miércoles, 8 de febrero de 2012

Capítulo Sétimo: Franciscus Alter

             CAPÍTULO SÉTIMO:ALTER FRANCISCUS     


1.- Novos operarios                                       4.- A Nova Teoloxia
2.- Francisco Segundo                                  5.- Situación do cristianismo
3.- Os leprosos son apertados e bicados             no Xapón

1.- Novos operarios
Chegados a Nagasaki os Pais Martiño da Ascensión e Francisco Blanco,permaneceron durante algún tempo hospedados fraternalmente por os seus irmaus no convento alí fundado por San Pedro Bautista.O superior do convento Pai Xeromo de Xesús retúvoos pra que puderan reporse das fatigas da longa navegación dende o porto de Acapulco  e tamén pra poder disfrutar da súa compañía.Despois daque  breve descanso reemprenderon os dous santos compañeiros a viaxe prá corte imperial de Kioto pra presentarse alí ó Pai comisario San Pedro Bautista.Chegaron a súa presencia mediado o mes de agosto de 1596.
Falan os biógrafos do grande  xúbilo que sentiu o santo comisario cando tuvo diante de si os dous novos axudantes mozos que lle mandaba a divina providencia.Tras varios dias,destinou a San Martiño da Ascensión a Osaka co cargo de superior daquela casa en sustitución do Pai Marcelo de Ribadeneira que estaba enfermo e fora destinado ó convento de Nagasaki.O Pai Francisco Blanco quedou en Kioto onde lle estaba reservado por a divina providencia  o campo ideal de traballo no que podería exercitar a seu pracer as súas excepcionais dotes de enfermeiro no coidado e atenciós dos leprosos nos hospitais ali fundados por o Pai Pedro Bautista.

2.- Francisco Segundo
Si San Francisco Blanco foi en todo momento elexido e dirixido nos actos da súa vida por a mau providente de Deus,foi agora cando o colocou no posto de traballo o máis axeitdo ás  calidades personais coas que Deus lle enriquecera a alma.
O Pai Ribadeneira describe a chegada do santo a Kioto coestas  palabras:
"Chegado a presencia anhelada do santo comisario en Kioto, vendo a perfección coa que
os seus irmaus vivían e a moita mes que había e que tiñan cultivada a parte que lles
correspondía naquela videira do Señor,non soamente recibiu contentamento,senón
que,atopándose en particular obrigación por habelo traído a súa maxestade entre tan anxélicos varós,propúxose empregar todos os seus azos e talentos na  conversión dos xentís...Tamén axudaba nos ministerios de humildade nos que os demais relixiosos se exercitaban nos hospitais,atopando grande recreo espiritual de verse entre leprosos.Era moi querido dos cristiáns  porque todos atopaban nel consolamento nas súas aflicciós, porque,como Deus o dotara de tantos does sobrenaturais,en todas as necesidades sabía  ser  pai e discreto médico nas necesidades do próximo"( 1 ).
A San Francisco Blanco ocurríalle agora o mesmo que lle ocurre ó traballador cando chega ó sitio do seu traballo e se dedica sen acougo a estudiar o que debe facer e o modo de facelo.Era no momento de pedirlle ó seu pai seráfico San Francisco que o axudara a ser un bo fillo seu,merecente portador do seu mesmo nome.O  único a que aspiraba era ser un Franciscus alter,un segundo Francisco.Nos seus anos de estudiante conocera a historia daquel soldado cobarde no exército de Alexandro Magno a quen lle apostrofou o mesmo Alexandro dicíndolle moi seriamente que ou cambiaba de nome ou mudaba de conducta.San Francisco Blanco non pensaba mudar o nome,senón traballar pra facelo digno do nome do seu pai seráfico.
Conocedor San Pedro Bautista das magníficas dotes do santo xove,especialmente das de caritativo e solícito enfermeiro,quixo retelo consigo en Kioto pra que nos hospitais alí fundados empregara o seu celo ardente e o acendrado espírito de caridade sen límites.Con un tal traballador de alma ateigada de anhelos case infindos chegáralle ó santo comisario a persoa soñada por él pra dedicala ó coidado dos enfermos e dos nenos abandonados,e foi naquelas mansiós de dor onde San Francisco Blanco iniciou a sementeira de consolo,de abnegada mansedume e de inesgotable caridade cos enfermos deshauciados por aquela sociedade sen amor ó próximo.Si en todo momento derrochara bálsamo de consolo sobre todos cantos o rodeaban,foi agora cando sin miramentos de ningunha clase dedicou todo o seu celo e dozura,como mai cariñenta,as víctimas dunha enfermidade tan noxenta como a lepra,pondo en práctica toda canta humildade e espírito de abnegación atesouraba a súa alma.A partir daquel intre foron os lazaretos de Kioto o mais acariñado campo de traballo onde se dedicou con amor ó coidado dos enfermos a quen lavaba e curaba e aseaba co meirande dos esmeros.
Así o contemplou o cronista Pai Xacobo de Castro:
"Asistia ós enfermos con especial agarimo.Empregaba cos máis noxentos o seu moito
agrado.Solicitaba os seus consolos,socorros e alivios.Abrazábase cos máis pobres. Coidaba de limpiarlles as suas camas e vestidos.E véndoo os xapoeses cunha amabilidade tan fervorosa,todos o quixeran  por especial asistente seu,logrando o consolo de teren un tan solícito pai e amoroso médico"( 2 ).
E non satisfeito con imaxinar ó santo enfermeiro ocupado en obras de misericordia cos pobres leprosos,tamén o contemplou o Pai Ribadeneira,dedicado a oración na igrexa todo o tempo que lle deixaban libre os traballos na escola de nenos e nos hospitais.Estas son as súas palabras:
"E non por estar ben ocupado nos exercicios de Marta,era menos as atenciós de
Maria.Nunha pobre igrexa gastaba longas horas nos divinos oficios,oración e demais
actos...Cumpría co amor de Deus,e despois adícábase por enteiro a prol do próximo en actos heroicos de caridade.Cando deixaba consoados e asistidos ós seus amados pobres leprosos,predicáballesós xentís"( 3 )
Sobre a eficacia da súa predicación engadiu o mesmo Pai Ribadeneira:
"Co modo que lle dictaba o celo da honra de Deus predicaba o noso San Francisco Blanco xa destro na lingua xaponesa e facía marabillosos froitos coa eficacia doce da súa elocuencia,co seu anxelical agrado,coa súa penitente vida,co seu infatigable traballo e co seu fervoroso espírito"( 4 ).
Era o primeiro en acudir a todos os actos comunitarios de dia e de noite e esmerábase nos xexunos e disciplinas.
Escribe o Pai Ribadeneira:
"Como testemuña de vista podo dicir sin encarecemento que ollaba naquel pequeno
rabaño do Señor(por todos cando mais fumos sete)resucitados os comenzos da nosa      Relixión"[seráfica]( 5 )
Tratou o Pai Ribadeneira de dar luz a cadiún dos ángulos da vida relixiosa dos franciscanos do Xapón,aspecto que él conocia a perfección.O que di de cadiún dos relixiosos pode aplicarse a todos por igual.Copio o regulamento que tiñan todos coas mesmas palabras  de Frai Xoán Pobre de Zamora:
"O concerto que se ten tanto no convento coma nos hospitais é admirable.Os relixiosos
din os seus Madudinos cantados ou rezados,longas vixilias,devotas oraciós,continuas
disciplinas e xexunos.Ás catro e ás cinco rezan as Horas e logo a Misa  mayor cantada
ou rezada conforme sea a festa do día.Despois os relixiosos vanse a estudiar a lingua,os
xaponeses cristiáns,que son seis,[van]predicar ós xentís,que acuden tantos a oir,que


moitos dias non lles dan lugar pra comeren nin pra cenaren.Tanta é a xente que acude,que acontece estar predicando deica as dez e mais da noite.Os relixiosos rezan Vésperas e Completas as duas e seguidamente van a metade deles a bautizar e a outra metade,a lavaren os leprosos;e neste exercicio ocúpanse ata as cinco que van rezar a Benedicta no coro onde permanecen en oración deica cerca da noite.Non pasa dia sin  que en Meaco non haxa bautizados ou que se vaian ó ceo enfermos...Rezan a Doctrina cinco ou seis veces no día"( 6 )
Con esto xa conocemos o regulamento daqueles misioneiros franciscanos.Fora desas actividades comunes e ordinarias é posible imaxinar ó noso santo recorrendo as rúas en busca de infelices homes,mulleres e nenos tirados por as esquinas,cargando con eles a costas as máis das veces ata o hospital,deixando por todas partes o imborrable testemuño da súa santidade amable.
Dacordo co regulamento e pra ser plenamente útil,dedicaba o Pai Francisco Blaanco todo o tempo que lle era posible ó estudio da lingua xaponesa,ou a ensinanza no colexio de nenos,ou a catequese,ou a enterrar algún morto no cemiterio que había na horta do convento.E sempre a  súa mente estaba posta no Santísimo Sacramento do altar sin esquecer nunca os recantos morriñentos do seu inolvidable Tameirón pra dedicarlle un agarimeiro recordo ós seus pais a quen imaxinaría  nas faenas cotiás do campo.
Tras os poucos meses pasados nos traballos apostólicos,podería dicirse do noso santo o mesmo ca dos outros compañeiros as palabras do libro santo que en poucos dias"explevit tempora multa",que é dicir que en poucos dias logrou e lograron todos eles facer milagres.
O único que falta á narración de todos  estes traballos son os milagres daqueles santos misioneiros ,que haber houbos.Pra que esa faceta do fillo do Tameirón non quede manca,quero referirme ó milagre do que se fixeron eco os cronistas da resurrección que o santo fixo dunha nena a instancias dos seus pais,él xentil e ela cristiá,ambos a dous conocedores da santidade do santo frade enfermeiro ,como era reconocido públicamente.
Instado por a súa muller,foi o pai da nena pedirlle ó santo que fora canda él a súa casa pra ver a súa filla difunta.Namentres o esposo foi en busca do santo enfermeiro,a mai da nena quedou colocando a carón da cama unha imaxe da Virxe en quen os misioneiros lle ensinaran a crer e ter fe,e os lados da imaxe, dous cirios acesos.
Chegado San Francisco,atopou a mai de xionllos a carón da cama da filla.Púxose o santo en oración pedíndolle a Deus que escoitara a súa oración humilde e pra que,en atención ó seu santo nome e glorificación da fe cristiá se dignara darlle a vida a aquela nena.Tras uns momentos de intensa emoción e tensa espera de parte dos pais,San Francisco acercouse a cama da nena,puxo as súas maus enriba da súa cabeza murmurando unha súprica e tal vez,a exemplo do Mestre divino,pudo dicir talita qumi.A nena abriu os ollos, moveu o ciorpo.Virando o santo cara os que estaban presentes,dixo:
“A nena vivirá”.
Ateigados de emoción,preguntáronlle os pais si a súa filla viviría.O santo trazou o sinal da santa cruz encol da nena e respondeu:
“É Deus quen quere que viva”.
A nena rompeu  a  falar e o santo entregoulla ós seus pais sana e chea de vida.O  pai pediu daquela o bautismo que recibiu nunha mesma data cá súa filla( 7 ).
Casos milagrosos coma este déronse na vida dos misioneiros do Xapón que fixeron medrar o creto das súas vidas santas entre a xente e o número de cristiáns.
            Pouco importou que algúns menos piadosos tentaran dárenlle unha interpretación maligna ós feitos milagreiros dos santos mártires.O Pai xeesuita Organtino a quen o Pai Ribadeneira calificou de pouco letrado foi un dos que puxo mácula na vida dos santos mártires.Narran os cronistas que Cosme Xoia tiña unha filla leprosa chamada Isabel.O día 29 de maio do ano 1594,día de Pentecostés,celebrou San Pedro Bautista a santa misa na casa de Cosme Xoia.A filla leprosa quedou san no intre da bendición final ó mesmo tempo que nos vestidos dos presentes amosaron sinais coma linguas  vermellas.A interpretación maligna que o Pai Organtino lle deu a este feito expúxoa o Pai Xeromo de Xesús con estas palabras:
“O Pai Organtino foi logo conocedor deste feito e fixo o que sempre adoitaba facer,que foi contradicir afirmando que era pecado falar de milagres.Sin embargo,todos,mulleres e homes que o viron,publicaron o milegre a outros cristiáns.O Pai Organtino,pra desbaratar o milagre dixo que,si naqueles vestidos dos xaponeses se bota auga,amosan deseguida sinais vemellas como sangue.Eu informeime despois e non houbo auga bendita,senón somente a bendición do santo terminada a santa misa e unha pratica que pronunciou o santo acerca da baixada  do Espírito Santo sobre os discípulos e crentes e que declarou o irmau Frai Gonzalo na lingua xaponesa”( 8 )
            A este reliiioso  pouco letrado somente lle faltou decir que Xeús fixo milagres por arte de Belcebú,como dixeron xa daquela algunhas persoas inimigas.

3.- Os leprosos son apertados e bicados
A relación franciscana cos leprosos ten unha fonda raizame na vida mesma de San Francisco de Asís..Os biógrafos do santo describiron con abondosos pormenores  o noxo casi invencible que sentía nos seus anos mozos coa presencia dos leprosos e o amor que despois da súa conversión chegou a sentir por eles          
            Narra o seu biógrafo Tomás de Celano:
           "Cando alviscaba as súas chabolas dende lonxe a unhas dúas millas,levaba as maus a            cara como pra precaverse de percibir o mal olor"( 9 )
Un dia aquela repugnancia convertíuselle en amor e docedume despois de ter abrazado e bicado nos arredores de Asís un leproso que resultou ser mesmamemte Cristo en persoa.
Ocurriu que paseando orgulloso a cabalo o xove por os arredores de Asís,atopou cun leproso de quen se afastou a uña de cabalo.Un toque divino na alma fixo nel a mesma  reacción que noitra icacción qque lle ocurriu a San Paulo cando Cristo o derrubou do cabalo no camiño de Damasco.O cabalo de San Francisco freou de súpeto.O mozo que o montaba regresou onde deixara ó leproso.Baixou do cabalo e bicouno.Tras de reiniciado o camiño decatouse de que o leproso desaparecera deixándolle a alma abrasada nun incendio de amor.Dende aquel intre foron pra él os leprosos seres preferidos,e vivía entre eles gozoso.
Escribe Tomás de Celano:
"Vivía con eles servíndoos a  todos con solícito coidado por amor de Deus,lavando as   súas carnes e limpando a podremia das súas chagas"( 10 )
O mesmo santo deixou manifestado no seu testamento o lecer que lle causaba vivir entre leprosos:
"Cando eu estaba envolto en pecados,érame moi amargo ver  leprosos,e o Señor me levou entre eles e trateinos con misericordia e o que antes me parecía amargo,convertíuseme en dozura da alma e do corpo"( 11 )
Narra San Boaventura o sucedido cun leproso a quen San Francisco bicou:
"Deulle  un bico cheo de amor na boca enferma e noxenta de aquel que tentaba bicarlle os pes.A penas o amante dos leprosos tocou cheo de tenrura cos seus labres aquela fedorenta e  horrible chaga,de repente desapareceu todo sinal de enfermidade,e aquel pobre recuperou a tan anhelada saúde"( 12 )
Moitas veces consideraría San Francisco Blanco na sua mente xuvenil o comportamento do seráfico pai e a total transformación que se operara nel e coesa consideración adiantou moito no exercicio da caridade co exemplo do seráfico Pai pra chegar o convencemento da gran satisfacción que produce o propio vencemento cando se fai por amor do próximo,que é imaxe de Deus.Cando o mártir se viu entre leprosos,tratou de facer programa da súa vida a recomendación que San Francisco de Asís lles fixera ós seus fillos de que viviran entre eles:
"Nos principios da súa Orde anhelou que os seus relixiosos permanecesen nos hospitais
dos leprosos,dispostos sempre a servilos...E así,cando tanto os ricos coma os pobres
pretendían entrar na Orde,a cousa que de xeito moi especial se lles encargaba era que
debían  consagrarse  ó  servicio  dos  leprosos, permanecendo  nas  súas  casas e
hospitais"( 13 )
Levando a  práctica estes exemplos de San Francisco,as residencias franciscanas no Xapón foron con preferencia os hospitais dos irmaus leprosos.
Na súa profunda humildade conoceu San Francisco Blanco que en medio dos leprosos estaba o seu posto de traballo tal como o quixera o seu pai seráfico e como agora llo pedía o santo comisario que tiña postas nel as súas esperanzas.O trato cos leprosos era pra él a meirande das delicias,como moi ben o destacou o Pai Ribadeneira:
"Tamén axudaba nos ministerios de humildade nos que se exercitaban os outros religiosos nos hospitais,atopando un gran recreo espiritual de verse en medio de leprosos,os que ensinaban teren paciencia e ganar o ceo por medio das súas enfermidades.Era moi querido dos cristiáns porque  todos atopaban nel consolo nas súas aflicciós,porque como Deus o dotara de tantos dons sobrenaturais,sabía ser pai e discreto médico prás necesidades do próximo"( 14 )


Destacaron os biógrafos do santo mártir,primeiro o Pai Ribadeneira,o gran interese posto por él en conformar a súa vida coa vida do Pai San Francisco de Asís,o primeiro Francisco da historia.Agora tiña en Kioto a gran ocasión de pór en práctica aquel anhelo de configuración da vida espirirtual.Con toda a devoción da alma pediríalle ó seráfico pai poder levar dignamente o seu mesmo nome,ardendo en arelanzas de ser un digno fillo seu e ocupar sin arrogancias humanas o posto de alter Franciscus,segundo Francisco.A anécdota de Alexandro Magno e do soldado cobarde  non quería que pudera ter realidade na sía vida,nen sequera parecido..
Agora San Francisco Blanco como un bo fillo de tal pai ocupaba o tempo nos lazaretos de Kioto onde a obediencia o tiña empregado,practicando alí as seráfics lecciós que aprendera coa lectura e meditaciós frecuentes acerca da vida do seráfico pai.Como o comportamento dos relixiosos cos leprosos o describe o Pai Ribadeneira,e doado imaxinar ó santo mozo do Tameirón axionllado diante dun leproso calquera limpándolle as chagas e bicándollas con todo afervoamento..
Di o Pai biógrafo:
"Vendo ós frades axionlldos ós pes dos leprosos,dicían que aquelas obras eran de
maici½as regaladas e,virando cara  ós pobres,aconsellábanos que agradecesen ós Pais o ben que recibían.As veces viñan algúns señores principais incrédulos de que houbese homes que lavasen leprosos e  lles bicasen as chagas,e véndoo,quedaban abraiados e conmovidos  con aquelas obras de amor e de piedade"( 15 )
Nas oraciós pediríalle ó Pai seráfixco San Francisco algo nestes ou semellantes términos:
“Meu garimoso pai San Francisco,pídoche con toda a miña alma que me axudes a levar dignamente o teu nome.Non quero mudalo,senón que anhelo ser un fillo teu como tú queres que eu sea,imitador das tuas virtudes.Si tú fuches o primeiro Francisco da historia,eu quero ser sin soberbia nen orgullo un imitador teu,un segundo Francisco:Franciscus alter”.

4.- A Nova Teoloxia
Na aprendizaxe da lingua xaponesa puxo San Francisco Blanco toda a súa paixón,decatándose da necesidade de conocela coa meirande perfección posible como medio necesario pra una perfecta evanxelización.Todo lle serviu pra lograr o dominio da complicada lingua xaponesa en poucos meses.A mesma práctica da caridade nos lazaretos aproiveitouna pra un mellor conocemento da lingua.O seu compañeiro nas tarefas cotiás,San Gonzalo García,sumamente conocedor da lingua xaponesa,foi o seu mestre.De todo é boa testemuña o Pai Ribadeneira:
"Propúxose empregar todos os seus azos e talentos na conversión dos xentís,e
comunicando con todos sobre o estudio da lingua,en tres meses estuvo tan
suficientemente perito nela e na súa dificultosa pronunciación,que parecía cousa
marabillosa que en tan breve tempo pudese confesar ós xaponeses que recibían desto
particular gozo"( 16 )
Esta rapidez en conocer a lingua en tres meses foi causa de que todos se marabillaran cando o viron predicar,catequizar e confesar ós neófitos xaponeses.Sobre esto informou ó Pai
 Pedro Bautista ó Pai Francisco Montilla,Custodio en Filipinas:
"Este ano enviounos o noso Irmau Provincial ó Irmau Frai Martiño,Lector de Artes,e a outro  Irmau ,estudiante  moi  hábil, que  se  lle  pega  a  lingua  como  o  barro  a parede"( 17 )
Este “estudiante moi hábil”non era outro ca San Francisco Blanco
Tamén  lle escribiu ó Pai Ribadeneira outras semellantes palabras:
"O Irmau Frai Francisco confesa xaponeses desde antes de que entrase o Advento.       Chegará a ser admirable lingua que se  lle pega como o barro a perede.O Irmau Frai
Martiño e Frai Felipe están en Osaka.Non sabe tanta lingua o Irmau Frai Martiño
coma o Irmau Frai Francisco"( 18 )
O dato de que a lingua se lle pegaba a San Francisco Blanco como o barro a parede parece indicar que o conocemento que da lingua tiña e a rapidez na aprendizaxe da mesma era comentario entre os seus compañeiros.Esto mesmo parece indicar a incidencia ou repetición que fai o Pai Ribadeneira sobre o conocemento que o santo mártir tiña da lingua.
Acerca do tempo no que San Francisco Blanco aprendeu a lingua,cómpre suliñar que a súa chegada ó Xapón tuvo lugar despois de mediado o mes de agosto de 1596 e xa pudo confesar e predicar antes do Advento o que quere dicir que dominou o xaponés no corto prazo de tres meses,fora do tempo da viaxe marítima entre Filipinas e  Nagasaki que tamén empregou asemade co seu compañeiro da viaxe San Martiño da Ascensión no estudio do xaponés.
            Do grande progreso acadado no conocemento da lingua xaponesa durante a viaxe marítima entre Manila e Nagasaki escribe o Pai Ribadeneira aludindo a convicción que os dous ssntos Francisco e Martiño levaban da necesidade de conocer a lingua pra seren úteis na súa misión evanxélica:
“Fíxoos tan dilixentes e coidadosos na aprendizaxe da lingua,que en medio dos traballos do mar non tiñan outro entretemento máis ca tratar sobre ela,pidíndollo a Deus con toda confianza e continua e perseverante oración.E viuse claramente que o Señor os favoreceu,porque o santo Frai Martiño,en breve tempo,aproveitou moito na lingua,e do santo Frai Francisco Blanco dicíase que a bebía,e así,dentro de seis meses, que foi un gran milagre por ser dificultosa,entendeuse cos xaponess e confesaba”( 19 )
Aínda insistiu nesto mesmo noutra parte demostrando o moi marabillado que estaba do conocemento lingüístico do santo:
“Como iba iste ditoso mártir tan  fundado na virtude e tiña a Deus tan a seu prol co  seu divino favor,axudado da súa moita habelencia e do continuo estudio,cando chegou á Nagasaki,porto do Xapón,estaba tan aproveitado na lingua xaponesa,que puxo admiración nos relixiosos que estaban alí,e co seu bó exemplo e santas costumes deixounos non só edificados,máis tamén notablemente afeccionados”( 20 )
Sempre os compañeiros destacaron as dotes singulares do xove misioneiro ourensán.Moito de crer é que todo canto narra o Pai Ribadeneira llo contaría o Pai Xeromo de Xesús,superior no convento de Nagasaki ou o seu compañeiro naquel convento no intre da arribada a Nagasaki dos dous amigos Martiño e Francisco.Xa que logo,é unha proba das excepcionais dotes do santo a común opinión que amosaron sempre os compañertos acerca delas.
            Unha vez máis aludiu o Pai Ribadeneira a dedicación que San Francisco Blanco puxo na aprndizaxe do xaponés cando na vida de San Martiño escribiu:
“Dende que se embarcou  levando de compañeiro ó seu discípulo e santo mártir Frai Francisco Blanco,moi conforme co seu corazón,comenzou con moita curiosidade a aprendizaxe da lingua xaponesa.Tanto era o coidado que nesto puña,que a maior parte da noite e do día a gastaba neste exercicio,como o notaron os dous relixiosos que moraban en Nagasaki cando foron descansar alí coeles despois que desembarcaron...E mostrouno ben cando foi recibido en Meaco por o santo comisario e demáis relixiosos con indecible caridade e leticia  a quen lles puxo admiración o seu fervoroso anhelo e ver o aproveitado que estaba na lingua en tan pouco tempo”( 21 )
Este conocemento da lingua fai lembrar o interese que San Francisco Blanco puxo no estudio da"nova Teoloxia"desconocida por San Agostiño.Esto da"nova Teoloxia"fai alusión a unha anécdota que narra o Pai Xeromo de Mendieta como ocurrida no ano 1524 pouco despois de chegados a México os Doce Apóstolos franciscanos da Nova España.
Preguntáronlle a Frai Xoán de Tecto que vivia na capital azteca da Nova España dende o ano anterior sin ter ainda adquirido un froito apostólico destacable o que narra o Pai Xeromo de Mendieta coas seguintes palabras:
"Cando chegaron os"Doce apostólicos"varós,que foi o ano de 1524,vendo que os templos dos ídolos aínda estaban en pe e que os indios usaban as súas idolatrías e sacrificios,preguntáronlle a este Pai Frai Xoán de Tecto e ós seus compañeiros )qué era o qué facían? e )en qué se ocupaban? A esto o Pai Frai Xoán de Texto respondeu:
Estudiamos a"Teoloxia"que de todo punto desconoceu San Agostiño.
Chamaba"Teoloxia"a lingua dos indios,dándolles a entender o proveito grande que se
sacaría do conocemento da lingua dos naturais.Era este un varón doctísimo"( 22 )
A pesar das contradicciós que os arrodeaban,os franciscanos desenvolvian as súas actividades nos conventos de Kioto,Osaka e Nagasaki sin sobresaltos,despreocupados das intrigas que se viñan argallando na súa contra.Falando dos dous hospitais de Santa Ana e San Xosé de Kioto,escribiu Avila Xirón verbas xa anotadas con anterioridade indicando que alí residiron facendo moitos servicios ó noso Señor/ 23 )       
Tamén fixo alusión este autor a igrexa da Porciúncula de Kioto erixida baixo a
advocación da Asunción de Nosa Señora,como declarou San Pedro Bautista na carta ó Pai Francisco Montilla:
"Saque a vosa caridade tres xubileos,un pra invocación da igrexa de Meaco que é a
Asunción da Nosa Ssñora e outro pra invocación dun hospital que é San Xosé,e a
invocación do outro Santa Ana"( 24 )

5.- Situación do cristianismo no Xapón
Escritores hai que quixeron terxiversar todo canto ocurriu entre o Pai Pedro Bautista e os demáis irmaus seus franciscanos con Taicosama porque non puderon aturar que aquelas boas,óptimas relaciós de amizade,tuveran lugar con relixiosos españois nos mesmos momentos nos que o emperador tiña desterrados e perseguidos ós xesuitas portugueses e sometido o cristianismo a unha dura persecución por temor de que os daimios poderosos convertidos ó cristianismo puderan darse a mau cos xesuitas e cristiáns e rebelarse en contra súa e contra o seu despótico poderío.En 1587 saíron tres ou catro xesuitas do Xapón pra daren a impresión de
ter cumprida a orde de Taicosama de botalos fora do Xapón.Os demáis,menos de 100,quedáronse disfrazados e agachados como mellor puderon.O virrei portugués de Macao enviou en 1591 como embaixador ó xesuita Pai Alexandro Valiñano pra ver si ganaba a vontade do tiránico emperador xaponés,mais con escaso resultado da súa embaixada,xa que Taicosama mandouno saír das súas terras unha vez recibidos del  a  embaixada e os presentes dadivosos que lle levou.
Cómpre surraiar que a persecución de Taicosama en contra dos xesuitas tuvo unicamente motivaciós de tipo político sin que pra nada interviran móviles relixiosos.Taicosama non tiña a máis mínima preocupación relixiosa e boa proba  delo son as palabras xa anotadas do gobernador de Kioto,Maeda Motokatsu,ditas ó Pai Pedro Bautista como as trae o Pai Xeromo de Xesús
"Cando o rei lles  vedou ós Pais da Compañia facer cristiáns,non foi por odio que lle teña a fe,porque boa lle parece,senón por temor de que os Pais non facían cristiáns máis  cá ós grandes señores e temeu que se lle alzarían co reino.E por esto mandounos desterrar.Así que,como[vostedes]non fagan cristiáns máis cá xente pobre,non hai qué temer,que ó rei nada se lle dará"( 25 )
            Cómpre insistir nestas realidades tranquilas de que gozaban os cristiáns e os mesmos xesuitas portugueses daquela no Xapón por mor da paz seráfica de que xa deixo falado.Era cousa notoria que todo se lle debía a presencia dos franciscanos e a súa amizade co emperador.De eso falou San Pedro Bautista amosando a súa  seguranza nesta realidade con palabras  quue xa deixei anotadas no capítulo sexto.Foi a presencia dos franciscanos no Xapón  a que logrou que a Taicosama se lle esquecera a mala impresión que lle causara  a prepotencia dos xesuitas tan claramente aludida por as testemuñas citdas no capítulo sexto.Tamén o Pai Marcelo de Ribadeneira,sempre tan medido nas súas expresiós cando falou dos xesuitas na súa Historia,viuse obrigado a cambiar de ton e de son cando se atopou na necesidade de dar contestación as        acusaciós que lle fixeron en Roma os xesuitas contra a súa Historia das cousas do Xapón.As súas expresiós doloridas.poderán verse transcritas no capítulo oitavo.Entre outras expresiós di na terceira resposta as acusaciós dos xesuitas romanos
”Acerca dos Pais xesuitas agochados¡ouh santo Deus! moitas veces dixen no Xapón que si os Pais xesuitas de Roma e de España ollaran ós seus Pais que moran no Xapón,non os conocerían,porque todos andan con vestidos seculares,o mesmo no tempo de paz que de persecución,e as veces con vestidos de seda non propios de relixiosos,como é notorio a todos os moradores no Xapón...Os Pais xesuitas,no tempo da persecución sempre fuxiron...Fuxir e agochárense cosiderábano a perfección máxima,aínda cando os cristiáns se afastaran da fe a causa da súa fuxida,como eu o vin...O modo apostólico de predicar o evanxelio é considerado por os Pais xesuitas como inconveniente e imprudente,porque,vivindo como seculares no vestido e no seu comportamento, preséntanse máis como políticos ca como cristiáns...Sendo  eles máximos comerciantes, afirman  que ás xentes do Xapón debe serlles predicado o evanxelio con abundancia de mercadorías e de riquezas...O señor Pedro Martínez,xesuita e primeiro bispo,díxome a min que os frades pobres non eran necesarios no Xapón por canto aquela cristiandade compría ganala con ouro e con prata.Entre os cristiáns corre coma un dito célebre o dun xesuita que dixo que o ouro e a prata son a xema da súa Compañía”( 26 )
            Todo esto da unha idea do estado do cristianismo no Xapón e cómo estaba de descoidado por os Pais xesuitas cando chegaron ó Xapón os franciscanos.As apostasías eran sin número,favorecidas por a prepotencia sin medida dos xesuitas..



N  O  T  A  S

( 1 ).- RIBADENEIRA,lib.6,c.3,566-567
( 2 ).- XACOBE DE CASTRO,II,70
( 3 ).- RIBADENEIRA,lib.6,c.3,562-563
( 4 ).- CASTRO,II,72
( 5 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.9,347
( 6 ).- POBRE,Relación muy verdadera de lo que al presente pasa en el Japón...488-497.Publicada en                              AIA,10,(1918),52-70          
( 7 ).- EUSTAQUIO MARÍA DE NANCLARES:(Vid,Bibliografía).Hai un gravado representando o milagre.
( 8 ).- JERÓNIMO,Relación,c.2
( 9 ).- RIBADENEIRA,lib.6,c.3,563
( 10 ).- TOMÁS DE CELANO,O.F.M.:Vida primera de San Francisco,c.7
( 11 ).- Ibidem,c.7
( 12 ).- SAN FRANCISCO:Testamento
( 13 ).- SAN BUENAVENTURA,O.F.M.:Vida de San Francisco,c.2
( 14 ).- Espejo de Perfección,c.2
( 15 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.3,567
( 16 ).- Ibidem,566
( 17 ).- BAUTISTA:Carta al Padre Francisco Montilla.Nagasaki,11 de setembro de 1595,AIA,VI,225
( 18 ).- Ibidem:Carta al Padre Marcelo de Ribadeneira,17 de novembro de 1595,AIA,VI,285
( 19 ).- RIBADENEIRA,lib.4,c.34,414
( 20 ).- Ibidem,lib.6,c.3,566
( 21 ).- Ibidem,lib.6,c.2,556
( 22 ).- JERÓNIM0 DE MENDIETA,O.F.M.:Historia eclesiástica indiana,lib.5,c.17,606.
Editorial Porrúa.México,1993
( 23 ).- BAUTISTA,en GIRÓN,510
( 24 ).- JERÓNIMO:Relación,c.2
( 25 ).- Ibidem,l.c.
( 26 ).- Vide c.10,nota 97




































No hay comentarios:

Publicar un comentario