remudándose a medio dia e despois de comeren ata ó anoitecer"  ( 85 ).
        A pesar de calquera apariencia externa e das boas formas dalgúns bonzos, non podían os franciscanos prometerse un acougo seguro pensando que un bonzo da confianza do emperador era o seu médico Xacuino, o mesmo que promovera a persecución de 1587 contra os xesuitas. De momento a fera que levaba dentro aquel home non ousara amosar a pouta, sin dúbida temeroso das iras violentas de Taicosama. O odio de Xacuino compartíano moitos dos miles de bonzos, como o manifesta o Pai Ribadeneira:
"Tamén tuveron algunhas contradicciós particulares dos bonzos porque como visen que os fregueses que tiñan se convertían a nosa fe e despois facían mofa deles e non os reverenciaban nen daban esmola como adoitaban, procuraban desacreditar ós relixiosos a quen acusaban ós xuices e gobernadores,  aínda que ninguén ousaba ofendelos, porque respondian os gobenadores das cidades cando os bonzos se laiaban de que os frades predicaban nova doctrina,  que estaban favorecidos do rei que dixera que,como había moitas sectas no Xapón,  pouca importancia tiña que houbera outra máis"  ( 86 ).
       O único que lle interesaba a Taicosama eran as cousas de  tipo político, e si desterrara ós xesuitas do Xapón, fora por parecerlle que acollían únicamente ós homes poderosos e de influencia política.
       Arestora necesitaban os franciscanos quen pudera defendelos contra o odio concentrado de Xacuino e as intrigas dos bonzos, pero no canto de defensores non atoparon máis ca inimigos. O mesmo gobernador Guenifuin, que moito apreciaba ós franciscanos, en parte por os lazos familiares dos seus propios fillos cristiáns, nada pudo facer cando o furor bárbaro de Taicosama desbordou cheo de ambición á vista do rico botín do galeón español "San Felipe", e temeroso dos secretos contubernios dos franciscanos coas autoridades de Filipinas pra unha invasión do Xapón, na que lle fixeron pensar os seus malos conselleiros.
       Eiquí entra en xogo a tristemente poderosa influencia dos xesuitas, con algúns poderosos daimios ganados por as dádivas.Si pra algo valeron daquela, foi pra influir no ánimo de Taicisama en contra dos franciscanos, e provocar a persecución e a morte dos mártires e a ruina do cristianismo no Xapón. Aínda que os xesuitas nunca buscaron a morte dos franciscanos, senón a súa saída do Xapón, o que en realidade ocurríu foi a persecución da que eles foron causantes en gran medida, anque logo trataron por todos os medios botar as culpas sobre os franciscanos. Tras de encender o lume como pirómanos, quixeron aparecer como bombeiros providenciais,   acusando ós franciscanos como causantes de toda a persecución.Sin embargo,de que os franciscanos foran  motivo dos odios de algúns xesuitas,  e de que ese odio tuvera gran parte na persecución, non se pode concluir  que foran eles a causa única da persecución.

14.- Todo reino dividido corre á ruína
        Acabo de tocar o comportamento dos xesuitas; e parecería falta de congruencia e de ética deixar o tema colgado. Pra matar esa falsa impresión, cómpre clarificar o comportemento de San Pedro Bautista.
Pra coordinar o traballo entre xesuitas e franciscanos, unha das súas primeiras medidas foi baixar no mes de novembro de 1594 de Kioto a Nagasaki pra falar có Viceprovincial da Compañía. Quixo deixar moi en claro as súas ideas denantes de encetar os labores evanxélicos. Sobre todo moveuse a ésto á vista das actuaciós dos xesuitas en Kioto, que acusaban ós franciscanos de excomungados, e públicamente vedaban ós cristiáns que fosen á igrexa franciscana, có conseguinte escándalo e desorientación relixiosa. A fin de clarificar este punto, vou expór brevemente o escrito por o Pai Marcelo de Ribadeneira, aínda que sea a troques de repetir algo.
"O principal por o que baixou aquel longo camiño o santo comisario foi pra verse có Pai Viceproivincial da Compañia e tratar con él algúns artículos pra concordia e paz que este santo prelado e os seus compañeiros anhelaron sempre e procuraron que se tuvera, máis como son distintas Relixiós, aínda que na conversión se gardase un modo, noutras cerimonias e modos de proceder era forzoso ter diferencias nalgunhas cousas,  dacordo coas costumes de cada Relixión” ( 87 ).
En Nagasaki hospedouse cós xexuitas con grande contentamento da maior parte deles, aínda que o Pai Ribadeneira escribíu bondadosamente que foi co lecer de todos:
"Chegado o santo comisario co seu compañeiro a Nagasaki, foise ó convento dos Pais da Compañia...  Foi extraordinario o contentamento que todos os Pais recibiron...  Comenzouse a tratar alí o que se debía facer na conversión e dacordo co que o Pai Viceprovincial deu por escrito, procedimos, mandándoo así o santo comisario... E aínda que non concluiron cousa particular, por non existir pareceres uniformes cos dalgúns, foise o santo comisario co seu compañeiro a un hospital de leprosos que estaba algo fora do  lugar, onde co favor e esmolas dos  portugueses  axeitaron  duas  pobres celas... E alí estuveron unha coresma" ( 88 ).
Fixo presentación o santo comisario dos documentos que apoiaban e xustificaban a súa estancia no Xapón; os mesmos que foran estudiados en Manila denantes de organizar Dasmariñas a embaixada que levaría a Taicosama San Pedro Bautista.
Cómpre recordar un pouco as razós que daquela se manexaron en Manila.O Papa Alexandro VI,  nas súas Bulas de partición de 1493 das terras entre españois e portugueses, trazou un meridiano ideal de polo a polo distante cen leguas cara ó occidente da úlima terra conocida das illas Azores e Cabo Verde, pra salvagardar aquelas posesiós portuguesas .Cara ó oriente desa liña divisoria quedaban lógicamente as posesiós portuguesas nas costas africanas, sin pensar pra nada daquela na extensión a terras da India. Non era conocido daquela o paso a India por o cabo de Boa Esperanza, por o que estas terras da India quedaron fóra da división feita por Alexandro VI.  Por eso, anos máis tarde, Cristobo Colón, que buscaba as terras da India, reclamou contra o establecemento dos portugueses nelas por o camiño de Boa Esperanza. Esto quere dicir que os portugueses non tiñan dereitos, nen políticos nen relixiosos, sobre as terras orientais. De aí que ningún dereito tiñan pra oporse á estancia dos franciscanos de Filipinas, máxime nuns tempos nos que Portugal formaba parte do mesmo reino de España.
Ben protexido con todos os documentos a seu pról, presentouse San Pedro Bautista ante o Viceprovincial da Compañía que lle dixo, convencido plenamente das razós presentadas, que usara en boa hora dos privilexios que tiña da Santa Sé. Todos cantos viron aqueles privilexios,  déronse, en xeral,  por satisfeitos,  coma o testemuña o Pai Ribadeneira:
"cantos non os viron, endexamáis estuveron tan saneados, que non estorbaran ós cristiáns ir a nosa casa a oiren a Misa e a sacramentárense, ata prohibirlles que lles desen  esmola sin a súa licencia" ( 89 ).
A oposición dalgúns xesuitas foi sin acougo, atafegante, en todas partes. En relación coa que lle fixeron en Nagasaki, testemuña o Pai Xeromo de Xesús o desacougo dos Pais xesuitas que non podían aturar a presencia alí dos franciscanos.
"Non podían aturalo os Pais da Compañia, e así pretenderon botar ó santo comisario mil veces con mil artimañas, pero como o santo estaba coa licencia do rei da terra, non se coidaba de todas as ameazas que lle facian, mais o cabo de todo, vendo que o botaban con poderosas mañas, e sempre a Compañia escondia a mau e daba o golpe con mau allea, determinou ter paciencia en todo o que se lle ofrecera" ( 90 ).
Outro tanto afirma o Pai Ribadeneira:
"Nun ano que estuvo o santo comisario en Nagasaki, aínda que non saíu co que pretendia, medrou moito en merecementos por mor das graves contradicciós que lle fixeron" ( 91 ).
A orixe daquelas contradicciós naceu dos dos xesuitas. O gobernador amosoulles sempre ós relixiosos o seu gran aprecio, e a inmensa maioría de portugueses que moraban en Nagasaki desfacíanse en manifestaciós de estima e de axuda.
O santo comisario viuse na precisión de escribirlle ó Pai Viceprovincial queixándose fortemente das amoladuras que lles causaban ós franciscanos algúns dos seus súbditos, ameazándolle con acudir ó rei e ó Sumo Pontífice. A contestación do Viceprovincial foi decirlle que él non era quen pra porlle remedio ó que pasaba. Vale a pena transcribir a digna e valente carta do santo comisario:
"Moi Reverendo Pai en Cristo: É tanto o creto da virtude e relixión da vosa paternidade, que non creo sea sabedor dos agravios e amoladuras que neste hospital nos fixeron ó meu compañeiro e máis a min, e anque sempre calei,  agora  non podo, pois chegou o caso ó término que nos queren botar dun hospital que en todo o mundo é lugar de pobres, e esto dando dádivas ós xentís. Sepa a vosa Paternidade que   eu estou no Xapón coa licencia de Deus e do Papa e coa do rei Don Felipe e de Taicosama, emperador do Xapón, e coa de Foin, gobernador de Meaco, por eso lle pido a vosa Paternidade que se mire ben o escándalo que se deu cando por parte da Compañia se fixo tanto impedimento en Manila de Filipinas...  Cesen xa as contradicciós que tan inxustamente se fan a nosa Relixión e, si non cesan, sepa a vosa Paternidade que teño de ir en persoa ou enviar ó rei e ó Papa a dar conta do que pasa no Xapón. E mire a vosa Paternidade qué parecerá cando se sepa que os xentís e infieis nos dan mantemento e casa e os fieis e tan fieis servos de Deus non nos deixan estar nun hospital que é casa de pobres en todo o mundo"  ( 92 ).
A todas luces alude o santo ó comportamento traizoeiro dalgúns xesuitas que remexían e remexeron contra os franciscanos ata que lograron botalos fóra do hospital.
A contestación do Viceprovincial foi decir que él non era quen pra pór remedio naquel asunto. Como compensación en cer to modo ofreceulle ó santo a casa dos xesuitas como residencia, que era como secuestralo e metelo na boca dos lobos. Non logrou o santo comisario o que fora buscando a Nagasaki pra coordenar os métodos de evanxelización, a fin de cimentar a fe no Xapón.
Os xesuitas máis estremosos nunca p erdoaron ós franciscanos a estancia no Xapón, e acusáronos de todo canto lles foi posible.
          O santo comisario viuse máis tarde na necesidade de defender as súas actuaciós e as dos seus compañeiros contra toda clase de acusaciós.
Pra continuar este punto, considero moi aceptables as palabras do exxesuita Felipe Robles Dégano. Tráigoas precisamente pensando que son palabras saídas da pluma dun home formado por a Compañía na que vivíu moitos anos vestindo a librea dos fillos de San Ignacio.
"Cousa verdadeiramente indigna e fea é que, debéndolle os xesuitas a pouca ou moita libertade da que gozaban no Xapón a intercesión e bos oficios do Pai Pedro Bautista que os miraba como a irmaus no apostolado, eles no canto de agradecerllo, o mirasen e tratasen en todas partes como usurpador e inimigo. E non satisfeitos coa oposición as fundaciós do santo, continuaron amolándoo arreo, procurando indispór ós cristiáns e ós señores xentís contra él e os seus irmaus con grandísimo escándalo de fieis e infieis. Cando Frai Pedro regresou de Nagasaki, enterouse das cousas que os xesuitas de Kioto dicían e facían contra os frades. Dicían que a chegada deles fora causa de turbación e escándalo entre os cristiáns, e de que se alterase a paz  que non fora de proveito; que non era conveniente que a Relixión de San Francisco estuvese nen perseverase no Xapón; que a pobreza dos frades non era boa pra aquela terra; que non podian sustentarse nen vivir nela; que o modo de proceder dos frades en varias cousas era imprudente e danoso a cristiandade" ( 93 ).
Resumindo máis adiante, continúa escribindo este mesmo autor:
"Consta que os xesuitas  eran os maiores inimigos que os frades tiñan no Xapón; que se valian de intercesores pra pedir en contra dos frades; que procuraban subornar a Guenifuin con dádivas; que pra indispór a Taicosama en contra dos frades se serviran de Faranda e Fungen; que trataban de botalos do Xapón e impedirlles que falaran con Taicosama;  que pedian ó gobernador que lles pedise o peche  dos hospitais,  porque curar enfermos era cousa noxenta en embaixadores" ( 94 ).
Nun escrito firmado por San León Carasuma máis outras cinco testemuñas consta que na festa do Natal de 1594
"mandaron os Pais xesuitas, concretamente o Pai Organtino, que ningún cristián
 fose a casa e igrexa dos Pais de San Francisco..., a máis desto, mandaron que non os axudasen  con esmolas".
Algunhas acusaciós contra os franciscanos concretaron Cosme Xoia máis outros 25 cristiáns:
"O primeiro, porque puxeron óleo e crisma cando bautizaban o que eles non
 usaban... o segundo, porque enseñan que estén de pe ó evanxelio e non de
xeonllos... o terceiro, porque deixan entrar cristiáns a oir misa e sermón,  e así
 mandaron que ningún cristián fose a San Francisco...  o  cuarto,  porque
deixan entrar gran moitedume de xentís na súa casa a oir sermón pra
bautizarse. E esto é porque  [Taicosama] tenllo vedado ós Pais e ós de San
Francisco lles foi dada licencia que permanezan e prediquen ós pobres. E por esto quixeran os Pais que os frades non fixesen nada sin licencia deles. E porque non fan esto, din que non hai  paz"  ( 95 ).
            Nas súas actuaciós endexamáis se moveron os franciscanos có afán de distinguírenrse dos xesuitas como se proba.co que escribíu o santo comisario cando tratou de xustificar o seu proceder de colocar o Santísimo Sacramento na igrexa de Kioto. Escribíu que o Pai Organtino calificaba ós xaponeses de
"xentís desaforados e de que correndo gran perigo de irreverencia,  puxemos o Santísimo Sacramento na igrexa,  non acostumando esto os Pais da Compañia por o perigo dito, e ademáis,  porque na terra de nova cristiandade causará menosprecio nos cristiáns novos por mor do pouco conocemento que ten de tan alto sacramento... Respondinlle agradecéndolle o consello e que ter posto o santísimo sacramento fora co consello dos Irmaus da miña compañía... e pareceunos pra consolamento espiritual dos Irmaus pór o santísimo sacramento... E facer esto non foi por non conformarnos cos Pais de quen non sabíamos que tuveran ou non tuveran o santísimo sacramento nas igrexas. E así, atento a que o consolamento temporal é tan pouco neste reino, a rogos dos Irmaus, puxen o santísimo sacramento" ( 96 ).
Causa extrañeza que naquelas alturas pudera alguén acollerse á trasnoitada "doctrina do arcano".
En relación có feito da colocación do santísimo na igrexa de Kioto, abonda rematar coas palabras do Pai Ridadeneira:
"Anque esto foi causa pra condenar algúns ós benditísimos mártires e telos por imprudentes por seren os cristiáns  tenros na fe e non terse feito esto antes no Xapón... foi aprobado e alabado o feito por moitas razós: e por as consecuencias conoceuse ter acertado"  ( 97 ).
Na controversia accommodatinis deixáronse levar os xesuitas en demasía das doctrinas probabilistas que máis tarde deberon rexeitar por mór das condenas pontificias. Vivindo como vivían no Xapón ás agachadas, ousaban censurar nos franciscanos o comportamento de expór a perigo, segundo eles,  as cousas santas.
San Pedro Bautista era home de mentalidade avanzada sen chegar endexamáis a estremos condenables. Aconsellou en momentos difíciles o Pai Xerónimo de Xesús agachar a coroa e desprenderse do hábito pra evitar problemas,  duas cousas consideradas na lexislación franciscana pecado mortal, practicadas sen motivo e sen causa grave.
Aquí no Xapón estaban en loita dous sistemas de evanxelización, un basado na prudencia humana que contaba en primeiro lugar con medios humanos,  e a outra que tiña como base a praxis do máis puro evanxelio e co celo relixioso.   ¿Debe primar a prudencia humana ou o celo...? ¿Cal debe de ser a medida de cadiunha destas duas realidades? Non hai dúbida que o camiño pra seguilo ten que ser o ensinado por o mestre divino, que predicou a verdade sin equívocos nen ambigüedades. O mesmo Cristo, que era mestre de amor, tampouco dubidou facer un látego e emprendela a lategazos cós profanadores do templo, e  proclamar a súa verdadeira misión, aínda que facelo lle costara a vida.  Zelus domus tua comedit me...
Evidentemente evanxelizar é declarar a verdade dando a cara, sin caretas que esconden a cobardía. San Pedro Bautista foi unha verdadeira mostra de cómo debe ser a evanxelización, con acomodación lexítima sempre que sea necesaria,  pero sin simulación culpable.  Unha cousa é acomodación e outra moi distinta simulación, susceptible de esconder unha traición á fe. Pode ás veces admitirse unha compangada, un apaño ou un pasteleo. Se acomodación é una virtude con base na recta prudencia, a simulación pode ser un vieiro que leve á negación da fe. Coa simulación pódese chegar á negación da fe e da heroicidade dos  Macabeos e do vello Eleazar  cuia valentía destaca a Escritura santa e dos mártires do cristianismo. Non se pode canonizar a conducta cobarde dos bispos libeláticos Basílides e Marcial.
A valentía dos misioneiros fillos de San Francisco sementou no Xapón a semente que moi pronto xermolaría moitedume de mártires de todas condiciós: ricos e pobres, nobles e plebeos, homes, mulleres e nenos. Entre os 26 protomártires de Nagasaki deron a nota tenra da súa infancia os tres nenos Loisiño, Antoniño e Tomasiño.
O bispo do Xapón tildou ós franciscanos de imprudentes, excomungados.  Incluso pudo acusalos de herexes, aínda que de todo se arrepentíu ben pronto, se é que o seu arrepentemento non foi unha mostra máis dunha conducta hipócrita.
Non existia fóra do grupo dos mártires valentía pra dar o sangue en confesión da fe.Pra eso cómpre tér unha moi grande afouteza
A propósito do comportamento dos franciscanos, e tras expór os seus traballos na preparación dos catecúmenos, escribíu o Pai Marcelo de Ribadeneira fermosas expresiós coma as seguintes referidas ós cristiáns convertidos por eles:
"O que se pretendeu foi fundamentar ben na humildade e na mortificación a estes xaponeses que   acompañaban ós relixiosos, véndoos lavar as escudelas, cavar na horta e facer outros exercicios que de cotio adoitamos os relixiosos nos nosos conventos. E vendo as súas vixilias, diciplinas e xaxunos esforzábanse en imitalos, levantándose a media noite a rezar na igrexa namentres os frades rezaban  madudinos, e asistian con eles na disciplina e oración, e oían misa con moita devoción e atención" ( 98 ).
Parece atopármonos na presencia dun noviciado seráfico, si pensamos con admiración nos froitos daquela aprendizaxe dado por os frades ós novos cristiáns que, gustantes da compañía deles, ata edificaron as súas casas a carón dos hospitais e da igrexa pra poder así acudir mellor e con meirande asiduidade ás prácticas relixiosas. Remata o Pai Ribadeneira, testemuña de vista, dicindo que "era pra loar ó Señor ver aqueles poucos cristiáns".
O resultado de todo aquel traballo evanxélico expúxoo o mesmo Pai Ribadeneira con esta palabras:
"Visto que o catecúmeno estaba coa debida disposición pra ser bautizado, animábano dicíndolle que, si fose necesario, había que perder a vida antes ca deixar a fe que iba recibir. Con estes principios de educación na fe, aínda os novos cristiáns tan iluminados no entendemento, devotos na  vontade e esforzados no espírito, que quen antes fora coma  outro Saulo inimigo da lei cristiá, despois de bautizado facía oficio de Paulo predicando ondequeira que se atopaba a lei santa que recibira" ( 99 ).
O que máis encanta en todo esto é conocer a complacencia de Taicosama e dos señores principais ante esta realidade do progreso da obra dos franciscanos. Narra o Pai Ribadeneira casos moi exemplares do valor daqueles novos cristiáns, que fan lembrar os primeiros días da igrexa.Todo aconsellaba ós franciscanos proseguiren no seu método misional, sabendo que
"anque de todo esto tiña conocemento o rei, non puña reparo en que os pobres fosen bautizados" ( 100 ).
Esto era o mesmo que lle dixera o gobernador de Kioto, Guenifuin, ó Pai Pedro Bautista, referente á despreocupación de Taicosama acerca do bautismo de xente que non ofrecía perigo ó dominio que él tiña.
En todo o desenvolvemento da súa actividade relixiosa en Kioto deixaron patente os franciscanos o seu valor e dedicación, sin que poda dicirse que ningún deles fora  máis valeroso cos outros compañeiros. Valor de auténticos mártires foi o de cadiún deles. Vendo estes exemplos, non é preciso remontar a mente ós días das catacumbas.

15.- Labor social en Kioto
Era unha cousa totalmente nova pensar facer labor social no Xapón onde a vida dos seres humanos non valía ren. Por unha insignificancia cortábase por medio cunha katana un home, un neno ou unha muller, ou cantos foran precisos. Xa nos primeiros días de estancia na imperial Kioto captou plenamente San Pedro Bautista aquela realidade social, á vista dos numerosos casos de inválidos e de nenos abandoados nos recantos da cidade pra que morreran como cás sarnosos, ou pra que algún ganoso de probar a katana se dedicara a cortar cabezas, como di o Pai Ribadeneira:
"Cando están en perigo de morte, adoitan os xentís botalos nas rúas e regatos, aínda que sean parentes moi próximos, pra que alí morran, ou pra que algún lles corte a cabeza a fin de probar a súa katana, que é a súa espada" ( 101 ).
Acerca deso mesmo di o Pai Santa María:
“Acostúmase entre eles que, vendo ós propios fillos chagados ou leprosos, mátanos os pais e ós pais mátanos os fillos, a muller ó marido e os señores ós seus esclavos, especialmente entre xente pobre. E os máis piadosos, por non velos morrer, bótanos das súas casas pra que morran nos campos, prazas e rúas. E hai destes infindos en todas as cidades" ( 102 ).
Sobre os moitos matados nas aforas de Kioto informoulle o Pai Pedro Bautista ó gobernador de Manila na carta do día 4 de febreiro de 1594:
"Aquí matan ós homes por tan pequenas cousas, que causa admiración... No día de hoxe están crucificados a beira de Meaco máis de 50 homes que eu vin en dous camiños por onde anduven, sin outros innumerables que deben morrer degolados, porque os amos ten poder pra mataren ós criados si cometen algunha falta" ( 103 ).
Diante deste espectáculo que se ofrecía de cotío á vista dos transeúntes, naceu na mente do comisario franciscano a idea de crear centros onde recoller aqueles seres considerados non só inúteis, pero incluso perxudiciales. Era esta a segunda parte do programa que xa os franciscanos tiñan moi adiantado nos seus hospitais de Filipinas nos que tanto traballara o Pai Pedro Bautista. Si a primeira parte foi o xa anunciado primum vivere, propio dos filósofos, esta segunda era a plasmación do evanxelio que os discípulos de San Francisco tiñan formulada no seu lema non solum sibi vivere, sed aliis proficere; é dicir, que non vivimos sós no mundo, senón que existen outros seres a quen debemos sermos de utilidade. Movido por este pensamento, xa antes de rematar a igrexa e casa conventuais, proxectou o santo  comisario a edificación dun hospital pra leprosos a carón da igrexa, pensando tamén que sería este
"un bo camiño pra predicar a lei evanxélica e medio pra conservarse os relixiosos no Xapón, porque, faltándolles o favor do rei, non os botasen do Xapón, cando menos por seren pobres e servos dos pobres" ( 104 ). 
Era esta unha idea moi avanzada evanxélicamente, mais non nun país onde o evanxelio non contaba pra nada e onde á hora da verdade ata se lles botaría na cara ós misioneiros españois que a súa presencia non era de utilidade e que eran persoas despreciables por trataren con xente pobre e despreciable. Alí quíxose aplicarlles o proverbio dime con quen andas e direiche quen tú es. As miras tan celestiais dos franciscanos terían no seu momento unha compensación tamén divina na hora das compensaciós que fai Deus, pero que nada valen nas contas deste mísero mundo. Será a ganancia suprema que vimos que non pudo acadar San Francisco Xabier, e que non era outra cousa máis có reino que Deus Pai ten prometido ó puxillus grex evanxélico  e que únicamente entenden as almas privilexiadas que pón a confianza no comprimento das divinas promesas.     
            As almas pequenas continuarán exclamando deica o fin do mundo cós homes sin fe aquelo de "largo mo fiades"de Don Xoán o das lendas  hispanas,cando de  xustiza divina se trate.
Có fin de levar adiante o santo comisario o seu programa social, evanxélico, de ideales sobrenaturais, acudíu en demanda de axuda prá construcción de hospitais, axuda que atopou non só nos cristiáns, mais tamén nos xentís, como o testemuña o Pai Ribadeneira, bó conocedor de todo aquelo. Despois de destacar o cumprimento da rica dona Magdalena, "moi afecta ós benaventurados mártires", engadíu:
"Deus proveunos por maus dos xentís, porque [Hidetsugu] o sobriño do rei,
chamado Combacondono, que era poderosísimo señor, deulles cantidade de cen  ducados, e  outro  xentil  prestou  moito  e un cristián  prestou o que faltaba" ( 105 ).
A todos os gastos do hospital fixo referencia o santo comisario na carta ó gobernador de Filipinas do día 12 de outubro de 1594:
"Pra pagar a débeda contraida e rematar o convento, creo que serán necesarios 450 ducados, e si algo sobrase, poderá a vosa señoria
aplicalo ó hospital que se quere facer pegado a nosa casa pra que nél nos exercitemos os que aquí estamos, curándolles as almas e  os corpos... Con 500 pesos que a vosa señoria envie de esmola pra él, poderase facer, e aínda sobrará algo pra o sustento dos pobres" ( 106 ).
Cómpre suliñar que fala o comisario de rematar un hospital "que se quere facer".indicando por tanto que era naquela data un mero proxecto. Era necesaria a licencia do emperador, que acadou en breve San León Carasuma a cargo de quen e máis de San Gonzalo García, correu a construcción. Xa a finais do ano 1594, animou o Pai Pedro Bautista desde Nagasaki,o Pai Ribadeneira superior que deixara en Kioto:
"que puxese calor na obra do hospital que él ordenara que se fixese" ( 107 ).
Foi a falta de medios necesarios o que retardou o comenzo das obras. Na carta do 11 de setembro de 1595 informou o santo comisario ó Provincial de Filipinas Pai Xoán de Garrovillas, da boa marcha das obras e incluso do funcionamento, ó menos parcial, do primeiro hospital de Santa Ana:
"comenzouse  a  facer  o  hospital  e  ten  xa  moitos  pobres  que  non  caben
 de pe"  ( 108 ).
Estaba dedicado este primeiro hospital, con capacidade pra 50 enfermos, a Santa Ana, e significaba moi pouco pra o numeroso grupo de leprosos existentes en Kioto, que o Pai Ribadeneira cifrou en máis de 3.000. Posteriormente foi agrandado en vista  das moitas peticiós de ingreso. Despois procedeuse á construcción dun segundo hospital na outra banda da igrexa, dedicado a San Xosé. Ambos a dous estuveron sempre cheos e chegaron a teren máis de 130 enfermos de todas clases, maioritariamente leprosos.
San Gonzalo García declarou que os hospitais foran fundados pra enfermos pobres de todas clases ( 109 ).
Coma testemuña que presenciou todo, escribe Frai Xoán Pobre:
 “Acudiron tantos leprosos, cegos, tolleitos, eivados, queimados, sordos, mudos,  chagados, que é pra louvar aquela bondade  infinda ver a xente que hai...      Estarán pouco máis ou menos 50 en cada hospital e case todos leprosos. O  concerto que se garda tanto no convento coma nos hospitais é admirable.... Din  a doctrina cinco ou seis veces ó dia, e tan expertos están en decila ós pobres  e algúns tan adiantados na fe, que non ben entra un xentil facendo moitos     noxos e tapándose as narices, cando non falta logo algún que lle di: "Tapaivos,  tapaivos, que máis mal olor hai no inferno e meirande tormento"... Estaba eu  presente cando entrou un xentil e, ollando como o Irmau Frai Marcelo lavaba  ós leprosos, estúvoo mirando, e dalí a pouco comenzou a predicarlles ós       cristiáns" ( 110 ).
Escribe o Pai Ribadeneira que caberían nos dous hospitais máis de cen enfermos.
Desde Osaka informou o Pai Pedro Bautista ó Provincial de Filipinas, Pai Montilla:
"Morreron nos nosos hospitais 230 pobres todos cristiáns e cunha fe que é pra louvar a Deus" ( 111 ).
A preocupación principal dos relixiosos españois foi sempre dar bó exemplo Informou o Pai Garrovillas:
"Pra esto fixeron os nosos Irmaus, pegado  ó  convento da cidade de  Meaco, un hospital onde curan ós pobres e indixentes e enfermos de todas as clases, e pra eso axudan todos os cristiáns e xentís, porque é a obra da que máis gustan. Os médicos son xaponeses herbarios que curan de cotío con lume e herbas. Os relixiosos acuden a hospitalidade en todo canto poden e a ensinalos, bautizalos e confesalos e consoalos na medida da súa posibilidade. Esta é a obra que máis os edifica e a que máis os move" ( 112 ).
Na mesa da beneficencia franciscana comían en Kioto un grupo numeroso de cristiáns colaboradores na obra dos hospitais. A eles fixo referencia San Pedro Bautista na carta do día 11 de outubro de 1596 desde Osaka ó Pai Montilla:
No que toca a comida, eu tuven catorce bocas ordinarias en Meaco cos xaponeses que aprenden pra axudarnos e outros que sirven, como o porteiro e o cociñeiro, e moitas veces decesete que comían, e pra todos ten proveido e provee o Señor o que é suficiente pra pasar a vida".
Dentro do programa da beneficencia franciscana tamén entraron os moitos nenos abandonados nas esquinas da cidade por enfermos ou por defectuosos ou por inúteis. Sobre ésto escribíu Ávila Xirón:
"No de San Xosé recollían ós nenos recén nacidos que as crueis mais, ou por non poder crialos,ou por necesidade os tiraban nas rúas,portas  e rios" ( 113 ).
Informou o Pai Ribadeneira aludindo a San León Carasuma:
"Tamén traia moitos nenos que atopaba botados nas rúas pra que os comesen os  cas  (inhumanidade  adoitaba  no  Xapón) e  facíaos  criar  coma  fillos  seus" ( 114 ).
Frai Xoán Pobre engade:
"De nenos e nenas trouxeron moitos. A uns atopábanos vivos e a outros case a punto de expirar. A todos cantos poden remédianos co santo bautismo e recíbenos as mulleres cristiáns no lugar de fillos e críanos. Outros moitos foron gozar de Deus" ( 115 ).
Este era o novo estilo de vida cristiá introducido no Xapón por mulleres capaces de admitir e criar coma fillos ós nenos que outras mais abandonaban pra que os comeran os cás, ou os animais proeiros. Con este novo estilo lograron os fillos de San Francisco o milagre de cambiar a mentalidade nunhas persoas que antes pensaran da mesma maneira cas outras que tiraban ós fillos na rúa pra desfacerse diles.
Moitos enfermos acudían ós hospitais espontáneamente e outros moitos facíano a instancias dos cristiáns que percorrían as rúas en busca de infelices abandonados. Falando de San León Carasuma escribe Frai Xoán Pobre:
"Aconteceulle a este servo de Deus atopar por as rúas de Meaco a pobres leprosos a quen lles di diante dos xentís, como eu o presenciei unha vez que iba con él  que lle dixo a un leproso:
-¿Que fas aí? ¿Por qué non buscas o remedio do teu corpo e da túa alma? ¿Non sabes que veu a esta cidade unha xente que coida de vosoutros e que hai unha Casa da Misericordia? Anda vai alá.E sinaloulle onde estaba. A outros moitos dilles  o mesmo" ( 116 ).
Aqueles hospitais de Kioto eran sostidos con esmolas dos cristiáns e tamén dos xentís, como escribe o Pai Ribadeneira:
"Algúns, cando por consideraciós humanas non viñan de día, viñan a prima noite e daban as súas esmolas, e moitos xentís tamén lla enviaban ou traíana, como eu o vin algunhas veces" ( 117 ).
Os mesmos enfermos aínda úteis saían tamén por as rúas en demanda de esmolas, como di o Pai Ribadeneira,Ttamén afirmou que o gran sostén do hospital foi o mártir san León Carasuma, que aplicou a pról do mesmo a renda dunha casa, e as esmolas  que acadaba, e o seu propio traballo e o da súa muller ( 118 ).
Tamén o boticario Cosme Danki entregaba gratuitamente medicamentos; e o médico Francisco de Meaco entregaba medicamentos e o seu traballo no hospital.
Ademáis dos nenos abandonados eran atendidos outros na escola que había a carón do convento. A ela fixo referencia  Frai Xoán Pobre no seu Informe:
"Edificouse unha escola pra ensinar ós nenos, xunto o convento, onde está un
moi bo cristián que era médico e agora será mestre pra curar as almas destes nenos. Edificouse co propósito de quitarllos ós bonzos que os engañan. E si non se lles quitan tantos cantos desexan, o menos cantos podan. Víronse en moitos traballos os meus irmaus con algúns que lles quitaron" ( 119 ).                 

16.- Novos operarios evanxélicos
En vista do bó recebemento que lles fixo Taicosama, decidiuse o Pai Pedro Bautista pedir a Filipinas novos operarios evanxélicos, tan necesarios pra atender as urxencias máis inaprazables nos hospitais. Atendendo á súa chamada, fóronlle enviados en 1594 por o Pai Maldonado os Pais Agostiño Rodríguez, Marcelo de Ribadeneira, Xeromo de Xesús, e un cuarto chamado Frai Andrés de San Antonio, que morreu no camiño. Narra o Pai Ribadeneira:
"Un ano despois que os gloriosos mártires Frai Pedro Bautista e os seus compañeiros partiran de Manila pró Xapón... por orde deste apostólico varón [Maldonado] fumos enviados catro relixiosos, Frai Agostiño Rodríguez, Frai Andrés de San Antonio, Frai Xeromo de Xesús e máis eu ó Xapón...
En chegando ó porto de Firando... só vivia en nosoutros o anhelo de vernos en Meaco cos nosos irmaus... Chegamos a cidade de Nagoia... fomos visitar ó gobernador, e anque era xentil, fíxonos moita honra... chegamos en breve a Meaco... E fumos aposentados na casa do gobernador de Meaco chamado Guenifuin... que  era  a  persoa  máis  familiar  do  rei  e  quen  máis  favor nos facía" ( 120 ).
Tamén narra o Pai Pedro Bautista:
"O postrimeiro de setembro chegaron a esta cidade de Meaco tres relixiosos nosos irmaus de catro que saíron de Luzón, porque un deles morreu na mar. Alegrámonos moito coa súa chegada" ( 121 ).
  Tras referir o bó recebemento que lles fixo Taicosama, relata o Pai Ribadeneira:
"Foi tan particular a aficción que nos cobrou o rei, que conforme nos dicía o seu gobernador Guenifuin, senón llo tuveran por pouca gravedade, nos comunicaría moi  en  particular.  E  ben se botaba  de  ver  esto  por  o  coidado  que   tiña de preguntar  por  nosoutros... estimándonos  moito, aínda  que  nos  vía  pobres" ( 122 ).
Por tantas expresiós pónse ben de manifesto a extraordinaria e sincera estima que Taicosama sentíu por os relixiosos franciscanos.

17.- Maus á obra. Novos campos de traballo
Moi pronto de chegados a Meaco os novos operarios, puxéronse con toda dedicación e amor a servir nos hospitais. Da dedicación do Pai Ribadeneira é claro testemuño o que escribe Ávila Xirón dun tono que chegou ó hospital de Santa Ana no intre que o Pai Ribadeneira estaba ocupado en lavar os pés dun leproso:
"Como o tono vise ó Pai, estuvo considerando entre si un pouco e vendo un home mancebo e tan lindo posto de xeonllos diante dun vil e cheirento leproso... estaba admirado como tamén estaban todos os seus criados de veren o que  estaban vendo".( 123 )
Esta escena non lle agradou nadiña ó xesuita Pedro Morexón, como tampouco lle agradaron a maioría das noticias que escribe Ávila Xirón, ás que pretendeu quitarlles importancia con anotaciós case sempre impertinentes.
Coa chegada dos novos operarios programou San Pedro Bautista novos postos de traballo. Un dos seus primeiros proxectos foi pasar a Nagasaki o 18 de natal de 1594 có Pai Xeromo de Xesús. Daquela viaxe escribe o Pai Ribadeneira:
"Vendo o favor que o rei nos facía, determinou o bendito comisario baixar a Nagasaki... pra dar orde como se fixese alí unha casa onde estuvesen dous ou tres frades que tuvesen conta dos recados que viñesen de Manila pró rei, ou enviasen os do rei pró gobernador de Manila, e tamén pra que se curasen os relixiosos que caesen enfermos... E o principal por qué baixou aquel longo camiño foi pra verse co  Pai Viceprovincial e tratar con él algúns artículos prá concordia e paz que este santo prelado e os seus compañeiros anhelaron sempre e procuraron que se tuvera" ( 124 ).







N  O T A  S
  ( 1 ).- POBRE,Historia,173
  ( 2 ).- EUSEBIO GÓMEZ PLATERO: Catálogo, 102.(Vid.Bibliografía)
  ( 3 ).- LORENZO PÉREZ: AIA, IX, 121 (Citarei PÉREZ).
  ( 4 ).- GARROVILLAS: Relación, 227.
  ( 5 ).- MARTÍN DE LA ASCENSIÓN, O. F. M.: Carta al Padre Francisco Montilla, AIA,           XV,(1921), 171.
  ( 6 ).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 3, 564.
  ( 7 ).- Ibidem, lib. 4, c. 34, 414.
  ( 8 ).-Ibidem, lib. 4, c. 2, 328 – 329. Copiou esta carta de Taicosama o Pai  Xacobo de
          Castro,II,52.Outros cronistas adoptaron un texto distinto.
  ( 9 ).- GIRÓN, AIA, XXI, (1934), 512.
( 10 .).- Ibidem, 515. O Pai Ribdeneira fixo varias alusiós eloxiosas a este sobriño do             dictador Taicosama das que eu falarei noutro lugar desta obra.
( 11 ).- RIBADENEIRA, lib, 4, c. 20, 377.
( 12 ).- Ibidem, 376.
( 13 ).- GIRÓN, 496. Nás páxinas seguintes porei citas sin nota. Son tomadas da obra          do Pai Lourenzo Pérez Cartas y Relaciones del Japón.
( 14 ).- Ibidem, 497. No lugar indicado na nota anterior pode verse o relativo a este                individuo de nome Gaspar.
( 15 ).- Ibidem, 500. Dí Ávila Xirón: “Esto non pudo ser o ano de noventa e dous porque          eu lémbrome ter visto este xapón en Manila o ano noventa e un... e vendo ese          ano o dito Gómez Pérez a carta e a sobervia do rei do Xapón e tendo tan pouca          defensa como tiña, e a cidade aínda por cercar, enviou ó Pai Frai Xoán Cobo con          embaixada ó Taico” (AIA,XXI,(1934),498).
( 16 ).- CASTRO,II, 55.
( 17 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 2, 330 – 331. Copiou esta carta o Pai Xacobo de                Castro(vol. 2, 549). Xunto á carta que levou San Pedro Bautista pra Taicosama            debe de figurar sequera en nota o documento no que o gobernador Dasmariñas            lle outorgou poder de embaixador plenipotenciario que di:
           “Gómez Pérez Dasmariñas, cabaleiro da Orde de Santiago, gobernador e
           capitán xeral destas illas Filipinas por o rei noso señor, por a presente dou                facultade e comisión ó Reverendo Pai predicador Frai Pedro Bautista, relixioso            da Orde do señor San Francisco para que, en chegando a salvamento ós reinos            do Xapón onde vai con embaixada ó emperador do dito Xapón, poda darlle alá            licencia e salvoconducto ás persoas que lle pareza convir pra viren con navíos
de bastimentos e mercadorías a estas illas coas que poderán viren e contratar con toda seguiridade, e asimesmo có emperador do Xapon, e concluir as capitulaciós necesarias en razón da paz, amizade, trato e comercio que Faranda Queimón aquí pidíu e ofrece cunha parte, e da outra comigo e este reino no nome da súa  maxestade, entre tanto que o rei noso señor ordena o que máis servido sea. Pra eso doulle poder e facultade en forma. En Manila, a 20 de maio de 1593 anos do nacemento de noso Salvador Xesucristo. (firma). Gómez Pérez Dasmariñas” [AIA,IV, 405 e XVI, (1929),78].
( 18 ).- JUAN DE SANTA MARÍA, parte 2, 27 (Vid. Bibliografía).
( 19 ).- PEDRO MARTÍNEZ Resposta aos prelados de Manila,en Robles Dégano, 83-84.
( 20 ).- BAUTISTA: Carta al gobernador Gómez Pérez Dasmariñas. Meaco, 7 de                   xaneiro de 1594, AIA, IV, 404-405 e XXI, (1934), 503-504.
( 21 ).- POBRE: Historia, c.10,151-152.
( 22 ).- BAUTISTA: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas, AIA, XXI, 504.
( 23 ).- GIRÓN, 504-505.
( 24 ).- BAUTISTA: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas, 7 de xaneiro de 1594. Estas mesmas palabras escribíu Taicosama na carta ó gobernador de Filipinas: “Cando eu nacín deume o sol no peito o que é milagre; esto da a entender que son home que de ab initio debía ser señor desde oriente ata poñente e que todos os reinos deberían darme obediencia e viren humillarse na miña porta e cando non o fixeren, matalos a todos con guerra. Eu ganei todo o reino do Xapón e o de Corea.Moitos capitáns pedíronme licencia pra iren tomar Manila e sabendo esto Faranda  e Funguen dixéronme que de aquí iban navíos e ven de aí. Así non parece que sean inimigos; e por esta razón deixei de enviar xente... Teñamos  amizade pra sempre... Da miña parte non haberá falla ningunha na amizade pra sempre”.
( 25 ).- SAN GONZALO GARCÍA: Informes contestando a los cargos de los Padres de          la Compañía, 1 de xaneiro de 1596; AIA, VI, (1916), 245 e XXI, 508.
( 26 ).- JERÓNIMO: Relación, AFH, XVII,(1925), 97-98 e XXI, (1934), 507.
( 27 ).- BAUTISTA: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas. 7 de xaneiro de 1594; AIA, XXI.
( 28 ).- JERÓNIMO: Apuntamientos del Padre Jerónimo de Jesús, AFH, XVIII,113-114           e AIA,XXI,516.
( 29 ).- GIRÓN, 505-506.
( 30 ).- POBRE: Historia, c. 10, 154.
( 31 ).- JERÓNIMO: Relación, AFH,XVII,98;AIA,XXI,509.
( 32 ).- GIRÓN, 506.
( 33 ).- Ibidem, 506.
( 34 ).- Ibidem, 507.
( 35 ).- Ibidem, 509.
( 36 ).- JERÓNIMO: Relación, AIA, XXI, 508.
( 37 ).- BAUTISTA:Carta a Gómez Pérez Dasmariñas.7 de xaneiro de 1594;AIA,IV,411           e XXI,508.
( 38 ).- Ibidem: AIA,XXI,515.
( 39 ).- JERÓNIMO: Carta a Luis Pérez Dasmariñas,AFH,XVII,(1924),115;AIA,XXI,515.
( 40 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 20, 376.
( 41 ).- Ibidem, lib. 4, c. 7, 342.
( 42 ).- BAUTISTA: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas, AIA, IV, 417 e XXI, 507.
( 43 ).- Ibidem: Carta al Padre Provincial de Manila, 11 de setembro de 1595.
( 44 ).- Ibidem: Informe sobre el proceder del obispo de Japón contra los franciscanos,           4 de outubro de 1596; AIA, VI, 253 e XXI, 509.
( 45 ).- Ibidem: Carta al Padre Francisco Montilla comunicándole la conducta del obispo           y jesuitas. Osaka, 11 de outubro de 1596; AIA,(1916),267-276.
( 46 ).- HONGUEN:Carta a Gómez Pérez Dasmariñas,AIA,VI,(1916),198-199 e XXI,            508.   
( 47 ).- BAUTISTA:Carta a Gómez Pérez Dasmariñas Meaco,4 de febreiro de 1594;           AIA,VI,(1916),198 e XXI,508.
( 48 ).- Ibidem: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas, 4 de febreiro de 1594.
( 49 ).- Ibidem, l c.
( 50 ).- JERÓNIMO: Relación, l. c.
( 51 ).- BAUTISTA: Informes sobre proceder de los jesuitas, 1 de xaneiro de 1596.
( 52 ).- Informe de los cristianos, en Robles Dégano, 114.
( 53 ).- POBRE, Historia, 159, AIA, XXI, 509.
( 54 ).- JERÓNIMO: Relación, AIA, XXI, 509.
( 55 ).- XIRÓN, 509.
( 56 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 7, 340-343.
( 57 ).- BAUTISTA: Informes contestando a los cargos de los jesuitas. 1 de xaneiro de          1596; AIA, VI, 234 3 XXI, 508.
( 58 ).- INFORME de los cristianos, en Robles Dégano, 114.
( 59 ).- Ibidem, en Robles Dégano, 115.
( 60 ).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 10, 595.
( 61 ).- Ibidem, lib. 6, c. 10, 599.
  ( 62 ).- BAUTISTA: Carta a Luis Pérez Dasmariñas. Meaco, 13 de outubro de 1594; AIA,VI, 214-216 e XXI, 508.
( 63 ).- Ibidem, l. c., en Robles Dégano, 116.
( 64 ).- Ibidem, 1. c.
( 65 ).- JERÓNIMO:Relación,c. 2;AIA,XI,130 e 134;VII,(1929),30. 
( 66 ).- RIBADENEIRA, lib.4,c.7,346-347.
( 67 ).- BAUTISTA:Informes contestando a los cargos de los jesuitas. 1 de xaneiro                de 1596.
( 68 ).- Ibidem: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas, 7 de xaneiro de 1594.
( 69 ).- Ibidem, l. c.
( 70 ).- GARROVILLAS: Informe sobre el proceder de los jesuitas. Manila, 13 de abril             de 1594.
( 71 ).- PEDRO MARTÍNEZ: Testimonio, AIA, XVI, (1921), 344 – 349.
( 72 ).- BAUTISTA: Informes contestando cargos de jesuitas, 1 de xaneiro de 1596.
( 73 ).- SAN FRANCISCO JAVIER: Carta al gobernador de la India (Vid. JOSÉ MARÍA          RECONDO: San Francisco Javier, Madrid, 1988, 742)
( 74 ).- DOMINGO SALAZAR,O.P.:Carta al rey Felipe II Manila,24 de xuño de 1590.
( 75 ).- JERÓNIMO, Relación, c. 2.
( 76 ).- HUBERT JEDIN: Manual de historia de la iglesia. Barcelona,1978,vol.VI,23.
( 77 ).- Ibidem, 422.
( 78 ).- JUAN DE SANTA MARÍA,O.F.M.:Crónica de la Provincia de San José. Madrid,           1615.
( 79 ).- SAN FRANCISCO: Espejo de Perfección.
( 80 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 23, 382.
( 81 ).- BAUTISTA: Carta a Luis Pérez Dasmariñas. Meaco, 13 de outubro de 1594.
( 82 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 31, 404.
( 83 ).- Ibidem, l.c.,405.
( 84 ).- Ibidem, lib. 4, c. 30, 402.
( 85 ).- JUAN DE SANTA MARTA, O. F. M.: Relación. Publicouna Lourenzo Pérez en           “Héroes del cristianismo en el Japón en el siglo XVII”, AIA, 87, (1929), 331.
( 86 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 31, 405.
( 87 ).- Ibidem, lib. 4, c. 11, 352.
( 88 ).- Ibidem, 352.
( 89 ).- JERÓNIMO: Relación, c. 2, AIA, VI,230-248 e XI, 232ss.
( 90 ).- JERÓNIMO: Relación, c.2.
( 91 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 11, 353.
( 92 ).- BAUTISTA:Carta al Viceprovincial jesuita; AIA, VI, 219.
( 93 ).- ROBLES DÉGANO, 156.
( 94 ).- Ibidem, 158.
( 95 ).- Ibidem, 158: Informe de los cristianos
( 96 ).- BAUTISTA:AIA,VI,233 e XXI,537.
( 97 ).- RIBADENEIRA, lib.4,c.25,387.
( 98 ).- Ibidem, l.c.
( 99 ).- Ibidem, lib.4,c,14,359.
( 100 ).- Ibidem,l. c.
( 101 ).- Ibidem, lib.6,c.10,598.“O santo mártir León (Carasuma) e cantos o axudaban            no coidado dos pobres iban a calquera hora do día por as rúas pra traer a                 costas ós enfermos que achaban  botados nos regatos, porque adoitan botalos            ós cás, cousa moi usada no Xapón. E adoitan os infieis cortar as cabezas e               esmiuzar os corpos de cantos así atopan só pra probar as súas katanas dicindo             que con esto se fan valentes” (lib.4,c.22,381).
( 102 ).- JUAN DE SANTA MARÍA,O.F.M.:Crónica de la Provincia de San José,II.,49.
( 103 ).- BAUTISTA: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas. Meaco, 4 de febreiro de 1594.
( 104 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c, 12, 355; AIA, XVIII, (1931), 555.
( 105 ).- Ibidem, lib. 4, c. 7, 342; AIA, XVIII, 560.
( 106 ).- BAUTISTA: Carta a Gómez Pérez Dasmariñas. Meaco, 12 de outubro de 1594;             AIA, VI, 216 e XVIII, 560.
( 107 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 12, 355; AIA, XVIII, (1931), 557.
( 108 ).- BAUTISTA: Carta al Ministro Provincial Padre Juan Garrovillas. 11 de setembro            de 1595, AIA, XVIII, 557.
( 109 ).- SAN GONZALO GARCÍA: AIA, IX, 239-240 e XVIII, 565.
( 110 ).- POBRE, (13), 266.
(111).- BAUTISTA: Carta al Padre Francisco Montilla. Osaka, 11 de outubro de 1596;            AIA, VI, 273 -274 e XVIII, 564.
( 112 ).- GARROVILLAS.: Informe, en “Cartas y Relaciones del Japón”.
( 113 ).- GIRÓN, 531.
( 114 ).- RIBADENEIRA, lib. 6, c. 10, 598; AIA, XVIII, 565.
( 115 ).- POBRE: Historia, 266, AIA, X, 61 e XVIII, 565.
( 116 ).- Ibidem, AIA, X, 51-52 e XVIII, 564.
( 117  ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 23, 384.
( 118 ).- Ibidem, lib. 6, c. 10, 599.
( 119 ).- POBRE,l.c. Aludindo ós nenos desta escola escribe o Pai Ribadeneira: “Cada            noite iban dous nenos que estaban de día no convento servindo e aprendendo            a ler e escribir e lles ensinaban na lingua xaponesa as oraciós que rezaban              todos os pobres asemade en voz alta ó mencer e antes e despois de comeren            e á Ave  María (lib. 4, c. 12, 357).
( 120 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 8. 343.
( 121 ).- BAUTISTA:Carta al Padre Francisco Montilla, 11 de setembro de 1595.
( 122 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 8, 346.
( 123 ).- GIRÓN,532-533.
( 124 ).- RIBADENEIRA, lib. 4, c. 11, 352.
















































No hay comentarios:

Publicar un comentario